en
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

Open in Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Show more
761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
💉 A unidade móbil de doazón de sangue estará en Bertamiráns! 💪 📍 Lugar: Praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga
💉 A unidade móbil de doazón de sangue estará en Bertamiráns! 💪 📍 Lugar: Praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da Avda. da Maía) 📅 Data: Mércores 11 de decembro ⏰ Horario: Mañá: 9:30 - 14:30 Tarde: 15:30 - 21:00 👉 Requisitos para doar: Ser maior de 18 anos Pesar máis de 50 kg Almorzar antes e esperar 2 horas despois de xantar Levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar 📞 Dúbidas? Chama ao teléfono gratuíto 900 100 828. 🚑 Cun pequeno xesto, podes salvar vidas! Súmate ao noso equipo! ❤️ 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/WzZHvb

🌟 Éxito na segunda edición da Gala da Diversidade en Ames! Máis de 200 persoas asistiron a este evento que puxo en valor o t
🌟 Éxito na segunda edición da Gala da Diversidade en Ames! Máis de 200 persoas asistiron a este evento que puxo en valor o talento nas artes escénicas de persoas con diversidade funcional. 🎭🎶 Con actuacións de DiversidArte, Aspamite, o obradoiro de Artes Vivas de Ames e a cantautora Silvia Penide, a gala reafirmou o seu compromiso coa inclusión. 🙏 Grazas a todas as familias, asociacións e participantes que o fixeron posible. A inclusión é unha meta común! 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/GFnh3g

🌟 Ames solidaria coa DANA en Valencia 🌟 O Concello de Ames enviou 33 pallets de axuda aos afectados pola DANA en Valencia,
🌟 Ames solidaria coa DANA en Valencia 🌟 O Concello de Ames enviou 33 pallets de axuda aos afectados pola DANA en Valencia, grazas á campaña solidaria realizada o pasado mes de novembro. 🙌 🛠️ Produtos recollidos: alimentos, auga, produtos de limpeza, calcetíns e botas de auga. Todo foi enviado nun camión que saíu dende Bertamiráns, en coordinación coa Federación Valenciana de Municipios e Provincias. 💖 Grazas a todas as persoas que contribuíron nesta acción solidaria! 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/5Wzb8F

🎄 Ames estreará Mercado de Nadal! 🎄 Do 20 ao 22 de decembro, a Praza da Maía en Bertamiráns acollerá por primeira vez o Mer
🎄 Ames estreará Mercado de Nadal! 🎄 Do 20 ao 22 de decembro, a Praza da Maía en Bertamiráns acollerá por primeira vez o Mercado de Nadal. 🎁✨ 👉 16 postos: 12 de artesanía e 4 de alimentación e produtos da horta. 🕒 Horarios: Venres 20: 17:00 - 20:30 h Sábado 21: 10:00 - 14:00 h / 17:00 - 20:30 h Domingo 22: 10:00 - 14:00 h 🔔 Artesáns e produtores locais! Inscrición aberta ata o 12 de decembro na Sede Electrónica do Concello de Ames Modelo de inscrición: https://lc.cx/FXoGgx 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/d2e9Rj

🎄✨ Ames xa brilla co acendido das luces de Nadal! Comeza a época máis máxica do ano. Achégate a desfrutar das rúas iluminada
🎄✨ Ames xa brilla co acendido das luces de Nadal! Comeza a época máis máxica do ano. Achégate a desfrutar das rúas iluminadas!

🎄✨ O Apalpador chega a Ames! ✨🎄 📅 Cando? Venres 13 de decembro, ás 18:00 h 📍 Onde? Casa da Cultura de Bertamiráns Esta vi
🎄✨ O Apalpador chega a Ames! ✨🎄 📅 Cando? Venres 13 de decembro, ás 18:00 h 📍 Onde? Casa da Cultura de Bertamiráns Esta visita máxica, dentro do programa Apego, incluirá as actuacións da Banda da Montaña e Cé Orquestra Pantasma. Ademais, o Apalpador recollerá as cartas da rapazada e traerá historias, cantos e agasallos para celebrar o Nadal en galego. 📩 Como asistir? Fai a túa inscrición antes do 12 de decembro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal co nome, apelidos, idade dos cativos e un teléfono de contacto. 📝 Descarga aquí a carta e as propostas de agasallos para o Apalpador: https://lc.cx/ETWJrj 👉 Non perdas esta oportunidade de vivir a maxia do Nadal coa nosa tradición máis especial! ✨ 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/nwvK2C

