en
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

Open in Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Show more
761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
📄 PLENO ORDINARIO DE MARZO 📆 Xoves 27 de marzo 🕣 20.30 horas Na sesión, a Corporación municipal debaterá, entre outras cue
📄 PLENO ORDINARIO DE MARZO 📆 Xoves 27 de marzo 🕣 20.30 horas Na sesión, a Corporación municipal debaterá, entre outras cuestións, sobre: * Aprobación do crédito extraordinario 1/2025 financiado con baixas por anulacións. * Derrogación da ordenanza municipal reguladora da prestación de alimentos. * Modificación do expediente de gasto do convenio de colaboración para a implantación dun Servizo de Interese Municipal (SIMU) * Extensión da vixencia para 2025-2029 do plan de continuidade da protección contra incendios forestais mediante a plantación de frondosas. * Proposta de resolución de alegacións e remisión ao Consello Consultivo de Galicia do segundo expediente de resolución do contrato do servizo de axuda no fogar. * Moción do grupo municipal popular con motivo do Día Internacional das Mulleres, 8 de marzo 🔴 O pleno emitirase en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames. Toda a ℹ️ relativa á sesión aquí ao detalle 🔗 https://bit.ly/42352Rx

A actividade do Apego "Meco e Sono" deste venres contará cun segundo pase ás 19.00 horas 🛏️🪄 👉🏻 A actividade do programa
A actividade do Apego "Meco e Sono" deste venres contará cun segundo pase ás 19.00 horas 🛏️🪄 👉🏻 A actividade do programa Apego deste venres, "Meco e Sono", de Xarope Tulú e Xiana Arias, contará cun segundo pase do espectáculo por mor da alta demanda de participación 👉🏻 Manterase a primeira actuación prevista para ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, e realizarase un segundo pase ás 19.00 horas ✍🏻 O prazo de inscrición para participar está aberto ata este xoves 27 📩 Para participar, é preciso enviar un correo a normalización@concellodeames.gal no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade das crianzas e un teléfono de contacto

A actividade do Apego "Meco e Sono" deste venres contará cun segundo pase ás 19.00 horas 🛏️🪄 👉🏻 A actividade do programa
A actividade do Apego "Meco e Sono" deste venres contará cun segundo pase ás 19.00 horas 🛏️🪄 👉🏻 A actividade do programa Apego deste venres, "Meco e Sono", de Xarope Tulú e Xiana Arias, contará cun segundo pase do espectáculo por mor da alta demanda de participación 👉🏻 Manterase a primeira actuación prevista para ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, e realizarase un segundo pase ás 19.00 horas ✍🏻 O prazo de inscrición para participar está aberto ata este xoves 27 📩 Para participar, é preciso enviar un correo a normalización@concellodeames.gal no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade das crianzas e un teléfono de contacto

📚🌼 Primavera de Contos en Ames e actividades polo #DíaDoLibro 📚 As bibliotecas municipais seguen enchendo de maxia e fanta
📚🌼 Primavera de Contos en Ames e actividades polo #DíaDoLibro 📚 As bibliotecas municipais seguen enchendo de maxia e fantasía os días da rapazada con actividades de animación á lectura. 👉 Esta semana despedimos as sesións de contacontos de marzo con “Contos de granxa” na Biblioteca do Milladoiro 🐮🐷🐔 📅 Mércores 26 de marzo: Non perdas a presentación da Programación do Mes do Libro na Biblioteca de Bertamiráns. Descobre todo o que temos preparado! 📖 Toda a ℹ️ https://bit.ly/4iWiwW2

