en
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

Open in Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Show more
761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
Aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de encadernación xaponesa! 🇯🇵 A Biblioteca Municipal de Ames continúa co programa “Abril, mes do libro en Ames”, e nesta ocasión propoñémosche unha actividade moi especial para a rapazada a partir de 3º de primaria. • 📍 Venres 25 de abril no Milladoiro • 📍 Sábado 26 de abril en Bertamiráns Inscricións abertas ata o 21 de abril! ✉️ Envía un correo a biblioteca@concellodeames.gal indicando: 🔸 Nome e apelidos 🔸Curso e idade da crianza 🔸Número de teléfono de contacto Aquí tes toda a ℹ️ https://bit.ly/4ikkGOp

Este domingo hai unha cita coa solidariedade! 🤝 O 13 de abril ás 11:00 h, no Hotel Congreso (Teo), celebrarase unha charla i
Este domingo hai unha cita coa solidariedade! 🤝 O 13 de abril ás 11:00 h, no Hotel Congreso (Teo), celebrarase unha charla informativa sobre o programa “Vacacións en Paz”, organizado por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS). Queres acoller un neno ou nena saharauí este verán? ☀️ Ven coñecer como funciona o programa e dá o primeiro paso para ofrecerlles unhas vacacións cheas de cariño e novas experiencias. Podes asistir á charla ou contactar en: 📞 678 727 382 / 986 262 637 ✉️ asociacionsogaps@yahoo.es Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/4iWHV26

Modo galego, actívao! recibe un premio nos VI Premios Mil Primaveras 👅🌱 O proxecto que desenvolvemos dende o Concello de Am
Modo galego, actívao! recibe un premio nos VI Premios Mil Primaveras 👅🌱 O proxecto que desenvolvemos dende o Concello de Ames xunto coa Real Academia Galega, para promover o galego na infancia, foi recoñecido como unha das experiencias máis destacadas na normalización da lingua. Os galardóns recoñecen outros tres programas que inciden na infancia e na mocidade, favorecen a socialización en galego e potencian a reflexión e a posta en marcha de medidas para asociar a lingua con valores positivos: 🎥 Galego para peques 🎲 Brazolinda, xogos de mesa en galego 💬 Vitamina G, do CEIP Sagrada Familia da Coruña Seguimos apostando por unha infancia en galego, con iniciativas que fan da nosa lingua un espazo de xogo, aprendizaxe e identidade! Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3XT4rka

Aviso informativo ℹ️ ⛔️ O Concello de Ames informa que este domingo, 13 de abril, a rúa Entrerríos de Bertamiráns quedará pec
Aviso informativo ℹ️ ⛔️ O Concello de Ames informa que este domingo, 13 de abril, a rúa Entrerríos de Bertamiráns quedará pechada ao tráfico das 12:00 ás 15:00 horas. Esta medida débese á celebración dun evento organizado por Núa Moda para dar a coñecer as tendencias deste 2025. O evento contará con stands e música na rúa, que se realizarán entre as 12:30 e as 14:30 horas. Agradecemos a vosa comprensión e colaboración!

#SúmateAoNosoEquipo 🩸 A unidade móbil de doazón de sangue estará en📍Bertamiráns este xoves 10 e venres 11 de abril, na praz
#SúmateAoNosoEquipo 🩸 A unidade móbil de doazón de sangue estará en📍Bertamiráns este xoves 10 e venres 11 de abril, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). ℹ️ O horario de atención será de 15:30 a 21:00 horas ambos días. Se tes dúbidas, podes chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828. Doa vida. Súmate. Comparte saúde. Cada gota conta! ❤️ 🔗https://bit.ly/3XUhGAV

