en
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

Open in Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Show more
761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
🚧 Mellora da seguridade viaria entre O Mercuto e O Vilar 📍 A Xunta de Goberno Local adxudica as obras de pavimentación e se
🚧 Mellora da seguridade viaria entre O Mercuto e O Vilar 📍 A Xunta de Goberno Local adxudica as obras de pavimentación e seguridade entre estes núcleos da Ameixenda por preto de 200.000 €. 🔹 Cuneta transitable de máis de 800 m 🔹 Pasarela de 20 m de lonxitude 🔹 Rede de drenaxe renovada 🔹 Varandas de madeira para maior seguridade Esta actuación, incluída no POS+2024, súmase a proxectos en Covas, Biduído e a futura senda en Coira. 🛣️👷‍♀️ 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/FaPDea

📚✨ Mónica Prego presenta “A carón do lume” nos Encontros Literarios de Ames 📅 Cando? Hoxe mércores, 18 de decembro, ás 20:0
📚✨ Mónica Prego presenta “A carón do lume” nos Encontros Literarios de Ames 📅 Cando? Hoxe mércores, 18 de decembro, ás 20:00 h 📍 Onde? Pazo da Peregrina, Bertamiráns 🎟️ Entrada libre ata completar aforo Non perdas o inicio da edición 2024-2025 deste programa, que promove a literatura en galego. Descubre a primeira obra de Mónica Prego, unha homenaxe á gastronomía tradicional galega! 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/s4A8i2

🎭✨ Descubre a programación de artes escénicas de Ames para o 2025! 👉 Onte presentouse na Casa da Cultura de Bertamiráns o c
🎭✨ Descubre a programación de artes escénicas de Ames para o 2025! 👉 Onte presentouse na Casa da Cultura de Bertamiráns o cartel para o primeiro semestre do ano: ✅ 13 espectáculos: teatro, danza e novo circo. ✅ Compromiso co galego e coas compañías galegas. ✅ Propostas para todos os públicos: adulto, familiar e infantil. 🎟️ Entradas á venda o 8 de xaneiro na Billeteira electrónica. 🎫 Bonos culturais por só 25€! (do 18 de decembro ao 7 de xaneiro) para gozar de 10 espectáculos. 💡 Obras que fan rir, chorar e reflexionar, combinando xéneros como comedia, drama, danza contemporánea e moito máis. Todo pensado para achegar a cultura a veciñas e veciños de Ames. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/ghsGzg

💪👧👦 Chega a 1ª Gladiator Race Kids a Ames! 🎄🏃 📅 Cando? Sábado 28 de decembro ás 16:30 h 📍 Onde? Área deportiva do Mill
💪👧👦 Chega a 1ª Gladiator Race Kids a Ames! 🎄🏃 📅 Cando? Sábado 28 de decembro ás 16:30 h 📍 Onde? Área deportiva do Milladoiro 🎯 Para quen? Nenos/as de 3 a 12 anos (acompañados dun adulto) 🏅 Inscrición gratuíta! Inclúe seguro, medalla e moita diversión! 👉 Inscríbete antes do 25 de decembro ás 23:59. Prazas limitadas a 250! ✍️Inscríbete aquí: https://lc.cx/KrSdNE 💥 Obstáculos, deporte e moita diversión en familia! Non é competitiva, só para gozar! 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/cjKXe3

🎄 Concerto de Nadal en Bertamiráns 🎶 O auditorio da Casa da Cultura acolleu este domingo o tradicional concerto de Nadal, c
🎄 Concerto de Nadal en Bertamiráns 🎶 O auditorio da Casa da Cultura acolleu este domingo o tradicional concerto de Nadal, con actuacións de Os Castros, Pandereteiras da Costaneira, Os Retranqueiros, Airiños do Paseo do Colón, As Maianas e a Requinta da Maía. Unha cita destacada da programación de Nadal en Ames, coa música tradicional como protagonista. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/1NMV6h

🌲✨ Aberto o prazo de inscrición para o Campamento de Nadal da Aula da Natureza 🎄🐾 A rapazada de 6 a 14 anos poderá gozar d
🌲✨ Aberto o prazo de inscrición para o Campamento de Nadal da Aula da Natureza 🎄🐾 A rapazada de 6 a 14 anos poderá gozar dun campamento único os días 2, 3 e 4 de xaneiro na Aula da Natureza (Ameixenda). Xogos, obradoiros ambientais e actividades especiais como a observación de niños de aves, paseos pola contorna natural e a elaboración dunha pequena rosca de Reis. 📅 Datas: 2, 3 e 4 de xaneiro 🕒 Horario: 11.00 a 17.30 🚍 Servizo de autobús: Saídas desde o Milladoiro e Bertamiráns. 🍴 Comida: Cada participante deberá levar a súa comida da casa. Inclúese chocolate quente pola tarde. 📩 Inscricións: Enviar o formulario cuberto ao correo auladanatureza@concellodeames.gal 📞 Máis información: 660 00 46 65 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/-JBE_G

