en
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

Open in Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Show more
761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
🌿🚶‍♀️ Adíase a ruta circular pola Lagoa de Cospeito 🚶‍♂️🌿 A Aula da Natureza informa que, debido ás intensas choivas dos
🌿🚶‍♀️ Adíase a ruta circular pola Lagoa de Cospeito 🚶‍♂️🌿 A Aula da Natureza informa que, debido ás intensas choivas dos últimos días, a ruta inicialmente prevista para o domingo 2 de febreiro adíase ao domingo 9 de febreiro, en conmemoración do Día Mundial dos Humidais. 🔹 Data: Domingo 9 de febreiro 🔹 Horario: 10:30 a 18:00 h 🔹 Actividades: Ruta circular pola Lagoa de Cospeito, visita guiada á Torre de Caldaloba (BIC) e observación da fauna e flora local. 🚌 Servizo de autobús: Saídas desde Bertamiráns (10:30 h) e Milladoiro (10:45 h). 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/_P9mi8

🩸🚑 A UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN DE SANGUE CHEGA A BERTAMIRÁNS! 🚑🩸 📍 Praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da A
🩸🚑 A UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN DE SANGUE CHEGA A BERTAMIRÁNS! 🚑🩸 📍 Praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da Avda. da Maía) 📅 Hoxe, 30 de xaneiro 🕘 Horario: 9:30-14:30 | 15:30-21:00 ‼️ Lembra: ✅ Se tes máis de 18 anos e pesas máis de 50 kg, podes doar! ✅ Almorza antes de doar e agarda 2 horas se acabas de xantar. ✅ Leva contigo a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. ✅ Informa ao médico se tomas algún medicamento. 📞 Teléfono de información gratuíto: 900 100 828 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/MfprGw

🗓️ Hoxe, xoves 30 de xaneiro, o Concello de Ames celebra o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro! Na orde do día,
🗓️ Hoxe, xoves 30 de xaneiro, o Concello de Ames celebra o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro! Na orde do día, tratarase a modificación do regulamento da Rede municipal de comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas, a aprobación dos modelos de declaracións de bens e actividades dos concelleiros e concelleiras, e moito máis! 🤝📜 🔴 Tamén se debaterá a moción do BNG sobre medidas de prevención fronte ás inundacións, co obxectivo de garantir a seguridade e protección do noso entorno natural. 🌊🌱 📺 Non perdas a retransmisión en directo do pleno a través do canal de YouTube do Concello de Ames. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/7f2IQJ

🎉 O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre de 2025! Unha chea de actividades p
🎉 O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre de 2025! Unha chea de actividades para fomentar o galego entre as familias, co apoio da música, teatro, xogos e moito máis! 🎶🎭🖼️ 🚸 Mañá venres, 31 de xaneiro, comezamos coa obra de teatro KYOKI (a partir dos 3 anos). Aínda quedan entradas dispoñibles 🎟️ 📅 Ao longo do semestre, poderás gozar de concertos, obradoiros, maxia, excursións e a VI Festa con Apego. Non perdas a oportunidade de disfrutar e aprender en galego! 🥳✨ 📲 Consulta toda a programación e inscricións aquí: https://lc.cx/j7yeyA

📖🌳 NOVO CONTO DOS BOLECHAS AMBIENTADO EN AMES! 🌳📖 O Concello de Ames presenta "Os Bolechas: A Carballeira dos Trasnos", u
📖🌳 NOVO CONTO DOS BOLECHAS AMBIENTADO EN AMES! 🌳📖 O Concello de Ames presenta "Os Bolechas: A Carballeira dos Trasnos", un conto protagonizado polos populares personaxes e ambientado na Carballeira dos Trasgos de Ventín. Unha historia para achegar aos máis pequenos á natureza e poñer en valor este espazo natural! 🎭 Os Bolechas descobren a fauna da carballeira mentres preparan os seus disfraces de Entroido. 📚 Un proxecto en colaboración con Pepe Carreiro para fomentar o coñecemento da contorna natural. 🌿 Unha aposta polo lecer ao aire libre e o respecto polo medio! 🔗 Máis info: https://lc.cx/WNUgX4

