ru
Feedback

Не попадитесь на канал ботавода! Telemetrio находит и помечает такие каналы 👉 Хотите видеть метку — оформите подписку 👈

Concello de Ames

Concello de Ames

Открыть в Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Больше
761
Подписчики
Нет данных24 часа
-17 дней
+730 дней
Архив постов
WEB MUNICIPAL Cubre a nova enquisa sobre a páxina web municipal! Así será posible introducir melloras sobre o deseño, os contidos, a frecuencia e o destino das visitas e a facilidade de acceso aos distintos apartados. +INFO: bit.ly/2UXP7Sc

SANIDADE No Día Mundial da SIDA, o Concello lembra á veciñanza a importancia de non esquecer a presenza desta doenza na nosa sociedade + INFO: http://bit.ly/3lqqfgP

COMEDORES ESCOLARES Iniciado o expediente sancionador polo atraso na execución das obras do novo comedor do CEIP A Maía. O contratista terá un prazo de 10 días hábiles a fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que estimen pertinentes, antes de que se fixen as penalidades correspondentes. +INFO: bit.ly/3qdWiUL

COMERCIO O Concello de Ames elabora un spot publicitario para promocionar o comercio amesá baixo o lema En Ames témolo todo! 👉https://youtu.be/g7k21wNSKw4 Emitirase na TVG esta semana, do 30 de novembro ao 4 de decembro, e a do 14 ao 18 de decembro. +INFO: bit.ly/3moOc9p

XERACIÓN ACTIVA Tres veciñas de Biduído participan no proxecto da USC “Xeración Activa. Envellecemento saudable no rural galego: Estudo das necesidades formativas”. María Carmen Rodríguez, Manuela Santiso e Dolores Rodríguez forman parte desta iniciativa cuxo obxectivo é analizar as necesidades formativas das persoas maiores de 65 que viven no rural galego. +INFO: bit.ly/3o2vPHQ

NADAL As luces de Nadal xa iluminan o Concello de Ames. Cun sinxelo acto no que participaron o alcalde Xosé Miñones, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz e varios concelleiros e concelleiras do equipo de goberno, Ames acendeu as luces de Nadal o pasado sábado, 28 de novembro. + INFO: bit.ly/39tUMYS

calendario_de_votacion.jpg1.99 KB

Aberto ata o 13 de decembro o prazo para VOTAR nos Orzamentos Participativos Ames 2020!!! Pódese facer de xeito telemático a través do seguinte enlace: https://opames2020.cidadania.coop/login. Tamén se pode votar de xeito presencial nos locais sociais das parroquias. Lembrade que para facer a votación de forma presencial hai que levar o DNI. Consulta o calendario de votacións:

👉 INSTALACIÓNS DEPORTIVAS Saen a concurso as obras de ampliación do pavillón polideportivo de Bertamiráns por valor de 499.997,57 euros. A actuación está prevista no orzamento municipal de 2020. +INFO: bit.ly/36m2Rg9

dixicontos.jpg1.03 MB

DIXICONTOS “Pequenas historias subversivas”, o contacontos para adultos, realizarase de xeito virtual. Deste xeito, poderase desfrutar a través da páxina de facebook o martes 1, o xoves 3 e o sábado 5 a partir das 18.00 horas. +INFO: bit.ly/3o9fDVe

PLENO A Corporación municipal deulle aprobación por maioría absoluta ao suplemento de crédito 3/2020, por valor de 1.102.055,80 euros, financiado con remanente de tesourería para gastos xerais de investimentos e gasto corrente. +INFO: bit.ly/33lxbpj

ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS Aberto ata o vindeiro 13 de decembro o proceso de votación dos Orzamentos Participativos 2020 do Concello de Ames . +INFO: bit.ly/33lX2xb

CONTACONTOS Os rapaces e rapazas do CEP Ventín desfrutaron co espectáculo de contos “Un caso azul” con motivo da celebración do Día da Diabetes. +INFO: bit.ly/37e5Ki9

ACENDIDO DE LUCES Mañá, sábado 28 de novembro, ás 18:00 horas, acéndense as luces de Nadal coa presenza do alcalde e varios membros da corporación. +INFO: bit.ly/2V4Xons

PECHE PERIMETRAL A Xunta de Galicia determinou que, dende as 00.00 horas deste xoves 26 de novembro, os concellos de Boqueixón, Val do Dubra e Trazo saen do peche perimetral no que está incluído o concello de Ames. +INFO: bit.ly/37gHnQW

Estase a avanzar no deseño e implantación da Administración Electrónica, que permite que os veciños de Ames poidan gozar dunha nova plataforma de xestión con sede #electrónica. ➡️ https://sede.concellodeames.gal/ #Ames2020 #FEDER #EDUSI #UnhaManeiraDeFacerEuropa

DIA DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Ames conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero + INFO: http://bit.ly/3nV6n7d

YOUTUBEIR@S Un total de 537 vídeos e 68 canles compiten nuns Premios Youtubeir@s que darán a coñecer as creacións gañadoras desta cuarta edición a comezos de decembro. +INFO: bit.ly/2KAxbuY

ESCOLAS INFANTÍS As Escolas Infantís Municipais participan da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Na fachada da Escola Infantil “O Bosque”, en Bertamiráns está pendurada unha pancarta co lema “Eduquemos na igualdade”. Na Escola Infantil “A Madalena” analízase o conto “Vivan as uñas de cores. +INFO: bit.ly/3ma7KhT