en
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

Open in Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Show more
761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
🎄✨ Ames prepárase para brillar este Nadal! O Concello presenta unha nova edición dos concursos de decoración, coa XIX edició
🎄✨ Ames prepárase para brillar este Nadal! O Concello presenta unha nova edición dos concursos de decoración, coa XIX edición do Concurso de Escaparates e a III edición do Concurso de Decoración Veciñal. 💡 Para comercios: 4.000€ en premios para os escaparates máis orixinais e sostibles, ademais de publicidade de balde en Ames Radio. 🛍️ Inscricións abertas do 4 ao 11 de decembro. 🏠 Para veciñanza: 2.000€ repartidos en premios para as decoracións máis creativas en fachadas, balcóns, fiestras e xardíns. Inscricións pendentes da publicación das bases. 📌 Unha oportunidade para dinamizar o comercio local e encher Ames de espírito festivo e sostible. Participa e fai que o Nadal sexa máis brillante! 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/8cT4fB

🛍️ Últimos días para unirte á campaña “Bonos Consuma” en Ames! 🎄 O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción E
🛍️ Últimos días para unirte á campaña “Bonos Consuma” en Ames! 🎄 O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, lanza unha nova edición da campaña “Bonos Consuma”, coa que busca apoiar o comercio e a hostalaría local durante o Nadal. 🎁✨ 🔹 Establecementos comerciais e hostaleiros: 👉 Podedes adherirvos ata o 6 de decembro rexistrándovos en www.bonosconsuma.gal. 🎯 Adhire o teu negocio ou prepárate para aproveitar os descontos e apoiar o comercio local! 🔗 MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/GZvUXo

🎭 Mostra de Teatro Afeccionado en Ames: do 4 ao 8 de decembro O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, presen
🎭 Mostra de Teatro Afeccionado en Ames: do 4 ao 8 de decembro O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, presenta unha nova edición da Mostra de Teatro Afeccionado, coa participación de compañías teatrais de Ames, Teo, Brión, Outes e Ribeira. As representacións terán lugar do 4 ao 8 de decembro no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro e no Local Social de Bugallido. 📅 Programación: ▪️Mércores 4 de decembro: Anacos, de Anacos Teatro (Teo). ▪️Xoves 5 de decembro: Ibáñez Cabaré, de Teatro das Maniotas (IES Brión). ▪️Venres 6 de decembro: Comedia Bífida, de Terras de Outes. ▪️Sábado 7 de decembro: O Rei Telesforo busca noiva (e quere noivo), do Grupo Municipal de Teatro de Ribeira. ▪️Domingo 8 de decembro: A Visita, do Grupo Municipal de Teatro de Ames. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/bT_pqK

🧠 Foro sobre Saúde Mental en Ames: mércores, 4 de decembro O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolle un foro sobre
🧠 Foro sobre Saúde Mental en Ames: mércores, 4 de decembro O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolle un foro sobre benestar emocional, organizado polo Concello de Ames e La Voz de Galicia. O evento abordará a saúde mental desde unha perspectiva política e deportiva. 📡 Streaming en directo: YouTube, Facebook e web de La Voz de Galicia. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/jWB0Yh

🎄 Nadal 2024 en Ames: actividades para todos os públicos O Concello de Ames presentou o seu programa de Nadal, que comezará
🎄 Nadal 2024 en Ames: actividades para todos os públicos O Concello de Ames presentou o seu programa de Nadal, que comezará o 7 de decembro co acendido das luces, acompañado de chocolate con churros e actuacións da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA). ✨ Novedades destacadas: ▪️Mercado de Nadal: Praza da Maía (Bertamiráns), 20-22 de decembro. ▪️Gladiator Kids: Carreira de obstáculos para familias, 28 de decembro no Milladoiro. 🎭 Actividades principais: ▪️Infancia: Contacontos, visitas do Apalpador (13 de decembro), Papá Noel (21 e 23 de decembro) e Cabalgata de Reis. ▪️Xuventude: Prebadaladas (31 de decembro) e Xincana Xove. ▪️Maiores: Excursión do programa Amessán á discoteca “La Luna” (15 de decembro). ▪️Cultura e deporte: Mostra de teatro, concertos, Carreira do Pavo e obradoiros da Aula da Natureza. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/pc2DQi

🏆 VII Premios Lingua e Empresa do Concello de Ames 🌟 Este ano, 34 empresas participan na sétima edición dos Premios Lingua
🏆 VII Premios Lingua e Empresa do Concello de Ames 🌟 Este ano, 34 empresas participan na sétima edición dos Premios Lingua e Empresa, unha iniciativa organizada polo departamento de Normalización Lingüística para impulsar o uso do galego no ámbito empresarial. 📈💬 📅 Cando se coñecerán as empresas gañadoras? Na Gala Lingua e Empresa, que se celebrará o 12 de decembro, ás 20:30, na Casa da Cultura do Milladoiro. O evento será presentado polo grupo Os da Ría, recoñecidos polo seu compromiso co galego a través da música e o humor. 🎶🎭 👉 Consulta as empresas participantes na ligazón e acompáñanos para descubrir como o galego se converte nun activo clave na actividade empresarial de Ames. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/GiUJOt

