Concello de Ames
Open in Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Show more761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
Ames conmemora o #DíaInternacionaldaMuller 💟💪🏻
Na xornada de onte o Concello de Ames celebrou un acto institucional na Casa do Concello en #Bertamiráns. Nel procedeuse á lectura do manifesto por parte dos membros da Corporación municipal e que, este ano, puxo o foco no avance das mensaxes negacionistas e contra as políticas de igualdade acadadas ata o momento.
📢 O manifesto foi lido polo alcalde, Blas García; a concelleira de Igualdade, Uxía García; a voceira do Partido Popular de Ames, Oliva Agra; a concelleira do Bloque Nacionalista Galego de Ames, Escarlata Pampín, e a voceira de Espazo Común de Ames, Luísa Feijóo. Ao acto asistiron todos os membros da Corporación municipal.
Ademais, proximamente anunciarase unha nova data para a carreira da muller “Moitos camiños, mesma meta”, que non puido celebrarse o pasado 8 de marzo.
Máis ℹ️ do acto aquí 🔗 https://bit.ly/3FhGU5L
🎭 Obradoiro “Cinemakis” polo Día Mundial do Teatro 🎬
A Biblioteca Municipal de Ames celebra o Día Mundial do Teatro cun obradoiro moi especial para a rapazada de 3º de primaria en diante!
📍 Datas e lugares:
📅 Venres 21 de marzo – O Milladoiro
📅 Sábado 22 de marzo – Bertamiráns
📝 O prazo de inscrición para participar estará aberto desde o 10 de marzo, ata o martes día 18.
✉️ Para participar, é previso enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal indicando nome, apelidos, curso e idade dos participantes xunto cun número de teléfono.
Non perdas esta oportunidade de gozar do teatro e o cinema! 🎥✨
Toda a información na seguinte ligazón 🔗: https://lc.cx/zADN7H
Adxudícanse as obras de pavimentación de viarios no Castro de Ortoño 🚧
Obra adxudicada: Pavimentación de viarios en Castro de Ortoño 🏗️ Excavaciones y Obras Candal
🔄 Investimento: 142.083,44 € POS+ Adicional 2/2024
Outras actuacións en marcha:
•Senda peonil de A Ponte Maceira a Carballo (Trasmonte)
•Mellora da seguridade viaria en Covas
•Pavimentación en Biduído de Arriba
Toda a ℹ️ https://bit.ly/3De9CUH
A xornada de innovación #InnovAmes tivo como eixo central a sostibilidade no eido empresarial e invitará a outros concellos da contorna a participar en próximas edicións 💡
🔹Nesta edición do encontro empresarial reuníronse máis de vinte empresas do noso concello, referentes en innovación e tecnoloxía, para debatir sobre un tema clave: a sostibilidade no mundo empresarial e o potencial da innovación local.
🔹 Contamos coa participación de coworkers do centro A Proa, representantes das Universidades de Santiago e Vigo, así como alumnado dos centros educativos de Ames.
Unha xornada de aprendizaxe, intercambio de ideas e colaboración para seguir impulsando un futuro sostible e innovador! 🚀💡
Toda a ℹ️ https://bit.ly/3XyQAPA
O Punto Limpo recolleu en xaneiro case 900 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos 📠⌨️📺
🔹O centro de depósito de residuos do Punto Limpo rexistrou 457 entradas en xaneiro.
🔹Durante este mes destaca a achega de 891 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos (PAES), 111 quilogramos de roupa e 425 quilogramos de plásticos.
Toda a ℹ️ https://bit.ly/4iqdZdX
O Concello de Ames e a UCGAL presentaron os datos de consumo do pasado ano: as oficinas municipais atenderon 425 consultas, a maioría no primeiro semestre e no sector financeiro
📍 Atención ao público:
✔️ Milladoiro (Rúa Viorneira) → Martes
✔️ Bertamiráns (Pazo da Peregrina) → Xoves
🕙 10:00-14:00 | 16:30-20:30
📞 Contacto: 662 130 312
Toda a ℹ️ https://bit.ly/43jKMxb
Adiáse a programación do 8M ℹ️
🔹A lectura do manifesto finalmente será o vindeiro luns, 10 de marzo, na porta da Casa do Concello ás 12.00 horas.
Por outra banda, a carreira da muller "Moitos camiños, mesma meta", queda adiada á espera de poder establecer unha nova data.
