en
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

Open in Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Show more
761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
🌞🔋 O alumnado do obradoiro de emprego Renova VII instalará paneis solares fotovoltaicos nas escolas infantís municipais de
🌞🔋 O alumnado do obradoiro de emprego Renova VII instalará paneis solares fotovoltaicos nas escolas infantís municipais de Ames e na Escola municipal de música de Brión. 📚 Durante 9 meses, 20 participantes fórmanse en montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas, combinando teoría e práctica para mellorar a súa empregabilidade nun sector en auxe. 🏗️ Ademais das novas instalacións, realizarán traballos de mantemento en 18 instalacións de paneis solares xa existentes e mellorarán a eficiencia enerxética de varios edificios municipais. 🔗 Máis info: https://lc.cx/OB7k4H

🎄✨ Entregados os premios dos concursos de decoración do Nadal 2024! ✨🎄 A Casa do Concello acolleu o acto de entrega dos pre
🎄✨ Entregados os premios dos concursos de decoración do Nadal 2024! ✨🎄 A Casa do Concello acolleu o acto de entrega dos premios do XIX Concurso de Escaparates de Nadal e do III Concurso de Decoración Veciñal. En total, repartíronse 6.000€ entre os gañadores/as destas iniciativas que buscan dinamizar o comercio local e encher Ames de espírito navideño. 🛍Concurso de escaparates: 🥇 Floristas Carmiña SL – 1.500€ 🥈 Papelería Chavián – 1.100€ 🥉 Tecidos Tolemia – 800€ 🏅 3X en Cemento – 600€ 🏡 Concurso de decoración veciñal (500€ cada un): ✨ Patricia Gasamáns Pereira (Biduído de Arriba) ✨ Tania Díaz Fernández (O Pedregal) ✨ Ana María Ces Gómez (Augapesada) ✨ María Villanueva Turnes (Framil) Parabéns a todos os premiados e grazas por contribuír a facer do Nadal en Ames unha época aínda máis especial! 🎅🎁 🔗 Máis info: https://lc.cx/ONLQ9n

🥇 Ouro para Olivia Parga no Campionato Galego de Clubs! 🥋✨ A amesá Olivia Parga acadou a medalla de ouro en equipos no Camp
🥇 Ouro para Olivia Parga no Campionato Galego de Clubs! 🥋✨ A amesá Olivia Parga acadou a medalla de ouro en equipos no Campionato Galego de Clubs, celebrado esta fin de semana en Chantada. Logrou subir ao máis alto do podio co seu club na modalidade de kumite na categoría cadete-júnior. 🔥🏆 Parabéns, Olivia! 🎉👏

📢 Xa está aberta a matrícula para a Escola Integral de Maiores de Bertamiráns! Se tes máis de 60 anos e queres aprender, com
📢 Xa está aberta a matrícula para a Escola Integral de Maiores de Bertamiráns! Se tes máis de 60 anos e queres aprender, compartir e pasalo ben, esta é a túa oportunidade! 📚✍️ As clases impartiranse os luns e mércores de 12:00 a 13:00 na Casa da Cultura de Bertamiráns, onde poderás mellorar a lectura, a escritura e as matemáticas básicas dun xeito dinámico. Tamén haberá poesía, historia, música e ata saídas culturais! 🎶📖 📅 Inicio: 17 de febreiro 📍 Lugar: Casa da Cultura de Bertamiráns 📞 Inscricións: 662 377 044 📩 voluntariado@concellodeames.gal ⏳ Hai só 12 prazas dispoñibles! 🔗 Máis info e inscricións aquí: https://lc.cx/AaQm1r

📢🔴 Esgotadas as prazas para "Rosalía Cantareira" no Milladoiro! As entradas para o concerto didáctico de Jara Ortiz deste v
📢🔴 Esgotadas as prazas para "Rosalía Cantareira" no Milladoiro! As entradas para o concerto didáctico de Jara Ortiz deste venres 14 de febreiro están completas. As crianzas descubrirán a faceta máis musical de Rosalía de Castro a través da música tradicional e os seus poemas máis coñecidos. 🎶📖 📌 O programa Apego continúa promovendo o galego na primeira infancia con múltiples actividades. Se queres formar parte desta iniciativa, contacta co Servizo de Normalización Lingüística de Ames: 📩 normalizacion@concellodeames.gal 📞 662 377 215 🌐 apego.gal

