en
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

Open in Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Show more
761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
🏡 O alcalde de Ames, Blas García, reuniuse en Madrid con Alberto Molowny, director de Xestión de Administracións Públicas da
🏡 O alcalde de Ames, Blas García, reuniuse en Madrid con Alberto Molowny, director de Xestión de Administracións Públicas da Sareb, para iniciar a negociación sobre parcelas no Milladoiro e Bertamiráns. O obxectivo é crear vivendas de protección oficial e novos espazos verdes para o desfrute da veciñanza. 🔹 Vivendas no Milladoiro: No sector S-16 Galdrachán, o Concello busca desenvolver unha parcela de 966 m², próxima á Casa da Cultura, onde se poderían construír 37 vivendas protexidas. Ademais, o goberno municipal planea ceder ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) outros seis terreos para edificar un total de 213 vivendas en Ames. 🔹 Zonas verdes en Bertamiráns: O rexedor municipal tamén propuxo á Sareb a cesión de 31.552 m² de parcelas en Bertamiráns, situadas en Cantalarrana, travesía de Fontaldeiro, rúa da Fragua e travesía do Pedregal. O Concello comprometeríase a acondicionar estes espazos como zonas verdes e sendas peonís para uso público. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/ROrNPq

🌍✨ Ames colabora co programa Galicia Abriga para apoiar mulleres defensoras dos dereitos humanos O Concello de Ames reafirma
🌍✨ Ames colabora co programa Galicia Abriga para apoiar mulleres defensoras dos dereitos humanos O Concello de Ames reafirma o seu compromiso coa solidariedade internacional. A través da Concellaría de Benestar Social, destinouse unha axuda de 2.000 euros para o programa galego de acollida temporal Galicia Abriga, promovido pola entidade Solidariedade Internacional de Galicia. 👉 Obxectivo do programa: Proporcionar un espazo seguro e enriquecedor durante tres meses a mulleres que defenden os dereitos humanos en países onde a cooperación galega está presente, fortalecendo as súas capacidades persoais e organizativas. Este programa non é de asilo ou refuxio, senón unha oportunidade para que estas mulleres poidan descansar, formarse e regresar aos seus países con ferramentas renovadas para continuar o seu labor. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/HlbgYP

🏃‍♂️🏞 Abre o prazo para a VI edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre! 📅 Cando? 23 de febreiro 📍 Saídas: Trail longo
🏃‍♂️🏞 Abre o prazo para a VI edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre! 📅 Cando? 23 de febreiro 📍 Saídas: Trail longo (16 km): 10.00 h desde Ponte Maceira Andaina (15 km): 10.05 h desde Ponte Maceira Trail curto (8 km): 10.25 h desde a praia fluvial de Tapia 🏁 Todas as probas rematan no Real Aeroclub de Santiago. 🚌 Transporte: Autobuses dispoñibles desde o punto de meta ata as saídas, a partir das 8.15 h. 👥 Participación: Aberto a federados/as e non federados/as. 💰 Inscricións ata o 19 de febreiro: Andaina e Trail curto: 7 €, Trail longo: 11 € 🎽 Premios e agasallos: Premios para os primeiros clasificados/as e agasallo técnico para todos os participantes. 🔗 Inscrición e máis info: https://lc.cx/JbHd1O

O Ministerio de Transportes modifica o plan de obra da N-550 a petición do Concello de Ames 🔄 Mantéñense os dous carrís de s
O Ministerio de Transportes modifica o plan de obra da N-550 a petición do Concello de Ames 🔄 Mantéñense os dous carrís de subida na avenida de Rosalía de Castro ata que rematen os traballos no tramo dirección Padrón-Santiago. Ante o caos circulatorio provocado polo corte dun carril, o Concello xestionou coa Subdelegación do Goberno e a empresa adxudicataria a modificación do plan de obra. O alcalde, Blas García, anuncia que: ✔️ Convocarase a Comisión de Seguimento para reorganizar os traballos. ✔️ Mellorarase a sinalización en Rosalía de Castro para optimizar o tráfico. ✔️ O tráfico será desviado pola AG-56 e a rotonda das Galanas. 👉 Esta obra complexa pode xerar molestias puntuais, pero solucionaranse coa maior brevidade posible. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/PX08vC

