Concello de Ames
Open in Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Show more761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
O Concello de Ames volve a reiterarlle á Consellería de Sanidade a necesidade de ampliación do centro de saúde de Bertamiráns
O alcalde de Ames, Blas García, vén de enviarlle unha carta ao conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, instándoo a cumprir co acordado na xuntanza do pasado mes de outubro, para que realice unha visita o antes posible ao centro de saúde de Bertamiráns 🏥
Máis información 🔗 https://bit.ly/4ib1bZ3
Aberto o prazo de inscrición para participar na andaina saudable que percorre a 4º etapa do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía 🚶🏻♀️🚶
Retómase a programación das Andainas Saudables que están a percorrer o Camiño Real de Santiago a Fisterra e Muxía por etapas.
👉🏻 4º etapa: Lago-Dumbría
📅 1 de marzo
🕖 Servizo de autobuses desde a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:00 horas e desde a praza do Concello de Bertamiráns ás 9:15
✍🏻 O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 26 de febreiro ás 14:00 horas, pode facerse a través da seguinte ligazón: https://lc.cx/wSpSuk
🔗Toda a info aquí: https://lc.cx/661Ppw
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na sesión de picadiscos "Marifaltri" do programa Apego🎤🎼
O proxecto Apego continúa coa súa programación neste mes de febreiro coa actividade “Picadiscos Marifaltri” da artista María Faltri, que conta cunha longa traxectoria musical e cunha ampla experiencia no mundo da animación cultural.
📅 Venres 28 de febreiro
🕢 Ás 18:00 horas
📍 Casa da Cultura do Milladoiro
✍🏻 O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro xoves día 27. Para inscribirse hai que enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal indicando o nome e apelidos das persoas asistentes, idade das crianzas e un número de teléfono de contacto.
🔗Toda a info aquí: https://lc.cx/L_CpFs
𝐀𝐝𝐱𝐮𝐝𝐢́𝐜𝐚𝐧𝐬𝐞 𝐚𝐬 𝐨𝐛𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐩𝐚𝐯𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐯𝐢𝐚𝐫𝐢𝐨𝐬 𝐧𝐨𝐬 𝐥𝐮𝐠𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐁𝐢𝐝𝐮𝐢́𝐝𝐨 𝐝𝐞 𝐀𝐫𝐫𝐢𝐛𝐚 𝐞 𝐂𝐚𝐬𝐚𝐧𝐨𝐯𝐚 𝐩𝐨𝐫 𝐩𝐫𝐞𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝟑𝟎𝟎.𝟎𝟎𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬
🔸Estas obras están sufragadas con cargo ao POS+ 2024.
🔸As obras no núcleo de Biduído de Arriba foron adxudicadas á empresa Cosmalca SL por 176.182,39 euros, mentres que o proxecto que se vai executar na aldea de Casanova adxudicouse á empresa Marconsa (Movimientos de Áridos y Construcciones de Arosa SL) por 122.384,82 euros.
