Concello de Ames
Open in Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Show more761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
🎭Seguimos con teatro! 🎭
Este venres, ás 20:30 h, o auditorio de Milladoiro acollerá a obra “O único que quixen toda a vida é ser delgada”, da compañía @butacazero.
📍 Auditorio de Milladoiro
🕗 20:30 h (Apertura de portas ás 20:15 h)
🎟️ Entradas dispoñibles na Billeteira electrónica 🔗 https://abilleteira.concellodeames.gal
Este evento forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.
Non perdas esta oportunidade de gozar do teatro en Ames!
Toda a ℹ️ https://bit.ly/4i3qBr5
🚌 Compromiso coa Mobilidade en Ames
Esta mañá, Blas García, alcalde de Ames, xunto co concelleiro de Mobilidade, Víctor Fernández, a Directora Xeral de Mobilidade, Judit Fontela, e o presidente de Monbus, Raúl López, mantiveron unha xuntanza na que o rexedor municipal expuxo as queixas achegadas polos usuarios e usuarias da liña de autobús de interese municipal (SIMU) e trasladou as propostas do Concello para mellorar dito servizo implantado no mes de xuño de 2022.
🔸En dito encontro fíxose unha posta en común por parte das tres partes para a reformular o convenio e facelo máis eficiente.
🔸Insistiuse na necesidade de incluír no percorrido paradas no Hospital Clínico e no Campus Sur, así como en Fraiz e A Moniña, na parroquia de Biduído.
🔸A comisión foi solicitada polo número de queixas recibidas da veciñanza.
Toda a ℹ️ do encontro aquí 🔗 https://bit.ly/422g3SQ
⚠️ Alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia
👉🏻 A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por tormentas , de nivel amarelo, que afectará a Ames dende as primeiras horas da tarde deste mércores, 2 de abril, e que se prolongará ata as primeiras horas da noite.
👉🏻 Rógase que se extremen as precaucións e, en caso de emerxencia, prégase centralizar as chamadas de emerxencia ao 112, Policía Local: 619 76 75 75; ou Protección Civil: 673 17 88 88.
Novos cursos da Aula AMTIC do Milladoiro! 💻
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) oferta unha nova programación de cursos para abril e maio.
Para adultos:
📱 Aprendizaxe básica do móbil
🌐 Internet na vida diaria
📝 Uso de Writer e Calc (LibreOffice)
Para menores:
🎨 Pixelart e Scratch
⌨️ Mecanografía
📍 Inscríbete enviando a ficha ao informatica.milladoiro@gmail.com, chamando ao 📞 674 594 843 ou visitándonos en horario de luns a venres: 🕙 10:00 - 12:30 h // 🕓 16:00 - 20:00 h
Para máis ℹ️ 🔗https://bit.ly/43zDA07
Apróbase o expediente de contratación do novo colexio do Milladoiro que conta cun orzamento base de licitación de 12.129.976 euros📚
🔹 A Xunta de Galicia vén de aprobar o prego de cláusulas administrativas, o expediente de contratación, o gasto e a apertura do procedemento de adxudicación para a construción do novo centro de educación infantil e primaria no Milladoiro.
🔹O expediente de contratación publicouse hoxe no portal de Contratos Públicos de Galicia.
🔹O centro, que acollerá a 450 alumnos e permitirá atender as necesidades educativas dunha poboación en aumento, será o primeiro colexio construído en base ás pautas establecidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que deseña espazos educativos máis abertos, flexibles, sustentables, intelixentes e integrados na contorna.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4ljWoqD
🎬✨ Comeza Abril de Cine en Ames!
Mañá xoves, 3 de abril, arranca unha nova edición de Abril de Cine, unha iniciativa que busca achegar o mellor do cinema galego á veciñanza amesá.
A primeira sesión do ciclo trae a proxección de “Prefiro condenarme”, de Margarita Ledo, un filme que nos mergulla na dura realidade das mulleres durante a ditadura franquista. Unha oportunidade única para coñecer máis da nosa historia a través do cinema.
📅 Xoves, 3 de abril
📍Auditorio Casa Da Cultura do Milladoiro
🕖 20.00 h.
