uz
Feedback

Firibgarlarga uchmang! Telemetrio bunday kanallarni topadi va belgilaydi 👉 Belgini ko‘rmoqchi bo‘lsangiz, obuna bo‘ling

Concello de Ames

Concello de Ames

Kanalga Telegram’da o‘tish

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Ko'proq ko'rsatish
707
Obunachilar
Ma'lumot yo'q24 soatlar
-17 kun
-130 kun
Postlar arxiv
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA O Servizo de Normalización Lingüística será un dos puntos de recollida de sinaturas para apoiar o proxecto Xabarín, da Mesa pola Normalización Lingüística. Ames colabora con este proxecto co obxectivo de que a CRTVG aumente a programación infantil e xuvenil en galego. A petición levarase ao Parlamento de Galicia en forma de Iniciativa Popular. +INFO: bit.ly/3kowgdw

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE 📢 A túa opinión é fundamental! Como mellorarías o desenvolvemento #urbano de Ames? Fainos chegar as túas suxestións a través das redes sociais ou do formulario web. ➡️ https://ames2020.gal/canal-de-participacion/?lang=es #Ames2020 #UnhaManeiraDeFacerEuropa #FEDER #EDUSI

cartel definitivo reactiva.jpg6.20 KB

PLAN REACTIVA AMES Aberto o prazo de solicitude de axudas para autónomos e microempresas afectadas pola Covid-19. Cóntase cunha partida de preto de 600.000 euros, cofinanciada pola Deputación da Coruña. As axudas irán dende os 1.500 até os 3.000 euros. O prazo para presentar as solicitudes remata o 25 de novembro. +INFO: bit.ly/3kp3EAK

DATOS OFICIAIS COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no concello de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 11 de novembro de 2020, é de 85 casos activos. Deste xeito, hai 29 casos menos que a semana pasada. A incidencia acumulada dos últimos 14 días é de 242 casos. +INFO: bit.ly/3lpf7Bu

Ames trasládase aos anos 50 cun mítico Autocine + INFO: http://bit.ly/3llADar

AXUDAS Apróbase o reparto de 74.262 euros entre 26 entidades e clubs deportivos de Ames. Estas axudas pretenden subvencionar as actividades desenvolvidas polas entidades e clubs deportivos de Ames. +INFO: bit.ly/3pixxpZ

INICIATIVA DE APOIO Á HOSTALERÍA DE AMES Listaxe de establecementos hostaleiros de Ames con servizo de recollida en local ou para levar (actualizado a 10 de novembro). Na actualidade en dita listaxe figuran 21 establecementos de Ames. Esta listaxe irase actualizando de xeito permanente. Para aparecer na listaxe, tan só terán que enviar un correo ao enderezo electrónico: promocioneconomica@concellodeames.gal, no que indique: 1. Nome do establecemento. 2. Teléfono. 3. Enderezo. 4. Web (no caso de que teñan). Para máis información sobre a campaña podes chamar ao 662 09 99 44 +INFO: bit.ly/3pi9IyL

ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS A veciñanza amesá presentou 225 propostas aos Orzamentos Participativos 2020. Dentro deste total, o ámbito con máis prospostas foi para investimentos no rural, con 156. +INFO: bit.ly/32qWaqP

Cartel do III Premio Lingua e Empresa.jpg7.97 KB

PREMIO LINGUA E EMPRESA Está aberto o prazo até o 16 de novembro para participar na terceira edición do Premio Lingua e Empresa que promove o uso do galego na actividade empresarial amesá. +INFO: bit.ly/2UgwVmk

DATOS OFICIAIS COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no concello de Ames, a 9 de novembro de 2020, é de 92 casos activos. Estáselle facendo un seguimento a 390 persoas por estar en contacto con casos positivos. +INFO: bit.ly/36222I0

INICIATIVA DE APOIO Á HOSTALERÍA DE AMES O Concello de Ames informa sobre os primeiros establecementos que solicitaron adherirse á listaxe de locais (cafetarías, bares e restaurantes) con servizo a domicilio e para recollida no establecemento. Na actualidade en dita listaxe figuran 14 establecementos de Ames. A este documento iranse engadido aqueles establecementos que así o desexen e envíen os seus datos ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal. +INFO: bit.ly/3ldd57r

AXUDAS Do 10 ao 25 de novembro estará aberto o prazo para solicitar as axudas do Plan de Emprego Local que concede o Concello de Ames. +INFO: bit.ly/35akFtY

PLENO EXTRAORDINARIO O Pleno extraordinario, do mércores 11 de novembro, debaterá a aprobación do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano na área de Santiago de Compostela. +INFO: bit.ly/3eFmZMN

PROGRAMA APEGO Paco Nogueiras conducirá o venres 13 de novembro o concerto virtual Radio Bulebule. Esta sesión, dirixida a nenos e nenas, combinará humor, baile e cancións a través das pantallas. +INFO: bit.ly/2Ihr5Pi

IMPULSA AMES A mellora da accesibilidade xa é unha realidade grazas ao Plan #ImpulsaAmes. Rematan as obras no Milladoiro e as de Bertamiráns están a piques de finalizar. Conseguiuse eliminar barreiras e mellorar pavimentos. +INFO: bit.ly/38pAK19

A concelleira e mailas técnicas de Normalización Lingüística e Mocidade animan á mocidade amesá a participar no I Certame GaleTiktokers. O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o vindeiro 30 de novembro de 2020. 👉 Vídeo de presentación do Certame GaleTiktokers: youtu.be/f1OLhBh1pzQ

bases_galetiktokers_2020.jpg2.03 MB

cartel_galetiktokers_2020.jpg2.19 MB