en
Feedback

Don't get caught by a cheater! Telemetrio finds and tags such channels 👉 If you want to see the tag, subscribe 👈

Concello de Ames

Concello de Ames

Open in Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Show more
761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
CALENDARIO.jpg0.70 KB

ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS Lémbrase que hoxe poderase votar nos Orzamentos Participativos presencialmente en Ameixenda e en Covas. É preciso levar o DNI. +INFO: bit.ly/2JtaPeq

AXUDAS PEL Preséntanse 434 solicitudes ás axudas PEL-Reactiva cofinananciado pola Deputación da Coruña. O obxecto destas axudas é impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal amesá. +INFO: bit.ly/33DLGoB

ARCEA ADAMES Hoxe celébrase o día Mundial das persoas con (Dis)capacidade e a concelleira Luísa Feijóo, acompañada do persoal do departamento de Benestar Social almorzou virtualmente cos rapaces de Arcea Adames. +INFO: bit.ly/36AhAEs

PREMIO LINGUA E EMPRESA O xurado do III premio Lingua e Empresa decidiu por unanimidade outorgar o premio a Código Cero, revista e web de novas tecnolóxicas de Galicia, e Ollar, centro óptico e auditivo. +INFO: bit.ly/2JImm9G

VIOLENCIA DE XÉNERO O Concello de Ames realizou esta mañá, ás 12:00 horas, unha concentración diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e diante das oficinas municipais do Milladoiro en repulsa do crime machista ocorrido este mércores, 3 de novembro, na parroquia de Mañufe, pertencente ao concello pontevedrés de Gondomar. +INFO: bit.ly/3lBVlCj

MINUTO DE SILENCIO Convócase un minuto de silencio, ás 12.00 horas, en repulsa do acto de violencia de xénero ocorrido onte en Gondomar. Invítase a toda a veciñanza amesá e aos/ás traballadores/as do Concello de Ames a que acudan a este acto que terá lugar diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e diante das oficinas municipais do Milladoiro.

PREMIO LINGUA E EMPRESA O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística e do departamento de Promoción Económica, da a coñecer as empresas premiadas no III Premio Lingua e Empresa. +INFO: bit.ly/2Vog7L0

COMPOSTELA RUPESTRE Licítase o plan director de “Compostela Rupestre” por 95.500 euros. O Consello Director de Compostela Rupestre reuniuse no concello de Ames para facer balance do ano de xestión e avanzar nas novas iniciativas que se desenvolverán o próximo ano en que o concello de Teo tomará o relevo ao de Ames na dirección. +INFO: bit.ly/3mCpRxi

‼️ CAMBIO DE UBICACIÓN As oficinas municipais de Medioambiente e Turismo trasládanse definitivamente á Casa da Cultura de Bertamirans.

DATOS OFICIAIS COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 2 de decembro de 2020, é de 29 casos activos. +INFO: bit.ly/3fzLiw2

ENCONTRO INTERCULTURAL Varios veciños e veciñas de Ames, orixinarios de distintos países do mundo, exporán a súa experiencia como migrantes no proxecto de experimentación artística colectiva “Transmutar Camiños”. +INFO: bit.ly/2KYDYPs

NORMALIZACIÓN Ames Radio emitiu os vídeos dos textos gañadores do XV Certame Literario na voz dos seus autores e autoras. 16.000 persoas alcanzadas e máis 3.000 interaccións tiveron os 16 vídeos que emitiu a canle de facebook en novembro. +INFO: bit.ly/3lDwkXv

XUNTANZA INSTITUCIONAL O alcalde de Ames, Jose Miñones, e mailo rexedor de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, mantiveron esta mañá un encontro no que abordaron as cuestións que afectan a ambos municipios; entre elas, o proxecto de senda entre Santiago e O Milladoiro, a EDAR ou a situación da pandemia. +INFO: bit.ly/3fWkTst

CALENDARIO.jpg0.83 KB

ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS Lémbrase que hoxe poderase votar nos Orzamentos Participativos presencialmente en Lens e en Aguapesda. É preciso levar o DNI. +INFO: bit.ly/2JtaPeq

cartel_nadal_ludico.jpg4.10 KB

NADAL LÚDICO Consulta a listaxes provisionais de admitidos e excluídos do programa de conciliación Nadal Lúdico 2020. +INFO: bit.ly/3oprKOn

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE 🟢 Comezan as obras do novo parque verde central do #Milladoiro! O núcleo urbano gañará en calidade de vida con máis zonas de paseo, descanso, camiños e áreas de xogo. A actuación enmárcase na #EDUSI #ImpulsaAmes e está cofinanciada polos fondos europeos #FEDER #Ames2020 #UnhaManeiraDeFacerEuropa +INFO: bit.ly/2JBXz79

DEPORTES Alba Santos, veciña do Milladoiro e deportista do Club Súlyos de Compostela , logrou tres medallas de ouro no campionato de España de halterofilia que se disputou na cidade da Coruña no pasado mes de novembro. +INFO: bit.ly/3fSz2qN