en
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

Open in Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Show more
761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
🌟 Ningún neno ou nena de Ames sen agasallo este Nadal grazas a “Zocos e Trasnos” 🎁✨ Por noveno ano consecutivo, o Concello
🌟 Ningún neno ou nena de Ames sen agasallo este Nadal grazas a “Zocos e Trasnos” 🎁✨ Por noveno ano consecutivo, o Concello de Ames impulsa a campaña solidaria “Zocos e Trasnos” para garantir que todos os nenos e nenas do municipio reciban un agasallo de Reis, independentemente da situación económica das súas familias. 👉 130 participantes nesta edición, máis 6 persoas en lista de reserva, demostran a solidariedade e implicación da veciñanza. 💬 A concelleira de Benestar Social, Uxía García, destaca: "É emocionante ver como Ames se implica para que ningún cativo quede sen ilusión este Nadal." 💙 Ames demostra, unha vez máis, a súa faciana máis solidaria. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/fQGKTV

🏗️ Apróbase a licitación para rematar o centro multifuncional do Milladoiro por máis de 1,1 millóns de euros Na Xunta de Gob
🏗️ Apróbase a licitación para rematar o centro multifuncional do Milladoiro por máis de 1,1 millóns de euros Na Xunta de Goberno Local extraordinaria deste pasado luns, 30 de decembro, aprobouse o expediente de licitación para o remate do centro multifuncional de lecer, cultura e promoción económica do Milladoiro. Este proxecto, que contará cun orzamento de 1.141.640,18 euros, está especialmente dirixido á mocidade e ás persoas en risco de exclusión social. 🔧 Obxectivo: Completar unha infraestrutura clave para o Milladoiro, que quedara ao 39,73% tras a rescisión do contrato coa anterior adxudicataria polo incumprimento dos prazos de execución. 🛠️ Traballos pendentes: 🔹Acondicionamento do terreo 🔹Estruturas, cerramentos e particións 🔹Illamentos, impermeabilizacións e revestimentos 🔹Pavimentación, carpinterías e instalación dun ascensor 🔹Urbanización da zona, entre outros. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/vA5yBU

💳✨ Bonos Consuma: Un éxito no comercio e hostalaría de Ames! 🛍️🍴🎄 A nova campaña dos Bonos Consuma do Concello de Ames xe
💳✨ Bonos Consuma: Un éxito no comercio e hostalaría de Ames! 🛍️🍴🎄 A nova campaña dos Bonos Consuma do Concello de Ames xerou un impacto económico de case 💶 250.000 euros nos 105 establecementos adheridos, consolidándose como unha iniciativa clave para apoiar o comercio local nestas datas de Nadal. 👏🎅 📅 Desde o 14 de decembro, as tarxetas desconto permitiron que a veciñanza gozase de aforros 💰 nas súas compras e consumicións, esgotando o orzamento de 💸 60.000 euros en tan só dúas semanas. Ademais, descargáronse un total de 📲 3.281 bonos, que se traduciron en máis de 🛒 5.956 operacións nos negocios de Ames. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/xN5x3o

🏅 Gladiator Race Kids: Éxito total no Milladoiro! 🏃‍♀️🏃‍♂️ Este pasado sábado 28 de decembro, a área deportiva do Milladoi
🏅 Gladiator Race Kids: Éxito total no Milladoiro! 🏃‍♀️🏃‍♂️ Este pasado sábado 28 de decembro, a área deportiva do Milladoiro converteuse no escenario perfecto para a primeira edición da Gladiator Race Kids. Un evento no que participaron 230 nenos e nenas, gozando dunha carreira chea de obstáculos e diversión en familia. 💪 ➡️ A actividade, organizada polo Concello de Ames a través da Concellaría de Deportes e NOKAO, destacou pola súa gran acollida e pola aposta por fomentar o deporte e os valores familiares durante o Nadal. 👧👦 Dividida en dous percorridos —500 m para menores de 3 a 5 anos e 900 m para idades de 6 a 11 anos—, cada participante recibiu unha medalla tras superar os desafíos. 👏 Grazas a todas as familias que fixestes desta primeira edición un éxito! 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/8gz8Jg