🛠️ Blas García e Pedro Blanco Delegado acordan crear unha comisión para supervisar as obras do Milladoiro O alcalde de Ames
🛠️ Blas García e Pedro Blanco Delegado acordan crear unha comisión para supervisar as obras do Milladoiro O alcalde de Ames reuniuse co Delegado do Goberno para acordar unha comisión que supervise o avance das obras de humanización no Milladoiro. 📌 Contacto para consultas e incidencias: Oficina: Rúa das Palmeiras, 83, Novo Milladoiro Horario: 9:00-13:00 | 15:00-19:00 ☎️ 881 817 218 📧 milladoiro@eptisa.com Tamén se tratou: ✅Cesión do tramo ferroviario Fraiz-A Moniña para unha senda veciñal ✅Incrementar a frecuencia de servizos de renovación do DNI no municipio. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/0M7yKb

📚 Continúan os Encontros Literarios en Ames! Este xoves, 23 de xaneiro, ás 20.00 h, no Pazo da Peregrina, Ana Varela Miño pr
📚 Continúan os Encontros Literarios en Ames! Este xoves, 23 de xaneiro, ás 20.00 h, no Pazo da Peregrina, Ana Varela Miño presenta o seu libro Runrún. Unha obra que explora a reconstrución familiar nunha narrativa envolvente. 📍 Entrada libre ata completar aforo. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/9SXWJ8

⚡ Cortes programados no subministro eléctrico no Milladoiro e Raíces 📅 Data: Venres, 24 de xaneiro ⏰ Horario: 📍Avenida de R
⚡ Cortes programados no subministro eléctrico no Milladoiro e Raíces 📅 Data: Venres, 24 de xaneiro ⏰ Horario: 📍Avenida de Rosalía de Castro (Milladoiro): de 4:30 a 7:30 horas, número 71 📍Aldea de Raíces (Biduído): de 6:00 a 7:30 horas, número 3 ⚠️A empresa subministradora Naturgy notificou que se realizarán interrupcións no subministro eléctrico para levar a cabo tarefas de mantemento e desenvolvemento da rede. 📞 Para aclaracións, contactar con Naturgy no 900 333 999.

🎿 Publicada a listaxe de admitidos/as na actividade "Finde na neve" 📅 Datas: Do 7 ao 9 de febreiro 📍 Lugar: Estación inver
🎿 Publicada a listaxe de admitidos/as na actividade "Finde na neve" 📅 Datas: Do 7 ao 9 de febreiro 📍 Lugar: Estación invernal de Leitariegos, León A Concellaría de Mocidade organiza unha nova edición de "Finde na neve", unha actividade dirixida á mocidade amesá nada entre o 1994 e o 2009. Consulta a listaxe de admitidos/as ao pé deste aviso e lembra que o pago da actividade non se realizará ata recibir máis información por correo electrónico, xa que as instalacións están temporalmente pechadas debido á escaseza de neve. 👉 Máis información e bases da actividade dispoñibles na ligazón indicada. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/hCBJRi

🌿 Andaina Saudable: Camiño Real de Santiago a Fisterra e Muxía 🌿 📅 Cando? Sábado, 25 de xaneiro 🚶‍♂️ Ruta: 3ª etapa: Vila
🌿 Andaina Saudable: Camiño Real de Santiago a Fisterra e Muxía 🌿 📅 Cando? Sábado, 25 de xaneiro 🚶‍♂️ Ruta: 3ª etapa: Vilaserío → Lago (15 km) 🚌 Saídas do autobús: 9:00 h: Casa da Cultura do Milladoiro 9:15 h: Praza do Concello de Bertamiráns 📋 Inscricións abertas! 👉 Ata o mércores, 22 de xaneiro, ás 14:00 h 🔗 Cubra o formulario ou escanee o QR no cartel 📌 Prazas limitadas (50). Prioridade para persoas empadroadas no Concello de Ames. Gózate desta experiencia única e conéctate coa natureza 🌳✨. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/U2fIpD

🚧 Inicio de obras na avenida Rosalía de Castro (N-550) 🚧 📅 Cando? A partir de mañá martes, 21 de xaneiro 📍 Tramo afectado
🚧 Inicio de obras na avenida Rosalía de Castro (N-550) 🚧 📅 Cando? A partir de mañá martes, 21 de xaneiro 📍 Tramo afectado: Dirección Santiago – Padrón Entre a rotonda da SC-20 (PK 67+100) e o cruce coa rúa da Raxoeira (PK 67+350). 🚗 Detalles: ✅Redución a un carril por sentido. ✅Mantense o acceso ás paradas de autobús e ao núcleo urbano do Milladoiro. ✅Alternativas recomendadas: ✅Uso da autovía AG-56 e da VG-1.7 para evitar a travesía do Milladoiro. ✅Rúas paralelas para traxectos locais. ✅Conexión ao parque empresarial polo enlace de Biduído. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/vw72UH