🎞️ Próximas sesións:
🔹 10 de abril – Filmei paxaros voando
🔹 22 de abril – Noite de curtas
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/422g3SQ
📢 Apertura do prazo de solicitude de praza nas escolas infantís municipais!
👶🏼 Praza para as escolas infantís municipais de Ames (O Bosque en Bertamiráns e A Madalena no Milladoiro) para o curso 2025-2026, toma nota:
🗓 Prazos importantes:
📌 Solicitude de praza: do 1 ao 15 de abril
📌 Formalización da matrícula: do 1 ao 16 de xuño
📄 A documentación necesaria pode descargarse en 👉 conciliames.gal ou recollerse nas propias escolas infantís.
Toda a ℹ️ https://bit.ly/4hRTvKJ
Aquí veñen os Campamentos de verán do Concello de Ames! Aberta a incrición! 🌞🎒
O Concello de Ames ofrece 440 prazas en 10 campamentos diferentes por varias localidades galegas e na Aula da Natureza de Ames. Unha oportunidade perfecta para que os máis pequenos gocen dun verán cheo de aventuras!
📅 Datas dos campamentos: do 25 de xuño ao 24 de xullo
📝 Inscricións: do 1 ao 12 de abril
💻 Onde anotarse? A través da Sede Electrónica no catálogo de trámites: Campamentos 2025
Consulta toda a información e as bases completas premendo aquí 🔗https://bit.ly/42bHRVc
🏨 Visita institucional ao novo hotel B&B no Novo Milladoiro
O alcalde de Ames e concelleiro de Turismo, Blas García, xunto co concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández, e a técnica de Turismo, Sonia Moure, visitaron o novo hotel B&B no parque empresarial do Milladoiro.
Este hotel, situado na esquina da rúa das Palmeiras coa rúa do Buxo, conta con 82 habitacións totalmente climatizadas. A visita enmárcase dentro da rolda de encontros do Goberno municipal para coñecer e promocionar o tecido empresarial e económico do concello.
Toda a ℹ️ da visita 🔗 https://bit.ly/4l7a8EL
A Corporación Municipal de Ames aprobou os seguintes acordos no pleno celebrado o pasado xoves, 27 de marzo:
✅ Crédito extraordinario 1/2025 por valor de 221.207,94 €, por valor de 221.207,94 euros para executar diversos investimentos municipais.
✅ Derrogación da ordenanza reguladora da prestación de alimentos (aprobada por unanimidade).
✅ Modificación do convenio coas infraestruturas da UTE “XG-807” para o SIMU.
✅ Extensión do plan de protección contra incendios forestais (2025-2029) mediante a plantación de frondosas.
✅ Resolución de alegacións sobre o contrato do servizo de axuda no fogar.
✅ Modificación das subvencións nominativas para o exercicio 2025.
✅ Aprobación inicial da quinta modificación puntual do regulamento orgánico municipal.
✅ Moción polo Día Internacional das Mulleres, aprobada por unanimidade.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/41RECDr
A parada de taxis do Milladoiro pasa a estar situada no cruce de Pardiñeiros con Anxeriz 🚕 🚕
Este cambio está motivado polas obras de humanización do Milladoiro en dirección Padrón, que se están executando actualmente na N-550.
O centro de depósito de residuos do Punto Limpo rexistrou 672 entradas en febreiro ♻️
Durante o pasado mes destaca a achega de:
* 184 unidades de voluminosos (case 200 en total)
* 3.034 quilogramos de madeira
* 853 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos (PAES)
* 2.377 quilogramos de metais
🔸Ademais, o Punto Limpo móbil recibiu 29 entradas.
🔸 Así mesmo, o Punto Limpo móbil ampliará os seus servizos, polo que o último sábado de cada mes prestará servizo nas urbanizacións de Aldea Nova, As Mimosas e Agro do Muíño.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3Y4xYXR
🎶 O programa Apego trae música para as crianzas amesás!
