en
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

Open in Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Show more
761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
⚠️ Cortes programados no subministro eléctrico en #Bertamiráns e no #Milladoiro ⚡ A empresa subministradora Naturgy notificou
⚠️ Cortes programados no subministro eléctrico en #Bertamiráns e no #Milladoiro ⚡ A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames unha interrupción programada do subministro eléctrico os días 24 e 25 de abril 🗓️ en varias rúas de Bertamiráns e do Milladoiro. Estes cortes realizaranse para levar a cabo tarefas de mantemento e mellora da rede eléctrica🔋 Toda a ℹ️ detallada das rúas afectadas aquí 🔗https://bit.ly/3S09HPh

A guía turística 20xvinte pon en valor o Camiño Fisterra-Muxía ao seu paso por Ames 🌿🚶 🔸O alcalde de Ames e concelleiro de
A guía turística 20xvinte pon en valor o Camiño Fisterra-Muxía ao seu paso por Ames 🌿🚶 🔸O alcalde de Ames e concelleiro de Turismo, Blas García, e maila técnica municipal de Turismo, Sonia Moure, recibiron na Casa do Concello á directora da guía turística 20xvinte, Mónica Seoane. 🔸O número 15 desta publicación, editada pola Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía, pon en valor localizacións e experiencias dos 10 concellos polos que transcorre esta ruta xacobea. Neste número participan 20 persoas que comparten a súa visión e vivencias sobre o Camiño. 🔸Editáronse 6.000 exemplares en papel, que estarán dispoñibles en preto de 50 hoteis e albergues, e tamén se repartiron 20.000 tarxetas con código QR para a descarga dixital da guía. Descarga a guía e amplía a ℹ️ aquí 🔗https://bit.ly/4jihJ21

📚 Encontros Literarios! Este abril seguimos a celebrar o Mes do Libro cun novo encontro literario que non podes perder! Pres
📚 Encontros Literarios! Este abril seguimos a celebrar o Mes do Libro cun novo encontro literario que non podes perder! Presentamos “Cuarto vértice” de Carlos Moreno Lugrís, publicado por Hércules de Edicións ✍️📖 🗓 Mércores, 23 de abril 🕗 Ás 20:00 h 📍 Pazo da Peregrina Estarán con nós o autor e a escritora Encarna Otero nun coloquio 💬 Entrada libre ata completar aforo! Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4cE0yW8

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación das obras de mellora do edificio da Escola Municipal de Música 🎶 🔹In
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación das obras de mellora do edificio da Escola Municipal de Música 🎶 🔹Investiranse 245.302 € (IVE incluído) na substitución da cuberta 🏗️ e na creación dun espazo para Protección Civil. 🔹A obra foi adxudicada á empresa Construcciones D. Ogando SL e está incluída na segunda fase do POS+ Adicional, aprobado no pleno de xullo de 2024. Toda da Xunta de Goberno local aquí ℹ️🔗https://bit.ly/4lGFdj3

O auditorio do Milladoiro acolle o espectáculo de danza contemporánea “Pioneiras” 🩰 📆Venres, 25 de abril 🕣20:30 h (apertur
O auditorio do Milladoiro acolle o espectáculo de danza contemporánea “Pioneiras” 🩰 📆Venres, 25 de abril 🕣20:30 h (apertura de portas ás 20:15 h) 📍Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro Entradas: Xa dispoñibles na billeteira electrónica: https://abilleteira.concellodeames.gal/ 🔸Forma parte da programación de artes escénicas organizada polo Concello de Ames e AGADIC. Agardámoste! Toda a ℹ️https://bit.ly/3Y7tEr3