🎄✨ O Nadal chega con “Zocos e Trasnos” en Ames! 🎁 Por noveno ano consecutivo, o Concello de Ames lanza a campaña solidaria
🎄✨ O Nadal chega con “Zocos e Trasnos” en Ames! 🎁 Por noveno ano consecutivo, o Concello de Ames lanza a campaña solidaria “Zocos e Trasnos”, para que ningún neno ou nena quede sen agasallo nestas festas. 🧸💝 📢 Queres ser trasno/a? Participar é moi sinxelo! 📞 Chama ao 662 377 044 ou 683 327 378 📩 Envia un correo a voluntariado@concellodeames.gal 🏠 Ou visita a Oficina de Voluntariado na Casa da Cultura de Bertamiráns. 💡 O ano pasado, máis de 150 cativos/as gozaron do seu agasallo grazas a esta iniciativa. Súmate e axuda a que este Nadal sexa inesquecible para os nenos e nenas de Ames. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/fMNR6D

🔥Comeza unha nova edición dos Encontros Literarios coa presentación de “A carón do lume” de Mónica Prego 🔗MÁIS INFO NESTA L
🔥Comeza unha nova edición dos Encontros Literarios coa presentación de “A carón do lume” de Mónica Prego 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/jAJI9S

✅O pleno do Concello de Ames aprobou por unanimidade temas clave, como a creación do Consello Sectorial da Xuventude, a orden
✅O pleno do Concello de Ames aprobou por unanimidade temas clave, como a creación do Consello Sectorial da Xuventude, a ordenanza xeral de subvencións, a compatibilidade laboral dun preparador deportivo, e tres declaracións institucionais (Día Mundial da Infancia, 25N e apoio a afectados pola DANA). 🗣Ademais, tratáronse a revisión do IPC e modificación de tarifas no centro deportivo A Telleira, e aprobouse por maioría unha moción para reforzar a normalización da lingua galega. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/KhIOFk

🎅🏼Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas no Nadal Lúdico 2024 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/
🎅🏼Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas no Nadal Lúdico 2024 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/_W10A_

🎄A Aula AmTIC organiza novos cursos neste mes de decembro para a rapazada e adultos 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx
🎄A Aula AmTIC organiza novos cursos neste mes de decembro para a rapazada e adultos 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/Dhz_rN

🧠Ames porá o foco no benestar emocional e saúde mental cun foro que se vai celebrar o 4 de decembro no Milladoiro 🔗MÁIS INF
🧠Ames porá o foco no benestar emocional e saúde mental cun foro que se vai celebrar o 4 de decembro no Milladoiro 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/dJrTcn

🗣O Pleno abordará a creación do Consello Sectorial da Xuventude do Concello de Ames 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx
🗣O Pleno abordará a creación do Consello Sectorial da Xuventude do Concello de Ames 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/87PeFE

🎭Este venres remata a programación de artes escénicas do Concello de Ames 2024 coa representación da peza teatral “Testoster
🎭Este venres remata a programación de artes escénicas do Concello de Ames 2024 coa representación da peza teatral “Testosterona” 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/ktKCC_

📸Aberto o prazo para inscribirse no X Certame de Fotografía Comercial da Asociación de Empresarios de Novo Milladoiro 🔗MÁIS
📸Aberto o prazo para inscribirse no X Certame de Fotografía Comercial da Asociación de Empresarios de Novo Milladoiro 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/2ywVzh

💻A Aula CeMIT organiza oito cursos formativos para rapaces e adultos 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/bmC7pP
💻A Aula CeMIT organiza oito cursos formativos para rapaces e adultos 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/bmC7pP

⚠️O Concello de Ames chama á colaboración veciñal para a detección de pozos sen rexistrar, cubrir ou en mal estado 🔗MÁIS INF
⚠️O Concello de Ames chama á colaboración veciñal para a detección de pozos sen rexistrar, cubrir ou en mal estado 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/1RXNJP

🎭O Concello de Ames presenta a Mostra de Teatro Afeccionado 2024 🎶As obras de teatro, representadas por diferentes grupos t
🎭O Concello de Ames presenta a Mostra de Teatro Afeccionado 2024 🎶As obras de teatro, representadas por diferentes grupos teatrais de Ames, Teo, Brión, Outes e Ribeira, representaranse os días 4, 5, 6, 7 e 8 de decembro no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro 🔗As entradas poden adquirirse xa dende hoxe de xeito gratuíto na: abilleteira.concellodeames.gal

🏂Aberto o prazo de inscrición da campaña de neve da Deputación da Coruña na estación de Valgrande – Pajares 🔗MÁIS INFO NEST
🏂Aberto o prazo de inscrición da campaña de neve da Deputación da Coruña na estación de Valgrande – Pajares 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/w0OECb

🖼️A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle ata o 29 de novembro unha exposición sobre a diabetes da man de ANEDIA. 🔗MÁIS INF
🖼️A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle ata o 29 de novembro unha exposición sobre a diabetes da man de ANEDIA. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/1kDM6U