🎥 Ames triunfa nos Premios Youtubeiras+ 🎥 Dous proxectos de Ames, o Exército Mekemeke e Konachadas, son finalistas na oitav
🎥 Ames triunfa nos Premios Youtubeiras+ 🎥 Dous proxectos de Ames, o Exército Mekemeke e Konachadas, son finalistas na oitava edición dos Premios Youtubeiras+, nas categorías de canle de Youtube e canle de Tiktok, respectivamente. 💡 Estes galardóns recoñecen o talento de creadores de contido en galego e a súa importancia para a normalización da lingua entre as novas xeracións. 📅 Cando? O 1 de febreiro, ás 19:00 h 📍 Onde? Pazo da Cultura de Narón ✅ As entradas son gratuítas! Pídense no Pazo da Cultura de Narón, no teléfono 981 102 897 ou no correo taquilla.pazo@naron.gal. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/GNFZrN

🚴‍♂️ O ciclista amesán Jorge Pérez, do club Os Esfola Arrós, conseguiu un meritorio 13º posto no Campionato de España de Cic
🚴‍♂️ O ciclista amesán Jorge Pérez, do club Os Esfola Arrós, conseguiu un meritorio 13º posto no Campionato de España de Ciclocrós na categoría M30, celebrado o pasado 11 de xaneiro nas Pontes. 🔝 Jorge chegaba á proba tras proclamarse subcampión galego, pero as condicións do terreo e algunhas dificultades técnicas influíron no resultado. Aínda así, fixo un balance positivo: "Estou satisfeito coa tempada, sabendo que o meu obxectivo principal é máis autonómico que estatal." 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/tx8TMB

📚 Victoria Otero Espinar, nova presidenta da Real Sociedade Matemática Española 📚 A matemática e catedrática da USC, Victor
📚 Victoria Otero Espinar, nova presidenta da Real Sociedade Matemática Española 📚 A matemática e catedrática da USC, Victoria Otero Espinar, Medalla do Concello de Ames 2022, foi elixida presidenta da Real Sociedade Matemática Española (RSME), relevando a Eva Gallardo. A nova Xunta de Goberno, encabezada por Otero, tomará posesión este xoves, 23 de xaneiro. 🔬 Cunha traxectoria brillante no ámbito da investigación e da docencia, Victoria liderará a RSME, sumando este cargo a unha extensa carreira como investigadora e promotora da excelencia matemática. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/PzG0um

👨‍👩‍👧‍👦 72 familias de Ames beneficiaranse das axudas municipais para familias numerosas 👨‍👩‍👧‍👦 A Xunta de Goberno L
👨‍👩‍👧‍👦 72 familias de Ames beneficiaranse das axudas municipais para familias numerosas 👨‍👩‍👧‍👦 A Xunta de Goberno Local aprobou a concesión de 86.400 euros en axudas destinadas a 72 familias numerosas do municipio. Cada unidade de convivencia recibirá un pagamento único de 1.200 euros, co obxectivo de apoiar a crianza e fomentar o crecemento demográfico en Ames. ✅ Estas axudas van dirixidas a familias numerosas con residencia habitual en Ames, cumprindo os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/o-cA3I

📚 As bibliotecas municipais de Ames arrancan a programación de contacontos do primeiro semestre de 2025 📚 As bibliotecas de
📚 As bibliotecas municipais de Ames arrancan a programación de contacontos do primeiro semestre de 2025 📚 As bibliotecas de Bertamiráns e O Milladoiro ofrecerán sesións de contacontos para nenos e nenas de 3 a 8 anos, co obxectivo de fomentar o amor pola lectura entre os máis cativos. 🗓️ Programación por meses: Febreiro: "Contos para xogar" 📍 Bertamiráns: 4-6 febreiro | O Milladoiro: 11-13 febreiro 📌 Inscricións: do 3 ao 8 de febreiro Marzo: "Contos de granxa" 📍 Bertamiráns: 11-13 marzo | O Milladoiro: 25-27 marzo Abril: "Son, son… quen son?" 📍 Bertamiráns: 1-3 abril | O Milladoiro: 22-24 abril Maio: "Un conto para rir antes de durmir" 📍 Bertamiráns: 13-15 maio | O Milladoiro: 20-22 maio ⏰ Todas as sesións comezan ás 17:30 h. 📞 Inscrición previa: Bertamiráns: 981 884 829 O Milladoiro: 981 530 807 📧 Ou no correo: biblioteca@concellodeames.gal (indicar nome, apelidos, idade e teléfono de contacto). 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/grHwb1