📚 O Concello de Ames está traballando para ofrecer un servizo pioneiro na súa Biblioteca Municipal do Milladoiro: unha sala
📚 O Concello de Ames está traballando para ofrecer un servizo pioneiro na súa Biblioteca Municipal do Milladoiro: unha sala de estudo aberta as 24 horas do día, todos os días da semana, incluídos sábados e domingos. Este novo espazo permitirá aos estudantes e persoas usuarias dispoñer dun lugar de estudo accesible en calquera momento. 🔑 Acceso mediante código QR: Para utilizar a sala de estudo, será necesario empregar un lector de código QR. Durante o horario nocturno, a entrada realizarase directamente desde a rúa de Abaixo, mentres que durante o día seguirá existindo comunicación coa biblioteca. 🚧 As actuacións inclúen: A mellora da accesibilidade pola entrada da rúa de Abaixo. A instalación dunha nova porta automática con fechadura QR. Un sistema de vídeo-vixilancia no acceso principal. 📅 Horario da biblioteca: De luns a venres: 9:00 - 20:50 h Sábados: 9:00 - 13:50 h (Horario de verán: 9:00 - 14:00 h, de luns a venres) 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/PPb0Gg

🎭 O Concello de Ames continúa coa súa programación cultural e este venres 31 de xaneiro, ás 20:30 horas, o auditorio da Casa
🎭 O Concello de Ames continúa coa súa programación cultural e este venres 31 de xaneiro, ás 20:30 horas, o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá a representación de “Entrega en man”, da compañía Contraproducións S.L. 💡 Unha obra de humor negro e crítica social: Baixo a dirección de Cándido Pazó, esta peza, baseada na obra de Martin McDonagh, aborda temas como o racismo, o machismo e a xenofobia. A trama xira arredor de Carmichael, un supremacista branco que busca recuperar a súa man perdida, e un peculiar intercambio que desencadea unha narrativa cargada de ironía e reflexión. 🎟 Entradas dispoñibles: Aínda podes adquirir os teus convites a través da Billeteira Electrónica do Concello de Ames. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/Yha6ho

📚 Peche temporal da sala de estudo na biblioteca do Milladoiro O Concello de Ames informa que, a partir de hoxe, martes 28 d
📚 Peche temporal da sala de estudo na biblioteca do Milladoiro O Concello de Ames informa que, a partir de hoxe, martes 28 de xaneiro, a sala de estudo da biblioteca do Milladoiro permanecerá pechada temporalmente debido ás obras de acondicionamento para separar a aula de estudo da biblioteca. 👉 Que cambia? 🚧 Sala de estudo: Pechada temporalmente. 📖 Biblioteca: Permanecerá aberta. Agradecemos a vosa comprensión durante o desenvolvemento destas melloras

O Concello de Ames e os gandeiros afectados chegaron a un acordo para a regulación dos vehículos agrícolas na Améndoa Central
O Concello de Ames e os gandeiros afectados chegaron a un acordo para a regulación dos vehículos agrícolas na Améndoa Central, garantindo a seguridade peonil e permitindo excepcións en casos necesarios. 📌 Puntos clave do acordo: 1️⃣ Preservar a Améndoa Central como núcleo de preferencia peonil. 2️⃣ Modificar a sinalización (R-111) para facilitar o acceso en rúas clave: Alcalde Lorenzo, Xunqueira, Avenida da Maía e Travesía de Fontaldeiro. 3️⃣ Expedir permisos temporais ou puntuais pola Policía Local cando non existan vías alternativas. 👥 O acordo foi alcanzado tras unha xuntanza entre o alcalde Blas García, o concelleiro Víctor Fernández, a Policía Local e os gandeiros. 📄 Consulta a proposta completa aquí: https://lc.cx/J4RIsP

🌿 PROGRAMACIÓN DA AULA DA NATUREZA 🌿 👉 Actividades para febreiro e marzo 💡 FEBREIRO: 📅 Sábado 1 🎨 Taller de impresión b
🌿 PROGRAMACIÓN DA AULA DA NATUREZA 🌿 👉 Actividades para febreiro e marzo 💡 FEBREIRO: 📅 Sábado 1 🎨 Taller de impresión botánica téxtil Hapa Home ⏰ 11.00-13.00 h | Imparten: M.L. Mosquera e Atelier Casperlora 📅 Domingo 2 🐾 Ruta circular pola Lagoa de Cospeito + Visita á Torre de Caldaloba ⏰ 10.30-18.00 h | Celebra o Día Mundial dos Humedais 📅 Sábado 8 🧵 Obradoiro Puntadas. Recicla, Reduce, Reutiliza 👧 Para crianzas de 8 a 14 anos 📅 15 e 23 de febreiro 🌳 Curso de poda de árbores froiteiras (teórico-práctico) 💡 MARZO: 🧺 Obradoiro de cestería en espiral (para adultos) 🚶 Ruta de sendeirismo polos muíños de Riamonte 📩 Inscricións: Completa a ficha dispoñible na web do Concello de Ames e envíaa a auladanatureza@concellodeames.gal🌱 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/iJH-yA