🏕️🌞 Campamentos de Verán 2025 en Ames! Xa están aquí os campamentos máis agardados do ano para nenos e nenas de Ames! Diver
🏕️🌞 Campamentos de Verán 2025 en Ames! Xa están aquí os campamentos máis agardados do ano para nenos e nenas de Ames! Diversión, natureza e novas propostas para todas as idades! 📅 Datas e lugares segundo cursos: • 1º Primaria: Granxa Escola Bergando (1-3 xullo) • 2º Primaria: Corazón de Carballo (21-23 xullo) • 3º Primaria: G.E. El Kiriko (21-24 xullo) • 4º Primaria: Fervenzaventura (7-11 xullo) • 5º Primaria: Muíño, Narón (25-30 xullo) • 6º Primaria: Mar de Oleiros (25-30 xullo) • 1º ESO: Abrente - Portonovo (11-17 xullo) • 2º ESO: Mougás - Oia (29 xuño-5 xullo) • 3º ESO - Bacharelato: Paisaxe II - O Grove (7-13 xullo) 🏡 Campamento Urbano (6-16 anos) na Aula da Natureza: • 1-11 xullo / 14-22 xullo (11:00-17:30 h) 📢 Prazo de solicitude: 1 ao 12 de abril ✍️ Matrícula: 22 ao 31 de maio 🔗 Máis información e bases ao detalle aquí ℹ️ https://bit.ly/4iBJ5A2

Volve o #FalaConBlas 🗣️ Este martes, 25 de marzo, ás 21.00 h, non perdas o directo simultáneo en Facebook e Instagram co alc
Volve o #FalaConBlas 🗣️ Este martes, 25 de marzo, ás 21.00 h, non perdas o directo simultáneo en Facebook e Instagram co alcalde Blas García. Un espazo para falar de temas de interese municipal, vivencias persoais e, o máis importante, responder en directo ás túas preguntas. Esta é a segunda tempada do proxecto nacido no ano 2021 baixo o título #FalaConBlas, impulsado por alumnos do máster de Marketing e Comunicación Política da Universidade de Santiago de Compostela. 📅 Último martes de cada mes, durante todo o mandato. Toda a ℹ️ https://bit.ly/4kZE0TK

‼️Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas na Primavera Lúdica 2025 O departamento de Educación do Concello
‼️Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas na Primavera Lúdica 2025 O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de nenas e nenos admitidas e excluídas no programa de conciliación Primavera Lúdica 2025, para o CEP de Ventín, EEI do Milladoiro e o CEIP A Maía. Toda a ℹ️ https://bit.ly/4iMXitA

🎼 Emma Pérez e Candela Caamaño, alumnas da EMMA, destacan no certame musical “Quero Cantar” organizado pola Deputación da Co
🎼 Emma Pérez e Candela Caamaño, alumnas da EMMA, destacan no certame musical “Quero Cantar” organizado pola Deputación da Coruña Coa súa canción “Preto de ti”, foron elixidas entre as tres mellores propostas na categoría xuvenil. 🎙️O domingo, 6 de abril, ás 18:00 horas, o Teatro Colón da Coruña acollerá a gala final da oitava edición do concurso. Non perdas este acontecemento musical! Os convites son gratuítos e pódense retirar en www.ataquilla.com. A nova completa aquí 🔗 https://bit.ly/4bPtNVP

🧸🌳 Meco e Sono: un conto de árbores para a primeira infancia! A Casa da Cultura do Milladoiro acolle o próximo venres 28 ás
🧸🌳 Meco e Sono: un conto de árbores para a primeira infancia! A Casa da Cultura do Milladoiro acolle o próximo venres 28 ás 18:00 h. este fantástico encontro con Xarope Tulú e Xiana Arias, pensado especialmente para familias con crianzas de 0 a 3 anos. ✨ Que atoparedes? Unha historia que pon no centro a palabra e a música, convidando á imaxinación e ao xogo a través das personaxes de Meco e Sono. 📍 Onde e cando? • Venres 28 • 18:00 h. • Casa da Cultura do Milladoiro 💡 Como inscribirse? • Ata o 24 de marzo enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal • Máis info: Servizo de Normalización Lingüística A actividade é de balde, non perdades a oportunidade! Todo a ℹ️ https://bit.ly/4bPPzIX

Marta Rodríguez Lorenzo, Antonio Rodríguez Núñez e Seur foron galardoados na gala dos XII Premios Down Compostela 🏆✨ A gala
Marta Rodríguez Lorenzo, Antonio Rodríguez Núñez e Seur foron galardoados na gala dos XII Premios Down Compostela 🏆✨ A gala estivo presentada por Irene Rodríguez-Toubes, unha moza con trisomía 21, e polo xornalista Diego Viaño. Por parte do Concello de Ames asistiron as concelleiras Uxía García (Benestar Social e Igualdade) e Ana Belén Paz (Promoción Económica). Ademais, o artista amiense Fran Allo ofreceu unha actuación especial, presentando un tema do seu novo proxecto. Crónica aquí 🔗🗞️ https://bit.ly/4htvYiT