🎄🎶 A escola infantil municipal A Madalena celebra 20 anos cun concerto de Nadal 🎂✨ A escola infantil municipal A Madalena,
🎄🎶 A escola infantil municipal A Madalena celebra 20 anos cun concerto de Nadal 🎂✨ A escola infantil municipal A Madalena, no Milladoiro, conmemorou o seu vixésimo aniversario cun emotivo concerto de Nadal. Desde 2004, este centro de titularidade municipal atende nenos e nenas de 3 meses a 3 anos, sendo un referente en Galicia pola súa aposta educativa innovadora e o seu comedor Km0. Parabéns ao equipo que fai posible este proxecto! 🥳🎉 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/XdV2vW

🚶‍♂️🌿 Únete á próxima Andaina Saudable! 🌿🚶‍♀️ Xa están abertas as inscricións para participar na segunda etapa do Camiño
🚶‍♂️🌿 Únete á próxima Andaina Saudable! 🌿🚶‍♀️ Xa están abertas as inscricións para participar na segunda etapa do Camiño Real a Fisterra e Muxía, que terá lugar o sábado 21 de decembro. 🚶‍♂️🌅 📍 Percorrido: Ponte Maceira → Vilaserío (17 km aprox.). 🚌 Servizo de autobús: 9:00 h: Casa da Cultura do Milladoiro. 9:15 h: Casa do Concello de Bertamiráns. 👥 Prazas limitadas: 50. 📅 Inscricións abertas ata o mércores 18 de decembro ás 14:00 h. 🎯 Prioridade: Persoas empadroadas en Ames. 📲 Inscríbete no formulario dispoñible na web do Concello e prepárate para gozar dunha experiencia única no Camiño! 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/D1nta-

🎠✨ Queres acompañar aos Reis Magos na Cabalgata? ✨🎠 O Concello de Ames abre o prazo para que as nenas e nenos de 6 a 12 ano
🎠✨ Queres acompañar aos Reis Magos na Cabalgata? ✨🎠 O Concello de Ames abre o prazo para que as nenas e nenos de 6 a 12 anos poidan subir ás carrozas e vivir unha experiencia inesquecible! 🎁👑 📅 Inscricións: 📍 Cando? Desde este luns 16 ao domingo 22 de decembro, ata as 14:00 h. 📝 Onde? Na Sede Electrónica ou presencialmente nos rexistros municipais. 🎯 Prazas: 84 (14 por carroza). 👥 Requisitos para participar: ✔ Ter entre 6 e 12 anos o 1 de xaneiro de 2024. ✔ Estar empadroado/a en Ames. ✔ Non ter participado en cabalgatas anteriores. 🔮 Se hai máis solicitudes que prazas, farase un sorteo o 23 de decembro! 📲 Máis info: Consulta as bases completas e descarga o formulario na páxina web do Concello ou chama ao ☎ 981 883 002. 📢 Non perdas esta oportunidade máxica! 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/T6vLuY

🏆 Gañadores da 7ª edición dos Premios Lingua e Empresa 🌟 A gala de entrega dos Premios Lingua e Empresa celebrada o pasado
🏆 Gañadores da 7ª edición dos Premios Lingua e Empresa 🌟 A gala de entrega dos Premios Lingua e Empresa celebrada o pasado xoves recoñeceu a Lago Louro Avogados e Tecidos Tolemia como as mellores empresas no fomento do galego no seu ámbito. Lago Louro Avogados: Gañadora na categoría A (uso consolidado da lingua galega). Tecidos Tolemia: Gañadora na categoría B (nova incorporación á lingua). Ambas empresas foron premiadas pola súa forte implicación co galego, un valor engadido tanto nas súas comunicacións como na súa imaxe de marca. 🎉 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/dXJPO6