Toda a info aquí 🔗https://bit.ly/4ivmAMJ
𝐀𝐩𝐫𝐚́𝐳𝐚𝐬𝐞 𝐚 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐏𝐚𝐢𝐧𝐭𝐛𝐚𝐥𝐥 𝐝𝐨 𝐩𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚 "𝐓𝐫𝐨𝐮𝐥𝐞𝐚𝐧𝐝𝐨" 𝐝𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐟𝐢𝐧 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐦𝐚𝐧𝐚 🌧️
🔹En base á dispoñibilidade da instalación, a nova data proposta para realizar a actividade é o 23 de marzo.
🔹As persoas apuntadas na actividade teñen ata o día 13 de marzo para comunicar ao departamento de Mocidade, a través do correo electrónico, o interese ou non en participar nesta nova data proposta.
🔹Se non se forma un grupo mínimo de 20 persoas ou as condicións meteorolóxicas volven a ser adversas, a actividade quedaría cancelada definitivamente.
𝐀𝐩𝐫𝐚́𝐳𝐚𝐬𝐞 𝐚 𝐀𝐧𝐝𝐚𝐢𝐧𝐚 𝐩𝐨𝐥𝐨 𝐌𝐚𝐫 𝐝𝐞 𝐎𝐯𝐞𝐥𝐥𝐚𝐬 𝐩𝐫𝐞𝐯𝐢𝐬𝐭𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐞 𝐝𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 por mor das condicións metereolóxicas previstas para a xornada 🌧️
ℹ️ A nova data será o 5 de abril.
🔸Desde o departamento de Normalización Lingüística, poñeranse en contacto a través do correo electrónico con todas as persoas apuntadas na andaina para confirmar que manteñen o interese en participar ou non na nova data proposta.
🔸Manteranse os mesmos horarios para coller o autobús, sendo as 10.00 horas o horario para a Casa da Cultura do #Milladoiro e as 10.15 horas diante do Pazo da Peregrina de #Bertamiráns.
Toda a ℹ️ https://bit.ly/3Dj8kHT
Tiago Blanco e Xián Blanco, da Escola Dokkodo, participaron o pasado 22 de febreiro na 2º Xornada da Liga Nacional de Karate 🥋
🔸O pasado 22 de febreiro celebrouse a 2º Xornada da Liga Nacional de Karate, que tivo lugar en Albacete e reuniu a máis de 1.200 deportistas procedentes de diferentes cidades de España.
🔸A Escola de Karate Dokkodo estivo representada por Xián e Tiago Blanco realizaron unha gran competición na que deixaron unhas sensacións moi positivas de cara o futuro.
🗞️ Nova aquí 🔗 https://bit.ly/41G7AGc
Ames pecha esta semana a súa programación de Entroido que encheu as rúas do concello de música, baile e moita diversión 🎭💃🏻
👉🏻A programación do Entroido en Ames do 2025 pon a súa fin este venres, día 7, coa celebración do Entroido Amessan, a última das actividades da programación deste ano e que está dedicada ás persoas maiores do noso concello
👉🏻Os concertos da Escola Municipal de Música de Ames 🎼, o desfile e concurso de disfraces do Milladoiro 🏆 e o cocido dos maiores 🐷 foron algunhas das actividades que se celebraron nestas xornadas festivas
Toda a ℹ️ do Entroido en Ames neste 2025 na seguinte ligazón: https://lc.cx/28Y3VI
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres a obra “Un Deus salvaxe” de Talía Teatro🎭
👉🏻A programación de artes escénicas en Ames continúa neste mes de marzo no que se conmemora o día 27 o Día Mundial do Teatro 📆
👉🏻Con motivo desta data, haberá representacións teatrais todos os venres, así como actividades organizadas pola Escola Municipal de Teatro de Ames e por parte das compañías teatrais que están facendo residencia no Concello de Ames
🟠Este vindeiro venres, 7 de marzo, ás 20.30 horas, o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá a primeira destas representacións coa obra “Un Deus salvaxe”, da compañía Talía Teatro
🟠Esta peza é unha comedia que reflexa con sátira e ironía os puntos frouxos das persoas e tensións nas relacións persoais e sociais
Toda a ℹ️ desta obra e o resto de programación teatral en marzo 🔗: https://lc.cx/0zs_EY
⚠️ Hoxe, 5 de marzo, ás 14.00 horas, finaliza o prazo para inscribirse na Carreira da Muller.