📝 O Concello de Ames publica a listaxe de persoas admitidas e de agarda para o curso de monitor de tempo libre, que comezará
📝 O Concello de Ames publica a listaxe de persoas admitidas e de agarda para o curso de monitor de tempo libre, que comezará o próximo 15 de febreiro. 📅 Datas do curso: Do 15 de febreiro ao 23 de marzo. Desenvolverase os venres, sábados e domingos. 📍 Lugar: Instalacións municipais do Milladoiro e Bertamiráns. Consulta a listaxe completa aquí: https://lc.cx/JOGh_a 🌟 Este curso, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, permitirá aos participantes obter o título oficial para exercer como monitores de tempo libre en actividades infantís e xuvenís. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/jBOXBa

🎥 Presentación do documental "No habrá paz sin las mujeres" no IES do Milladoiro 🎥 O pasado venres, 24 de xaneiro de 2025,
🎥 Presentación do documental "No habrá paz sin las mujeres" no IES do Milladoiro 🎥 O pasado venres, 24 de xaneiro de 2025, o alumnado de cuarto da ESO do IES do Milladoiro asistiu á estrea do documental "No habrá paz sin las mujeres", producido pola xornalista Patricia Simón e o fotoxornalista e activista Alejandro Zapico. Tras a proxección, Zapico ofreceu unha charla sobre a situación en Palestina, enriquecendo a comprensión do alumnado sobre o tema. Este documental destaca as violacións dos dereitos humanos que sofren as mulleres palestinas en Cisxordania e analiza a evolución da súa situación na última década. Tamén está prevista unha exposición fotográfica de Alejandro Zapico. A vindeira semana anunciaranse o lugar e a data de inauguración desta mostra. Para máis información sobre o proxecto, podes visitar o seguinte enlace: https://lc.cx/fssKQi

🎭 Teatro infantil en Ames: “Kyoki” de Elefante Elegante 🎭 Este venres, 31 de xaneiro, ás 18:00 horas, o auditorio da Casa d
🎭 Teatro infantil en Ames: “Kyoki” de Elefante Elegante 🎭 Este venres, 31 de xaneiro, ás 18:00 horas, o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá a obra de teatro infantil “Kyoki”, da recoñecida compañía Elefante Elegante. Esta representación está incluída na programación do Ames Cultural e tamén no ciclo Apego 2025. “Kyoki” é unha obra dirixida a público infantil e familiar, que a través da linguaxe xestual explora temas como a vellez, o esquecemento ou a soidade. Cunha posta en escena chea de xestos e interaccións visuais, invítase a reflexionar sobre a relación entre as persoas coidadoras e aquelas que precisan coidados. 🎟️ Entradas xa dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Máis información: https://lc.cx/rSlb2-

🌍 Ames presente en FITUR promocionando os Camiños Fisterra-Muxía e Muros-Noia 📅 O alcalde de Ames, Blas García, participou
🌍 Ames presente en FITUR promocionando os Camiños Fisterra-Muxía e Muros-Noia 📅 O alcalde de Ames, Blas García, participou en FITUR 2025 para destacar: 🔹O Camiño Fisterra-Muxía: A campaña O Camiño que remata no mar conecta Santiago co Faro de Fisterra e o Santuario da Virxe da Barca. 🔹O Camiño da Ría de Muros Noia: Combina peregrinación marítima e 12 km a pé dende Bertamiráns, onde unha escultura sinala o inicio da última etapa. 🌱 Turismo sostible Ames ofrece rutas de sendeirismo polos ríos Tambre e Sar, un rico patrimonio cultural e iniciativas para conectar núcleos urbanos e rurais. 🌳 Stand galego sostible O stand de Galicia, elaborado pola empresa amesá Escenoset, inclúe un bosque galego e promove a reutilización de recursos. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/gP2b81

🚧 Mellora de viarios no Castro de Ortoño 🚜 A Xunta de Goberno Local aprobou a licitación das obras de pavimentación no núcl
🚧 Mellora de viarios no Castro de Ortoño 🚜 A Xunta de Goberno Local aprobou a licitación das obras de pavimentación no núcleo do Castro de Ortoño por 149.608,76 €. Estas actuacións, financiadas polo POS+ Adicional 2/2024, inclúen: ✅ Renovación do pavimento con formigón ✅ Mellora do acceso principal con aglomerado ✅ Instalación de cunetas transitables e redes de augas pluviais ✅ Nova canalización para o alumeado público ✅ Sinalización horizontal e colocación de sinais 🏡 Este proxecto forma parte do plan de mellora dos núcleos rurais, garantindo infraestruturas máis seguras e funcionais. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/vEVvNA

