Concello de Ames
Kanalga Telegram’da o‘tish
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Ko'proq ko'rsatish761
Obunachilar
Ma'lumot yo'q24 soatlar
-17 kun
+730 kun
Postlar arxiv
Bo día. O Concello de Ames segue a sumar habitantes e supera os 32.000 habitantes.
Durante o 2019 houbo 271 nacementos e ata mediados deste ano 2020 contabilízanse 146 nacementos. En canto ás defuncións en 2019 houbo 192 e ata mediados deste ano producíronse 92 defuncións.
+ INFO: bit.ly/3kvxswt
COVID-19
Desde hoxe entra en vigor o Real Decreto 926/2020 polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas pola Covid que establece a limitación da liberdade de circulación das persoas de 23:00 a 6:00 horas
+INFO: http://bit.ly/37Tdkkz
Boa tarde.
Este domingo, ás 20.00 horas, poderase ver a Gala Máxica Internacional por streaming. Deste xeito, trátase de achegar o Festival de Maxia de Ames a nenos/as e adultos, xa que o aforo da Casa da Cultura de Bertamiráns foi reducido debido ás restricións pola Covid-19.
Existen dúas opcións:
👉Páxina de directos: concellodeames.gal/directo
👉Canle de YouTube: bit.ly/3ooUQOo
AMES SAUDABLE
O Concello presenta o programa “Ames Saudable” ao Premio de Calidade da Rede Española de Cidades Saudables.
+ INFO: bit.ly/3miugoa
CONCESIÓN DE AXUDAS
Apróbase o reparto de 51.000 euros entre as asociacións culturais e as comisións de festas de Ames.
Amplíase o prazo de xustificación, é dicir, as asociacións teñen ata o 16 de novembro para entregala.
+INFO: bit.ly/2J2oDfT
ATLETISMO
Tres atletas amesáns do Club de atletismo MillaRaio competirán nos campionatos de España individuais ao aire libre sub14 e sub16.
Os rapaces clasificados son Daniel Cariñena López, Pablo Cariñena López e Nuno Castro Albán.
+INFO: bit.ly/3krpCDS
Bo día. Suspéndese a velada de terror do programa Trouleando prevista para o venres 30 de outubro por mor das novas restricicóns para loitar contra a Covid-19.
+INFO: bit.ly/31wCTE0
COVID-19
O número de casos de COVID no concello de Ames, segundo se traslada desde a Consellería de Sanidade a 22 de outubro, é de 82 casos activos. Estase facendo o seguimento a 227 persoas que estiveron en contacto con algún caso positivo.
+INFO: bit.ly/3m8KYGL
COVID-19
O Concello de Ames informa das novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia fronte á Covid19: http://bit.ly/34pndUZ
-Medidas para O Milladoiro: http://bit.ly/3kqkUGA
-Medidas para Galicia: http://bit.ly/3jlq7y7
-Bando municipal: http://bit.ly/37v1FYM
👉 FESTIVAL DE MAXIA
Debido as novas restricións, as funcións da Gala Máxica Internacional do domingo 25, trasládanse á Casa da Cultura de Bertamiráns.
Ás 20:00 horas, a Gala poderase ver na canle de YouTube e en directo na web do Concello.
+INFO: bit.ly/3mfKAq3
SUSPÉNDESE PRESENTACIÓN DE LIBRO
Debido ás novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia para facer fronte á evolución da pandemia da Covid-19, suspéndese a presentación do libro "A Batalla de Altamira", que estaba prevista para este sábado, 24 de outubro.
+ INFO: bit.ly/2HsCivA
PROGRAMACIÓN BIBLIOTECAS
Modifícase a programación das Bibliotecas municipais ata mediado de novembro por mor das novas restricións pola Covid-19 .
A única actividade que se mantén é “Pequenas historias subversivas”, o vindeiro venres 30 de outubro. O resto de actividades aprázanse a novas datas.
+ INFO: bit.ly/3ok47rg
PLAN REACTIVA AMES
O Plan Reactiva Ames, que conta con 99 medidas de reactivación económica e social e 7 millóns de investimento, pódese consultar de xeito permanente no apartado de Transparencia – Acción de Goberno da web municipal.
www.concellodeames.gal/gl/transparencia/accion-de-goberno
Bo día.
Mañá, venres 23 de outubro, remata o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Música.
A solicitude poderase descargar a través da web do Concello. As prazas adxudicaranse por sorteo o martes 27 de outubro.
+INFO: bit.ly/2TfymRJ
PLAN REACTIVA AMES
O Concello de Ames elabora un vídeo promocional do comercio amesá baixo o lema `En Ames témolo todo!´.
Se estás interesado/a en ver o vídeo promocional accede ao seguinte enlace: http://youtu.be/iyJwezcxO5s
+INFO: http://bit.ly/3kwlH9b
