en
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

Open in Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Show more
761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na actividade de Guadi Galego e Guillerme Fernández “Arrolos de salitre”
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na actividade de Guadi Galego e Guillerme Fernández “Arrolos de salitre” 👶🏻🎶 no marco do programa Apego 🔸Un obradoiro de cantos de berce “Arrolos de salitre”, de Guadi Galego e Guillerme Fernández, que se desenvolverá: 🗓️ Venres 9 de maio, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. 📋O prazo de inscrición está aberto desde hoxe, mércores 30 de abril, ata o vindeiro xoves día 8 de maio. 📩 Para participar, é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, idade das crianzas e un teléfono de contacto. Para máis ℹ️🔗 https://bit.ly/4lT3aUv

Listaxes provisionais de admitidas/os no programa municipal de Campamentos de verán 2025 📋 🔸As devanditas listas están publ
Listaxes provisionais de admitidas/os no programa municipal de Campamentos de verán 2025 📋 🔸As devanditas listas están publicadas na web municipal e nos taboleiros oficiais do concello. Haberá que comprobar o código asignado a cada usuario/a para saber se está admitido/a no campamento que fixo a inscrición. 🔸Poderanse facer as alegacións que se consideren oportunas. Posteriormente, o 6 de maio publicaranse as listas de admitidas/os definitivas. A información completa sobre o proceso de matrícula pódese consultar nas bases do programa. Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3Grtuoy

A IV Carreira de Orientación do Concello de Ames celebrarase o vindeiro domingo 11 de maio 🏃🏻‍♀️ 🔸A proba, desta volta, re
A IV Carreira de Orientación do Concello de Ames celebrarase o vindeiro domingo 11 de maio 🏃🏻‍♀️ 🔸A proba, desta volta, realizarase na localidade do Milladoiro, a partir das 11.00 horas. 🔸O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro mércores, 7 de maio, ata as 23.59 horas, e pódese facer a través desta ligazón. Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3RIHY5Q

Aquí vos deixamos un resumo das medidas debatidas no Pleno Municipal de Ames celebrado este mércores ℹ️ A Corporación aprobou
Aquí vos deixamos un resumo das medidas debatidas no Pleno Municipal de Ames celebrado este mércores ℹ️ A Corporación aprobou importantes acordos como: • Novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar • Melloras viarias en Capeáns – A Pousada • Aprobación inicial do Consello Sectorial da Xuventude • Modificacións en programas como Xantar na Casa e comedores escolares • Adhesión á asociación Ames Solar • Impulso ao proxecto Ames Digital Water Tamén se aprobaron mocións sobre: • Ampliación da EDAR de Sisalde (PSdeG) • Mellora de vías municipais (PP) • Rexeitamento á macrocelulosa de ALTRI (BNG) Consulta o pleno completo na canle de Youtube do Concello e amplía a información na crónica da web ao detalle 🔗https://bit.ly/42CkEwJ

O Concello de Ames recupera a normalidade tras o apagamento eléctrico e de telecomunicacións deste luns 28 de abril. 🔹Organi
O Concello de Ames recupera a normalidade tras o apagamento eléctrico e de telecomunicacións deste luns 28 de abril. 🔹Organizouse un operativo especial para garantir servizos básicos como o funcionamento dos comedores escolares, o abastecemento de auga e a atención ás persoas maiores e vulnerables. 🔹A Casa do Concello mantívose aberta para atender calquera incidencia e servir de punto de referencia ante posibles emerxencias. Grazas pola colaboración e comprensión da veciñanza! Aquí vos deixamos máis ℹ️ do acontecido 🔗https://bit.ly/43128gG

ℹ️ O Pleno abordará a adxudicación do novo contrato do servizo de axuda no fogar 🏠 🔹Hoxe, mércores 30, o Concello de Ames c
ℹ️ O Pleno abordará a adxudicación do novo contrato do servizo de axuda no fogar 🏠 🔹Hoxe, mércores 30, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario de abril. 🔹Debateranse temas como o novo contrato do SAF, cambios nos regulamentos de comedores e atención temperá, obras en Covas, creación do Consello da Xuventude, e a adhesión a Ames Solar. 🔹Tamén se tratarán mocións sobre a EDAR de Sisalde, melloras viarias e o rexeitamento á macrocelulosa de ALTRI. 📹 Sígueo en directo na canle de YouTube do Concello. Máis ℹ️ da convocatoria e temas a debater aquí 🔗https://bit.ly/3RIAIXz

🍽️ A Rede municipal de comedores escolares volverá estar operativa a partir de hoxe, mércores 30 de abril. Dende a Concellar
🍽️ A Rede municipal de comedores escolares volverá estar operativa a partir de hoxe, mércores 30 de abril. Dende a Concellaría de Planificación e Xestión Educativa informamos que, debido ao corte de subministro eléctrico do pasado 28 de abril,o menú previsto para os días 30 de abril e 2 de maio deberá sufrir algunhas modificacións. Estes cambios son loxísticos, co obxectivo de aproveitar o excedente de alimentos 🍲 e garantir, como sempre, a máxima calidade e cantidade ✅ Lamentamos as molestias que isto poida ocasionar e agradecemos a vosa comprensión. Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4cWhp6L

Hoxe, martes 29 de abril, o Concello de Ames non poderá prestar os servizos municipais de conciliación de comedor escolar e Tardes Divertidas, debido á suspensión da actividade lectiva tras a incidencia do apagón de onte. O resto de servizos municipais funcionarán con normalidade: Escola Municipal de Música, Escolas Deportivas e Amessan. Agradecemos a vosa comprensión e pedimos desculpas polas molestias.