🔄💜 Retómanse as xuntanzas da Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero en Ames 💜🔄 O Concello de Ames reacti
🔄💜 Retómanse as xuntanzas da Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero en Ames 💜🔄 O Concello de Ames reactivou en xaneiro os obradoiros de dinamización da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, un espazo clave para fortalecer a coordinación entre CIM, profesionais da sanidade, educación, corpos de seguridade e servizos sociais. 📌 O obxectivo é mellorar a prevención e intervención, impulsar estratexias conxuntas e optimizar o funcionamento deste espazo de traballo. 📲 Máis información 👉 https://lc.cx/vXZCcr

🩸🚑 A unidade móbil de doazón de sangue estará en Bertamiráns 🚑🩸 📅 Hoxe mércores, 12 de febreiro 📍 Praza de Chavián (xun
🩸🚑 A unidade móbil de doazón de sangue estará en Bertamiráns 🚑🩸 📅 Hoxe mércores, 12 de febreiro 📍 Praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da Avda. da Maía) 🕞 Horario: 15:30 - 21:00 h Os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue ao día. Súmate e salva vidas! ❤️ ℹ️ Máis información 👉 https://lc.cx/jUmgHy

🏆🥋 A Escola de Karate Dokkodo brilla no Campionato Galego de Clubs 🥋🏆 Esta fin de semana en Chantada, a Escola de Karate Dokkodo proclamouse campioa galega en kumite cadete-júnior e tamén acadou un bronce en kumite alevín! 💪🥇🥉 Unha competición intensa na que os nosos karatekas demostraron todo o seu talento e esforzo. 🔗 Toda a información aquí 👉 https://lc.cx/QTmsa9

📚✨ Aberta a inscrición para o obradoiro “Día de Rosalía: crea e debuxa!” ✨📚 A Biblioteca municipal de Ames organiza un obra
📚✨ Aberta a inscrición para o obradoiro “Día de Rosalía: crea e debuxa!” ✨📚 A Biblioteca municipal de Ames organiza un obradoiro especial para conmemorar o Día de Rosalía. Dirixido a rapaces e rapazas de 3º de primaria en diante, permitirá explorar a súa creatividade a partir dun poema de Rosalía de Castro. 📅 Datas e horarios: 📍 Biblioteca do Milladoiro → Venres 21 de febreiro ás 17:00 h 📍 Biblioteca de Bertamiráns → Sábado 22 de febreiro ás 11:30 h 📝 Inscricións: Do 10 ao 18 de febreiro 📞 Bertamiráns: 981 884 829 📞 Milladoiro: 981 530 807 📧 biblioteca@concellodeames.gal ℹ️ Máis información aquí 👉 https://lc.cx/U54haB

♻️ O concelleiro Javier Antelo representou a Ames e á FEGAMP neste encontro clave para abordar a nova normativa sobre RAEE. N
♻️ O concelleiro Javier Antelo representou a Ames e á FEGAMP neste encontro clave para abordar a nova normativa sobre RAEE. No foro analizáronse os retos que supón a súa aplicación, a necesidade de recursos para os concellos e a importancia da coordinación entre administracións. 🔍 O Concello de Ames xa traballa nunha ordenanza propia para adaptarse a esta normativa europea de obrigado cumprimento. 🗓️ A partir do 10 de abril, as novas esixencias obrigarán a cambios no sistema de recollida, incluíndo novos contedores e camións. Máis información 👉 https://lc.cx/1nikAc

