Concello de Ames
Open in Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Show more761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
🎭💘 Cortello de Amor chega ao Milladoiro!
Mañá venres, 7 de febreiro, ás 20:30h, o auditorio da Casa da Cultura acolle a comedia física e de enredo de Amorodio Teatro. Unha historia sobre amor, faiados e plans un pouco tolos… todo cunha banda sonora de Grande Amore! 🎶🔥
📍 As entradas voan! Xa está cuberto o 80% do aforo. Fai clic e colle a túa antes de que se esgoten 👉 https://lc.cx/ZlxFxW
🎟️ Entrada xeral: 5€ | Reducida: 2,50€
🛡️💻 A Aula AMTIC organiza unha conferencia sobre ciberseguridade o mércores 12 de febreiro, de 18:30 a 19:30h, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Unha charla aberta a todas as persoas interesadas en coñecer as ameazas dixitais máis comúns e como protexerse delas! 🔐📲
📌 Ademais, ás 18:00h, terá lugar a clausura e entrega de diplomas dos cursos de alfabetización dixital nas parroquias.
🆓 Entrada libre! Se queres navegar con seguridade, esta é a túa oportunidade! 🚀
📲 Máis info aquí 👉 https://lc.cx/mBy2eB
🚰📢 Avances na ampliación da EDAR de Sisalde!
O Concello de Ames e Augas de Galicia seguen traballando na mellora do saneamento municipal. A Xunta financiará cun millón de euros o estudo e redacción do proxecto para ampliar a depuradora, que leva anos sobrepasada. A obra terá un investimento de máis de 20 millóns de euros! 💰💧
📌 O Concello tamén buscará que o Goberno de España declare a actuación de interese xeral para garantir o seu financiamento.
Máis info aquí 👉 https://lc.cx/mbrX5t
🎸🎶 PRAZAS ESGOTADAS PARA O CONCERTO DE PAKOLAS! 🎶🎸
O espectáculo "Ecoralia, a lambona ecolóxica" deste venres 7 de febreiro ás 18:00 h en Bertamiráns xa ten todas as súas entradas esgotadas! 🏡🌱
📢 Este concerto, dentro do programa Apego, busca achegar o galego ás crianzas a través da música e o humor, promovendo valores ecolóxicos 🌍💚.
📌 Se queres saber máis sobre o programa Apego e como participar, infórmate aquí 👉 https://lc.cx/jgct1q
🏫👦👧 O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA DO CEIP DA MAÍA VISITA A CASA DO CONCELLO 👧👦🏫
Arredor de 50 nenos e nenas visitaron este luns a Casa do Concello para coñecer de primeira man como funciona a Administración local. Acompañados polo alcalde e varios concelleiros/as, descubriron que é un pleno municipal e mesmo aproveitaron para facer peticións de mellora para o seu colexio.
📌 Entre as súas propostas destacaron o arranxo da entrada de auga no pavillón, pintar o centro e habilitar máis zonas de xogo e verdes.
📖 Máis info 👉 https://lc.cx/rcuGWN
📚✨ Onte retomáronse as sesións de contacontos para crianzas de 3 a 8 anos. A primeira cita será en Bertamiráns co ciclo “Contos para xogar”, que continuará ata este xoves. No Milladoiro, as sesións serán do 11 ao 13 de febreiro.
📖 Unha actividade organizada polo Departamento de Bibliotecas do Concello de Ames para fomentar o hábito da lectura entre os máis pequenos, sobre todo en galego.
📝 Inscricións abertas para as sesións do Milladoiro ata o 8 de febreiro.
📩 Apúntate en: biblioteca@concellodeames.gal
📞 Ou chamando a:
📍 Bertamiráns → 981 884 829
📍 Milladoiro → 981 530 807
📅 Consulta a programación completa ata maio aquí 👉 https://lc.cx/AwKnsD
🛠️ A Corporación municipal aproba por unanimidade os 19 proxectos do POS+ 2025! 🚧
O Pleno do Concello de Ames aprobou onte a participación no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais “POS+ 2025” da Deputación da Coruña. O Concello destinará 444.207,42 euros a gasto corrente e 1.073.870,30 euros a seis proxectos de mellora en diversas parroquias.
Ademais, tamén se aprobou a participación no POS+ Adicional 3/2025, que permitirá reducir a débeda municipal coa Deputación en 271.894,53 euros.