📢 "Modo galego, actívao!" chega aos institutos de Ames 🗣️✨ O programa de promoción do galego, impulsado pola Real Academia
📢 "Modo galego, actívao!" chega aos institutos de Ames 🗣️✨ O programa de promoción do galego, impulsado pola Real Academia Galega (RAG) e o Concello de Ames, amplíase este ano ao alumnado de 1º e 2º da ESO dos institutos do Milladoiro e Bertamiráns. Máis de 2.500 nenos e nenas participarán desta iniciativa que busca fomentar o uso do galego en todas as situacións da vida cotiá. 🗓️ Que inclúe esta edición? ✅ Retos diarios para infantil e primaria, como compartir soños, música ou trabalinguas en galego. ✅ Reto semanal para secundaria, animando á mocidade a implicar á súa contorna no uso da lingua. ✅ Recompensas e adhesivos por cada desafío cumprido, deseñados pola ilustradora Ruth Caramés. 👅 Este programa, que continúa a demostrar o seu impacto positivo, reafirma o compromiso do Concello de Ames coa promoción do galego como parte esencial do noso patrimonio cultural. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/r42EJu

🚧 Adxudicadas as obras de mellora en Coira 🏗️ A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras no lugar de Coira,
🚧 Adxudicadas as obras de mellora en Coira 🏗️ A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras no lugar de Coira, en Biduído, por un importe de 272.057,03 euros (IVE incluído). Este proxecto está financiado a través do POS+2024 da Deputación da Coruña. 📍 Que se vai facer? ✅ Execución dunha senda peonil de 530 metros de lonxitude e 2 metros de ancho, conectando Ventín e Coira. ✅ Pavimentación e mellora dos viarios interiores do núcleo de Coira. ✅ Canalización das redes de telefonía, baixa tensión e alumeado, con retirada de postes e instalación de novas luminarias. ✅ Creación dun muro de contención de terras de granito de 60 metros de lonxitude. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/cJy8Ra

🥋 A amesá Olivia Parga destaca no karate nacional e galego 👉 A karateka Olivia Parga foi convocada por primeira vez pola Fe
🥋 A amesá Olivia Parga destaca no karate nacional e galego 👉 A karateka Olivia Parga foi convocada por primeira vez pola Federación Española de Karate para participar nunha concentración en Andorra, dentro do proxecto ‘Objetivo Selección’. Esta iniciativa busca impulsar a formación e o intercambio entre deportistas do máis alto nivel. 🥇 Ademais, o pasado 28 de decembro, Olivia acadou unha medalla de ouro na 1ª Xornada da Liga Galega de Karate 2025, celebrada en Ferrol, na categoría xuvenil feminino -37 kg (kumite). 🔗 MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/Y_YMZX

🌟 Últimos días para inscribirte no programa de conciliación "Entroido Lúdico" 🌟 📅 Prazo de inscrición: Ata o venres 17 de
🌟 Últimos días para inscribirte no programa de conciliación "Entroido Lúdico" 🌟 📅 Prazo de inscrición: Ata o venres 17 de xaneiro. 📍 Datas de realización: 3, 4 e 5 de marzo. ⏰ Horarios flexibles: Entrada: 7:30 ou 9:30 horas (almorzo opcional). Saída: 14:00 ou 16:00 horas. 📄 Solicitudes: 📍 Presencialmente: Oficinas de asistencia do Concello de Ames. 💻 Telematicamente: A través da Sede Electrónica. 🗓 Listaxe provisional: Publicarase en conciliames.gal e na web municipal tras pechar o prazo. 📞 Máis información: 981 891 476 📧 Correo electrónico: educacion@concellodeames.gal 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/6D3a-p

🏛️ Ames alcanza un récord histórico en investimentos: 7.629.000 € en 2024 🔹 Colaboración coas Administracións para mellorar
🏛️ Ames alcanza un récord histórico en investimentos: 7.629.000 € en 2024 🔹 Colaboración coas Administracións para mellorar servizos. 🔹 Impulso á vivenda protexida e ao polígono de Bertamiráns. 🔹 Posta en marcha de proxectos culturais e educativos pioneiros. 🎯 Obxectivos 2025: 1️⃣ Vivenda pública. 2️⃣ Complexo deportivo no Milladoiro. 3️⃣ Desenvolvemento do parque empresarial. 4️⃣ Melloras en mobilidade e aparcamentos. 💬 "Un goberno en diálogo e consenso, sempre ao servizo da veciñanza", Blas García. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/KkD--H