♻️ O Concello de Ames investe máis de 63.000€ para ampliar a rede de compostaxe doméstica ♻️ Instalaranse 200 composteiros e
♻️ O Concello de Ames investe máis de 63.000€ para ampliar a rede de compostaxe doméstica ♻️ Instalaranse 200 composteiros e repartiránse 4 biotrituradoras domésticas que se cederán á veciñanza co fin de xestionar os restos de poda e mellorar a calidade do compost realizado. ♻️ En maio ábrese a convocatoria para participar no proxecto. Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/42QqOIE

📖 O Concello de Ames presenta o libro antolóxico do XXI Certame Literario ✍️ 🔸O departamento de Normalización Lingüística d
📖 O Concello de Ames presenta o libro antolóxico do XXI Certame Literario ✍️ 🔸O departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ames organizou este sábado 26 de abril, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, un acto para presentar o libro antolóxico do XXI Certame Literario. 🔸A dito acto acudiron a maior parte dos gañadores e gañadores do certame literario de 2024, así como varios representantes da Corporación municipal, entre os que se atopaban o alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística. 🔸O acto estivo presentado pola xornalista de Ames Radio, Belén Martínez. Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4jVQTwN

A IV Feira da Saúde e Benestar celebrouse este sábado en Bertamiráns! 🔸A Praza da Maía acolleu unha xornada dedicada aos háb
A IV Feira da Saúde e Benestar celebrouse este sábado en Bertamiráns! 🔸A Praza da Maía acolleu unha xornada dedicada aos hábitos saudables, na que 12 asociacións ofreceren información e recursos a todas as persoas asistentes. Un día para aprender, compartir e coidar da nosa saúde! Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/4cM9rwY

Cinema Miúdo procura curtametraxes que defendan a paz e os Dereitos Humanos para a súa oitava edición 🎬 🔸O Concello de Ames
Cinema Miúdo procura curtametraxes que defendan a paz e os Dereitos Humanos para a súa oitava edición 🎬 🔸O Concello de Ames prepárase para acoller a oitava edición do Festival Internacional de Cinema Infantil, Cinema Miúdo, que se celebrará do 13 ao 16 de novembro na Casa da Cultura de Bertamiráns 🎥🎬 🔸 Este encontro cinematográfico ofrece ao público miúdo galego filmes inéditos, orixinais e sorprendentes, procedentes de diversos países e culturas; así como actividades paralelas como obradoiros e espectáculos. Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/42XTsbT

🎼 A Escola de Música de Ames está de aniversario… e celebrámolo con música! Este venres 25 de abril 🎉, a partir das 19:00h
🎼 A Escola de Música de Ames está de aniversario… e celebrámolo con música! Este venres 25 de abril 🎉, a partir das 19:00h na Praza de Chavián (Bertamiráns) 🎶, celébrase o IV Encontro das Escolas Municipais de Música! Un evento moi especial no que participarán: * A EMMA, que celebra 20 anos de historia * As Escolas Municipais de Música de Muros e Caldas de Reis * Gael, gañador do Quero Cantar na categoría infantil * Emma e Candela, gañadoras na categoría xuvenil Música, talento e moita ilusión nunha tarde que promete emocións 🎼💫 Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/4ixGPJi

Quedan prazas para participar na andaina polo Mar de Ovellas este domingo 27 de abril! 🚶‍♀️🌿 Un percorrido teatralizado pol
Quedan prazas para participar na andaina polo Mar de Ovellas este domingo 27 de abril! 🚶‍♀️🌿 Un percorrido teatralizado polos Quinquilláns e Lupe Blanco, dentro da programación de Rosalía 2025. Partimos de Augapesada e chegamos ata Trasmonte, seguindo o Camiño de Fisterra – Muxía. Unha ruta de dificultade media, perfecta para gozar da natureza e da nosa cultura! Ao final… festa con música e petiscos no local social de Trasmonte! 🎭🎶🍡 Reserva a túa praza xa! Envía un correo a: normalizacion@concellodeames.gal

A Proa estivo presente na Feira das Profesións 2025 de Negreira! ✍🏻 Sete coworkers do espazo colaborativo A Proa do Concello
A Proa estivo presente na Feira das Profesións 2025 de Negreira! ✍🏻 Sete coworkers do espazo colaborativo A Proa do Concello de Ames participaron nesta xornada inspiradora celebrada no pavillón Pedra Mámoa de Negreira 🧭✨ Un evento organizado polos departamentos de orientación do IESP de Ames, IES de Brión, IES Xulián Magariños e, por primeira vez, co IES do Milladoiro! Durante todo o día, o alumnado puido coñecer de primeira man diferentes camiños profesionais e modelos de traballo colaborativo grazas á experiencia dos nosos coworkers 💼💬 Aquí tes máis ℹ️🔗 https://bit.ly/4iuIy1G