🚧 Mellora das rúas en Bertamiráns! A Xunta de Goberno Local adxudica as obras de pavimentación nas rúas Poeta da Maía, Xeste
🚧 Mellora das rúas en Bertamiráns! A Xunta de Goberno Local adxudica as obras de pavimentación nas rúas Poeta da Maía, Xesteira e Fieira por un importe de 110.364 €, cofinanciadas a través do POS+ 2024 da Deputación da Coruña. Estas melloras, que afectarán a zonas chave de Bertamiráns, permitirán optimizar a capa de rodaxe e mellorar a seguridade viaria. 🔧 Coa empresa CANARGA SL ao cargo, os traballos inclúen a renovación do pavimento e sinalización horizontal para garantir a seguridade. 💰 O POS+ 2024 segue avanzando, co investimento total en obras que xa supera o millón de euros, mellorando tanto os núcleos urbanos como as parroquias do concello. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/fHfXZL

🚴‍♀️ Ames acolle a XVII Carreira Ciclista do Pavo 🚴‍♂️ 📅 Domingo, 22 de decembro 📍 Paseo fluvial de Bertamiráns ⏰ 11:00 h
🚴‍♀️ Ames acolle a XVII Carreira Ciclista do Pavo 🚴‍♂️ 📅 Domingo, 22 de decembro 📍 Paseo fluvial de Bertamiráns ⏰ 11:00 h Un evento para todas as idades: 11:00 h: Xincanas para os máis pequenos (inclúe participación en triciclo ou con rodas de apoio). 12:00 h: Carreira urbana para maiores de 15 anos. 🏆 Premios: Un pavo, un polo e unha perdiz para os primeiros en cruzar a meta (non vivos). 📩 Inscricións: Federados/as: Na web da Federación Galega de Ciclismo ou o mesmo día da carreira. Non federados/as: Enviando un correo a begonaalonso@mundo-r.com ou chamando ao 677 555 748 antes do 13 de decembro. Únete á festa do ciclismo en Ames! 🚴‍♂️🎄 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/5wEqmT

✨ O magnetismo da regueifa espállase por Ames! 🎤 Do 10 ao 19 de decembro, os centros escolares de Ames serán protagonistas d
✨ O magnetismo da regueifa espállase por Ames! 🎤 Do 10 ao 19 de decembro, os centros escolares de Ames serán protagonistas dos obradoiros de improvisación oral da oitava edición do Enreguéifate. Alumnado de 5º, 6º de primaria e do 1º ciclo da ESO do IES Plurilingüe de Ames, IES do Milladoiro, CEIP A Maía, CEIP de Ventín e CEIP Agro do Muíño descubrirán a maxia da regueifa da man de Lupe Blanco e Josinho da Teixeira. Estes obradoiros teñen como obxectivo poñer en valor a regueifa, fomentar a súa práctica e promover o uso do galego entre a infancia e a mocidade. 💡 Enreguéifate, puro magnetismo! 💬 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/SX8sSj

📯 A Escola Municipal de Música de Ames abre inscrición extraordinaria para o curso 2024-2025! 🎶 📅 Prazo: do 9 de decembro
📯 A Escola Municipal de Música de Ames abre inscrición extraordinaria para o curso 2024-2025! 🎶 📅 Prazo: do 9 de decembro ao 3 de xaneiro. 💻 Inscricións: A través da Sede Electrónica do Concello de Ames ou nas oficinas de rexistro de O Milladoiro e Bertamiráns. 🎻 Prazas dispoñibles: Música e Movemento (nados en 2018, 2019 e 2020) Violín/Viola Frauta traveseira Batería/Percusión 📌 As prazas asignaranse por orde de solicitude, e as clases comezarán a semana do 8 de xaneiro de 2025. Para máis información ou formalizar a túa matrícula, consulta a web do Concello ou contacta coa EMMA. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/N81-NG

📜✨ 18 persoas dan un paso máis no mundo dixital! Entréganse os diplomas dos cursos de iniciación á informática e administrac
📜✨ 18 persoas dan un paso máis no mundo dixital! Entréganse os diplomas dos cursos de iniciación á informática e administración electrónica na aula AMTIC 🖥️💡. Unha aposta por superar barreiras dixitais e empoderar á veciñanza no uso das novas tecnoloxías. 🔜 A programación segue en decembro con novas actividades. Non te perdas nada! Consulta a programación da Aula AmTIC: https://lc.cx/oQR0z5 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/w8LkHU