Abril, mes da saúde en Bugallido 🌿🩺 Hoxe, ás 19:30 h, no Centro Cultural Mahía, celebramos a terceira sesión do programa co
Abril, mes da saúde en Bugallido 🌿🩺 Hoxe, ás 19:30 h, no Centro Cultural Mahía, celebramos a terceira sesión do programa co relatorio: “Máis alá da pel e as mucosas” Impartido por Paula Lijó Marcote, farmacéutica experta en pel e menopausia 👩‍⚕️ Un encontro para falar de saúde, benestar e coidado persoal desde unha mirada integradora. Entrada libre ata completar aforo! Aberto a todas as persoas interesadas. Se queres máis ℹ️ aquí tes todos os detalles 🔗 https://bit.ly/4j3FoU0

🤝 Zona Franca de Vigo e Concello de Ames estudan vías de colaboración 🔹O alcalde de Ames, Blas García, reuniuse co Delegado
🤝 Zona Franca de Vigo e Concello de Ames estudan vías de colaboración 🔹O alcalde de Ames, Blas García, reuniuse co Delegado Especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, durante a súa visita institucional ao noso concello. 🔹Nesta xuntanza abordáronse posibles liñas de colaboración entre ambas administracións, destacando as conversas para avanzar na construción do polígono empresarial de Bertamiráns. Aquí tes a ℹ️ completa sobre o encontro 🔗 https://bit.ly/4iZF7Bh

🎶 IV Encontro de Escolas de Música! A EMMA celebra o seu 20 aniversario cunha nova xuntanza musical. Será o vindeiro venres
🎶 IV Encontro de Escolas de Música! A EMMA celebra o seu 20 aniversario cunha nova xuntanza musical. Será o vindeiro venres 25 de abril ás 19:00 h; achegádevos á praza de Chavián (Bertamiráns) para gozar do IV Encontro das Escolas de Música xunto ás escolas de Muros e Caldas de Reis. Un evento que xa é tradición dende o 2022 e que enche de música e alegría a nosa vila! Non volo perdades! Aquí tes ao detalle toda a ℹ️ do evento 🔗https://bit.ly/3G0Rdf2

Listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas na Primavera Lúdica 2025 🧸💐 O departamento de Educación do Concel
Listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas na Primavera Lúdica 2025 🧸💐 O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de nenos e nenas admitidos e excluídos no programa de conciliación Primavera Lúdica 2025, para a EEI do Milladoiro, o CEP Ventín e o CEIP A Maía. Podes consultalas na seguinte ligazón ℹ️🔗 https://lc.cx/qNkHn4

💦 Coidando da auga, coidamos de ti 🚰 Onte presentouse oficialmente o slogan e a nova imaxe corporativa de Augas de Ames: Co
💦 Coidando da auga, coidamos de ti 🚰 Onte presentouse oficialmente o slogan e a nova imaxe corporativa de Augas de Ames: Coidando da auga, coidamos de ti. Un lema que reflicte o noso compromiso cun servizo público esencial e cun recurso tan valioso como é a auga. 👉🏻 O acto tivo lugar na Casa do Concello, coa presenza do presidente de Augas de Ames e alcalde, Blas García; o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto; a xerente da EPEL Augas de Ames, Genma Otero; o deseñador da imaxe corporativa, Ramón Cordido, da empresa La Rayuela; e traballadoras/es da entidade. 👉🏻 Durante a presentación tamén se fixo balance do primeiro ano de funcionamento da EPEL Augas de Ames, un período centrado na mellora continua da xestión da auga no noso concello. Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/422dDoG

Continúa o ciclo Abril de Cine! 🎬🍿 Esta semana temos a segunda cita deste ciclo dedicado ao cinema galego actual! Proxecció
Continúa o ciclo Abril de Cine! 🎬🍿 Esta semana temos a segunda cita deste ciclo dedicado ao cinema galego actual! Proxección 📽️ Filmei paxaros voando Dirección: Zeltia Outeiriño González 📆Xoves 10 de abril 🕗20:00 h 📍Auditorio do Milladoiro Este documental, gañador do Premio Mestre Mateo 2025 e recoñecido no Festival L’Alternativa de Barcelona, promete emocionarnos. Entradas xa dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames 🎟️ https://bit.ly/4jryTKt Non quedes sen a túa! Toda a ℹ️ da sesión aquí 🔗https://bit.ly/3R7j2Ve