📺 Podes ver a gravación completa do pleno aquí 👉 https://www.youtube.com/live/JpMNdzLmPpU
Consulta todos os proxectos aquí 👉 🔗 https://lc.cx/0hDuKA
🌟 Este domingo foi un día moi especial! O Calo Genuine, o novo equipo da S.R. de Calo formado por mozos e mozas con diversidade funcional do Club de mocidade con diversidade de Ames e de Arcea-Adames, debutou no campo de fútbol de Rebordelo contra o R.C. Deportivo! 💙🤍
💪 Un proxecto INCRIBLE que aposta pola igualdade, inclusión e deporte para todos 🙌👏 Grazas á colaboración dos Concellos de Ames e Teo, este equipo forma parte da liga A Nosa Champions Fútbol, onde competirán con equipos como o R.C. Celta, Racing Club Vilalbés e Racing Club de Ferrol! 🏆⚽
🔗 Máis info aquí 👉 https://lc.cx/al7lmV
💙 Porque o fútbol é para TODOS! 💙
🏆🎥 O Exército Mekemeke, mellor canle de YouTube nos Premios Youtubeiras+! 🎥🏆
A oitava edición dos #PremiosYoutubeiras+ xa ten gañadores, e entre eles destaca o proxecto de #Ames, Exército Mekemeke, distinguido como mellor canle de YouTube! 🔥👏
📌 O xurado recoñeceu a súa calidade técnica, a estética coidada e a súa aposta por contidos actuais e humorísticos con gran impacto na mocidade.
🔹 Outros galardoados:
🏆 Mellor canle de TikTok → @saraseco_
🏆 Creación de contidos → @pradorua
🏆 Calidade lingüística → Luís do Río
🏆 Premio Revelación → Galiactiva
🏆 Premio Rede → Rebelico Revista
🏆 Premio do Público → A revolución galega de 1846, de Orgullo Galego
📅 A gala celebrouse no Pazo da Cultura de #Narón, con presentación de Javi Sánchez e música de De Ninghures.
🔗 Máis info aquí 👉 https://lc.cx/NhEHA0
🔥🎯A mocidade de #Ames ten unha nova cita co #Trouleando! Este mes de febreiro organizamos unha tarde de #paintball no recinto de #EoDosMenecos, en #Teo. Un plan perfecto para liberar adrenalina, gozar da natureza 🌳 e compartir unha experiencia chea de estratexia, acción e diversión! 😃💥
📅 Data: Sábado, 22 de febreiro
🎟️ Actividade de balde para mozos/as de Ames nados/as entre 2012 e 1995
🚌 Autobús dispoñible dende Bertamiráns e O Milladoiro
📩 Inscricións: Do 5 ao 12 de febreiro
📌 40 prazas dispoñibles, asignadas por orde de chegada
🔗 Inscríbete xa! Descarga a ficha e envíaa a 📧 xuventude@concellodeames.gal 👉 https://lc.cx/CjLt--
⚠️ IMPORTANTE: Haberá dous tipos de marcadoras, en función da idade. É preciso levar roupa cómoda, zapatillas que se poidan manchar e roupa de reposto.
📞 Máis info en 616 08 32 29
🎄🏆 Xa temos gañadores/as dos concursos de decoración do Nadal 2024! 🏆🎄
Ames celebrou unha nova edición destes certames que encheron de cor e creatividade os escaparates e as vivendas do concello. En total, repartíronse 6.000 € en premios! 💰✨
🏪 Certame de escaparates:
🥇 1º Premio (1.500 €) → Floristas Carmiña SL
🥈 2º Premio (1.100 €) → Papelería Chavián
🥉 3º Premio (800 €) → Tecidos Tolemia
🏅 4º Premio (600 €) → 3X en Cemento
🏡 Concurso de decoración veciñal (500 € cada un/a):
🌟 Patricia Gasamáns Pereira (Biduído de Arriba)
🌟 Tania Díaz Fernández (O Pedregal)
🌟 Ana María Ces Gómez (Augapesada)
🌟 María Villanueva Turnes (Framil)
📢 “Estes concursos buscan dinamizar o comercio local e dar máis vida ás rúas e aldeas durante o Nadal” – Ana Belén Paz, concelleira de Promoción Económica.
🔗 Consulta toda a info aquí 👉 https://lc.cx/aFQTUF
✨🎨 Ames acolle unha tripla exposición de Fran Riveiro! 🎨✨
📅 Do 4 ao 13 de febreiro poderás descubrir a obra deste artista santiagués en tres localizacións diferentes! 🔥
📍 Casa da Cultura do Milladoiro → Urbania 🏙️
📍 Pazo da Peregrina (Bertamiráns) → Urbania 🏛️
📍 Casa da Cultura de Bertamiráns → Coffe Paints ☕
🔎 Urbania: Obras baseadas no “urbanismo plástico”, xogos de planos e arquitecturas urbanas que agochan mensaxes cifradas.
☕ Coffe Paints: Arte feita con café líquido, creando texturas únicas e evocadoras.
🎭🔝 Con máis de 20 anos de traxectoria, Fran Riveiro é un referente pola súa arte totalmente artesanal. Non perdas esta oportunidade de gozar da súa obra en Ames!
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/V5MEF3
🚧 Constituíuse a comisión de seguimento das obras de humanización do Milladoiro, presidida polo alcalde Blas García e a subdelegada do Goberno, María Rivas.
