Concello de Ames
Open in Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Show more761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
📣 Hoxe xoves, pleno ordinario en Ames!
O Concello de Ames celebrará este 26 de decembro o último pleno ordinario do ano, no que se debaterán temas clave para o municipio, como:
✅ A aprobación do expediente de contratación do servizo de axuda no fogar.
✅ A modificación do plan estratéxico de subvencións 2023-2025.
✅ O regulamento de funcionamento do coworking A Proa.
✅ O inicio do expediente para un novo aparcadoiro no Milladoiro.
✅ A liquidación do contrato de xestión do ciclo integral da auga.
ℹ️ O pleno terá lugar no salón de plenos e comezará ás 20:00 horas. As sesións son públicas e podes seguilas presencialmente. Participa e mantente informado sobre as decisións que afectan á veciñanza de Ames.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/LAsVd4
🎓 Forma parte da nova edición do curso de monitor de tempo libre!
A Concellaría de Mocidade de Ames organiza un novo curso de monitor de tempo libre, unha oportunidade ideal para formarte e acceder a novas saídas laborais no mundo do ocio educativo.
📅 Datas: De febreiro a maio.
📍 Lugar: Pazo da Peregrina, Bertamiráns.
🕘 Horario: Fins de semana, de 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30.
👥 Prazas limitadas: 25 participantes.
💶 Prezo: 172 €. (Consulta opcións de exención de pago).
🔗 Prazo de inscrición: Do 7 ao 24 de xaneiro, por orde de rexistro.
📑 Requisitos: Ser maior de 18 anos e contar cunha titulación mínima de ESO ou equivalente.
👉 Consulta as bases completas e comeza a túa formación en: https://lc.cx/fl2EnG
Para máis información, podes contactar co departamento de Xuventude no correo 📧 xuventude@concellodeames.gal.
🎵 Tarde de música e convivencia na residencia Maiores Milladoiro
A semana pasada, un grupo de 40 persoas usuarias do programa Amessán visitaron a residencia Maiores Milladoiro para compartir unha tarde chea de música, experiencias e moita ledicia.
🎶 Durante a xornada, os grupos de música tradicional galega e musicoterapia de Amessán interpretaron panxoliñas de Nadal coas pandereteiras e guitarras, enchendo o centro dun ambiente festivo.
🍫 Tras as actuacións, veciñas e veciños da residencia, persoal e participantes do programa gozaron dunha merenda con chocolate, churros e rosca, ofrecida polo Concello de Ames.
🗣️ A concelleira de Benestar Social, Uxía García, destacou a importancia destas iniciativas:
"Este tipo de actividades axudan a crear lazos e romper coa rutina, levando alegría ás persoas maiores da residencia. Esta é a primeira de moitas visitas que esperamos organizar no futuro."
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/ZfjE0o
🏆 Ames, recoñecida pola súa xestión pública do deporte nos XV Premios Galicia á Xestión Deportiva
O Concello de Ames foi galardoado co Premio á Xestión Pública do Deporte na gala organizada pola Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE). Este recoñecemento pon en valor o traballo realizado desde o departamento de Deportes para promover un deporte accesible, inclusivo e de calidade no noso municipio. 💪
👉 A gala celebrouse o pasado 13 de decembro, no Pazo da Cultura de Carballo, reunindo a máis de 150 persoas do ámbito deportivo e representantes institucionais. Ames estivo representado polo alcalde, Blas García, e a concelleira de Deportes e Promoción da Saúde, Susana Señorís.
📋 Este premio sitúa a Ames como referente en Galicia na xestión pública deportiva, destacando a importancia de apostar por programas que fomenten a actividade física en todos os segmentos da poboación.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/iD2S9p
🌟 Recoñecemento ao persoal municipal de Ames 🌟
O Concello de Ames homenaxeou a Emilia Vieites Brea, xubilada este ano como conserxe do CEIP de Barouta, e a Jorge García Pampín e Santiago Eirís Pombo, polos seus 25 anos de servizo.
No acto, celebrado no Pazo da Peregrina, entregáronse os tradicionais píns e unha peza de Sargadelos a Emilia, como mostra de gratitude pola súa dedicación ao servizo da veciñanza.
🤝 O alcalde, Blas García, destacou:
"O persoal municipal é o verdadeiro motor do concello. Grazas pola vosa entrega e compromiso."