Peche de luxo para o ciclo Abril de Cine 🎬✨ Este martes 22 de abril, despedimos unha nova edición do programa Abril de Cine
Peche de luxo para o ciclo Abril de Cine 🎬✨ Este martes 22 de abril, despedimos unha nova edición do programa Abril de Cine cunha sesión moi especial dedicada ás curtametraxes galegas 🎞️ Proxectaranse catro curtas con temáticas diferentes, mais unidas por varios nexo en común. Ademais, contaremos coa presenza dos seus directores 🎥 que compartirán coa veciñanza as súas visións e experiencias. 📅 Martes 22 de abril 🕗 20:00 h 📍 Auditorio do Milladoiro 🎟️ Entradas dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames: https://abilleteira.concellodeames.gal/.../noite-de-curta Máis ℹ️🔗 https://bit.ly/4lEb4kv

O Concello de Ames pon en marcha unha campaña informativa sobre “Como desfacerse dos restos da poda?” 🪾🪓, a través da Conce
O Concello de Ames pon en marcha unha campaña informativa sobre “Como desfacerse dos restos da poda?” 🪾🪓, a través da Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural. 🔸Deste xeito, indícase que os restos da poda deberán depositarse nunha bolsa dentro do colector de orgánico sen ocupar máis de dous terzos da súa capacidade. Outra opción é deixar os restos ao lado do colector nunha bolsa de lixo cerrada. ⛔️O que non se debe facer é deixar os restos da poda amoreados ao lado dos colectores de lixo. Ademais, existen outras como a compostaxe, queimar os restos (sempre con comunicación previa en queimasweb.xunta.gal) ou levalos a un xestor autorizado. Se queres saber máis ℹ️🔗https://bit.ly/4jjt0PK

🍞 Pan con chocolate no Apego! 🍫 📖 Contos, 🎶 música… e moita maxia! O vindeiro venres 25 de abril ás 18:00h, achegádevos a
🍞 Pan con chocolate no Apego! 🍫 📖 Contos, 🎶 música… e moita maxia! O vindeiro venres 25 de abril ás 18:00h, achegádevos ao Pazo da Peregrina de #Bertamiráns para gozar con María e Carme da Pontragha do espectáculo “Pan con chocolate”. Unha actividade pensada para as crianzas amesás dentro do programa Apego. 📝 Inscricións ata o xoves 24 de abril! Envía un correo a normalizacion@concellodeames.gal indicando: • Nome e apelidos das persoas asistentes • Idade das crianzas • Teléfono de contacto Máis ℹ️✨https://bit.ly/43TSApL

Augas de Ames reforza o seu servizo no #Milladoiro! 💦 🔹O pasado mércores, 16 de abril, abriu a nova oficina no cruce da Avd
Augas de Ames reforza o seu servizo no #Milladoiro! 💦 🔹O pasado mércores, 16 de abril, abriu a nova oficina no cruce da Avda. Rosalía de Castro coa rúa Viorneira (nº 56), nunha localización máis visible e accesible para toda a veciñanza. 🔹O novo espazo, de 60 m², permite dispoñer de varios postos de traballo, ampliar a atención e mellorar o servizo prestado. Mantemos o horario habitual: De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h, e agora reforzamos a atención os martes e os xoves grazas ao incremento de persoal. 📞Teléfono de contacto 981 93 94 45 Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/3YxZ6ig

Aberta a XXII edición do Certame Literario de Ames! 🖋️ ✍️ Podes participar con textos inéditos, de temática libre e escritos
Aberta a XXII edición do Certame Literario de Ames! 🖋️ ✍️ Podes participar con textos inéditos, de temática libre e escritos en galego 👅 ℹ️ Prazo de presentación: ata o 30 de abril. Consulta as bases, descarga a ficha de participación e infórmate de aquí 🔗https://bit.ly/4jvXBt1 Anímate a compartir a túa creatividade! Organiza a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Ames.