🎶 Concerto de Reis este sábado na Casa da Cultura do Milladoiro 🎵 O vindeiro sábado 4 de xaneiro, ás 19:00 horas, a Casa da
🎶 Concerto de Reis este sábado na Casa da Cultura do Milladoiro 🎵 O vindeiro sábado 4 de xaneiro, ás 19:00 horas, a Casa da Cultura do Milladoiro acollerá o tradicional Concerto de Reis, unha cita destacada da programación do Nadal en Ames organizada pola Concellería de Cultura. 📍 Entrada gratuíta: xa dispoñibles os convites na Billeteira electrónica do Concello de Ames. 🎤 Agrupacións participantes: ✨ Coral Lojo Batalla ✨ Coral de Piñeiro e Ames ✨ Coro de Nuestra Señora del Corpiño de Oca ✨ Coro Son Elas ✨ Coral Polifónica de Bugallido 💫 Unha noite máxica para despedir o Nadal a ritmo de música coral! 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/0pPS5P

✅ RESOLTA A INCIDENCIA na aplicación de reserva para as Recepcións Reais do 4 de xaneiro 📢 O Concello de Ames informa que a
✅ RESOLTA A INCIDENCIA na aplicación de reserva para as Recepcións Reais do 4 de xaneiro 📢 O Concello de Ames informa que a incidencia na aplicación de reserva de cita da Sede electrónica para acudir ás Recepcións Reais do sábado 4 de xaneiro FOI RESOLTA. Dende o Concello de Ames agradecésece a paciencia e pídese deculpas pola demora na solución da incidencia.

Incidencia na aplicación de reserva para as Recepcións Reais do 4 de xaneiro 📢 O Concello de Ames informa dunha incidencia n
Incidencia na aplicación de reserva para as Recepcións Reais do 4 de xaneiro 📢 O Concello de Ames informa dunha incidencia na aplicación de reserva de cita da Sede electrónica para acudir ás Recepcións Reais do sábado 4 de xaneiro. Xa se está a traballar para solucionar este problema canto antes. 👉 Para o venres 3 de xaneiro, as reservas continúan dispoñibles. O Concello agradece a comprensión da veciñanza e está traballando para garantir unha experiencia máxica para todas as familias.

📢 Novo protocolo entre o Concello de Ames e o Arcebispado para uso social, cultural e deportivo O Concello de Ames e o Arceb
📢 Novo protocolo entre o Concello de Ames e o Arcebispado para uso social, cultural e deportivo O Concello de Ames e o Arcebispado de Santiago de Compostela asinaron un protocolo xeral de actuacións para regularizar o uso de varios inmobles no municipio. Este acordo busca optimizar estes espazos para fins culturais, sociais, deportivos e relixiosos en beneficio da veciñanza. 🏠 Destinos principais dos inmobles: ✔️ Casa reitoral de San Tomé de Ames: Converterase nun centro para persoas maiores e en situación de emerxencia social. ✔️ Casa reitoral de Santa María de Trasmonte: Será habilitada para servizos públicos da Corporación, cun espazo multifuncional. ✔️ Infraestruturas deportivas en Covas: Regularizaranse os terreos para uso deportivo. 🤝 Este protocolo supón un primeiro paso para preservar o patrimonio e poñelo ao servizo da comunidade. 📅 O acordo inclúe prazos para formalizar as cesións e contratos, garantindo un uso compartido e eficaz destes espazos. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/WlV0DT

📢 Decisións destacadas no pleno de decembro do Concello de Ames O pleno municipal de decembro aprobou importantes medidas pa
📢 Decisións destacadas no pleno de decembro do Concello de Ames O pleno municipal de decembro aprobou importantes medidas para a mellora de servizos e a xestión municipal, entre as que destacan: 🚗 Aparcadoiro no Milladoiro ✅ Iníciase o expediente para a prestación do servizo de aparcadoiro baixo tarifas na localidade do Milladoiro, cunha proposta que busca solucionar a falta de espazos dispoñibles. Crearase unha Comisión de estudo para definir os aspectos técnicos, xurídicos e económicos. 🧑‍🦼 Servizo de axuda no fogar ✅ Aprobada a licitación dun novo contrato para a prestación deste servizo, garantindo apoio a persoas dependentes e en situación de vulnerabilidade no Concello de Ames. 📺 Máis información: Podes ver a gravación completa do pleno na canle de YouTube do Concello de Ames. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/DLtxEW