⚠️ A veciñanza amesá mostra o seu malestar polo mal funcionamento do servizo de transporte metropolitano da Xunta de Galicia
⚠️ A veciñanza amesá mostra o seu malestar polo mal funcionamento do servizo de transporte metropolitano da Xunta de Galicia 🔹 O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, vén de darlle traslado á Dirección Xeral de Mobilidade de diversas queixas e reclamacións recibidas en relación á calidade do transporte metropolitano da Xunta de Galicia. 🔹Todas as queixas que chegan ao Concello son enviadas á Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que ten as competencias autonómicas en materia de mobilidade. 👉🏼Se tes algunha queixa ou reclamación, podes enviala a: ✉️ mobilidade@concellodeames.gal ou presentala no Rexistro Municipal. A nova completa aquí 🔗 https://bit.ly/4iiihEJ

Nova convocatoria de bolsas para deportistas en Ames 🏅 O Concello de Ames abre unha nova convocatoria de bolsas destinadas a
Nova convocatoria de bolsas para deportistas en Ames 🏅 O Concello de Ames abre unha nova convocatoria de bolsas destinadas a apoiar a práctica e o rendemento deportivo, facilitando a participación en eventos e garantindo unha preparación integral axeitada. 💰 Importe total das bolsas: 10.000 € 🔹 Axuda máxima por deportista: 700 € Se es deportista e queres optar a esta axuda, mantente atentx ás datas e requisitos! Máis ℹ️ e bases da convocatoria en 🔗 https://bit.ly/4kYbuls

Coloquio aberto á veciñanza sobre a obra “As desterradas” 🗣️ 🔸Nesta charla participarán Carme Varela, escritora da obra, e
Coloquio aberto á veciñanza sobre a obra “As desterradas” 🗣️ 🔸Nesta charla participarán Carme Varela, escritora da obra, e Quico Cadaval, director da obra. A actividade terá lugar este mércores, día 26, ás 🕖 19.00 horas no Pazo da Peregrina! 🔸A entrada será libre ata completar aforo. 🔸Este encontro é unha actividade de mediación que realiza a compañía Producións Teatrais Excéntricas por estar a realizar unha residencia artística no noso concello. Toda a ℹ️ https://bit.ly/4kSaP4W

Conclúen necesario un plan para recuperar a funcionalidade do Centro de saúde de Bertamiráns e adaptalo aos novos tempos 🩺🩻
Conclúen necesario un plan para recuperar a funcionalidade do Centro de saúde de Bertamiráns e adaptalo aos novos tempos 🩺🩻 🔹 O alcalde, Blas García, e a concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, acompañaron ao xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela, Ángel Facio, na súa visita ao Centro de saúde de Bertamiráns. 🔹 Na visita tamén participaron Ana Turnes, subdirectora de Atención Primaria, e José Manuel Fernández Torres, subdirector de Recursos Económicos. 🔹Este centro, que conta tamén cun servizo de Pac atende a unha gran cantidade de poboación que, segundo os datos que se manexan, se vai seguir incrementando de forma importante nos vindeiros anos. Toda a ℹ️ https://bit.ly/4kDZbKP

O equipo biberón do Milladoiro SD acada o campionato de liga ⚽️ O equipo máis cativo do Milladoiro SD, patrocinado pola libre
O equipo biberón do Milladoiro SD acada o campionato de liga ⚽️ O equipo máis cativo do Milladoiro SD, patrocinado pola librería Nenos Nais, vén de acadar o campionato de liga de fútbol sala da categoría Primeira Futgal FS, impoñéndose por un só un punto de diferencia á Escola Deportiva Xuventude Oroso 🙌🏻🙌🏻 Amplía a ℹ️ aquí: https://bit.ly/41HrNdB 📸 Aarón Myr Silva // @rmistermyr