Xantar–Foliada en Trasmonte! 🎶🙌🏻 Desde a Asociación Cultural Os Castros convídase a toda a veciñanza a compartir unha xorn
Xantar–Foliada en Trasmonte! 🎶🙌🏻 Desde a Asociación Cultural Os Castros convídase a toda a veciñanza a compartir unha xornada festiva chea de música, comida e tradición o sábado 3 de maio en Trasmonte, Ames! Programa: 🍽 Comida ás 14:00 h • Adultos: 37 € • Menores de 11 anos: 19 € 🍹 Sesión Vermú con cantina e prezos populares dende as 13:00 h 🎶 Foliada a partir das 17:00 h • Actuación da escola de Os Castros • Dende as 18:00 h: foliada libre, aberta a todos os grupos ou persoas que queiran tocar ou bailar! Entradas á venda ata o 30 de abril Pódense recoller en horarios de clase ou o día 29 de abril, de 20:30 a 22:00 h no local da asociación (Rúa Alcalde Lorenzo, nº2 – 1º piso, local 3) Máis info e inscricións: correo@acoscastros.es // 690 962 363 (Antonio) Toda a ℹ️ https://bit.ly/3RBWBYi

Emma & Candela, gañadoras de “Quero Cantar 2025”! Este pasado domingo 6 de abril, o Teatro Colón da Coruña acolleu a final do
Emma & Candela, gañadoras de “Quero Cantar 2025”! Este pasado domingo 6 de abril, o Teatro Colón da Coruña acolleu a final do concurso musical Quero Cantar, organizado pola Deputación da Coruña. Na categoría xuvenil, as grandes vencedoras foron as amesás Emma Pérez e Candela Caamaño, alumnas da Escola Municipal de Música de Ames, coa súa emotiva canción “Preto de ti”! Un orgullo para Ames e para a EMMA! Resultados categoría xuvenil: 🥇 1º premio: Emma & Candela – “Preto de ti” (Ames) 🥈 2º premio: Interestelares – “Vai calor” (Cangas) 🥉 3º premio: Wildfire – “Ladroas” (Vigo) O evento foi presentado por Soledad Felloza e contou coa actuación de Daniela Montes, gañadora da edición anterior. Toda a ℹ️ do certame e a actuación aquí 🔗https://bit.ly/4j4IR4A

Abril, Mes do Libro, segue enchendo de cultura o Pazo da Peregrina! 📖 Este mércores 9 de abril ás 20:00 h, non perdas unha n
Abril, Mes do Libro, segue enchendo de cultura o Pazo da Peregrina! 📖 Este mércores 9 de abril ás 20:00 h, non perdas unha nova sesión dos Encontros Literarios, coa presentación da obra: “Comida para gatos e outras delicatessen indixestas” da autora Luz Darriba 🐈 Acompañaraa na conversa a escritora e xornalista Nazaret López, nun encontro que promete ser tan provocador como revelador. Entrada libre ata completar aforo📚 Toda a ℹ️ https://bit.ly/4jiq2KT

Obras de mellora en Covas 🚧 Xa están adxudicadas as obras para mellorar a seguridade viaria en Covas por 121.609,66 €, co fi
Obras de mellora en Covas 🚧 Xa están adxudicadas as obras para mellorar a seguridade viaria en Covas por 121.609,66 €, co financiamento do POS+ Adicional 2/2024. A empresa Excavaciones Ovidio SL será a encargada dos traballos. Esta actuación forma parte dun plan máis amplo de melloras nos núcleos rurais que inclúe: • Castro de Ortoño • A Ponte Maceira – Carballo (Trasmonte) • Biduído de Arriba Toda a ℹ️ https://bit.ly/4jjHtuw

