en
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

Open in Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Show more
761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
Xa está aberto o prazo de solicitude de axudas para a promoción de festas populares e actividades culturais 🎶🥁 🔸O prazo pa
Xa está aberto o prazo de solicitude de axudas para a promoción de festas populares e actividades culturais 🎶🥁 🔸O prazo para solicitar estas axudas estará aberto entre o 1 e o 31 de marzo. 🔸As actividades poderán ser subvencionadas ata un máximo do 50% do orzamento total, non superando os 7.500€ 🔸Estas axudas suman unhas contías de 30.000 euros para as actividades culturais e de 25.000 euros para as festas. 🔸Deben formalizarse a través Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben a través do Rexistro electrónico do Punto de Acceso Xeral do Estado (REC). Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3Fdw9RO

O Pleno aproba os anteproxectos de construción do complexo deportivo do Milladoiro e de mellora do centro deportivo da Tellei
O Pleno aproba os anteproxectos de construción do complexo deportivo do Milladoiro e de mellora do centro deportivo da Telleira Toda a información relativa ao pleno aquí 🔗 https://bit.ly/3QEEl00

O día 5 de marzo retomaranse as obras de humanización do Milladoiro en dirección Padrón respectando dous carrís na saída da S
O día 5 de marzo retomaranse as obras de humanización do Milladoiro en dirección Padrón respectando dous carrís na saída da SC-20 🔸A comisión de seguimento constituída o pasado 31 de xaneiro de 2025 volveu reunirse o pasado venres 28 de febreiro para avaliar os resultados no novo plan de comunicación e anunciar os próximos pasos a seguir. 🔸A subdelegada do Goberno, María Rivas, avanzou nesta comisión o inicio das obras de humanización polo carril dirección Padrón. Amplía a ℹ️🔗 https://bit.ly/3F0R4Yw

As asociacións e comisións de festas do concello de Ames poden solicitar axudas para a celebración de festexos e actividades
As asociacións e comisións de festas do concello de Ames poden solicitar axudas para a celebración de festexos e actividades 🎼 🔸 1º prazo: para as festas e eventos que se celebren nos meses de xaneiro ata agosto, deberán facer a solicitude por rexistro ata o 15 de maio. 🔸 2º prazo. Para as festas que se celebren nos meses de setembro a decembro, deberán facer a solicitude por rexistro antes do 31 de xullo. 🔸A contía total desta liña de axudas ascende a 24.000 euros. Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4knP9x6

A última etapa da volta ciclista "O Gran Camiño" percorrerá o Concello de Ames este vindeiro domingo, 2 de marzo, o que produ
A última etapa da volta ciclista "O Gran Camiño" percorrerá o Concello de Ames este vindeiro domingo, 2 de marzo, o que producirá cortes puntuais de tráfico nas localidades do Milladoiro e Bertamiráns 🛑🫸 Toda a info ampliada aquí 🔗 https://bit.ly/3QC6FjF

Ames participa nas xornadas "A mocidade, forza motriz para a igualdade" organizadas pola FEGAMP 🔸Trátase do segundo encontro
Ames participa nas xornadas "A mocidade, forza motriz para a igualdade" organizadas pola FEGAMP 🔸Trátase do segundo encontro de alcaldesas e concelleiras onde dialogaron sobre boas prácticas e propostas de futuro para promover políticas locais de igualdade coa mocidade. 🔸A concelleira de Planificación e Xestión Educativa e Mocidade, Carmen Porto, participou nunha mesa de debate sobre as boas prácticas en igualdade co foco na mocidade. 🔸Estas xornadas celebráronse baixo o lema “A mocidade, forza motriz para a #igualdade”, no marco das súas iniciativas da FEGAMP para conmemorar o 8 de Marzo, #DíaInternacionaldaMuller. Toda a info aquí 🔗 https://bit.ly/43hbrKW

O IES do Milladoiro celebra o seu Entroido Intercultural cunha viaxe gastronómica polo mundo 🌏 Será hoxe venres, 28 de febre
O IES do Milladoiro celebra o seu Entroido Intercultural cunha viaxe gastronómica polo mundo 🌏 Será hoxe venres, 28 de febreiro, onde o centro se transformará nun contedor de convivencia positiva e diversidade cultural coa celebración do seu Entroido Intercultural 🎉🎭 Esta iniciativa lúdico-educativa ten como obxectivo poñer en valor a riqueza intercultural do centro, onde convive alumnado de 20 nacionalidades diferentes, e fomentar unha convivencia positiva entre toda a comunidade educativa 📖 Máis ℹ️🔗https://bit.ly/41fzY0p

