Concello de Ames
Open in Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Show more761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
A Escola de Kárate Dokkodo sobresae no Campionato Galego no que conseguiu 6 medallas 🥇
O pasado 8 de marzo celebrouse en Santiago de Compostela o Campionato Galego Infantil e Copa Cadete de Karate, onde a Escola de Karate Dokkodo participou con seis deportistas e acadou seis medallas.
Contámosche ao detalle como foi a xornada para cada un dos participantes aquí 🔗ℹ️ https://bit.ly/4kXDLbG
Obradoiro de técnicas teatrais para o des-estrés!
O Concello de Ames, a través da Escola Municipal de Teatro, organiza unha actividade única para liberar tensións e mellorar o benestar a través do teatro! 🎬✨
📅 O 2 e 9 de abril
🕗 De 19:00 a 21 :00 h.
📍 Casa da Cultura do Milladoiro
🔹 Prazas limitadas! Só 15 dispoñibles, asignadas por orde de inscrición.
📩 Inscricións: Desde hoxe 18/03 ao 27/03 enviando un correo a 👉 cultura@concellodeames.gal co teu nome, apelidos e teléfono.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4iSWzar
Estrea en Ames: “DANCE JOIN” de Marta Alonso 🎶🎭
📅 Xoves, 20 de marzo
⏰ 20:30 h (apertura de portas ás 20:15 h)
📍 Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro
🎟 Aínda quedan entradas dispoñibles! Podes adquirilas na Billeteira electrónica do Concello de Ames 🔗https://bit.ly/41XJVQm
🟡 Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre AGADIC e o Concello de Ames.
Para máis ℹ️ https://bit.ly/41w8Ni6
Comezan as obras de pavimentación das rúas Pardiñeiros, Seidón e Panasqueira do Milladoiro nas que se van investir preto de 100.000 euros 🚧
🔹Superficie a mellorar: 5.350 m²
🔹 Investimento: 98.714,18 € (IVE incluído)
🔹 Empresa adxudicataria: Excavaciones y Obras Candal SL
📍 Esta actuación forma parte do POS+ 2024 da Deputación da Coruña e súmase ás obras xa executadas nas rúas Muíño Vello, Agro do Medio, do Rego e de Abaixo, cun investimento de 301.580,65 €.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3FCQel6
Aventura en Marín! 💪
O vindeiro 5 de abril, a mocidade de Ames poderá gozar dunha xornada chea de emoción no Ecoparque Multiaventura de Marín! 💚
📍 Actividade de balde para mozos e mozas nados entre 1995 e 2012.
📅 Inscricións do 19 ao 23 de marzo enviando a ficha cuberta ao correo 📩 xuventude@concellodeames.gal.
⚠️ Prazas limitadas (50), asignadas por orde de chegada!
Non perdas esta oportunidade de pasar un día inesquecible! Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4bCFAqs
📲 Máis info no 616 08 32 29
Máis de 300 ciclistas na Transgalaica Ames 2025 🚴♀️
Este domingo, Ames acolleu por novena vez a segunda proba do circuíto de ciclismo de montaña Transgalaica 2025, cun impresionante percorrido de 64 km e unha gran participación.
Clasificación masculina:
🥇 Diego Álvarez Alonso – 2:45:12 (Club ciclismo Podium Team AD, M30)
🥈 Daniel García Castaño – 2:46:29 (Club de montaña Xesteiras, Elite)
🥉 Brandan Márquez Fernández – 2:49:37 (Club V Bikes Team, Elite)
Clasificación feminina:
🥇 Tamara Seijas Fernández – 3:30:03 (Club RG Bikes Scott Team, Elite-Sub 23)
🥈 Mar Delgado González – 3:35:30 (Club Monteneme, Elite-Sub 23)
🥉 Raquel Román Sarmiento – 3:39:34 (Club ciclista Bici Verde, Elite-Sub 23)
Parabéns a todxs xs participantes e grazas ao Club ciclista Os Esfola Arrós, a Team Relay que xunto co Concello de Ames fixeron posible este evento de referencia no noroeste español.
Máis ℹ️🔗 magmasports.es
🎤 Últimos días para participar en Enreguéifate!