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/hO0qkn
🌟 O IES do Milladoiro despide o ano coa Grande Festa da Luz 🌟
O IES do Milladoiro celebrou este pasado venres a súa “Grande Festa da Luz”, unha xornada especial para fomentar a convivencia positiva e a aprendizaxe colaborativa. Co lema "Somos diferentes, somos referentes", o alumnado gozou de actividades como:
🍳 Taller de cociña con Kike Piñeiro.
🎶 Obradoiro musical con Pedro Pascual.
🔬 Xogos de física cuántica con Brazolinda.
🎭 Teatro, cinema, programas de radio en directo e moito máis.
A xornada pechouse cunha chocolatada e música en galego, promovendo o respecto, a igualdade e a dinamización lingüística. A concelleira Carmen Porto acompañou este evento que reuniu a toda a comunidade educativa.
👏 Un día cheo de aprendizaxe, creatividade e diversión!
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/qHquQp
🚀 Seis novos cursos na Aula CeMIT para os primeiros meses do 2025
A Aula CeMIT do Concello de Ames organiza seis cursos formativos: tres para adultos e tres para a rapazada. Destaca a volta á presencialidade nos cursos de ofimática para adultos despois de 4 anos. Tamén haberá formación en iniciación a Internet, busca de emprego en liña, mecanografía e informática para nenos/as.
📅 Inscrición aberta
Reserva a túa praza chamando ao 682 373 753, escribindo a cemit.ames@xunta.gal ou visitando a aula na Casa da Cultura de Bertamiráns.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/FucIY_
🏫 Investimento de preto de 80.000€ para mellorar a escola infantil municipal O Bosque
O Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña, acometerá obras de mellora térmica na cuberta e fachadas da escola infantil O Bosque en Bertamiráns. O proxecto conta cun orzamento de 78.920,40 €, financiado en 65% pola Deputación (52.000 €) e 35% polo Concello de Ames (26.920,40 €).
📌 As actuacións inclúen:
✅ Mellora da cuberta para evitar filtracións.
✅ Nova envolvente para maior eficiencia enerxética.
✅ Incremento na altura da cuberta, respectando a normativa.
🤝 O convenio foi asinado este pasado venres, destacando a colaboración institucional e o compromiso coas instalacións educativas municipais.
💡 Estas obras garantirán unhas condicións óptimas para o alumnado e o persoal docente.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/1vaVcn
🏆 O Concello de Ames impulsa o deporte local con 17 bolsas para deportistas individuais
✅ Aprobada a concesión de 10.000€ en axudas para apoiar a 17 deportistas de Ames en disciplinas como 🏃♀️ atletismo, 🥋 karate, 🤸 ximnasia rítmica, 🏌️ golf, 🐎 hípica, entre outras.
📌 Distribución das bolsas:
Grupo A (12-17 anos): 16 bolsas por un total de 9.300€.
Grupo B (18-23 anos): 1 bolsa por un importe de 700€.
🎯 Obxectivo: Apoiar o rendemento deportivo, fomentar o perfeccionamento técnico e facilitar a participación en competicións de alto nivel.
💬 A concelleira de Deportes, Susana Señorís, sinala que esta nova liña de axudas busca “promover o deporte no municipio e axudar aos deportistas locais a conseguir grandes logros para Ames”.
💪 Compromiso co talento deportivo local!
♻️ O Punto Limpo de Ames recolleu máis de 7 toneladas de residuos en novembro
📊 Durante o mes de novembro, o Punto Limpo rexistrou 719 entradas e recolleu importantes cantidades de residuos:
🔹 Madeira: 3.254 kg
🔹 Residuos da construción: 3.147 kg (formigón, ladrillos e máis)
🔹 Metais: 1.484 kg
🔹 Aparellos eléctricos e electrónicos (PAES): 839 unidades
🔧 Tamén se recolleron plásticos, papel e cartón, roupa, pneumáticos e outros materiais, co obxectivo de facilitar unha reciclaxe correcta e promover un maior coidado do medio ambiente en Ames.
🚛 Punto Limpo móbil: Este servizo percorre as parroquias para que a veciñanza poida desfacerse de residuos pequenos, ofrecendo unha alternativa máis accesible. En novembro procesou 24 entradas, recollendo metais, aceite, pequenos electrodomésticos e máis.
