Concello de Bueu
Открыть в Telegram
624
Подписчики
Нет данных24 часа
-17 дней
Нет данных30 дней
Архив постов
ℹ️ Información sobre o comezo das ximnasias
🤸 Dende o Concello de Bueu informamos que actualmente estamos revisando as inscricións e conformando os grupos das ximnasias deportivas. O comezo atrasarase uns días e, previamente, chamarase a todas as persoas inscritas para comunicarlles o grupo no que foron admitidas.
🙏 Desculpade as molestias
ℹ️ 📺 Dende o Concello de Bueu informamos que o mércores desta semana avisamos a Cellnex Telecom para comunicar que non funcionaban as canles de televisión estatais en diversos lugares e rúas de Bueu. Dado que non se solucionaba, este venres volveuse realizar dende o Concello outra chamada insistindo na urxencia.
🙏 Están traballando para solucionar o problema, e agardamos que o fagan pronto.
📚 A Biblioteca Municipal de Beluso estará pechada do 5 ao 15 de outubro por vacacións.
Lembrade que tedes dispoñible a Biblioteca Torrente Ballester en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.
💗 🚶♀️ A GRAN MAREA ROSA DE 2026 XA ESTÁ AQUÍ O 4 DE OCTUBRE
Xa están abertas as inscricións para a Marcha Solidaria Fina Acuña 2026, unha das citas máis especiais e emotivas do ano que organiza Adicam.
O próximo domingo, 4 de outubro, centos de persoas volveremos unirnos para camiñar por unha causa que nos toca a todas e a todos: apoiar ás persoas afectadas por cancro de mama e cancro xinecolóxico.
🚶♀️ Saída desde Bueu ás 9:45 h
🚶♀️ Saída desde Moaña ás 10:00 h
👉 Inscricións: https://www.carreirasgalegas.com/events/andaina-marcha-fina-acua-2026/4mVoXZ9p
🍂 Seguimos co "Outono de contos".
Este martes, 29 de setembro, é a quenda do Bardo Abelardo e o espectáculo "O son das linguas", unha proposta con cantigas tradicionais participativas en varias linguas acompañadas de xestos e xogos rítmicos.
📆 Martes, 29 de setembro
⌚ 18.00 horas
📍 Biblioteca Municipal de Beluso
Animádesvos?
🍲 Comeza a Ruta das Tapas Fin de Verán 2026!!
Dende o 28 de setembro e ata o 4 de outubro, a hostalaría de Bueu, coa colaboración do Concello e de Mahou, organizan a Ruta das Tapas Fin de Verán 2026.
Tedes a info completa na nosa web con todas as tapas:
https://concellodebueu.gal/ruta-de-tapas-fin-do-veran-2026/
🗣️ O Concello de Bueu organiza este venres, 25 de setembro, a presentación do libro "Os muíños de auga na península do Morrazo", de Manuel Aldao, nun acto que terá lugar ás 20.00 horas no Centro Social do Mar e na que o autor estará acompañado do mestre e investigador local Arturo Sánchez Cidrás.
📖 O libro de Aldao publícase agora nunha edición a cargo do Concello de Bueu, máis de trinta anos despois de que gañase o Premio á Investigación no 1982 por parte da Deputación Provincial de Pontevedra. A través del preténdese achegar unha nova vida a esta proposta que analiza un elemento tan galego como son os muíños de auga, en risco de desaparición e tamén de descoñecemento por parte das xeracións máis novas.
Toda a info na web:
https://concellodebueu.gal/eventos/presentacion-libro-os-muinos-de-auga-na-peninsula-do-morrazo-de-manuel-aldao/
🍂 📚 O Concello de Bueu organiza unha nova edición de actividades para público miúdo baixo o programa «Outono de contos» co obxectivo de promover as bibliotecas municipais como espazos de encontro e lecer así como de fomentar a lectura con estas actividades de narración oral.
🙌 As sesións comezan este martes, 22 de setembro, e esténdense ata o 20 de outubro, un período que coincide co inicio do curso escolar, impulsando así o achegamento dos máis pequenos e pequenas ás bibliotecas municipais neste tempo.
Oxalá vos animedes a participar!
Tedes a info completa na nosa web:
https://concellodebueu.gal/o-concello-de-bueu-organiza-o-programa-outono-de-contos/
🗒️ Queredes consultar o Plan Director da Banda do Río?
Dende o Concello de Bueu presentamos este documento que temos en exposición pública ata o 1 de outubro e que podedes consultar.
Hai varios xeitos de facelo:
☑️ De forma presencial no Estaleiro de Purro e na Casa do Concello, en horario de 10 a 14 horas.
☑️ Na páxina web do Concello: https://concellodebueu.gal/plan-director-da-banda-do-rio/
🏺 Bueu xa conta cun espazo dedicado á época romana: a Sala do Bueu Romano, situada en Pescadoira.
A pasada semana presentámola nun acto público, no que tamén estreamos unha peza documental elaborada para a ocasión e na que se abordan as fábricas de ánforas e salgadura na nosa vila.
Se queredes vela podedes atopala na nosa canle de YouTube:
https://www.youtube.com/watch?v=Os_3dzwjp8M&t=9s
📢 Tedes que facer ou renovar o DNI ou o pasaporte?
