fa
Feedback
Concello de Bueu

Concello de Bueu

رفتن به کانال در Telegram

Canle de información do Concello de Bueu (Pontevedra)

نمایش بیشتر
624
مشترکین
اطلاعاتی وجود ندارد24 ساعت
-17 روز
اطلاعاتی وجود ندارد30 روز
آرشیو پست ها
ℹ️ Información sobre o comezo das ximnasias 🤸 Dende o Concello de Bueu informamos que actualmente estamos revisando as inscr
ℹ️ Información sobre o comezo das ximnasias 🤸 Dende o Concello de Bueu informamos que actualmente estamos revisando as inscricións e conformando os grupos das ximnasias deportivas. O comezo atrasarase uns días e, previamente, chamarase a todas as persoas inscritas para comunicarlles o grupo no que foron admitidas. 🙏 Desculpade as molestias

ℹ️ 📺 Dende o Concello de Bueu informamos que o mércores desta semana avisamos a Cellnex Telecom para comunicar que non funci
ℹ️ 📺 Dende o Concello de Bueu informamos que o mércores desta semana avisamos a Cellnex Telecom para comunicar que non funcionaban as canles de televisión estatais en diversos lugares e rúas de Bueu. Dado que non se solucionaba, este venres volveuse realizar dende o Concello outra chamada insistindo na urxencia. 🙏 Están traballando para solucionar o problema, e agardamos que o fagan pronto.

📚 A Biblioteca Municipal de Beluso estará pechada do 5 ao 15 de outubro por vacacións. Lembrade que tedes dispoñible a Bibli
📚 A Biblioteca Municipal de Beluso estará pechada do 5 ao 15 de outubro por vacacións. Lembrade que tedes dispoñible a Biblioteca Torrente Ballester en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

💗 🚶‍♀️ A GRAN MAREA ROSA DE 2026 XA ESTÁ AQUÍ O 4 DE OCTUBRE Xa están abertas as inscricións para a Marcha Solidaria Fina A
💗 🚶‍♀️ A GRAN MAREA ROSA DE 2026 XA ESTÁ AQUÍ O 4 DE OCTUBRE Xa están abertas as inscricións para a Marcha Solidaria Fina Acuña 2026, unha das citas máis especiais e emotivas do ano que organiza Adicam. O próximo domingo, 4 de outubro, centos de persoas volveremos unirnos para camiñar por unha causa que nos toca a todas e a todos: apoiar ás persoas afectadas por cancro de mama e cancro xinecolóxico. 🚶‍♀️ Saída desde Bueu ás 9:45 h 🚶‍♀️ Saída desde Moaña ás 10:00 h 👉 Inscricións: https://www.carreirasgalegas.com/events/andaina-marcha-fina-acua-2026/4mVoXZ9p

🍂 Seguimos co "Outono de contos". Este martes, 29 de setembro, é a quenda do Bardo Abelardo e o espectáculo "O son das lingu
🍂 Seguimos co "Outono de contos". Este martes, 29 de setembro, é a quenda do Bardo Abelardo e o espectáculo "O son das linguas", unha proposta con cantigas tradicionais participativas en varias linguas acompañadas de xestos e xogos rítmicos. 📆 Martes, 29 de setembro ⌚ 18.00 horas 📍 Biblioteca Municipal de Beluso Animádesvos?

🍲 Comeza a Ruta das Tapas Fin de Verán 2026!! Dende o 28 de setembro e ata o 4 de outubro, a hostalaría de Bueu, coa colabor
🍲 Comeza a Ruta das Tapas Fin de Verán 2026!! Dende o 28 de setembro e ata o 4 de outubro, a hostalaría de Bueu, coa colaboración do Concello e de Mahou, organizan a Ruta das Tapas Fin de Verán 2026. Tedes a info completa na nosa web con todas as tapas: https://concellodebueu.gal/ruta-de-tapas-fin-do-veran-2026/