🎭✨ O Entroido chega a Ames cunha programación chea de festa, música e diversión! ✨🎭 Do 26 de febreiro ao 7 de marzo, gozare
🎭✨ O Entroido chega a Ames cunha programación chea de festa, música e diversión! ✨🎭 Do 26 de febreiro ao 7 de marzo, gozaremos dunha chea de actividades para todas as idades: 🎶 Concertos e exhibicións de baile 🎭 Concurso e desfile de disfraces no Milladoiro (2 de marzo) 👧🎉 Festa e concurso infantil de disfraces en Bertamiráns (3 de marzo) 🍲 O tradicional cocido dos maiores con temática de cine (4 de marzo) 🎊 Festa de Entroido na Praza da Maía con Dani Barreiro & Friends (1 de marzo) 🎺 Charanga Mekánica para animar o desfile! 📅 Xa podes inscribirte nos concursos de disfraces ata o 26 de febreiro! Toda a info aquí 👉 https://lc.cx/uq-TfC

📢 Quedan citas dispoñibles para a expedición de DNIs en Bertamiráns! 🆔📍 A Policía Nacional estará en Ames o 21 de febreiro
📢 Quedan citas dispoñibles para a expedición de DNIs en Bertamiráns! 🆔📍 A Policía Nacional estará en Ames o 21 de febreiro para facilitar a renovación e expedición do DNI electrónico no Pazo da Peregrina (Bertamiráns), de 9:00 a 12:30 h. ⚠️ Últimas prazas dispoñibles! Se necesitas renovar ou sacar o teu DNI sen saír do concello, reserva a túa cita canto antes: 📩 gabinete@ames.gal 📞 881 074 730 ℹ️ Máis info aquí 👉 https://lc.cx/vb8aZQ

🏃‍♂️ Chega a VI edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre! 🌿🔥 📅 23 de febreiro | 📍 Saída en Ponte Maceira | 🏁 Meta
🏃‍♂️ Chega a VI edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre! 🌿🔥 📅 23 de febreiro | 📍 Saída en Ponte Maceira | 🏁 Meta no Real Aeroclub de Santiago 🏃‍♀️ Trail longo (16 km) | Trail curto (8 km) | Andaina (15 km) 🔹 Inscricións ata o 19 de febreiro en Carreiras Galegas 🏆 Este ano, a proba acolle o I Campionato Xunta de Galicia de Trail Running Preclassic e contará cos mellores deportistas a nivel nacional! 📩 Toda a info e inscricións aquí 👉 https://lc.cx/Bcg6sh

🎭🎶📚 Máis de 10.000 persoas gozaron da cultura en Ames en 2024! O Concello presentou a memoria anual de Ames Cultura, desta
🎭🎶📚 Máis de 10.000 persoas gozaron da cultura en Ames en 2024! O Concello presentou a memoria anual de Ames Cultura, destacando a ampla oferta de dinamización cultural, bibliotecas e escola de música. Ademais, avanzouse parte da programación de 2025 con máis teatro, música e festivais! 🎉 Consulta o informe completo aquí 👉 https://lc.cx/2eC4O8

🎻✨ Concerto de música clásica no Milladoiro! ✨🎻 O vindeiro sábado 15 de febreiro, ás 19:00 h, o auditorio da Casa da Cultur
🎻✨ Concerto de música clásica no Milladoiro! ✨🎻 O vindeiro sábado 15 de febreiro, ás 19:00 h, o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá o concerto "En clave clásica", unha oportunidade única para gozar de obras de Verdi, Weber e Beethoven interpretadas polos músicos do Centro Superior de Música de Galicia, baixo a tutela do mestre Boris Perrenoud, director da Wiener Músikakademie. 🎼 Antes do concerto, os asistentes poderán descubrir os segredos dunha orquestra en directo: quencemento, afinación, preparación dos músicos e moito máis! 🎟 Entrada de balde 👉 Retira o teu convite na billeteira electrónica do Concello de Ames: https://abilleteira.concellodeames.gal/ Máis info nesta ligazón: https://lc.cx/urjNYn