O Equipo Móbil da Policía Nacional virá a Bueu nas seguintes datas:
☑️ 7 e 21 de setembro
☑️ 5 e 26 de outubro
✍️ Máis info e cita previa na Policía Local de Bueu
📢 CURSO DE INTRODUCIÓN Á LINGUA E Á CULTURA GALEGAS
☑️ O Concello de Bueu acolle en outubro un curso de introdución á lingua e cultura galegas, unha formación de vinte horas que pretende promover o emprego do galego e o coñecemento da cultura galega.
☑️A formación, que terá unha duración de vinte horas, organízase co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua e impartirase nas instalacións do IES Johan Carballeira os días 1,2,,6,7,8,9,13,14,15,16 de outubro 16:30 á 18:30 horas.
☑️ No curso poden participar persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan no ano 2026, que desexen adquirir ou mellorar as súas competencias en lingua galega e os seus coñecementos sobre a cultura de acollida, e non se requiren coñecementos previos de galego, xa que as clases estarán adaptadas a diferentes niveis.
☑️ As inscricións ábrense o 7 de setembro e deberán formalizarse no segundo andar da Casa do Concello, e ao remate entregarase un diploma acreditativo.
📢O Concello de Bueu presentará este venres, 4 de setembro, o Plan Director da Banda do Río, un proxecto que marcará as liñas de actuación de cara á mellora integral para levar a cabo nos próximos anos neste barrio mariñeiro bueués.
🗒️ A proposta foi elaborada polas arquitectas María Fandiño e Miriam García, despois de que gañasen o concurso de ideas convocado polo Concello de Bueu coa colaboración do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG). Precisamente, o acto deste venres, no que participará María Fandiño, servirá como presentación e ao mesmo tempo poderase consultar na Sede Electrónica do Concello para que as persoas ou colectivos interesados poidan presentar as súas achegas de cara ao documento definitivo.
Toda a info na web:
https://concellodebueu.gal/o-concello-de-bueu-presenta-este-venres-o-plan-director-do-barrio-da-banda-do-rio/
📢 Tedes que facer ou renovar o DNI ou o pasaporte?
O Equipo Móbil da Policía Nacional virá a Bueu nas seguintes datas:
☑️ 7 e 21 de setembro
☑️ 7 e 26 de outubro
✍️ Máis info e cita previa na Policía Local de Bueu
🏺 Bueu xa conta coa súa sala dedicada aos restos romanos e, concretamente, ás ánforas que converten esta vila na única de toda a Península Ibérica con presenza dun forno destes materiais, que é unha peza clave para comprender como se fabricaban os recipientes que se empregaban para exportar as salgaduras por vía marítima.
👌 A Sala do Bueu Romano de Pescadoira presentarase este xoves, 3 de setembro, nun acto público ao que se convida a toda a cidadanía a asistir. A xornada será ás 20.00 horas na mesma sala e nela incluirase unha charla a cargo de Juan Castro, arqueólogo responsable da escavación, e Iria Pazos, arquitecta autora do proxecto. Toda a info en: https://concellodebueu.gal/o-concello-de-bueu-organiza-este-xoves-a-presentacion-da-sala-do-bueu-romano-de-pescadoira/
🚶 Apetécevos coñecer Bueu a través da súa historia e cultura mariñeiras?
Todos os martes organizamos uns percorridos que poñen en valor a relación da nosa vila cos recursos mariños e a importancia da carpintería de ribeira como patrimonio cultural.
Aínda dispoñemos de ocos para a ruta deste martes, reservade a vosa praza en:
📧 turismo@concellodebueu.gal
📞 986 390 029, extensión 5
📢 Chega a fin de semana e temos por diante algúns eventos nos que vos convidamos a participar!
▪️ Venres
22.00 h, praia da Banda do Río: cinema na rúa. Organiza Ficbueu
▪️ Sábado
12.30 h, Aula da Natureza de Cabo Udra: obradoiro de Ecoprint para cativada de 5 anos en diante. Organiza Concello de Bueu
▪️ Domingo
10.00 h: ruta Intermareal de Agrelo. Organiza Asociación A Illa dos Ratos
10.30 h, Aula da Natureza de Cabo Udra: ruta circular por Cabo Udra. Organiza Concello de Bueu
▪️ Sábado e domingo
Festas da Xuventude de Cela
Toda a info na sección de eventos da nosa páxina web:
https://concellodebueu.gal/categoria-evento/destacados/
📚 Dende o 31 de agosto ao 18 de setembro, a Biblioteca Municipal de Beluso permanecerá pechada.
Lembrade que tedes dispoñible a Biblioteca Torrente Ballester de Bueu.
📽️ Este xoves organizamos a proxección do filme "Rondallas", un filme que conta a recuperación dunha rondalla nunha vila mariñeira que lle permitirá aos seus habitantes volver crer na ilusión.
Debido ao mal tempo, a sesión será no Centro Social do Mar, e cremos que é un filme ideal para gozar en familia e despedir o "Cinema na rúa".
📆 Xoves, 27 de agosto
⌚ 22.00 horas
📍 Centro Social do Mar
💸 Entrada de balde ata completar capacidade