Máis de 100 cativos e cativas de Ames participan no Nadal Lúdico 2024 🎄 O programa municipal de conciliación Nadal Lúdico, o
Máis de 100 cativos e cativas de Ames participan no Nadal Lúdico 2024 🎄 O programa municipal de conciliación Nadal Lúdico, organizado pola Concellaría de Educación, está a ofrecer unha alternativa educativa e de ocio para máis de 100 nenos e nenas de Ames. Este proxecto, que se desenvolve entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro, axuda ás familias a compatibilizar a vida laboral e familiar durante estas datas. 👉 Participación por centros: 🔸CEP de Ventín: 50 participantes 🔸CEIP da Maía: 35 participantes 🔸EEI do Milladoiro: 22 participantes 📅 Datas e horarios: O Nadal Lúdico celébrase os días 23, 26, 27, 30 e 31 de decembro, e o 2, 3 e 7 de xaneiro. Ofértanse servizos de conciliación coma os Bos Días e o comedor, con horarios flexibles para adaptarse ás necesidades familiares. 🔗 Para máis información, consulta os programas municipais na páxina web do Concello de Ames. ℹ️ https://lc.cx/9GJLhW

Éxito de participación do MillaRaio no campionato provincial de campo a través 🏃‍♂️🏃‍♀️ O club de atletismo MillaRaio arran
Éxito de participación do MillaRaio no campionato provincial de campo a través 🏃‍♂️🏃‍♀️ O club de atletismo MillaRaio arrancou a tempada con grandes resultados no campionato provincial de campo a través celebrado na Pobra do Caramiñal o pasado 14 de decembro. 👉 Resultados destacados: 🏆 Equipo sub10 masculino: Campión provincial e clasificado para o campionato galego. 🥈 Equipo sub12 feminino: Subcampión provincial e tamén clasificado para o galego. 👏 Este inicio de tempada promete moito para os máis pequenos do MillaRaio, consolidándose como un dos clubs referencia en categorías escolares. 🔜 Próxima cita: o campionato galego de campo a través en Poio o vindeiro mes de xaneiro. Moita sorte, MillaRaio! ➕ℹ️ https://lc.cx/wi7v_Q

Participa nas Prebadaladas 2025 en Ames este martes 31 de decembro 🎉 Este martes, 31 de decembro, a Praza do Concello de Ame
Participa nas Prebadaladas 2025 en Ames este martes 31 de decembro 🎉 Este martes, 31 de decembro, a Praza do Concello de Ames converterase no epicentro da celebración das Prebadaladas 2025, unha tradición que comezou no 2019 e que xa forma parte da programación do Nadal. O evento, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, comezará ás 12.00 horas e será conducido pola cantante e presentadora Fátima Pego. 👉 Programa do evento: ▫️11:00 h: Apertura de portas e entrega de máis de 1.000 bolsas de cotillón. ▫️12:00 h: Inicio das Prebadaladas con Fátima Pego e actuacións das gañadoras do concurso Canta con Ames. Este ano, o evento incluirá: Mochilas vibratorias para persoas con discapacidade auditiva (solicitudes en promocioneconomica@concellodeames.gal). Non perdas as Prebadaladas 2025! 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/hVt2Jf