A compañía Berrobambán representa este martes no Milladoiro a obra Ubasute 🎭 O Concello de Ames, a través do departamento de
A compañía Berrobambán representa este martes no Milladoiro a obra Ubasute 🎭 O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, continúa coa súa ampla oferta de espectáculos no ámbito das artes escénicas. Desta volta coa representación da obra "Ubasute" a compañía Berrobambán. Esta programación é unha actividade de mediación que o grupo teatral desenvolve por estar a facer unha residencia artística no noso concello. 📅 Martes 🕣 20:30 h (20:15 h apertura de portas) 📍 Auditorio do Milladoiro 🎟️ Os convites poden descargarse de xeito gratuíto na Billeteira electrónica do Concello de Ames Máis info na seguinte ligazón 🔗 https://lc.cx/KPQl6D

🎭 Estrea teatral en Ames: TROMSØ de Morraoconto! O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, continúa coa súa a
🎭 Estrea teatral en Ames: TROMSØ de Morraoconto! O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, continúa coa súa aposta polas artes escénicas neste primeiro semestre de 2025. 📅 Venres 🕣 20:30 h (20:15 h apertura de portas) 📍 Auditorio do Milladoiro Esta iniciativa enmárcase dentro do convenio de colaboración entre AGADIC e o Concello de Ames, reforzando o compromiso coa cultura e coa promoción das artes escénicas. Máis info na seguinte ligazón 🔗 https://lc.cx/80EN4m

🏆 Parabéns a Olivia Parga polo Premio a Mellor Deportista Promesa! 🔸O Teatro Colón da Coruña acolleu a III Gala do Deporte
🏆 Parabéns a Olivia Parga polo Premio a Mellor Deportista Promesa! 🔸O Teatro Colón da Coruña acolleu a III Gala do Deporte da Deputación da Coruña, un evento que recoñece os logros dos mellores deportistas da provincia. 🔸Nesta edición, a karateka amesá Olivia Parga foi galardoada co Premio a Mellor Deportista Promesa Feminina de Base, un recoñecemento ao seu esforzo e traxectoria no último ano. 🔸Este premio pon en valor os seus grandes resultados, como o ouro na Liga Nacional de Karate Feminino. Parabéns, Olivia! Un orgullo para Ames e para o deporte galego. Esta mañá pasou polos estudios de Ames Radio 📻 Aquí tedes a entrevista no #SomosAmes 🔗 https://bit.ly/4227yau Nova completa aquí 🗞️ https://bit.ly/4bZmLOa

📻 A radio mola moito e así o comprobou o alumnado do CEIP da Maía que visitou Ames Radio 🎙️ 🔸Durante as últimas semanas, A
📻 A radio mola moito e así o comprobou o alumnado do CEIP da Maía que visitou Ames Radio 🎙️ 🔸Durante as últimas semanas, Ames Radio abriu as súas portas para recibir a preto de 150 alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria do CEIP da Maía. As visitas, organizadas en seis grupos, permitiron que os rapaces e rapazas coñecesen de preto o funcionamento da radio municipal, acompañados polo seu profesorado. 🔸Esta iniciativa, que resultou moi enriquecedora para os/as nenos/as, está motivada porque no CEIP da Maía pretende crear a súa propia emisora de radio no centro. Toda a ℹ️ https://bit.ly/3FCfI1I

O alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, visitaron a sede de CATEC en Galicia,
O alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, visitaron a sede de CATEC en Galicia, situada no parque empresarial do Milladoiro 🛰️ 🔹CATEC (Centro Avanzado de Tecnologías Aeroespaciales) é o único centro tecnolóxico en España dedicado exclusivamente ao sector aeroespacial. Impulsado pola Junta de Andalucía a través de FADA (Fundación Andaluza para o Desenvolvemento Aeroespacial), este centro destaca pola súa aposta pola innovación e a colaboración público-privada. 🔹A súa presenza en Galicia supón unha grande oportunidade para o desenvolvemento tecnolóxico e industrial da nosa contorna. 🔹Destaca polo seu enfoque na modernización da industria aeronáutica, desenvolvendo tecnoloxías e servizos innovadores dentro do concepto de “Factoría do Futuro” ou “Industria 4.0”. Toda a ℹ️ da visita 🔗 https://bit.ly/4bDUWLl