Podes ampliar a información na sección de Actualidade en concellodeames.gal 🔗 https://bit.ly/4i3ui0h
A Escola Municipal de Música de Ames celebrará o Entroido con dous concertos os días 26 e 28 de febreiro 🎺🎭
🎼Concerto Miúdo de Entroido
📅 Mércores 26 de febreiro
🕖 19:00h
📍 Casa da Cultura de Bertamiráns
🎼Festival de Entroido da EMMA
📅 Venres 28 de febreiro
🕢 19:30h
📍 Casa da Cultura de Bertamiráns
🎟 Xa podes retirar os teus convites en: abilleteira.concellodeames.gal
Toda a info aquí: https://lc.cx/_Is2TH
O Concello de Ames colabora coa cea solidaria de Entroido impulsada por SOGAPS🎭
A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí organiza unha nova edición da cea de Entroido solidaria co pobo saharauí, co obxectivo de recadar fondos para o desenvolvemento do programa Vacacións en Paz, unha iniciativa a través da que rapaces e rapazas de Tindouf (Alxeria) poden pasar o verán en Galicia, acollidos por familias voluntarias
📍Hotel Congreso
📅 Sábado 8 de marzo
🕢 21:00 horas
👉🏻Para asistir debes chamar ao número 609 76 49 45 ou ao 986 26 26 37, ou enviar un correo ao enderezo sogaps.oficial@gmail.com
🎟️As entradas poderán adquirirse ata o vindeiro luns 3 de marzo
Toda a info aquí: https://lc.cx/bKirj2
𝐀𝐛𝐞𝐫𝐭𝐨 𝐨 𝐩𝐫𝐚𝐳𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐬𝐨𝐥𝐢𝐜𝐢𝐭𝐚𝐫 𝐚 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐞𝐬𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝟏𝟓𝟐 𝐩𝐚𝐧𝐭𝐞𝐨́𝐧𝐬, 𝟐𝟓𝟓 𝐧𝐢𝐜𝐡𝐨𝐬, 𝟏𝟔 𝐜𝐨𝐥𝐮𝐦𝐛𝐚𝐫𝐢𝐨𝐬 𝐞 𝟓𝟐 𝐭𝐮𝐦𝐛𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐜𝐞𝐦𝐢𝐭𝐞𝐫𝐢𝐨 𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐎𝐬 𝐁𝐚𝐭𝐚́𝐧𝐬
• Os interesados deben presentar a súa solicitude para unidades de enterramento no cemiterio municipal de Ames ata o 18 de marzo, ás 23:59.
• Pódese realizar a través da Sede electrónica ou de xeito presencial nas oficinas de asistencia (Bertamiráns e Milladoiro).
• Consulta o expediente na plataforma de contratación do sector público.
Toda a info aquí 🔗 https://bit.ly/4hMT2u8
Victoria Otero, Berta Caro, Marta Arufe e Alejandra González, protagonistas do Día da Muller e da Nena na Ciencia en Ames 🔬
Os IES de Ames e do Milladoiro acolleron charlas en conmemoración do 𝐃𝐢́𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐚 𝐌𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫 𝐞 𝐝𝐚 𝐍𝐞𝐧𝐚 𝐧𝐚 𝐜𝐢𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 (11 feb) para mostrarlle ás mocidades as oportunidades que ofrecen a ciencia e a tecnoloxía.
Aquí vos deixamos unha crónica da xornada na que as relatoras lle amosaron á mocidade amesá as posibilidades que ofrece o ámbito da ciencia e a tecnoloxía na actualidade, así como demostrar que as mulleres tamén teñen posibilidades nestas ramas profesionais 👉🏼 https://bit.ly/4i5QLdg
Chega este venres ao auditorio de Bertamiráns a peza teatral “Compaña” de Xampatito Pato
O Ames Cultural continúa este venres, 21 de febreiro, coa representación da peza “Compaña” de Xampatito Pato no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. A obra, dirixida cara un público infantil e familiar, ten unha duración aproximada de 50 minutos e narra historia dun personaxe solitario que busca compañía entre os seus bonecos e marionetas e, neste camiño, interactúa co público. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.
* As persoas interesadas en asistir, aínda poden adquirir as súas entradas a través da Billeteira Electrónica do Concello de Ames
Toda a info aquí 🔗https://lc.cx/9DAGaV
A Casa Cultura do Milladoiro acolleu a 𝐆𝐚𝐥𝐚 𝐝𝐨 𝐌𝐨𝐧𝐭𝐚𝐧̃𝐢𝐬𝐦𝐨 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨, que premiou o traballo e logros destacados no ámbito montañeiro durante o ano 2024 🏔️
O Concello de Ames recibiu o premio pola súa difusión do montañismo a través do Club deportivo Rutas a pie 🚶♂️➡️🚶♀️➡️
Tamén se entregou o premio ao Sendeiro máis popular de Galicia, para Devesa da Rogueira, en Folgoso do Courel; e Sendeiro revelación de Galicia, para Roteiro da fervenza do Rexedoiro, no Concello de Val do Dubra 🌱
Parabéns a todxs os premiados!
Máis información: https://lc.cx/fjFP-R
🚧 Melloras urxentes para a estrada AC-544 🚧
O alcalde de Ames, Blas García, trasladou á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas as reiteradas reclamacións veciñais e os acordos plenarios que instan á mellora da seguridade viaria na AC-544.