🗣️ O Concello de Bueu organiza este venres, 25 de setembro, a presentación do libro "Os muíños de auga na península do Morra
🗣️ O Concello de Bueu organiza este venres, 25 de setembro, a presentación do libro "Os muíños de auga na península do Morrazo", de Manuel Aldao, nun acto que terá lugar ás 20.00 horas no Centro Social do Mar e na que o autor estará acompañado do mestre e investigador local Arturo Sánchez Cidrás. 📖 O libro de Aldao publícase agora nunha edición a cargo do Concello de Bueu, máis de trinta anos despois de que gañase o Premio á Investigación no 1982 por parte da Deputación Provincial de Pontevedra. A través del preténdese achegar unha nova vida a esta proposta que analiza un elemento tan galego como son os muíños de auga, en risco de desaparición e tamén de descoñecemento por parte das xeracións máis novas. Toda a info na web: https://concellodebueu.gal/eventos/presentacion-libro-os-muinos-de-auga-na-peninsula-do-morrazo-de-manuel-aldao/

🍂 📚 O Concello de Bueu organiza unha nova edición de actividades para público miúdo baixo o programa «Outono de contos» co
🍂 📚 O Concello de Bueu organiza unha nova edición de actividades para público miúdo baixo o programa «Outono de contos» co obxectivo de promover as bibliotecas municipais como espazos de encontro e lecer así como de fomentar a lectura con estas actividades de narración oral. 🙌 As sesións comezan este martes, 22 de setembro, e esténdense ata o 20 de outubro, un período que coincide co inicio do curso escolar, impulsando así o achegamento dos máis pequenos e pequenas ás bibliotecas municipais neste tempo. Oxalá vos animedes a participar! Tedes a info completa na nosa web: https://concellodebueu.gal/o-concello-de-bueu-organiza-o-programa-outono-de-contos/

🗒️ Queredes consultar o Plan Director da Banda do Río? Dende o Concello de Bueu presentamos este documento que temos en expo
🗒️ Queredes consultar o Plan Director da Banda do Río? Dende o Concello de Bueu presentamos este documento que temos en exposición pública ata o 1 de outubro e que podedes consultar. Hai varios xeitos de facelo: ☑️ De forma presencial no Estaleiro de Purro e na Casa do Concello, en horario de 10 a 14 horas. ☑️ Na páxina web do Concello: https://concellodebueu.gal/plan-director-da-banda-do-rio/

🏺 Bueu xa conta cun espazo dedicado á época romana: a Sala do Bueu Romano, situada en Pescadoira. A pasada semana presentámola nun acto público, no que tamén estreamos unha peza documental elaborada para a ocasión e na que se abordan as fábricas de ánforas e salgadura na nosa vila. Se queredes vela podedes atopala na nosa canle de YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=Os_3dzwjp8M&t=9s

📢 Tedes que facer ou renovar o DNI ou o pasaporte? O Equipo Móbil da Policía Nacional virá a Bueu nas seguintes datas: ☑️ 7
📢 Tedes que facer ou renovar o DNI ou o pasaporte? O Equipo Móbil da Policía Nacional virá a Bueu nas seguintes datas: ☑️ 7 e 21 de setembro ☑️ 5 e 26 de outubro ✍️ Máis info e cita previa na Policía Local de Bueu

📢 CURSO DE INTRODUCIÓN Á LINGUA E Á CULTURA GALEGAS ☑️ O Concello de Bueu acolle en outubro un curso de introdución á lingua
📢 CURSO DE INTRODUCIÓN Á LINGUA E Á CULTURA GALEGAS ☑️ O Concello de Bueu acolle en outubro un curso de introdución á lingua e cultura galegas, unha formación de vinte horas que pretende promover o emprego do galego e o coñecemento da cultura galega. ☑️A formación, que terá unha duración de vinte horas, organízase co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua e impartirase nas instalacións do IES Johan Carballeira os días 1,2,,6,7,8,9,13,14,15,16 de outubro 16:30 á 18:30 horas. ☑️ No curso poden participar persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan no ano 2026, que desexen adquirir ou mellorar as súas competencias en lingua galega e os seus coñecementos sobre a cultura de acollida, e non se requiren coñecementos previos de galego, xa que as clases estarán adaptadas a diferentes niveis. ☑️ As inscricións ábrense o 7 de setembro e deberán formalizarse no segundo andar da Casa do Concello, e ao remate entregarase un diploma acreditativo.