Aberto o prazo de inscrición para a nova actividade do programa Apego! Desta volta coa sesión de narración oral “Canta, bugui
Aberto o prazo de inscrición para a nova actividade do programa Apego! Desta volta coa sesión de narración oral “Canta, buguina, canta!” de Marta Ortiz 🎶👅 A actividade terá lugar o vindeiro venres 📆 7 de marzo, ás 🕕 18.00 horas, no📍Pazo da Peregrina de Bertamiráns. 📋O prazo de inscrición está aberto ata o 6 de marzo. Para participar, é preciso enviar un ✉️correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal indicando o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto. Toda a info na seguinte ligazón: https://lc.cx/9thEf9

O Milladoiro acollerá este domingo o desfile e concurso de disfraces do Entroido! 🎭 Este vindeiro domingo 2 de marzo celebra
O Milladoiro acollerá este domingo o desfile e concurso de disfraces do Entroido! 🎭 Este vindeiro domingo 2 de marzo celebrarase o concurso e desfile do Entroido de Ames. A saída será ás 17:00 horas desde o aparcamento 🅿️ da Casa da Cultura do Milladoiro e, ata o momento, hai máis de 200 persoas inscritas para participar. 👉🏻O propio día do desfile abrirase de 15:30 a 16:30 un último prazo de inscrición, de forma presencial, para poder participar 👉🏻Repartiranse 2.400 euros en premios O luns 3 de marzo celebrarase o concurso de disfraces infantil en Bertamiráns , unha xornada na que os máis pequenos poderán gozar dunha tarde de Entroido chea de música e moitas máis sorpresas! 💃🏻 Máis información sobre a programación do Entroido en Ames na seguinte ligazón 🔗 https://lc.cx/lIQq4r

ℹ️ Hoxe o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro. 🔸 A Corporación municipal debaterá
ℹ️ Hoxe o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro. 🔸 A Corporación municipal debaterá sobre a aprobación dos anteproxectos técnicos, tanto do novo complexo deportivo do #Milladoiro como para a mellora da piscina municipal A Telleira de #Bertamiráns. Sobre a mesa, tamén está: 🔸A elección de xuíz/a de paz e rectificación do inventario municipal. 🔸 Modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT). 🔸 A aprobación do convenio marco polo que se establecen as bases de cooperación para regular o proxecto Compostela Rupestre. 🔸 A aprobación inicial da modificación do regulamento do programa Xantar na casa e Servizo de axuda no fogar. Toda a info aquí 🔗 https://bit.ly/41vAAAl

Tres atletas do club de atletismo MillaRaio clasifícanse para os campionatos de España 🏃🏻‍♀️🏃🏻 •Puri Cariñena e David Lóp
Tres atletas do club de atletismo MillaRaio clasifícanse para os campionatos de España 🏃🏻‍♀️🏃🏻 •Puri Cariñena e David López van participar no campionato de España Máster que se vai celebrar en Antequera. •Nuno Castro acudirá a Valencia ao campionato de España sub18 para participar na proba de heptatlón, proba na que se proclamou campión galego hai un mes. Se queres saber máis, tes toda a información na seguinte ligazón 🔗 https://bit.ly/4kdJF8h

Gratuidade AP-9 tramo Padrón-Santiago🚗 Os alcaldes dos Concellos de Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira as
Gratuidade AP-9 tramo Padrón-Santiago🚗 Os alcaldes dos Concellos de Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira asinaron este martes un manifesto reclamando a constitución dunha mesa de traballo entre o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible e os Concellos afectados directamente polas tarifas da AP-9 no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, un manifesto, que teña como obxectivo final a gratuidade da mesma. Toda a info do acordo aquí 🔗 https://bit.ly/4bdoWxf

O Pleno aproba o plan de actuación integrado "Conecta Ames" para concorrer á nova convocatoria dos fondos FEDER O plan contem
O Pleno aproba o plan de actuación integrado "Conecta Ames" para concorrer á nova convocatoria dos fondos FEDER O plan contempla a execución de catro grandes proxectos que se enmarcan nunha estratexia xeral e están recollidos na Axenda Urbana 2030. 📺 Pleno completo 🔗 https://bit.ly/41woK9e ℹ️Nova completa 🔗 https://bit.ly/43bQbGj

Ames homenaxea a Rosalía de Castro nunha gala protagonizada polo alumnado dos centros educativos No encontro participaron moi
Ames homenaxea a Rosalía de Castro nunha gala protagonizada polo alumnado dos centros educativos No encontro participaron moitos veciños e veciñas así como o alumnado dos centros educativos de Ames e serviu para poñer en valor a figura da escritora e a súa vinculación co concello. Canda a veciñanza de Ames, na gala participaron Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, e María López Sández, membro tamén da dita fundación. O acto pechouse cun concerto de Uxía Senlle e Santi Cribeiro que remataron cantando o tema “No bico un cantar” con boa parte do alumnado presente con eles no escenario 🎼 ℹ️🔗 https://bit.ly/3XdHBDp