✔️ Mellora da sinalización e comunicación
✔️ Impulso á redución do tráfico
✔️ Demanda de máis persoal para axilizar os traballos
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/McHHNI
🎶 O Apego continúa coa súa programación de febreiro cunha nova proposta musical: Ecoralia, a lambona ecolóxica, o novo proxecto de Pakolas, un espectáculo cheo de humor e rock infantil que pon o foco na importancia de consumir produtos ecolóxicos e coidar o medio ambiente. 🌱🌎
📅 Venres, 7 de febreiro
🕕 18:00 h
📍 Casa da Cultura de Bertamiráns
👉 O concerto está dirixido a público familiar e permitirá ás crianzas gozar da música ao mesmo tempo que toman conciencia sobre o medio ambiente, o cambio climático e o benestar animal. 🐾
📩 INSCRICIÓN ABERTA desde hoxe, 31 de xaneiro, ata o 6 de febreiro.
Para participar, é necesario enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal con:
✔ Nome e apelidos das persoas asistentes
✔ Idade das crianzas
✔ Teléfono de contacto
⚠ As prazas asignaranse por orde de inscrición e non se admitirán solicitudes fóra do prazo.
MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/8cQu43
📚 A sala de estudo da biblioteca do Milladoiro volve estar aberta! 🏫✍️
O Concello de Ames informa de que xa se pode facer uso da sala de estudo da biblioteca do Milladoiro. As obras para separar a aula de estudo da biblioteca seguirán en marcha, pero non impiden a súa apertura.
⚠️ A sala terá que pecharse de novo durante unha xornada máis para completar os traballos, pero avisarase con antelación.
Agradecemos a comprensión! 💙
🏛️ A Corporación municipal aprobou por maioría absoluta a modificación do regulamento da Rede municipal de comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas. Esta actualización busca garantir a conciliación da vida laboral e familiar, priorizando o acceso das familias empadroadas en Ames.
🔹 Outros acordos do Pleno
✅ Aprobación por unanimidade dos novos modelos de declaracións de bens e actividades dos concelleiros/as, que serán publicados no Portal de Transparencia do Concello.
✅ Resolución das alegacións e remisión ao Consello Consultivo de Galicia do expediente de resolución do contrato do Servizo de Axuda no Fogar, debido a incumprimentos da empresa concesionaria.
✅ Aprobación por unanimidade dunha moción do BNG para implantar medidas de prevención e resposta fronte ás inundacións, promovendo campañas de sensibilización e colaboración con outras entidades.
📺 Podes ver a gravación do Pleno na canle de YouTube do Concello de Ames.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/UsRc9l
📢🏗️ O Pleno de Ames debaterá a aprobación de 19 proxectos con cargo ao POS+ 2025 🏗️📢
📅 Martes, 4 de febreiro → Pleno extraordinario para tratar:
✅ 19 proxectos de obras e melloras en vías, beirarrúas e drenaxe en varias parroquias.
✅ 326.160 € para o acondicionamento da rúa Agro da Vella (Milladoiro).
✅ 2,5 millóns € para 13 actuacións financeiramente sostibles.
✅ Redución da débeda municipal con Deputación.
📡 Sígueo en directo na canle de YouTube do Concello!
🔗 Máis info aquí 👉 https://lc.cx/0kr8vg
🏃♀️💙 O CEIP de Barouta celebrou a súa carreira solidaria "Móvome pola paz" 💙🏃♂️
O 30 de xaneiro, máis de 400 persoas participaron na IX edición desta carreira, onde se recolleron alimentos e fondos para as vítimas do conflito en Gaza, a través da Axencia das Nacións Unidas (UNRWA).
O obxectivo? Sensibilizar sobre os dereitos da infancia e apoiar aos máis necesitados. A recollida de alimentos segue aberta ata finais da próxima semana.
📍 Se queres colaborar, achega a túa doazón ao CEIP de Barouta!
🔗 Máis info: https://lc.cx/E0Ofux
📚✏️ Aberto o prazo de inscrición para o curso de iniciación ao inglés para maiores! ✏️📚
A Oficina de Voluntariado de Ames organiza un curso de inglés básico para maiores no Milladoiro, dirixido a aquelas persoas que desexen comezar a súa aprendizaxe na lingua.
📅 Inicia o 12 de febreiro
🕓 Mércores e venres de 16.00 a 17.00 horas
📍 Local Municipal, Rúa Agro do Medio nº8 (Antigo Centro de Saúde)
👩🏫 Gratuíto e impartido por unha profesora voluntaria
Hai 12 prazas dispoñibles que se cubrirán por orde de inscrición. Para apuntarte, envía un correo a voluntariado@concellodeames.gal ou chama ao 662 377 044.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/CjYJkk
🥋 O Karate tradicional brillou en Ames esta fin de semana! 🥋
A Escola de Escola de Kárate Dokkodo, en colaboración coa Federación Galega de Karate, organizou un curso de kata tradicional impartido polo mestre Jesús Latorre. O evento reuniu karatekas de todas as idades e niveis, que gozaron dunha intensa xornada de aprendizaxe e convivencia.
💬 “Foi unha experiencia inesquecible”, destacou Kike Blanco, da Escola Dokkodo.
📖 Descubre todos os detalles aquí 👉 https://lc.cx/L9jGTi