Ames celebra a fase comarcal do Campionato de Cros Xogade con máis de 2.000 escolares! 🏃‍♂️🏃‍♀️ 📍 O novo circuíto de campo
Ames celebra a fase comarcal do Campionato de Cros Xogade con máis de 2.000 escolares! 🏃‍♂️🏃‍♀️ 📍 O novo circuíto de campo a través de Aldea Nova acolleu esta competición os días 3 e 4 de decembro, coa participación de 2.050 rapaces e rapazas de 20 centros educativos das comarcas próximas. ✨ Este evento forma parte do programa Xogade, promovido pola Xunta de Galicia, que busca fomentar un estilo de vida activo e saudable entre a mocidade a través da práctica deportiva no ámbito escolar. 🏆 Durante estas dúas xornadas establecéronse clasificacións individuais e por equipos, seleccionando aos mellores para a fase provincial. Ademais, entregáronse trofeos e medallas para recoñecer o esforzo e os logros dos participantes. 💚 Esta iniciativa é un exemplo de como o deporte une e promove valores fundamentais entre a mocidade. Noraboa a todos os participantes! 👏 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/Yraana

🏔️ Campaña de Neve 2025 - Resultado do sorteo 🎿 Hoxe, mércores 4 de decembro, realizouse o sorteo para determinar as/os 15
🏔️ Campaña de Neve 2025 - Resultado do sorteo 🎿 Hoxe, mércores 4 de decembro, realizouse o sorteo para determinar as/os 15 rapaces e rapazas de Ames que participarán na Campaña de Neve 2025 organizada pola Deputación da Coruña. Estas/os afortunadas/os desfrutarán de 4 días cheos de deporte e aventura na estación de Valgrande-Pajares (Asturias), entre o 14 e o 17 de febreiro de 2025. ⛷️❄️ 🎉 Parabéns ás/aos seleccionadas/os e que desfrutedes ao máximo desta experiencia única na neve! Resultado: https://lc.cx/ZxvJ1p 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/r5pmyH

Aprende a facer compras seguras en Internet! 🛒✨ A Aula AMTIC do Concello de Ames organiza un obradoiro para adultos sobre co
Aprende a facer compras seguras en Internet! 🛒✨ A Aula AMTIC do Concello de Ames organiza un obradoiro para adultos sobre compras seguras en liña. Este curso ten como obxectivo ensinarche a evitar estafas e sacar o máximo proveito das túas compras online durante o Nadal. 📅 Datas: 11, 12 e 18 de decembro ⏰ Horario: 10:00 a 12:00 📍 Lugar: Aula AMTIC da Casa da Cultura do Milladoiro Queres participar? Inscríbete: 📞 Chamando ao 674 59 48 43 ✉️ Enviando un correo a informatica.milladoiro@gmail.com coa ficha cuberta e asinada 🏫 De xeito presencial na aula AMTIC Tamén hai actividades para os máis pequenos! 👉 Cursos para rapaces e rapazas de entre 5 e 14 anos: 🎨 Postais de Nadal Paint (5-8 anos) - Do 23 ao 30 de decembro 💻 Postais de Nadal Scratch (8-14 anos) - Do 26 de decembro ao 2 de xaneiro 🎮 Postais de Nadal Pixelart (9-12 anos) - Do 27 de decembro ao 3 de xaneiro Máis info e inscricións no contacto anterior. 😊 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/x7R5ai

A saúde mental baixo o foco en Ames: un foro para visibilizar e previr 🧠💚 O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acol
A saúde mental baixo o foco en Ames: un foro para visibilizar e previr 🧠💚 O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu hoxe o foro “A saúde mental baixo o foco”, unha iniciativa do Concello de Ames en colaboración con La Voz de Galicia. Este evento destacou o papel das administracións locais na atención á saúde mental e derrubou prexuízos sobre o benestar emocional, especialmente no ámbito deportivo. 👉 O Concello de Ames segue apostando por iniciativas que rompen tabús e ofrecen apoio á cidadanía, promovendo unha sociedade máis sa e empática. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/kKUBB_