Aula AMTIC: Novos cursos de alfabetización dixital no rural 💻 A Aula AMTIC ofrece cursos gratuítos de informática nas parroq
Aula AMTIC: Novos cursos de alfabetización dixital no rural 💻 A Aula AMTIC ofrece cursos gratuítos de informática nas parroquias de Agrón, Trasmonte, Biduído, Bugallido e Ameixenda a partir do 13 de xaneiro de 2025. 📚 Contido dos cursos: 🔸Navegación segura por internet. 🔸Uso do correo electrónico. 🔸Introdución a Windows e Office en liña. 🔸Manexo de teléfonos intelixentes e aplicacións básicas. 🕒 Horarios e localizacións: 🔹Agrón: Luns (16:00-18:30). 🔹Trasmonte: Martes (16:00-18:30). 🔹Biduído: Martes (18:30-21:30). 🔹Bugallido: Mércores (18:30-20:00). 🔹Ameixenda: Xoves (19:00-21:30). 📞 Inscricións abertas: Chama ao 674 594 843 (de luns a venres, de 9:30 a 14:00 h). Prazas limitadas! 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/QxeJAF

🥉🏃‍♂️ Primeira medalla nacional para o club Ames Atletismo! 🏃‍♀️🎉 O pasado 8 de decembro, o club Ames Atletismo logrou un
🥉🏃‍♂️ Primeira medalla nacional para o club Ames Atletismo! 🏃‍♀️🎉 O pasado 8 de decembro, o club Ames Atletismo logrou un fito histórico no Campionato de España de Marcha Atlética en Ruta, celebrado en Castro Urdiales: 🔸 Nicolás Collazo acadou o bronce na categoría sub 18 nos 5 km marcha, sendo a primeira medalla nacional para o club e rompendo ademais o récord galego cun tempo de 21:19. 💪🏅 🔸 Icía Ares quedou nunha fantástica cuarta posición na súa categoría, rebaixando a súa marca persoal en máis de 30 segundos! 👏 Este éxito marca un paso adiante para un club que comezou a súa traxectoria hai só cinco anos e que continúa medrando e colleitando éxitos. Segundo o seu representante, David García, este logro de Nicolás supón "un antes e un despois na súa carreira" e un gran impulso para seguir avanzando. Parabéns a Nicolás e a Icía polos seus espectaculares resultados! 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/x2rway

📸✨ Premios do X Certame de Fotografía Comercial do Novo Milladoiro ✨📸 O pasado xoves, 19 de decembro, o auditorio da Casa d
📸✨ Premios do X Certame de Fotografía Comercial do Novo Milladoiro ✨📸 O pasado xoves, 19 de decembro, o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu a gala de entrega de premios do X Certame de Fotografía Comercial organizado pola Asociación de Empresarios de Novo Milladoiro. Un acto que contou coa presentación do humorista Carlos Blanco e que percorreu a evolución do parque empresarial a través das imaxes gañadoras nas nove edicións anteriores. As fotografías premiadas desta edición foron: 🏆 O Flatiron de Alberto Cachafeiro Sánchez – Premio Tesec Audiovisuais (500 €) 🏆 Gulliver de María Jesús Pena Álvarez – Premio Fílmate Estudios Fotográficos (400 €) 🏆 Chegando co Futuro na Man de Jacqueline Silveira Calviño – Premio Técnicas de Ocio Galicia (300 €) 🔎 Todas as fotografías presentadas estarán expostas no segundo andar da Casa da Cultura do Milladoiro ata o 7 de xaneiro, e posteriormente, na sede da asociación. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/fBHYcV

🎉✨ Gran Festa de Reis en Ames: do 3 ao 5 de xaneiro! 👑🎁 O Concello de Ames prepárase para celebrar a súa Gran Festa de Rei
🎉✨ Gran Festa de Reis en Ames: do 3 ao 5 de xaneiro! 👑🎁 O Concello de Ames prepárase para celebrar a súa Gran Festa de Reis cun programa cheo de ilusión e actividades para toda a familia: 🗓️ Recepcións Reais: 📍 Nos pavillóns de Bertamiráns e Milladoiro: · 3 de xaneiro: 17:00 - 19:30 · 4 de xaneiro: 11:00 - 13:30 e 17:00 - 19:30 👉 Cita previa obrigatoria dispoñible na Sede electrónica do Concello. 🚂 Novidade deste ano: Servizo de tren para nenos/as en Milladoiro e Bertamiráns 👑 Percorridos Reais no rural: O día 5 de xaneiro pola mañá, as Súas Maxestades visitarán as parroquias do rural amesán 🎊 Cabalgatas de Reis: ·Milladoiro: De 17:00 a 18:00 horas, finalizando cunha festa con música, chocolate e rosca no pavillón. ·Bertamiráns: De 19:00 a 20:00 horas, tamén con fin de festa no pavillón municipal. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/fLAcWG