👶🏻 O Concello de Ames vén de comezar os trámites para establecer unha ordenanza que regule a carta de “Benvida Social”, tam
👶🏻 O Concello de Ames vén de comezar os trámites para establecer unha ordenanza que regule a carta de “Benvida Social”, tamén coñecida en outros concellos como bautizo civil 🔸Segundo os cálculos estimados polos servizos municipais non será ata o mes de agosto cando se poida oficiar a primeira celebración dunha cerimonia civil. 🔸Dita ordenanza estará en consulta pública durante 20 días hábiles rematando o prazo o 19 de maio. Posteriormente proporase para a súa aprobación no pleno ordinario de maio. Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/43TQgPy

Os amesáns Iván Gutiérrez e Cosme González acadan a medalla de ouro no campionato nacional de ximnasia rítmica cadete e xuven
Os amesáns Iván Gutiérrez e Cosme González acadan a medalla de ouro no campionato nacional de ximnasia rítmica cadete e xuvenil 🤸 🔸Iván Gutiérrez e Cosme González, os dous veciños de Ames e pertencentes ao Club Ximnasia Rítmica Compostela, acaban de gañar a medalla de ouro no campionato nacional base individual masculino de ximnasia rítmica. 🔸Dito campionato celebrouse do 8 ao 13 de abril no Palacio multiusos de Guadalajara. 🔸Iván Gutiérrez foi campión de España de ximnasia rítmica na categoría cadete, mentres que Cosme González tamén se proclamou campión de ximnasia rítmica na categoría xuvenil. Parabéns rapaces!! Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4cElJHW

Os deportistas amesáns Xoán David Parga e Olivia Parga participaron na #YouthLeague de Karate 🥋 🔸Do 3 ao 6 de abril, celebr
Os deportistas amesáns Xoán David Parga e Olivia Parga participaron na #YouthLeague de Karate 🥋 🔸Do 3 ao 6 de abril, celebrouse na cidade de Guadalajara a Karate Youth League, o maior evento internacional de mozos karatekas. 🔸Nesta cita, Ames contou coa representación de Xoán David Parga e Olivia Parga, que realizaron unha gran competición na que participaron algunhas das mellores promesas do karate de todo o mundo. Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/4lvNshK

🚘🅿️ O Concello abre dous novos aparcadoiros en Bertamiráns e ultima a apertura dunha nova área de estacionamento gratuíta n
🚘🅿️ O Concello abre dous novos aparcadoiros en Bertamiráns e ultima a apertura dunha nova área de estacionamento gratuíta no Milladoiro 🔹O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, estivo acondicionando dúas novas áreas de aparcamento que están situadas na Travesía da Peregrina, antes do cruce coa avenida de José Luis Azcárraga, e na rúa do Cómaro, en fronte ao centro deportivo da Telleira. 🔹Deste xeito, habilítanse dous novos aparcadoiros públicos e gratuítos que teñen capacidade para arredor de 300 vehículos. 🔹Ademais, existe un acordo cun/cunha propietario/a do Milladoiro para habilitar unha nova área gratuíta de aparcamento nesta localidade, que tamén contará con 300 prazas de estacionamento. Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/42rPUx8

🚧 Os Concellos asinantes do manifesto pola liberalización da AP-9 ven máis necesaria que nunca a liberalización da autoestra
🚧 Os Concellos asinantes do manifesto pola liberalización da AP-9 ven máis necesaria que nunca a liberalización da autoestrada tras revelarse os 210 millóns recadados no 2024 Os alcaldes dos Concellos de Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira volven pronunciarse sobre a necesidade de liberalizar a AP-9, destacando a importancia estratéxica do tramo Santiago-Padrón, tras a publicación da conta de resultados de Audasa, que facturou máis de 210 millóns de euros no ano 2024. Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/42vL9Cy