📢 ¡Arranca a campaña dos Bonos Consuma! 🛍️ Xa se podes descargar o Bono Consuma e aforrar ata 50€ nas túas compras nos 105
📢 ¡Arranca a campaña dos Bonos Consuma! 🛍️ Xa se podes descargar o Bono Consuma e aforrar ata 50€ nas túas compras nos 105 establecementos de Ames que están adheridos á campaña. 🏪 ✔️ Como funciona? Desconto de 5€ en compras entre 10€ e 30€ Desconto de 10€ en compras entre 30€ e 50€ Desconto de 15€ en compras superiores a 50€ 🔹 O prazo para descargar e usar os bonos vai do 14 de decembro ao 14 de febreiro, ou ata agotar o orzamento de 60.000€. Non perdas a oportunidade de apoiar ao comercio local e aforrar nas túas compras! 💸 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/PtN8v4

📊 ¡Ames segue liderando a transparencia en Galicia! 🌟 O Concello de Ames mantén o título de concello máis transparente de G
📊 ¡Ames segue liderando a transparencia en Galicia! 🌟 O Concello de Ames mantén o título de concello máis transparente de Galicia segundo o portal Dyntra, cun 65,43% de indicadores publicados (106 de 162). Este resultado sitúa a Ames no posto 72 a nivel nacional, mellorando a súa posición respecto a marzo de 2024. 🏅 Destacan especialmente as puntuacións en: ✅ Transparencia Municipal: 73,85% ✅ Participación Cidadá: 69,70% ✅ Urbanismo e Obras Públicas: 65% A evolución é clara: desde un 16,78% en 2015, Ames chega hoxe á cabeza en transparencia. O traballo continuado do Departamento de Transparencia, xunto ao compromiso co acceso á información, segue sendo a clave. 📍 Seguimos traballando para mellorar! 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/YrDgXz

🎄 Concerto de Nadal en Bertamiráns 🎶 Este domingo, 15 de decembro, ás 19:00 h, a Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o tr
🎄 Concerto de Nadal en Bertamiráns 🎶 Este domingo, 15 de decembro, ás 19:00 h, a Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o tradicional Concerto de Nadal. Grupos de baile e música tradicional como Os Castros, as Pandereteiras da Costaneira ou Requinta da Maía, entre outros, serán os protagonistas. 🎟️ Entrada de balde ata completar aforo. Descarga os teus convites na Billeteira electrónica do Concello de Ames: https://lc.cx/szdL-m 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/yKwPP1

Aberto o prazo ata o 20 de decembro para inscribirse no Programa Integrado de Emprego Ames-Brión 2024-2025, dirixido a persoa
Aberto o prazo ata o 20 de decembro para inscribirse no Programa Integrado de Emprego Ames-Brión 2024-2025, dirixido a persoas desempregadas de Ames e Brión. 💼 Formación en sectores como: comercio, limpeza, turismo, administración, ocio e tempo libre. 💶 Beneficios: Bolsa diaria de 10 €/día e axudas á conciliación. 📞 Máis información e inscrición: Correo: inseramesbrion@gmail.com Teléfonos: 608 459 678 (María) | 663 711 876 (Pablo). 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/xcpqAw

🎃 Premios do Concurso de Decoración de Samaín 🎨 Este mércores entregáronse os premios da primeira edición deste concurso qu
🎃 Premios do Concurso de Decoración de Samaín 🎨 Este mércores entregáronse os premios da primeira edición deste concurso que promoveu o comercio local en Ames. Os gañadores foron: 🏆 1º Premio (1.000 €): Papelería Chavián. 🥈 2º Premio (600 €): 3X en Cemento. 🥉 3º Premio (400 €): Escola infantil Merlín. Ademais, disporán de espazos publicitarios en Ames Radio. Este certame busca consolidarse como unha cita fixa, dinamizando o comercio local en datas clave. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/XLxuG1

🎄✨ Xa está aberto o prazo para o concurso de decoración de Nadal veciñal en Ames! Se tes ganas de encher a túa fachada, balc
🎄✨ Xa está aberto o prazo para o concurso de decoración de Nadal veciñal en Ames! Se tes ganas de encher a túa fachada, balcón, ventá ou xardín co espírito do Nadal, esta é a túa oportunidade! 🏡💡 A Concellaría de Promoción Económica organiza a terceira edición deste concurso, no que a creatividade e a orixinalidade terán premio. 🔔 Premios: 💶 4 premios de 500 euros cada un. 🗓️ Prazos: Inscricións: ata o 16 de decembro. Envío de fotos: ata o 18 de decembro a promocioneconomica@concellodeames.gal 📌 Como inscribirte? 👉 A través da Sede electrónica do Concello de Ames. 👉 Presencialmente nos rexistros municipais de Bertamiráns ou do Milladoiro (de luns a venres, de 9:00 a 14:00). 🌟 Deixa voar a túa imaxinación e axuda a facer de Ames un lugar máxico este Nadal! Consulta as bases completas e participa. 🎁 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/KLxSZ1