Toda a ℹ️ e inscricións aquí 🔗 https://bit.ly/43su1jc
#EncontrosLiterarios en Ames📚
Mañá, xoves 6 de marzo ás 20:00h no Pazo da Peregrina, terá lugar unha nova sesión dos Encontros Literarios coa presentación de “Ángeles de Santiago: Génesis” de Alba Sánchez Suárez.
A autora estará acompañada por Mónica De Soto Alberto, profesora de Filosofía, para conversar sobre a obra e o seu proceso creativo.
📍 Pazo da Peregrina
⏰ 20:00h
📞 Máis info: 981 884 829 / 981 530 807
📩 biblioteca@concellodeames.gal
Entrada libre ata completar aforo. Toda a info aquí 🔗https://bit.ly/4bnphxr
A atleta amesá María Estévez acadou un quinto posto no Campionato de España sub-18 🏃🏻♀️🏆
🔸Esta pasada fin de semana celebrouse en Valencia o Campionato de España de Atletismo sub-18, no que Ames estivo representado pola atleta María Estévez, atleta da Sociedade Gimnástica de Pontevedra.
🔸A amesá, que conseguiu ser subcampioa galega nos 800 metros acadou o quinto posto na final de 1.500 metros.
🗞️ Nova aquí 🔗 https://bit.ly/4bpDKsG
Arredor de 700 persoas asistiron neste martes de Entroido ao cocido dos maiores de Ames🎭🐷
👉🏻Ames celebrou neste martes de Entroido a terceira edición do cocido dos maiores
👉🏻O pavillón municipal de Bertamiráns acolleu unha xornada festiva na que non faltaron os disfraces, este ano coa temática de cine, a boa música e, por suposto, o tradicional cocido galego destas datas de Entroido ou tamén as orellas e filloas 🍽️
👉🏻Tras o xantar, continou a festa coa música da man do dúo musical Plan B
Toda a información e fotografías da festa na seguinte ligazón🔗: https://lc.cx/t9g9HW
Aberto o prazo para a renovación ou preinscrición de praza para o vindeiro curso 2025-2026, na Rede de Comedores Escolares e nos programas Bos Días Cole e Tardes Divertidas 📖🧑🧑🧒🧒
🔹 As persoas interesadas poden realizar a tramitación administrativa das súas solicitudes a través da páxina web de Conciliames, presentando a documentación asinada dixitalmente na Sede electrónica do Concello de Ames.
🔹Tamén poden entregala en papel nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames.
🔹Ademais, as persoas sen Internet poden solicitar asistencia presencial chamando ao 981 891 476.
Toda a información na seguinte ligazón: https://lc.cx/ixG8tf
Integrantes da Fundación Down Compostela participarán este venres no InnovAmes para complementar a súa formación no Programa de Emprego con Apoio e Inclusión Social 🤝
🔸O Concello de Ames e a Fundación Down Compostela asinaron esta mañá, no Salón de Plenos do Concello, un convenio de colaboración entre ambas entidades.
🔸Os membros da fundación que participen nesta xornada, realizarán un período de formación práctica de 4 horas e media este venres 7 de marzo.
Toda a info aquí 🔗https://bit.ly/4kjGtYF
A Escola Municipal de Música de Ames celebra o seu 20 aniversario cunha batucada moi especial, impartida por Trópico de Grelos! 🎶🎉
Se tes máis de 8 anos e queres aprender e gozar do ritmo da batucada, inscríbete xa!🥁
📅 15, 22 e 29 de marzo de 2025
🕚 11:00 - 13:00h
📍 Escola Municipal de Música de Ames
🎭 O 29 de marzo, sairemos ás rúas para amosar o aprendido!
📩 Inscricións en escolademusica@concellodeames.gal.
As prazas son limitadas! Non perdas esta oportunidade de facer vibrar Ames co ritmo da batucada!
Toda a ℹ️ https://bit.ly/4i2mKuX
Lectura do manifesto municipal, a carreira da muller e o programa "Mulleres en rede" para conmemorar o #DíaInternacionalDaMuller 💜 #8M
📆 Sábado 8 de marzo
🕚 Lectura (11.00h.) Casa da Cultura do Milladoiro.
💟 Seguidamente 11.30h. andaina “𝙼𝚘𝚒𝚝𝚘𝚜 𝚌𝚊𝚖𝚒𝚗̃𝚘𝚜, 𝚖𝚎𝚜𝚖𝚊 𝚖𝚎𝚝𝚊”
Toda a programación ao detalle destas xornadas ℹ️🔗 https://bit.ly/4kjZNoC