📚Novo servizo de sala de estudo 24/365 que comezará a prestar dende o hoxe luns, 14 de abril, no Milladoiro Deste xeito, tan
📚Novo servizo de sala de estudo 24/365 que comezará a prestar dende o hoxe luns, 14 de abril, no Milladoiro Deste xeito, tanto na sala de estudo do Milladoiro como na de Bertamiráns instalouse un novo sistema de lectura de códigos QR, que permite entrar e saír destas salas de estudo cando os/as usuarios/as necesiten empregar estas instalacións. Xa se poden solicitar os códigos QR de accedo ás salas de estudo municipais. 📋Pódese solicitar de xeito telemático cubrindo este formulario (https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/noticias/adjuntos/2025/04/formulario_definitivo_salas_de_estudo.pdf) e enviando por correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal. 📩Os códigos QR comezarán a enviarse o luns 14 de abril. 🔗MAIS INFO: https://www.concellodeames.gal/gl/novas/o-luns-21-de-abril-comeza-funcionar-sala-de-estudo-24365-do-milladoiro

Participa nas xornadas “Achégate ao piragüismo” de Semana Santa 🛶🌟 🔸O Club Ribeiras do Tambre, en colaboración co Concello
Participa nas xornadas “Achégate ao piragüismo” de Semana Santa 🛶🌟 🔸O Club Ribeiras do Tambre, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organiza para o mércores 16 e o xoves 17 de abril , coincidindo coa Semana Santa, unhas xornadas de iniciación ao piragüismo que se desenvolverán na praia fluvial de Tapia entre as 11:00 e as 13:00 horas ⏰ 🔸A través desta actividade búscase que os amesáns e as amesás que o desexen poidan aprender a dominar esta embarcación 🚣‍♀️ 🔸Para participar nesta actividade, hai que inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo info@ribeirasdotambre.es 📧 Estas xornadas son gratuítas e non hai límite de prazas. Toda a info aquí ℹ️🔗https://bit.ly/4i9t7Mk

A oitava edición do #Enreguéifate trouxo grandes novas! ✨ O vídeo “Radio Regueifa Inclusiva: Somos diferentes, somos referent
A oitava edición do #Enreguéifate trouxo grandes novas! ✨ O vídeo “Radio Regueifa Inclusiva: Somos diferentes, somos referentes” gañou o premio á regueifa máis inclusiva na categoría escolar. Na proposta o alumnado de ambos os dous centros regueifa conxuntamente e a través das ondas para demandar inclusión, diversidade, respecto e non discriminación. Un exemplo inspirador de como a unión e o compromiso poden facer a diferenza! 🔊 Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3XVi0iY

Xuntanza entre Concello de Ames e a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas 🔹O alcalde de Ames, Blas Garcí
Xuntanza entre Concello de Ames e a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas 🔹O alcalde de Ames, Blas García, e o concelleiro de Urbanismo, Administración Xeral e Mobilidade, Víctor Fernández, mantiveron o pasado xoves, 10 de abril, unha xuntanza coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue. 🔹En dito encontro o rexedor municipal trasladoulle diversas necesidades do Concello en materia de vivenda, infraestruturas e seguridade viaria, entre elas necesidade de realizar melloras na estrada AC-544. 🔹En materia de vivenda o Concello de Ames pretende poñer a disposición do Instituto Galego da Vivenda e Solo un total de seis parcelas que se atopan situadas na área residencial do plan parcial do sector S-16 Galdrachán, no Milladoiro. Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4lr9l1D

🛍️ Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas para a promoción do comercio local 📄 A convocatoria de ditas axudas saíu
🛍️ Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas para a promoción do comercio local 📄 A convocatoria de ditas axudas saíu publicada no BOP da xornada de onte, venres 11 de abril, co cal o prazo para presentar as solicitudes é dun mes dende o día seguinte de dita publicación, polo que estará aberto ata o 11 de maio. 🔹O importe desta convocatoria de subvención é de 40.000 euros: 33.000 euros para a promoción comercial e 7.000 euros para infraestruturas e equipamentos. 🔹As solicitudes hai que presentalas a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou do Rexistro electrónico do Punto de Acceso Xeral do Estado (REC). Máis ℹ️🔗https://bit.ly/42QC73B