ch
Feedback

不要被骗子欺骗!Telemetrio 会找到并标记这些频道 👉 如果想查看标记,请订阅 👈

Concello de Ames

Concello de Ames

前往频道在 Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

显示更多
761
订阅者
无数据24 小时
-17 天
+730 天
帖子存档
ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS Devolución do importe das cotas das Escolas municipais deportivas e culturais para as persoas que teñan decidido que non van participar nas escolas durante este curso e para aquelas que decidan agardar ao comenzo das actividades. +INFO: bit.ly/3oyNbx9

PROGRAMA DE ACOLLEMENTO FAMILIAR O Concello comprométese coa Asociación “Acougo” a apoiar ás familias que participan no programa de acollemento familiar + INFO http://bit.ly/2J6aoX8

recomendacions cemiterio municipal.jpg1.71 KB

VISITAS AO CEMITERIO Un bando da alcaldía lembra á veciñanza as normas a seguir nas visitas ao cemiterio dos días de Defuntos e Todos os Santos. + INFO: bit.ly/2Gbqpdu

axudas ao aluguer para establecementos.png1.63 MB

AXUDAS Publícase a convocatoria de axudas ao alugueiro para os establecementos de lecer nocturno pechados pola Covid-19. Concederanse axudas de ata 20.000 euros para o alugueiro dende xaneiro a novembro de 2020. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 27 de novembro de 2020. +INFO: bit.ly/37NMjPh

COVID-19 O alcalde de Ames participa nunha xuntanza de coordinación institucional do Goberno de España coa FEMP, o Ministerio de Política Territorial e Función Pública e o Ministerio de Sanidade, así como con alcaldes e alcaldesas de toda España, para o seguimento da crise sanitaria da Covid-19. + INFO: bit.ly/3ozagjj

BIBLIOTECA DE BERTAMIRÁNS O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, informa de que dende o día 29 de outubro a biblioteca e a Aula de estudo de Bertamiráns permanecerán pechadas durante dúas semanas debido ás obras de climatización que se van a realizar en ditas instalacións. Desculpen as molestias.

RADIO MUNICIPAL Últimos días para presentar os proxectos de programas de radio para Radio Cidadá. Calquera persoa ou entidade poderá facelo até o 30 de outubro enviando a ficha de solicitude ao correo electrónico a radio@concellodeames.gal. + INFO: bit.ly/3jBSKr0

DÍA DA DIABETES O Concello colaborará con ANEDIA na conmemoración do Día Mundial da Diabetes + info: http://bit.ly/3kzOeKW

CAMPAÑA HOSTALARÍA O concello de Ames entrega 600 mandís ao sector hostaleiro con viñetas que lembran a obriga de poñer a máscara cando non se consume + INFO http://bit.ly/34vzMhi

EMMA Publícase o resultado do sorteo de prazas para a Escola Municipal e Música de Ames, dispoñible na páxina web do Concello. EMMA porase en contacto con cada unha das persoas que obtiveron praza para que confirmen os horarios que elixen entre os que se lle ofrecen. +INFO: bit.ly/3msSvAh

COVID-19 O Concello de Ames vén de publicar na web municipal unha enquisa sobre á Covid-19. O obxectivo é coñecer a opinión da veciñanza sobre diferentes aspectos relacionados coa pandemia. Accede á enquisa e participa: bit.ly/2HDq97g

SEMANA VERDE EUROPEA O Concello colabora con Tecalis na celebración da Semana Verde Europea + INFO: http://bit.ly/2HH1wXA

Bo día. O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no concello de Ames, a 26 de outubro de 2020, é de 88 casos activos. Estase a facer o seguimento a 317 persoas que estiveron en contacto con algún positivo. +INFO: bit.ly/3jAywxE

ESCOLAS INFANTÍS O Pleno debaterá, este xoves 29 de outubro, a aprobación inicial da modificación do regulamento das escolas de educación infantil A Madalena e O Bosque. + INFO: bit.ly/2FZkdoG

MERCADO DE RÚA Abre o prazo, ata o 28 de outubro, para que os vendedores ambulantes voten por unha das tres ubicacións propostas onde pór o mercado de rúa de Bertamiráns. +INFO: bit.ly/34spA9i

Contos de Medo_CARTEL.jpg1.10 MB

APEGO A programación infantil de Apego deste trimestre comeza de xeito virtual este xoves con “Contos de medo que deixan durmir”. Non haberá limitacións de aforo pero débese inscribir antes do mércores 28 escribindo a normalizacion@concellodeames. +INFO: bit.ly/37NUzip

MERCADO DE RÚA A Corporación municipal abordará en pleno a derrogación da ordenanza fiscal de instalación de postos no mercado de rúa. O obxectivo é axudar aos vendedores ambulantes para que poidan afrontar a crise económica provocada pola pandemia da Covid-19. +INFO: bit.ly/3mk88tK