Ames enxalza a figura de Rosalía de Castro con murais rosalianos, obradoiros, excursións, andainas e unha gala poético-musica
Ames enxalza a figura de Rosalía de Castro con murais rosalianos, obradoiros, excursións, andainas e unha gala poético-musical! 🎨🖌️Fernando Yáñez realizou unha intervención artística nas rúas de Ames pintando catro elementos de mobiliario público coa silueta de Rosalía e tamén cuns versos da autora. Ademais, o luns 24, ás 19.00 horas, celebrarase unha gala poético-musical na Casa da Cultura de Bertamiráns, na que participará o alumnado dos centros de ensino de infantil, primaria e secundaria. E os rapaces e rapaces dos centros escolares degustaron o Caldo de Gloria ao que lle cantaba Rosalía nos seus versos! Toda a programación aquí 📖🖋️https://bit.ly/4idNd8R

🏆 O club Ames Atletismo Savante logra seis medallas nos campionatos galegos de marcha en ruta e de lanzamento longos O 9 de
🏆 O club Ames Atletismo Savante logra seis medallas nos campionatos galegos de marcha en ruta e de lanzamento longos O 9 de febreiro acudiron 7 atletas ao campionato galego de marcha en ruta celebrado na Pobra do Caramiñal onde todos fixeron marca persoal e lograron 5 medallas, mentres que o sábado 8 de febreiro participaron 4 atletas no campionato galego de lanzamentos longos sub 18/20, onde conseguiron 1 medalla máis. En total, lograron 6 medallas nestes dous campionatos 🥇 Toda a información: https://bit.ly/3Qyj6wZ

Aberto o prazo para a participación das agrupacións musicais non profesionais de Ames nas festas populares ou actividades de
Aberto o prazo para a participación das agrupacións musicais non profesionais de Ames nas festas populares ou actividades de dinamización sociocultural de 2025 🔸O prazo de solicitude remata o 6 de marzo 🔸En 2025 a contía total desta liña de axudas ascenderá a 24.000 euros 🔸Esta iniciativa busca fomentar a celebración das festas e colaborar na súa organización, facendo máis doada o labor que está a desenvolver o tecido asociativo e as comisións de festas do concello no eido da dinamización sociocultural Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/41rapuy

Ames concorrerá aos Fondos Europeos EDIL con un Plan de Acción Integrado para crear un novo mercado municipal, unha senda cic
Ames concorrerá aos Fondos Europeos EDIL con un Plan de Acción Integrado para crear un novo mercado municipal, unha senda ciclable do Milladoiro a Bertamiráns, implantar un sistema de transporte público e mellorar a oferta de servizos no rural 🔸Trátase do plan Conecta Ames que se vai presentar á nova convocatoria dos fondos FEDER, para plans de actuación integrados das entidades locais no marco do desenvolvemento urbano sustentable (coñecidas como EDIL). 🔸O prazo para a presentación de proxectos remata o vindeiro venres 28 de febreiro. 🔸O plan de Ames contempla a execución de catro grandes proxectos, que se enmarcan nunha estratexia xeral, e están recollidos na #AxendaUrbana2030 Toda a ℹ️ https://bit.ly/4hSOum0

🥉 Pablo Cariñena e Breixo Otero, do Club Atletismo MillaRaio, gañan a medalla de bronce en lanzamento de disco nas categoría
🥉 Pablo Cariñena e Breixo Otero, do Club Atletismo MillaRaio, gañan a medalla de bronce en lanzamento de disco nas categorías sub20 e sub16 Neste campionato sub16 tamén competiu Yago Bouzas, en lanzamento de martelo, mellorando a súa marca persoal en seis metros. No campionato de marcha en ruta participaron Ana Barreiro, na categoría sub16, e Olaia Pazos, Sabela Cabo e Sara Blanco, na categoría sub12, conseguindo todas elas mellorar as súas marcas persoais. Parabéns e a seguir así! 💪🏻 Toda a info aquí 🔗: https://bit.ly/4k51lmx

Novas formacións da aula CeMIT 🔸Serán tres cursos para adultos: 🖥️“Follas de cálculo con LibreOffice Calc” 👁️ “Iniciación
Novas formacións da aula CeMIT 🔸Serán tres cursos para adultos: 🖥️“Follas de cálculo con LibreOffice Calc” 👁️ “Iniciación ás redes sociais” 📲 “Sácalle partido ao teu teléfono móbil!” 🔸Tamén organizan un curso de scartch dirixido para menores de idade, que se desenvolverá en Semana Santa. 📝A inscrición para calquera dos cursos pode facerse chamando ao 682 373 753, escribindo un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.gal ou de forma presencial nas propias instalacións da aula CeMIT en Bertamiráns. Toda a info relativa aos cursos aquí 🔗 https://bit.ly/43elMHL