🏃‍♂️ Últimas prazas dispoñibles para a Gladiator Race Kids! 🏅 📅 Cando? Sábado 28 de decembro 📍 Onde? Área deportiva do Mi
🏃‍♂️ Últimas prazas dispoñibles para a Gladiator Race Kids! 🏅 📅 Cando? Sábado 28 de decembro 📍 Onde? Área deportiva do Milladoiro 🕓 Hora? A partir das 16:30 horas 👶🧒 Para quen? Nenos e nenas de 3 a 12 anos (acompañados por un adulto se o desexan). 💪 Que é? Unha carreira con obstáculos, pensada para divertirse en familia e practicar deporte. ➡️ Inscrición gratuíta que inclúe seguro, medalla e moita diversión! 👉 Prazo ata o 25 de decembro ás 23:59 h. 🔗 Máis info e inscricións aquí: https://lc.cx/TJElDp

🚴 XVII Carreira do Pavo: deporte e tradición en Bertamiráns 🦃 A localidade de Bertamiráns acolleu este pasado domingo, 22 d
🚴 XVII Carreira do Pavo: deporte e tradición en Bertamiráns 🦃 A localidade de Bertamiráns acolleu este pasado domingo, 22 de decembro, a XVII edición da tradicional Carreira Ciclista do Pavo. Nesta proba, na que participaron arredor de 80 ciclistas, destacou a vitoria de Tomás Pombo, do Club Ciclista Padronés Aluminios Cortizo. O segundo e terceiro posto foron para Juan José Bodelo (Club Ciclista Compostelano Muebles Compostela) e Xoel Blanco (Club Cocinas Lasal), respectivamente. 💥 Sprints especiais Ao longo do circuíto de 1.100 metros e tras 30 voltas, realizáronse sprints nas voltas 10, 15, 20 e 25. Os gañadores dos agasallos de Nadal foron: Alexandre Rodríguez (Club Ciclista Cambre) Cristián Lapido (Club Ciclista Oiense) Ángel Maneiro (Grupo Deportivo Supermercados Froiz) Tomás Pombo (Club Ciclista Padronés Aluminios Cortizo) 👉 Grazas a todos os participantes e asistentes por facer desta edición un éxito! 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/9BFRh8

🚨 O Concello de Ames denuncia o colapso do servizo de pediatría en Bertamiráns 🏥 O Concello de Ames alerta sobre a grave si
🚨 O Concello de Ames denuncia o colapso do servizo de pediatría en Bertamiráns 🏥 O Concello de Ames alerta sobre a grave situación no centro de saúde de Bertamiráns, marcada pola falta de pediatras, listas de espera de ata 10 días en atención primaria e o colapso do PAC. O alcalde, Blas García, denuncia a pasividade da Consellería de Sanidade, que tras unha semana de intentos de contacto, non respondeu. Principais problemas: ·Carencia de pediatras: Obriga a atender nenos no PAC, saturado. ·Deficiencias estruturais: Falta de persoal e mala coordinación afectan a calidade do servizo. Fai dous meses, o Concello ofreceu terreos á Xunta para ampliar o centro, pero aínda non hai avances. García insta a actuar de urxencia para reorganizar o servizo e cubrir as necesidades dun concello en crecemento. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/iyIcOf

🌟 Últimas prazas para a Cabalgata de Reis! 👑 📅 Abre un prazo extraordinario ata o 29/12 para inscribirse e acompañar aos R
🌟 Últimas prazas para a Cabalgata de Reis! 👑 📅 Abre un prazo extraordinario ata o 29/12 para inscribirse e acompañar aos Reis Magos nas carrozas en Bertamiráns e O Milladoiro. 🧒👧 Para nenos/as de 6 a 12 anos empadroados en Ames que non participaran antes. 📝 Prazas por orde de solicitude! 👉 Máis info e inscrición: https://lc.cx/KurlPW