📍 Horario e contacto do Punto Limpo:
🕒 Luns a sábado:
Mañá: 9:00 - 15:00
Tarde: 16:00 - 20:00
📞 Máis info: 981 53 66 88
🌿 Cada acción conta para un Ames máis sostible! 🙌
🎤 O Enreguéifate, un imán para os centros escolares, prepara o seu certame de regueifas en vídeo! 🎶
O proxecto Enreguéifate pecha o primeiro trimestre escolar cunha intensa actividade: 60 obradoiros de improvisación oral en 30 centros educativos de Ames. O alumnado mergullouse na arte da improvisación galega, promovendo o uso da nosa lingua e enriquecendo a práctica educativa.
📅 Certame de regueifas en vídeo 2025:
▪️Prazo de inscrición: do 20 de xaneiro ao 20 de marzo.
▪️Categorías: xeral e escolar.
▪️Duración dos vídeos: máximo de 3 minutos, con 2 ou máis participantes regueifando.
▪️Consulta as bases e inscrición en 👉 www.enregueifate.gal
🏆 Este ano, o certame incorpora novidades:
🔹8 premios por categoría, incluíndo galardóns para a regueifa máis inclusiva e a máis entroideira.
🎉 Gala final: o 19 de maio de 2025 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela).
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/TA1wRC
🥋 O karateka amesán Tiago Blanco pecha a etapa como benxamín no top 10 nacional 🇪🇸💪
Esta pasada fin de semana, do 13 ao 15 de decembro, celebrouse en Pontevedra a Gran Final da Liga Nacional de Karate. O deportista amesán Tiago Blanco, da Escola de Kárate Dokkodo disputou o seu último campionato na categoría benxamín, finalizando no décimo posto do ranking nacional absoluto desta categoría.
🔜 A próxima etapa para Tiago será na categoría alevín, coa súa participación na 1ª Xornada da Liga Galega o vindeiro 28 de decembro.
Desde Ames desexámoslle moito éxito na súa nova categoría e seguimos apoiando o gran nivel do karate galego no panorama nacional! 🥋✨
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/Cm6-m2
⏰ Ampliación de horarios en Nadal para establecementos hostaleiros en Ames 🎄🍹
O Concello de Ames informa de que, atendendo á solicitude da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), se autoriza a ampliación dos horarios xerais de peche en terrazas e interiores dos establecementos hostaleiros durante as festas de Nadal.
📅 Ampliación de 1 hora nas seguintes datas:
🔸Noites do 20 ao 21 de decembro.
🔸Noites do 21 ao 22 de decembro.
🔸Noites do 27 ao 28 de decembro.
🔸Noites do 28 ao 29 de decembro.
🔸Noites do 3 ao 4 de xaneiro de 2025.
🔸Noites do 4 ao 5 de xaneiro de 2025.
📅 Ampliación de 2 horas nas seguintes datas especiais:
🔸Noite do 24 ao 25 de decembro.
🔸Noite do 31 ao 1 de xaneiro de 2025.
🔸Noite do 5 ao 6 de xaneiro de 2025.
Esta medida busca facilitar a celebración das festas e contribuír ao dinamismo do sector hostaleiro local. 🎉🍷
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/ErZ-wo
🎄 Últimos días para inscribirse na Cabalgata de Reis de Ames! 🌟
O Concello de Ames abre ata o 22 de decembro ás 14:00 horas o prazo de inscrición para que nenas e nenos do municipio poidan acompañar aos Reis Magos nas tradicionais cabalgatas, que se celebrarán o 5 de xaneiro de 2025 en Bertamiráns e O Milladoiro.
🧒 Quen pode participar?
▪️Nenos/as de 6 a 12 anos (cumpridos a 1 de xaneiro).
▪️Empadroados/as no Concello de Ames.
▪️Que non participaran en edicións anteriores.
🚛 Detalles de participación
▪️Cada carroza conta con capacidade para 14 menores.
▪️84 prazas totais dispoñibles.
▪️É necesario cubrir o formulario de inscrición, dispoñible en:
👉 Ligazón ao formulario
▪️Inscrición presencial en Bertamiráns ou Milladoiro, ou a través da Sede Electrónica.
Para máis información, consulta as bases na web do concello ou chama ao 981 883 002. ¡Non deixes pasar esta oportunidade de vivir a maxia do Nadal dende as carrozas reais! 🎅✨
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/DTxOPa
🛑 Aviso: Cortes de tráfico en Bertamiráns pola XVII Carreira Ciclista do Pavo 🚴♀️🚴♂️
Con motivo da celebración da XVII Carreira Ciclista do Pavo, que terá lugar o domingo, 22 de decembro de 2024, infórmase de que haberá cortes de tráfico nas seguintes vías:
📍 Vías afectadas:
▫️Avenida da Maía (dende a rotonda principal ata a estrada de Lapido).