🎭 Cancelación da obra de teatro "A Visita" Lamentamos comunicar que a representación da obra "A Visita", do Grupo Municipal
🎭 Cancelación da obra de teatro "A Visita" Lamentamos comunicar que a representación da obra "A Visita", do Grupo Municipal de Teatro de Ames, prevista para o domingo 8 de decembro no Local social de Bugallido, queda cancelada debido a motivos de saúde dunha das integrantes do grupo. Pedimos desculpas polas molestias ocasionadas. 💡 Mostra de Teatro Afeccionado de Ames A pesar desta cancelación, a Mostra continúa coas actuacións programadas para as vindeiras xornadas no Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. 📣 Agradecemos a comprensión e convidámosvos a seguir desfrutando do teatro e da cultura local nos eventos programados. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/b2ao99

🏔️ Campaña de Neve 2025 - Resultado do sorteo 🎿 Hoxe, mércores 4 de decembro, realizouse o sorteo para determinar as/os 15
🏔️ Campaña de Neve 2025 - Resultado do sorteo 🎿 Hoxe, mércores 4 de decembro, realizouse o sorteo para determinar as/os 15 rapaces e rapazas de Ames que participarán na Campaña de Neve 2025 organizada pola Deputación da Coruña. Estas/os afortunadas/os desfrutarán de 4 días cheos de deporte e aventura na estación de Valgrande-Pajares (Asturias), entre o 14 e o 17 de febreiro de 2025. ⛷️❄️ 🎉 Parabéns ás/aos seleccionadas/os e que desfrutedes ao máximo desta experiencia única na neve! Resultado: https://lc.cx/ZxvJ1p 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/r5pmyH

🧠Todo listo no Milladoiro para o Foro sobre Saúde Mental O Concello de Ames, en colaboración con La Voz de Galicia, celebra
🧠Todo listo no Milladoiro para o Foro sobre Saúde Mental O Concello de Ames, en colaboración con La Voz de Galicia, celebra este mércores, 4 de decembro, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, un foro dedicado ao benestar emocional e á saúde mental. 🔹 Hora de inicio: 11.00 h 🔹 Programa: Mesa política, mesa de deportistas e clausura institucional ás 13.15 h. 🔹 Participación destacada: Alcaldesas, deportistas como Moncho Fernández e Borja Golán, e especialistas en saúde mental. 🔹 Retransmisión en directo: A través de YouTube, Facebook e a web de La Voz de Galicia. Esta iniciativa, pioneira en Galicia, súmase ao Plan Municipal de Saúde Mental e ás Xornadas de Saúde Mental celebradas en maio. Non perdas a oportunidade de reflexionar e actuar sobre este tema esencial! 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/KpwoTv

🏆 A Asociación de Empresarios Novo Milladoiro celebrou os Premios á Distinción Empresarial 2024, recoñecendo a traxectoria e
🏆 A Asociación de Empresarios Novo Milladoiro celebrou os Premios á Distinción Empresarial 2024, recoñecendo a traxectoria e impacto das empresas da nosa contorna. Este ano, a homenaxe foi para GST Telecomunicaciones, líder en telecomunicacións e innovación tecnolóxica. 📡💼 ✨ Este evento pon en valor iniciativas empresariais que destacan pola súa sostibilidade, compromiso laboral e excelencia no sector, reforzando o tecido empresarial local. Entre os asistentes estiveron representantes da asociación, o alcalde de Ames e membros do Goberno municipal. 🤝 Unha xornada para recoñecer, conectar e inspirar o futuro empresarial. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/1ei_rO

⚠️Atención veciñanza de Bertamiráns: Comunicado sobre matrículas para acceso á rúa Ameneiral O Concello de Ames abre un prazo
⚠️Atención veciñanza de Bertamiráns: Comunicado sobre matrículas para acceso á rúa Ameneiral O Concello de Ames abre un prazo para rexistrar as matrículas dos vehículos que precisen acceder aos garaxes da rúa Ameneiral, en Bertamiráns, debido á colocación de cámaras de tráfico nesta zona peonil. 📍 Onde? Gabinete de Alcaldía 🕘 Horario: 09:00 - 14:00 h 📅 Prazo: Do 4 ao 31 de decembro de 2024 🔹 Documentación necesaria: Dirección, número de praza e matrícula Documento que acredite propiedade ou alugueiro da praza Cumprindo con esta medida, garantiremos unha xestión eficiente do tránsito na rúa. Máis info no aviso municipal dispoñible en liña. 🔗Preme nesta ligazón para consultar o aviso municipal: https://lc.cx/9xHWwJ ➕info: https://lc.cx/cOdeuf