O certame de regueifas en vídeo pecha inscricións este vindeiro xoves 20 de marzo de 2025.
📹 Envíanos o teu vídeo (máx. 3 min) con 2 ou máis persoas regueifando sobre un tema libre.
🌍 Unha iniciativa dos SNL de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago e Teo para poñer en valor a regueifa.
📜Consulta as bases e inscríbete na web do certame! Aquí tes toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3DysMVt
🌳 Plántanse 180 árbores —Castiñeiros, carballos, cerdeiras, noceiras e bidueiros — en Cruxeiras dentro do plan municipal contra incendios 🔥🚫
🔹O alcalde Blas García e o concelleiro Javier Antelo, xunto co equipo de Medio Ambiente, supervisaron os traballos.
🔹No inverno de 2025 as parcelas adheridas serán rozadas de novo.
🔹As persoas interesadas aínda poden solicitar a adhesión ao plan 2025-2026.
🔹No pleno de marzo debaterase a continuidade do plan ata 2029.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4iclcPo
Máis de 200 persoas participan na 5ª carreira da miller “MOITOS CAMIÑOS, MESMA META” 🎉
Este pasado venres viviuse unha tarde chea de enerxía na área deportiva do Milladoiro! 🏃♀️💨 Máis de 200 participantes superaron un circuíto de 600 metros con 9 obstáculos, simbolizando os retos cos que as mulleres se atopan cada día.
Esta cita lúdica, organizada pola Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Ames, enmárcase dentro da programación polo Día Internacional da Muller.
Trala carreira, todos e todas as corredoras participaron nun sorteo de agasallos, organizado grazas á colaboración de Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), que colaborou nesta iniciativa con diversos premios para canxear no comercio local.
Grazas a todos e todas por participar e visibilizar esta loita! 💜✊
Toda a ℹ️ da xornada aquí 🔗https://bit.ly/4kvJoha
Apertura da convocatoria de axudas para actividades deportivas 2024 🏅
🔸O Concello de Ames abre a convocatoria de axudas para a promoción de actividades que se leven a cabo no exercicio 2024 por parte dos clubs e asociacións deportivas do municipio.
🔸A contía destinada ascende a 80.000 euros.
🔸O prazo de presentación de solicitudes é de 30 días naturais desde a publicación das bases no BOP (13 de marzo), polo que estará aberto ata o sábado 12 de abril.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/43Tumvw
Xuntanza para conmemorar o 10º aniversario da Rede do Milladoiro 🎉
O IES do Milladoiro acolleu unha xuntanza de traballo intersectorial para conmemorar o décimo aniversario da Rede do Milladoiro. Baixo o lema “Restaurando a Rede”, foi un espazo de reflexión e celebración polo camiño percorrido nesta década, ademais de sentar as bases para sementar o futuro.
Toda a ℹ️ aquí 🔗 https://bit.ly/4isbGrg
🎭 Chega “Reconversión” de Ibuprofeno Teatro ao Auditorio de Bertamiráns!
Este venres poderemos gozar desta montaxe que narra as mobilizacións do sector naval na Ría de Vigo. As portas abriranse ás 20.15 h e prégase puntualidade a todas as persoas asistentes.
Toda a ℹ️ https://bit.ly/4isQpxB
🎨 Obradoiro de debuxo colaborativo con As Seibas Espazo Educativo!
O venres 21 de marzo ás 18:00 h, o programa Apego continúa coas súas propostas para as crianzas amesás no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.
Se queres participar, podes inscribirte ata o xoves 20 de marzo enviando un correo a normalizacion@concellodeame.gal co nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto.
Non perdas esta oportunidade de fomentar a creatividade en familia!
Todo a ℹ️ https://bit.ly/3Fux40D
📢 CARREIRA DA MULLER - PASEO DA IGUALDADE 💜
👟 Moitos camiños, mesma meta!
Este venres 14 de marzo ás 17:30h, a Casa da Cultura do Milladoiro converterase no punto de encontro para todas aquelas persoas que queiran sumarse a esta carreira simbólica a favor da igualdade.