📢O Concello de Bueu presentará este venres, 4 de setembro, o Plan Director da Banda do Río, un proxecto que marcará as liñas
📢O Concello de Bueu presentará este venres, 4 de setembro, o Plan Director da Banda do Río, un proxecto que marcará as liñas de actuación de cara á mellora integral para levar a cabo nos próximos anos neste barrio mariñeiro bueués. 🗒️ A proposta foi elaborada polas arquitectas María Fandiño e Miriam García, despois de que gañasen o concurso de ideas convocado polo Concello de Bueu coa colaboración do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG). Precisamente, o acto deste venres, no que participará María Fandiño, servirá como presentación e ao mesmo tempo poderase consultar na Sede Electrónica do Concello para que as persoas ou colectivos interesados poidan presentar as súas achegas de cara ao documento definitivo. Toda a info na web: https://concellodebueu.gal/o-concello-de-bueu-presenta-este-venres-o-plan-director-do-barrio-da-banda-do-rio/

📢 Tedes que facer ou renovar o DNI ou o pasaporte? O Equipo Móbil da Policía Nacional virá a Bueu nas seguintes datas: ☑️ 7
📢 Tedes que facer ou renovar o DNI ou o pasaporte? O Equipo Móbil da Policía Nacional virá a Bueu nas seguintes datas: ☑️ 7 e 21 de setembro ☑️ 7 e 26 de outubro ✍️ Máis info e cita previa na Policía Local de Bueu

🏺 Bueu xa conta coa súa sala dedicada aos restos romanos e, concretamente, ás ánforas que converten esta vila na única de to
🏺 Bueu xa conta coa súa sala dedicada aos restos romanos e, concretamente, ás ánforas que converten esta vila na única de toda a Península Ibérica con presenza dun forno destes materiais, que é unha peza clave para comprender como se fabricaban os recipientes que se empregaban para exportar as salgaduras por vía marítima. 👌 A Sala do Bueu Romano de Pescadoira presentarase este xoves, 3 de setembro, nun acto público ao que se convida a toda a cidadanía a asistir. A xornada será ás 20.00 horas na mesma sala e nela incluirase unha charla a cargo de Juan Castro, arqueólogo responsable da escavación, e Iria Pazos, arquitecta autora do proxecto. Toda a info en: https://concellodebueu.gal/o-concello-de-bueu-organiza-este-xoves-a-presentacion-da-sala-do-bueu-romano-de-pescadoira/

🚶 Apetécevos coñecer Bueu a través da súa historia e cultura mariñeiras? Todos os martes organizamos uns percorridos que poñ
🚶 Apetécevos coñecer Bueu a través da súa historia e cultura mariñeiras? Todos os martes organizamos uns percorridos que poñen en valor a relación da nosa vila cos recursos mariños e a importancia da carpintería de ribeira como patrimonio cultural. Aínda dispoñemos de ocos para a ruta deste martes, reservade a vosa praza en: 📧 turismo@concellodebueu.gal 📞 986 390 029, extensión 5

photo content
+3

📢 Chega a fin de semana e temos por diante algúns eventos nos que vos convidamos a participar! ▪️ Venres 22.00 h, praia da Banda do Río: cinema na rúa. Organiza Ficbueu ▪️ Sábado 12.30 h, Aula da Natureza de Cabo Udra: obradoiro de Ecoprint para cativada de 5 anos en diante. Organiza Concello de Bueu ▪️ Domingo 10.00 h: ruta Intermareal de Agrelo. Organiza Asociación A Illa dos Ratos 10.30 h, Aula da Natureza de Cabo Udra: ruta circular por Cabo Udra. Organiza Concello de Bueu ▪️ Sábado e domingo Festas da Xuventude de Cela Toda a info na sección de eventos da nosa páxina web: https://concellodebueu.gal/categoria-evento/destacados/

📚 Dende o 31 de agosto ao 18 de setembro, a Biblioteca Municipal de Beluso permanecerá pechada. Lembrade que tedes dispoñibl
📚 Dende o 31 de agosto ao 18 de setembro, a Biblioteca Municipal de Beluso permanecerá pechada. Lembrade que tedes dispoñible a Biblioteca Torrente Ballester de Bueu.

📽️ Este xoves organizamos a proxección do filme "Rondallas", un filme que conta a recuperación dunha rondalla nunha vila mar
📽️ Este xoves organizamos a proxección do filme "Rondallas", un filme que conta a recuperación dunha rondalla nunha vila mariñeira que lle permitirá aos seus habitantes volver crer na ilusión. Debido ao mal tempo, a sesión será no Centro Social do Mar, e cremos que é un filme ideal para gozar en familia e despedir o "Cinema na rúa". 📆 Xoves, 27 de agosto ⌚ 22.00 horas 📍 Centro Social do Mar 💸 Entrada de balde ata completar capacidade