🎥 Sete proxectos premiados na primeira edición do Ames AV LAB! 🎬 O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este
🎥 Sete proxectos premiados na primeira edición do Ames AV LAB! 🎬 O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este pasado martes a entrega de premios do Ames AV LAB, unha iniciativa pioneira para impulsar a nova produción audiovisual en Galicia. Sete proxectos recibiron 10.000 euros cada un para avanzar no seu desenvolvemento inicial: ✨ Tramoloxía ✨ O Laúro ✨ Dous nichos para Maruja ✨ Nemeto ✨ 42.195 metros ✨ Orquesta Raíña ✨ Serenade Con estes premios, o Concello de Ames reafirma o seu compromiso co sector audiovisual galego. 🚀 Seguimos impulsando o talento local! 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/PcEGgB

🖤 Día de loito oficial en Ames polo pasamento de Maximino Viaño 🖤 O Concello de Ames decreta un día de loito oficial para h
🖤 Día de loito oficial en Ames polo pasamento de Maximino Viaño 🖤 O Concello de Ames decreta un día de loito oficial para honrar a memoria de Maximino Viaño, cronista oficial do municipio e gran defensor da nosa cultura e lingua. Maximino, quen recibiu a Medalla do Concello no 2020, dedicou a súa vida ao progreso do campo galego, á cultura e á escritura, deixando unha pegada inesquecible na historia de Ames. As bandeiras do Concello ondean a media hasta desde as 12:00 h deste mércores ata a mesma hora de hoxe xoves como sinal de respecto e recordo. A súa capela ardente está no Tanatorio Apóstolo Santiago, en Bertamiráns, e o funeral terá lugar hoxe, xoves 12 de decembro, ás 16:30 h na igrexa parroquial de Tapia. Despedimos a un home que soubo transmitirnos coas súas palabras o valor das raíces e a identidade da nosa terra. Grazas, Maximino, polo teu legado. 🕊️ 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/wnwYXy

📸✨ Ilumina o teu sorriso este Nadal en Ames! 🛍️🎄 Xa está aquí a sexta edición do concurso de fotografía “Ilumina o teu sor
📸✨ Ilumina o teu sorriso este Nadal en Ames! 🛍️🎄 Xa está aquí a sexta edición do concurso de fotografía “Ilumina o teu sorriso” e a nova campaña “Davide dá a badalada”, organizados pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) para fomentar o comercio local. 🎥 Concurso de Fotografía: 📅 Prazo: Ata o 6 de xaneiro. 📍 Localizacións: 2025 luminoso (Praza da Maía, Bertamiráns). Logo de Ames (Praza do Concello, Bertamiráns). Bola xigante (Praza da Madalena, Milladoiro). Árbore iluminada (Aparcamento do Supercor, Milladoiro). 💰 Premios: 1º Vale de 250€ 🏅 2º Vale de 150€ 🥈 3º Vale de 100€ 🥉 Para gastar nos comercios da XEA. 🛒 Davide dá a badalada 📅 Datas: Do 12 ao 27 de decembro. 💵 Sorteo de 2.000€ en premios: 1 vale de 500€. 2 vales de 300€. 9 vales de 100€. Participa mercando nos comercios locais adheridos á XEA e celebra as badaladas do Nadal contribuíndo ao comercio da nosa vila! 🛍️✨ 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/_XK8Sz

🏆 Gala Lingua e Empresa 2024 en Ames! 🌟 📅 Data: Xoves, 12 de decembro 📍 Lugar: Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro
🏆 Gala Lingua e Empresa 2024 en Ames! 🌟 📅 Data: Xoves, 12 de decembro 📍 Lugar: Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro ⏰ Hora: 20:30 Unha noite para recoñecer o compromiso co galego no tecido empresarial amesán! Este ano, 34 empresas participaron nesta consolidada convocatoria, que promove o uso do galego no ámbito profesional. 🎤 Condución e música: O grupo Os da Ría, coñecido polo seu humor e defensa da lingua. 💼 Premios: 1.500€ e unha campaña publicitaria en Ames Radio para as empresas gañadoras nas dúas categorías. Un evento aberto á veciñanza! Ven celebrar con nós a importancia do galego na empresa local. 💬❤️ 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/3BKW4z