Xa podes solicitar o teu código QR para acceder ás salas de estudo municipais! Dende hoxe, o Concello de Ames facilita o acce
Xa podes solicitar o teu código QR para acceder ás salas de estudo municipais! Dende hoxe, o Concello de Ames facilita o acceso mediante código QR. Podes solicitalo: 📚De xeito telemático: cubre o formulario e envíao a biblioteca@concellodeames.gal 📚Presencialmente: nas bibliotecas municipais Unha vez xestionado, recibirás no móbil o teu código QR para acceder ás salas. Toda a ℹ️ e funcionamento do servizo aquí 🔗https://bit.ly/3E2Fdcj

🌿🐝 AULA DA NATUREZA – Xa está lista a programación 🌼✨ A primavera chega cargada de novas experiencias na Aula da Natureza!
🌿🐝 AULA DA NATUREZA – Xa está lista a programación 🌼✨ A primavera chega cargada de novas experiencias na Aula da Natureza! 🌱 Descubre os nosos obradoiros e visitas guiadas para gozar da natureza nesta época tan especial. Primeira actividade: 📅 Sábado 12 de abril 🕥 10:30 - 18:00 horas 📍 “O enredo de abelleiro” 🐝🍯 🔎 Visita ao Museo Vivente do Mel + Ruta á Fervenza das Hortas 👨‍👩‍👧‍👦 Apto para todos os públicos (máx. 50 prazas) 💰 Custe do museo: 3€ 📩 Inscricións e toda a ℹ️🔗https://bit.ly/3YbFy36

Cursos Aula CeMiT 💻 A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT)
Cursos Aula CeMiT 💻 A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames trae para abril e maio unha programación formativa imperdible: 🔸Cursos para adultos: • Sacalle partido ao teu teléfono móbil! – (Xa non quedan prazas) • Presentacións con LibreOffice Impress • Traballando na nube 🔸 Cursos para menores: • Formación con Scrath en Semana Santa – (Xa non quedan prazas) • Traballos de clase con LibreOffice Para inscricións, podes: ☎️ Chamar ao 682 373 753 📧 Escribir a cemit.ames@xunta.gal 📍 Dirixir-te presencialmente ás instalacións da Aula CeMIT en Bertamiráns Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/3E7Hm6o

📢 Segunda sesión das xornadas sobre saúde 🩺 📅 Xoves, 3 de abril ⏰ 19:30 h 📍 Centro Cultural Mahía Hoxe seguimos coas xorn
📢 Segunda sesión das xornadas sobre saúde 🩺 📅 Xoves, 3 de abril ⏰ 19:30 h 📍 Centro Cultural Mahía Hoxe seguimos coas xornadas de saúde en Bugallido! Nesta ocasión, o internista Pablo Varela García (CHUS) impartirá o relatorio “Vacinas. Salvando vidas”, no que afondará na importancia da vacinación para a prevención de enfermidades. 🔹 Entrada libre ata completar aforo O pasado 27 de marzo, arredor de 40 persoas participaron no obradoiro de primeiros auxilios que deu inicio ao ciclo. Non perdas esta nova oportunidade de aprender e coidar da túa saúde! Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3FSb9kc

📢 PRAZAS ESGOTADAS 📢 As prazas para a actividade “O cuco veu por acá e marchou por alá”, da compañía Percubebés, están esgo
📢 PRAZAS ESGOTADAS 📢 As prazas para a actividade “O cuco veu por acá e marchou por alá”, da compañía Percubebés, están esgotadas! 🎶🐦 📅 Venres 4 de abril ⏰ 18:00 h 📍 Auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns Neste obradoiro-espectáculo musical, os máis pequenos poderán explorar a música dunha maneira divertida, adquirindo novas ferramentas para a execución musical e aprendendo cantigas tradicionais da nosa cultura 🎼✨