Concello de Ames
Открыть в Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Больше761
Подписчики
Нет данных24 часа
-17 дней
+730 дней
Архив постов
ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS
Lémbrase que hoxe poderase votar nos Orzamentos Participativos presencialmente en Ameixenda e en Covas. É preciso levar o DNI.
+INFO: bit.ly/2JtaPeq
AXUDAS PEL
Preséntanse 434 solicitudes ás axudas PEL-Reactiva cofinananciado pola Deputación da Coruña. O obxecto destas axudas é impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal amesá.
+INFO: bit.ly/33DLGoB
ARCEA ADAMES
Hoxe celébrase o día Mundial das persoas con (Dis)capacidade e a concelleira Luísa Feijóo, acompañada do persoal do departamento de Benestar Social almorzou virtualmente cos rapaces de Arcea Adames.
+INFO: bit.ly/36AhAEs
PREMIO LINGUA E EMPRESA
O xurado do III premio Lingua e Empresa decidiu por unanimidade outorgar o premio a Código Cero, revista e web de novas tecnolóxicas de Galicia, e Ollar, centro óptico e auditivo.
+INFO: bit.ly/2JImm9G
VIOLENCIA DE XÉNERO
O Concello de Ames realizou esta mañá, ás 12:00 horas, unha concentración diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e diante das oficinas municipais do Milladoiro en repulsa do crime machista ocorrido este mércores, 3 de novembro, na parroquia de Mañufe, pertencente ao concello pontevedrés de Gondomar.
+INFO: bit.ly/3lBVlCj
MINUTO DE SILENCIO
Convócase un minuto de silencio, ás 12.00 horas, en repulsa do acto de violencia de xénero ocorrido onte en Gondomar.
Invítase a toda a veciñanza amesá e aos/ás traballadores/as do Concello de Ames a que acudan a este acto que terá lugar diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e diante das oficinas municipais do Milladoiro.
PREMIO LINGUA E EMPRESA
O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística e do departamento de Promoción Económica, da a coñecer as empresas premiadas no III Premio Lingua e Empresa.
+INFO: bit.ly/2Vog7L0
COMPOSTELA RUPESTRE
Licítase o plan director de “Compostela Rupestre” por 95.500 euros.
O Consello Director de Compostela Rupestre reuniuse no concello de Ames para facer balance do ano de xestión e avanzar nas novas iniciativas que se desenvolverán o próximo ano en que o concello de Teo tomará o relevo ao de Ames na dirección.
+INFO: bit.ly/3mCpRxi
‼️ CAMBIO DE UBICACIÓN
As oficinas municipais de Medioambiente e Turismo trasládanse definitivamente á Casa da Cultura de Bertamirans.
DATOS OFICIAIS COVID-19
O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 2 de decembro de 2020, é de 29 casos activos.
+INFO: bit.ly/3fzLiw2
ENCONTRO INTERCULTURAL
Varios veciños e veciñas de Ames, orixinarios de distintos países do mundo, exporán a súa experiencia como migrantes no proxecto de experimentación artística colectiva “Transmutar Camiños”.
+INFO: bit.ly/2KYDYPs
NORMALIZACIÓN
Ames Radio emitiu os vídeos dos textos gañadores do XV Certame Literario na voz dos seus autores e autoras. 16.000 persoas alcanzadas e máis 3.000 interaccións tiveron os 16 vídeos que emitiu a canle de facebook en novembro.
+INFO: bit.ly/3lDwkXv
XUNTANZA INSTITUCIONAL
O alcalde de Ames, Jose Miñones, e mailo rexedor de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, mantiveron esta mañá un encontro no que abordaron as cuestións que afectan a ambos municipios; entre elas, o proxecto de senda entre Santiago e O Milladoiro, a EDAR ou a situación da pandemia.
+INFO: bit.ly/3fWkTst
ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS
Lémbrase que hoxe poderase votar nos Orzamentos Participativos presencialmente en Lens e en Aguapesda. É preciso levar o DNI.
+INFO: bit.ly/2JtaPeq
NADAL LÚDICO
Consulta a listaxes provisionais de admitidos e excluídos do programa de conciliación Nadal Lúdico 2020.
+INFO: bit.ly/3oprKOn
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
🟢 Comezan as obras do novo parque verde central do #Milladoiro! O núcleo urbano gañará en calidade de vida con máis zonas de paseo, descanso, camiños e áreas de xogo.
A actuación enmárcase na #EDUSI #ImpulsaAmes e está cofinanciada polos fondos europeos #FEDER
#Ames2020 #UnhaManeiraDeFacerEuropa
+INFO: bit.ly/2JBXz79
DEPORTES
Alba Santos, veciña do Milladoiro e deportista do Club Súlyos de Compostela , logrou tres medallas de ouro no campionato de España de halterofilia que se disputou na cidade da Coruña no pasado mes de novembro.
+INFO: bit.ly/3fSz2qN