O tráxico accidente do pasado 6 de febreiro é un recordatorio da urxencia destas actuacións. Dende o ano 2006, tanto o Concello como as asociacións veciñais levan alertando sobre os graves problemas de seguridade nesta estrada de titularidade autonómica.
ℹ️ Máis información: https://bit.ly/3X8I8q3
💻✨A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro organiza novas formacións para os primeiros meses de 2025! Se queres ampliar os teus coñecementos dixitais, esta é a túa oportunidade.
📌 Cursos para persoas adultas:
✅ Creación dun blog persoal (Blogger e WordPress) – 📅 26 e 27 de febreiro, 5 de marzo | ⏰ 10:00 - 12:00
✅ Creación dunha web persoal (Google Sites) – 📅 6, 12 e 13 de marzo | ⏰ 10:00 - 12:00
✅ Traballando na nube (Google Drive, Microsoft 365, OneDrive) – 📅 Abril
📌 Cursos para menores:
🎯 Mecanografía (para maiores de 10 anos) – 📅 Todos os venres do 11 de abril ao 13 de maio | ⏰ 17:15 - 18:45
⚠️ Curso de informática nivel medio para nenos/as (9-12 anos) xa completo.
📞 Inscricións:
☎️ 674 59 48 43
📧 informatica.milladoiro@gmail.com
🏢 Presencialmente na aula AMTIC do Milladoiro
📢Máis info nesta ligazón: https://lc.cx/0OR05R
Xa está aberto o prazo de inscrición para a excursión literaria "Viaxando con Rosalía" 📖🌿
📅 Data: Sábado, 22 de febreiro de 2025
🕘 Hora de saída: 9:30 h (O Milladoiro) | 9:45 h (Bertamiráns)
📍 Percorrido: Ortoño – Bastavales – Casa-Museo de Rosalía en Padrón
🎤 Guía: María López Sández, experta rosaliana¡
🔹 Inscricións abertas ata o 20 de febreiro (55 prazas, asignadas por orde de solicitude).
🔹 Prezo: Só 2 € pola entrada á Casa-Museo.
✉️ Apúntate xa! Envía un correo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao 662 377 215.
📌 Máis info: https://lc.cx/_wZ8cF
🌸🎒Está aberto ata o 28 de febreiro a inscrición no programa Primavera Lúdica, unha alternativa de lecer e educación pensada para facilitar a conciliación nos días 14, 15, 16 e 21 de abril de 2025.
🕰️ Horarios flexibles:
📌 Entrada: 07:30 ou 09:00 h (con opción de almorzo)
📌 Saída: 14:30 ou 16:00 h
🍽️ Inclúe servizo de comedor e Bos Días
📍 Onde se desenvolverá?
🏫 CEIP da Maía (Bertamiráns)
🏫 CEP de Ventín (O Milladoiro)
🏫 EEI Milladoiro (O Milladoiro)
📄 Como inscribirse?
✅ A través da Sede electrónica do Concello de Ames
✅ De xeito presencial en Bertamiráns e O Milladoiro
🔗 Toda a información e inscricións aquí 👉 https://lc.cx/Zn-ukF
📞 Máis info: 981 891 476 📧 educacion@concellodeames.gal
🚀💡O 7 de marzo, o pavillón do Milladoiro acollerá unha nova edición de #InnovAmes, un evento pensado para impulsar a innovación empresarial e a conexión entre empresas, centros educativos e a cidadanía.
🔹 Charlas, obradoiros e mesas de debate
🔹 Exposición de stands de empresas innovadoras
🔹 Entrega dos Premios InnovAmes 🏆
📍 Empresas destacadas, expertos en innovación e estudantes compartirán experiencias sobre tecnoloxía, sustentabilidade e novos modelos de negocio.