🥳🥘 Terceira edición do Cocido dos Maiores en Ames! 🥘🥳 O vindeiro martes de Entroido, 4 de marzo, ás 14:00 h, o pavillón d
🥳🥘 Terceira edición do Cocido dos Maiores en Ames! 🥘🥳 O vindeiro martes de Entroido, 4 de marzo, ás 14:00 h, o pavillón de Bertamiráns acollerá o tradicional Cocido dos Maiores. Un xantar gratuíto para persoas maiores de 65 anos empadroadas en Ames, con música en directo do dúo Plan B e premios para os mellores disfraces! Este ano, a temática da festa será o cine 🎬✨ 📅 Inscricións ata o 21 de febreiro 📞 Reserva praza chamando de luns a venres (9:00-14:00 h) aos teléfonos: 📲 881 074 730 / 669 119 431 / 662 377 044 🎟 Retirada de tíckets: do 24 ao 28 de febreiro na Casa do Concello ou nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. 🚌 Haberá servizo de autobús polas parroquias. Máis info 👉 https://lc.cx/uEd8Ea

📢 Modo galego, actívao! gaña forza en Ames 📢 O programa de dinamización lingüística impulsado pola Real Academia Galega e o
📢 Modo galego, actívao! gaña forza en Ames 📢 O programa de dinamización lingüística impulsado pola Real Academia Galega e o Concello de Ames está a acadar unha maior adhesión do alumnado e das familias nesta terceira edición. Con retos diarios, actividades lúdicas e a colaboración de artistas como as Tanxugueiras, Xabier Díaz ou Paco Nogueiras, máis de 2.000 nenos e nenas están a activar o galego dentro e fóra das aulas. 📌 Descubre máis sobre esta iniciativa aquí 👉 https://lc.cx/BkAdtZ

🃏🤹‍♂️ Malabareando en familia! 🤹‍♀️🃏 Queres pasar unha tarde diferente cos teus nenos e nenas? O vindeiro xoves 13 de feb
🃏🤹‍♂️ Malabareando en familia! 🤹‍♀️🃏 Queres pasar unha tarde diferente cos teus nenos e nenas? O vindeiro xoves 13 de febreiro, ás 18:00 h, achégate ao Auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns e participa en "Malabareando", un divertido obradoiro de malabares no que pequenos e maiores poderán compartir aprendizaxe, risas e moita creatividade! 🎯 Para crianzas a partir de 6 anos, acompañadas dun adulto. 📍 16 prazas dispoñibles (sen contar os adultos). 📩 Inscricións en: cultura@concellodeames.gal 🔗 Máis info: https://lc.cx/sUpPaW

🎶📖 “Rosalía Cantareira” chega a Ames! 📖🎶 Xa está aberto o prazo de inscrición para o concerto didáctico “Rosalía Cantarei
🎶📖 “Rosalía Cantareira” chega a Ames! 📖🎶 Xa está aberto o prazo de inscrición para o concerto didáctico “Rosalía Cantareira” de Jara Ortiz, unha actividade do programa Apego na que as crianzas descubrirán a parte máis musical da nosa poeta máis emblemática! 🎤✨ 📅 Venres 14 de febreiro ⏰ 18:00 h 📍 Casa da Cultura do Milladoiro 👨‍👩‍👧‍👦 Actividade de balde para público familiar 📝 Inscricións ata o 13 de febreiro en normalizacion@concellodeames.gal indicando: ✔ Nome da actividade ✔ Nome e apelidos das persoas asistentes ✔ Idade das crianzas ✔ Teléfono de contacto 🔗 Máis info: https://lc.cx/W7sBQV

🚧✨ Melloras viarias en Seares de Abaixo ✨🚧 O Concello de Ames continúa coa mellora das infraestruturas no rural! Xa están e
🚧✨ Melloras viarias en Seares de Abaixo ✨🚧 O Concello de Ames continúa coa mellora das infraestruturas no rural! Xa están en marcha as obras de pavimentación dos viarios en Seares de Abaixo, na parroquia de Ames, cun investimento de 132.348 euros a cargo do POS+ 2024. 🏗️ Os traballos inclúen: ✅ Novo pavimento de formigón no núcleo ✅ Reparación e asfaltado dos accesos ✅ Mellora da recollida de augas pluviais ✅ Renovación da rede de abastecemento e iluminación 🔗 Máis info: https://lc.cx/Utvlv9