Este evento está aberto a todo o público maior de 5 anos e conta cun percorrido accesible de 600 metros.
📍 Casa da Cultura do Milladoiro
16:30 - 17:30h → Entrega de dorsais
17:30h → Comezo da carreira
🙌 Anímate a participar e fai parte deste movemento! Porque cada paso conta na loita pola igualdade.
🔗 Inscríbete escaneando o código QR do cartel ou a través da web! Toda a ℹ️ https://bit.ly/43FGfVS
📚 Únete aos Encontros Literarios ✨
A programación continúa cunha nova cita hoxe xoves 13 de marzo ás 20:00h, no Pazo da Peregrina, contaremos coa presenza de Carmen Mari Granados, que nos presentará a súa obra “Libérate del miedo”.
📖💡 Neste libro, a autora ofrece diferentes ferramentas prácticas, reflexións profundas e exemplos que nos axudarán a superar os nosos medos e vivir sen límites. Se queres aprender a enfrontarte ás túas barreiras internas, esta charla é para ti!
🗓 Xoves 13 de marzo
🕗20:00h
📍 Pazo da Peregrina
📩 Máis info: https://lc.cx/03_7Dd
Ames participa na xornada "Compra pública responsable nas administracións locais"
🔹A Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego (CESAGAL) e a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) organizaron a xornada “Compra pública responsable nas administracións locais”, un encontro dirixido a responsables municipais, profesionais do sector público e entidades de economía social interesadas en promover unha contratación pública con impacto social e ambiental.
🔹O alcalde de Ames e vogal da Comisión Executiva da FEGAMP, Blas García, participou na Mesa redonda “Desafíos e oportunidades na contratación responsable nos concellos galegos”.
Toda a ℹ️ https://bit.ly/4bOvUJj
Exposición “Esencia da Alma” de Roca en #Bertamiráns ✨🎨
O Pazo da Peregrina acolle ata este venres 20 de marzo a exposición de pinturas “Esencia da alma” do artista arzuano Roberto Castro (Roca) 🖼️
Se queres saber máis ℹ️ https://bit.ly/41IEi8q
Silvereira cumpre 25 anos de artesanía e innovación! 🤲🏼
A empresa galega de xoiería artesanal Silvereira cumpre un cuarto de século este 2025. O alcalde, Blas García, xunto coa concelleira de Promoción Económica e o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, visitaron as súas instalacións en Raíces, #Biduído, para coñecer de preto o seu traballo.
Durante a visita, Juan Lamas e Marta Ares guiaron polo taller e explicaron os procesos de fabricación das súas exclusivas pezas, destacando a importancia da modernización para seguir sendo competitivos no sector.
25 anos de arte e tradición!
Nova completa aquí 🔗🗞️ https://bit.ly/4hrvABm
Ames acolle unha nova edición da #Transgalaica! 🚵♀️
Este domingo, 16 de marzo, o Ames será, por novena vez, escenario dunha das probas de ciclismo de montaña máis destacadas do noroeste español: a segunda proba do circuíto Transgalaica 2025.
📍 Saída do Pazo da Peregrina, Bertamiráns
🕤 Ás 9:30 h
🔁 Percorrido: 64 km (2 voltas a un circuíto de 32 km)
Últimos días para inscribirse! O prazo pecha este mércores, 12 de marzo, ás 23:59 h.
🔗 Inscricións dispoñibles en magmasports.es
Nova completa aquí 👉🏼 https://bit.ly/3XGskep
Ames acolle unha nova edición da #Transgalaica! 🚵♀️
Este domingo, 16 de marzo, o Ames será, por novena vez, escenario dunha das probas de ciclismo de montaña máis destacadas do noroeste español: a segunda proba do circuíto Transgalaica 2025.
📍 Saída do Pazo da Peregrina, Bertamiráns
🕤 Ás 9:30 h
🔁 Percorrido: 64 km (2 voltas a un circuíto de 32 km)
Últimos días para inscribirse! O prazo pecha este mércores, 12 de marzo, ás 23:59 h.
🔗 Inscricións dispoñibles en magmasports.es
Nova completa aquí 👉🏼 https://bit.ly/3XGskep