♻️ Case 500 kg de plásticos recollidos no Punto Limpo en decembro En decembro, o Punto Limpo rexistrou 744 entradas, destacan
♻️ Case 500 kg de plásticos recollidos no Punto Limpo en decembro En decembro, o Punto Limpo rexistrou 744 entradas, destacando a recollida de 487 kg de plásticos, 801 aparellos eléctricos e electrónicos (PAES) e 168 voluminosos. Ademais, recolléronse 3.024 kg de madeira, 1.614 kg de metais e 2.862 kg de refugallos da construción. 📊 ✔️ Recorda que o Punto Limpo é clave para reciclar residuos que non van nos colectores convencionais. 📍 Localización: Rúa das Hedras, polígono Novo Milladoiro. 🕘 Horario: Luns a sábado, de 9:00 a 15:00 e de 16:00 a 20:00. 📞 Teléfono: 981 53 66 88. 🚛 Tamén podes usar o Punto Limpo móbil, que percorre parroquias de Ames para facilitar o reciclaxe no rural. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/Cc_gvu

🏃‍♂️ IX edición da Carreira Solidaria “Móvome pola Paz” no CEIP de Barouta 🏃‍♀️ O vindeiro xoves 30 de xaneiro, o CEIP de B
🏃‍♂️ IX edición da Carreira Solidaria “Móvome pola Paz” no CEIP de Barouta 🏃‍♀️ O vindeiro xoves 30 de xaneiro, o CEIP de Barouta celebra unha nova edición da súa tradicional carreira, en conmemoración do Día Internacional da Paz. Este evento solidario ten como obxectivo recadar alimentos e produtos de hixiene para persoas en emerxencia social, así como fondos para a situación en Gaza (Palestina). 🕛 A partir das 12:00 horas, poderán participar o alumnado, pais, nais e veciños de Ames, así como a rapazada dos CEIP da Maía e Agro do Muíño. A carreira será non competitiva e adaptada a todas as idades. 📦 Se non podes participar na carreira, tamén podes colaborar coa recollida de alimentos no propio centro (de 8:30 a 15:00 horas, a partir do luns). 🎁 Ao rematar a proba, todos os participantes recibirán un agasallo con froita, auga, iogur e algún detalle extra. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/JllFFE

🙌 O Concello de Ames concede 43.336 euros en axudas a entidades sociais sen ánimo de lucro A Xunta de Goberno Local aprobou
🙌 O Concello de Ames concede 43.336 euros en axudas a entidades sociais sen ánimo de lucro A Xunta de Goberno Local aprobou a concesión de 43.336,28 euros para apoiar 13 entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, que desenvolven actividades de servizos comunitarios e inclusión social. Este apoio está destinado a promover a inclusión, a saúde pública e a formación laboral de colectivos en risco de exclusión social. 🔹 Axudas para o segundo semestre de 2024: 21.145,18 euros repartidos entre 13 entidades, como Cáritas, ALCER, AGASOL e a Fundación Indaga, entre outras. 🔹 Axudas para o primeiro semestre de 2024: 22.191,10 euros a 9 entidades, como Arcea Adames, a AECC, COGAMI e a Fundación Tierras de Hombres. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/ZfYYcD

📚 Continúa a programación dos Encontros Literarios! Hoxe xoves, 23 de xaneiro, non perdas a presentación de “Runrún” de Ana
📚 Continúa a programación dos Encontros Literarios! Hoxe xoves, 23 de xaneiro, non perdas a presentación de “Runrún” de Ana Varela Miño no Pazo da Peregrina, ás 20.00 horas. A entrada é libre ata completar aforo. A autora estará acompañada pola filóloga Elisa Nieves Barreiro (@delibrosalibres). 🌟 “Runrún” é unha historia intensa e emocionante ambientada en Ferrol, onde dúas irmás deben reconstruír as súas vidas tras unha perda. 👉 Organiza: Concello de Ames – Departamento de Bibliotecas Municipais.

🏆 Esta pasada fin de semana, do 17 ao 19 de xaneiro, celebrouse en Palma del Río (Córdoba) a I Xornada da Liga Nacional de K
🏆 Esta pasada fin de semana, do 17 ao 19 de xaneiro, celebrouse en Palma del Río (Córdoba) a I Xornada da Liga Nacional de Karate, onde o karateka de Ames, Xoán David Parga, acadou un magnífico quinto posto na categoría sub 21 masculino <60 kg en kumite. 🔸 Un gran debut: Na súa estrea nesta categoría, Xoán David fixo uns combates excepcionais ante rivais de gran nivel, chegando ata as semifinais. No combate polo bronce, perdeu por un axustado 1-0, logrando un meritorio quinto posto. 🔸 Proxección nacional: Este resultado non só destaca o talento de Xoán, senón que tamén o consolida entre os mellores da súa categoría a nivel nacional. Sen dúbida, un comezo prometedor para as vindeiras competicións. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/_Wn3NU