O venres 4 de abril, ás 18.00 h, a Casa da Cultura de Bertamiráns encherase de sons co espectáculo musical “O cuco veu por acá e marchou por alá” da compañía Percubebés, formada por Marcelo Dobode e Bea Martínez 🐦🎶
📅 Inscricións ata o 3 de abril enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal co nome e apelidos das persoas asistentes, idade das crianzas e un teléfono de contacto.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3Rndnud
📝 O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, presenta a XXII edición do Certame Literario de Ames!
Se tes un texto inédito en lingua galega e queres participar, este é o teu momento. A temática é libre e o prazo para presentar as túas creacións está aberto ata o 30 de abril.
🔸O certame consta de dúas modalidades: unha de narrativa e outra de poesía.
🔸Cada unha delas componse á vez de tres categorías divididas por franxas de idade.
👉 Consulta o resumo das bases do certame aquí e toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/41KvQXI
Ames conmemorou o Día Mundial do Teatro cun vídeo protagonizado polo alumnado da Escola Municipal de Teatro 🎭
Toda a info e o vídeo do alumnado na seguinte ligazón: https://lc.cx/T5BuZn
Este venres, 28 de marzo, ás 20:30 h, o auditorio de Bertamiráns acolle “As Desterradas”, de Producións Teatrais Excéntricas 🎭
👉🏻 Unha obra que promete emocionar e facer reflexionar dentro da programación do Ames Cultural 2025.
⏰ Apertura de portas: 20:15 h.
Organiza o Concello de Ames en colaboración coa AGADIC.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4c1204y
📚 Celebramos o Mes do Libro en Ames!
Este abril chega unha programación especial para todas as idades con motivo do #DíaDoLibro 👏🏻 O día 2 celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e o 23 é o Día Internacional do Libro.
📖 Contacontos, obradoiros e encontros literarios.
🎭 Teatro infantil e actividades do programa Apego.
🎨 Concurso de debuxo infantil e visitas escolares.
🎤 Concerto de Lydia Botana.
📘 Presentación do libro cos textos premiados no XXI Certame Literario.
🏅 IV Campaña Superlectores/as: do 1 de abril ao 24 de outubro.
Descubre toda a programación na ligazón! ℹ️🔗 https://bit.ly/43qAvPV
🩺✨ Abril, Mes da Saúde en Bugallido!
A Asociación Veciñal de Bugallido, en colaboración co Centro Cultural Mahía e a Sociedade Agraria de Bugallido, Ortoño e Biduído, organiza a 2ª edición do seu ciclo de xornadas sobre saúde.
📅 Primeira xornada:
👉 Obradoiro de Primeiros Auxilios
🗓️ Hoxe xoves, 27 de abril
📍 Bugallido
📜 O obradoiro ofrece certificación e require inscrición previa.
🔗 Máis info na seguinte ligazón https://bit.ly/3RjIyXc
𝐀𝐁𝐑𝐈𝐋 𝐃𝐄 𝐂𝐈𝐍𝐄 𝐄𝐍 𝐀𝐌𝐄𝐒 🎬🍿🎞️
• Xoves, 3 de abril: “Prefiro condenarme”, dirixida por Margarita Ledo.
• Xoves, 10 de abril: “Filmei paxaros voando”, dirixida por Zeltia Outeiriño.
• Martes, 22 de abril: Noite de curtametraxes, con catro propostas diferentes.
Todas as proxeccións terán lugar ás 🕗 20.00 h no auditorio da📍Casa da Cultura do Milladoiro. Ademais, contarase cunha presentación previa e un coloquio posterior coas directoras e directores.
As entradas poden mercarse en
🎟️ abilleteira.concellodeames.gal
Toda a ℹ️ do ciclo aquí 🔗 https://bit.ly/4jlDqOD
Tres deportistas do club amesán TKDenodo, David Noya Platas, Breixo Lestón Cives e Jorge Nogueiras Rivero , participaron no campionato de España (categorías cadete e júnior) como parte da selección galega de #taekwondo 🥋
🔸Breixo Lestón e David Noya acadaron o quinto posto, quedando a un paso de acadar medalla.
🔸Ademais, estes tres taekwondistas foron convocados pola selección galega para participar no Open de España os días 25 e 26 de abril.
Toda a info completa aquí 🔗 https://bit.ly/4c6c903