📅 Data: 7 de marzo
📌 Lugar: Pavillón do Milladoiro
📄 Toda a info aquí 👉 https://lc.cx/IGMl0y
🎶💙 A comunidade educativa de Ames activa o #ModoGalego cantando e bailando! 💙🎶
📢 Máis de 2.500 nenos e nenas participaron na terceira edición de Modo Galego, Actívao!, comprometéndose a falar galego en todos os ámbitos da súa vida cotiá. Durante un mes, completaron 16 retos promovendo o uso da lingua dun xeito lúdico e participativo.
🎤 O broche final puxérono As Maianas, que fixeron cantar e bailar á rapazada coa canción "Falo galego porque quero!!", creada especialmente para o proxecto.
🤝 O éxito desta edición reafirma o compromiso de Ames coa normalización lingüística, coa implicación das familias, centros educativos e mesmo personalidades do mundo da cultura e o espectáculo.
📄 Máis info aquí 👉 https://lc.cx/cb3dFc
📖✨O Concello de Ames conmemora un ano máis o Día de Rosalía, cunha ampla programación de actividades entre febreiro e marzo. O obxectivo é poñer en valor a figura e legado de Rosalía de Castro, destacando o seu vínculo con Ames e fomentando o uso do galego entre a mocidade.
📌 Actividades destacadas:
🔹 Rosalía Cantareira: concerto didáctico para crianzas (14 febreiro) 🎶👧👦
🔹 Intervención artística nas rúas de Bertamiráns e O Milladoiro 🎨🖌️
🔹 Caldo de Gloria nos comedores escolares 🥣📖
🔹 Obradoiros creativos e excursión literaria "Viaxando con Rosalía" 🏞️📚
🔹 Gala homenaxe a Rosalía con Uxía Senlle e Santi Cribeiro (24 febreiro) 🎤🎼
🔹 Andaina teatralizada pola Costa do Mar de Ovellas (9 marzo) 🚶♂️🎭
📍 Consulta o programa completo aquí 👉 https://lc.cx/zzjJwL
🚧 A Xunta de Goberno Local aprobou a licitación das obras de mellora da seguridade viaria en Covas, cun investimento de 128.415,69€, financiado a través do POS+ Adicional 2/2024. ✅
🔹 Actuación principal: construción dunha senda peonil de 465 metros entre A Igrexa e O Lombao, con cuneta transitable e muro de sostemento con varanda para mellorar a seguridade dos peóns.
🔹 Esta obra súmase á senda xa executada que conecta Covas con Bertamiráns. 🏗️🚶♂️
📍 Consulta os detalles aquí 👉 https://lc.cx/9O5Qf_
🚧 A Xunta de Goberno Local aprobou a licitación das obras de mellora da seguridade viaria en Covas, cun investimento de 128.415,69€, financiado a través do POS+ Adicional 2/2024. ✅
🔹 Actuación principal: construción dunha senda peonil de 465 metros entre A Igrexa e O Lombao, con cuneta transitable e muro de sostemento con varanda para mellorar a seguridade dos peóns.
🔹 Esta obra súmase á senda xa executada que conecta Covas con Bertamiráns. 🏗️🚶♂️
📍 Consulta os detalles aquí 👉 https://lc.cx/9O5Qf_
💻🎓A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu o acto de entrega de diplomas dos cursos de alfabetización dixital, impartidos en Covas, Augapesada, Tapia e Ortoño desde outubro. 👩🏫👨🏫 Máis de 25 persoas participaron nesta formación organizada pola Aula AMTIC do Concello de Ames, que buscou achegar á veciñanza ao desenvolvemento dixital. 📲🖥️
🔹 Se non puideches recoller o teu diploma, podes facelo no Gabinete de Alcaldía en horario de 9:00 a 14:00 horas.
🔹 Ademais, as persoas participantes poden seguir practicando nas Aulas Abertas de Bertamiráns e do Milladoiro. Consulta os horarios aquí 👉 https://lc.cx/UPhtI8
💡 Tras a entrega de diplomas, celebrouse unha conferencia sobre ciberseguridade 🛡️, na que se falou das principais ameazas da internet (malware, phishing, ransomware) e se ofreceron consellos clave para protexernos en liña. 🔐📢
📍 Consulta toda a información aquí 👉 https://lc.cx/UPhtI8