▫️Estrada de Lapido.
▫️Camiño Paraxó.
▫️Rúa das Pesqueiras.
🕒 Horario dos cortes: de 11:45 a 13:30 horas.
🚏 Paradas de autobús: As situadas no tramo da avenida da Maía estarán fóra de servizo no mesmo horario.
🚗 Recomendacións:
🔹Evitar as vías mencionadas durante o horario do evento.
🔹Utilizar a AG-56 e desvíos alternativos.
🔹Prever o uso dos garaxes afectados por estas rúas.
Agradecemos a vosa colaboración e desculpamos as molestias que isto poida ocasionar. 🙏
MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/-dsWP1
🎉 Prebadaladas 2024: Ames da a benvida ao ano novo cun evento inclusivo e cheo de sorpresas!
O 31 de decembro, ás 12:00, celebra por adiantado o Ano Novo na Praza do Concello de Bertamiráns cun ambiente familiar e festivo. As Prebadaladas, conducidas por Fátima Pego, traerán música, cotillón e moita diversión para todos:
✨ Actuacións das gañadoras do concurso Canta con Ames.
💼 Mochilas vibratorias e interpretación en linguaxe de signos para garantir a accesibilidade.
🍇 Reparto de arandos, sidra, batidos e lambetadas sen glute.
🎁 Entrega de premios da Xincana Xove “Percorrendo Ames 2024”.
🎶 Non perdas este evento único! Unha oportunidade para ser os primeiros en celebrar o 2025 e gozar dunha experiencia inclusiva e máxica.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/AaVjGW
🎭 Xa á venda os bonos culturais para as artes escénicas de 2025!
Xa podes adquirir na Billeteira electrónica os bonos culturais da programación municipal de artes escénicas para o primeiro semestre de 2025. Por só 25 euros, desfruta dun 50% de desconto nas entradas para os 11 espectáculos dirixidos ao público adulto.
🎁 Este Nadal, regala cultura! Os bonos estarán dispoñibles ata o 7 de xaneiro ou fin de existencias. Consulta a programación completa e reserva o teu sitio nos auditorios do Milladoiro e Bertamiráns.
📲 Compra fácil, rápida e cómoda na renovada Billeteira electrónica: máis accesible, dinámica e adaptada ás túas necesidades.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/pCYOCv
🏆 Olivia Parga, Grand Winner de España 2024! 🥋🎉
A deportista amesá Olivia Parga proclamouse campioa da Liga Nacional de Karate tras lograr o ouro na fase final celebrada en Pontevedra. Este triunfo, xunto aos seus éxitos en Ávila e Tarragona, valéronlle o título de Grand Winner de España 2024 na categoría xuvenil <37 kg.
🔝 Ademais, o seu irmán, Xoan David Parga García, destacou en kumite júnior <61 kg, acadando un meritorio quinto posto que o coloca entre os mellores do país.
👏 Un orgullo para o deporte galego e un exemplo de dedicación. Parabéns a Olivia, Xoan e a súa mestra Ruth Lorenzo Couso, tamén proclamada Grand Winner na categoría sénior <55 kg! 💪
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/x5hm17
🎄❌ Cancelada a primeira edición do Mercado de Nadal de Ames
O Concello de Ames informa que o Mercado de Nadal, previsto para os días 20, 21 e 22 de decembro, non se celebrará debido á baixa afluencia de artesáns.
A pesar desta cancelación, seguimos convidándovos a desfrutar da ampla programación de Nadal en Ames 2024, chea de actividades para todos os públicos.
📲 Consulta todos os eventos e novidades en 👉 www.concellodeames.gal
🎄📋 Publicadas as listaxes definitivas do Nadal Lúdico 2024!
O Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas do programa de conciliación Nadal Lúdico 2024. Este servizo está dispoñible para as crianzas inscritas na EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín e o CEIP A Maía.
📅 Datas de realización:
·Decembro: 23, 24, 26, 27, 30 e 31
·Xaneiro: 2, 3 e 7
🕒 Horarios adaptados á conciliación:
·Entrada: 7:30 ou 9:00 horas (con almorzo opcional)
·Recollida: 14:30 ou 16:00 horas
💡 Este programa está dirixido ás familias empadroadas no concello que teñen crianzas en Educación Infantil ou Primaria e busca facilitar a conciliación laboral e familiar durante as festas.
🔗 Consulta as listaxes definitivas na web municipal: https://lc.cx/draBpx