Xa podes votar polo/a mellor deportista de Ames 2024 🎖️ 👉🏻 Ata o vindeiro 7 de maio está aberto o prazo para votar polo/a
Xa podes votar polo/a mellor deportista de Ames 2024 🎖️ 👉🏻 Ata o vindeiro 7 de maio está aberto o prazo para votar polo/a mellor deportista de Ames do ano 2024, a través desta enquisa: https://lc.cx/B5aT4y 👉🏻 O evento celebrarase o venres 9 de maio, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, e nel daranse a coñecer tamén os/as gañadores/as do resto de galardóns da XVII Gala do Deporte. 🟠 Candidatos/as a mellor deportista de Ames 2024 🟠 👉🏻 Tariku Novales Quinteiro 👉🏻 Nuria Rábano Blanco 👉🏻 Guillermo Carracedo Robelo 👉🏻 Blanca Millán Modía 👉🏻 Pablo Hernández Montenegro, 👉🏻 Hugo Novoa Ramos Toda a info na seguinte ligazón 🔗 https://lc.cx/goQNgC

❌ O alumnado do IES de Ames di non á violencia sexual Este pasado martes, o alumnado do IES de Ames participou na campaña “Ag
O alumnado do IES de Ames di non á violencia sexual Este pasado martes, o alumnado do IES de Ames participou na campaña “Agresión off, eu digo non á violencia sexual” da Xunta de Galicia. A través de xogos e dinámicas participativas 🎲, mozos e mozas aprenderon de xeito lúdico a identificar e rexeitar as violencias machistas e sexuais 🚫 Unha actividade promovida polo Centro de Información á Muller (CIM), co obxectivo de concienciar e sensibilizar sobre a necesidade de construír relacións baseadas no respecto, a igualdade e a liberdade. Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4jMnFAo

Este sábado, 26 de abril, celébrase a IV Feira da Saúde e Benestar en #Bertamiráns! 🩺 Organizada polo Concello de Ames, a tr
Este sábado, 26 de abril, celébrase a IV Feira da Saúde e Benestar en #Bertamiráns! 🩺 Organizada polo Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción da Saúde, esta xornada busca promover hábitos saudables para todas as idades. 📍 Praza da Maía – Bertamiráns 🕚 De 11:00 a 20:00 h 12 asociacións compartirán información e recursos nos seus stands, e tamén haberá: 🔹Faladoiros na Casa dos Maiores: • Etiquetas alimentarias, con Áurea Casáis Martínez (dietista, nutricionista e xerontóloga) • Alimentación e deporte como canalizadores das emocións, con Belén Montesa (psicóloga) 🔹Actividades deportivas para todas as idades: • Sesións de ioga e taichi • Andaina polo Rego dos Pasos Aquí tes toda a ℹ️ https://bit.ly/3GlM2q9

Ames acolle “A derradeira leición do mestre” de Castelao! 🎨 👉🏻O Concello de Ames e o grupo Chévere chegaron a un novo acor
Ames acolle “A derradeira leición do mestre” de Castelao! 🎨 👉🏻O Concello de Ames e o grupo Chévere chegaron a un novo acordo de colaboración vencellado ao proceso de creación da nova obra que a compañía está preparando 🎭 🎨 Trátase dunha obra protagonizada por Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, que toma como punto de partida o cadro de Castelao titulado “A derradeira leición do mestre”, para falar de como se constrúen as narrativas da memoria 📝 🎨 Dentro desta colaboración, o Concello de Ames ofrece a Chévere un espazo para realizar unha residencia de traballo e ensaios entre os meses de xaneiro e febreiro de 2026 e Chévere realizará no concello de Ames varias actividades asociadas ao proceso de creación. 🔸Casa da Cultura do Milladoiro: do 22 ao 30 de abril. 🔸Casa da Cultura de Bertamiráns: do 30 de abril ata o 9 de maio. Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/42JlV3O

📢 Xuño Lúdico 2025: Prazo de inscrición aberto! Dende hoxe, 23 de abril, ata o 7 de maio, podes anotar aos teus pequenos e p
📢 Xuño Lúdico 2025: Prazo de inscrición aberto! Dende hoxe, 23 de abril, ata o 7 de maio, podes anotar aos teus pequenos e pequenas no servizo de conciliación “Xuño Lúdico” 🎉🤸‍♀️, que se desenvolverá do 23 ao 30 de xuño. 👨‍👩‍👧‍👦 Quién pode participar? * Familias empadroadas no Concello de Ames * Nenos e nenas do 2º ciclo de Infantil e Primaria ⏰ Horario: 7:30 – 16:00 h 🍽️ Inclúe servizos de comedor e Bos Días 📝 Como inscribirse? * Sede electrónica do Concello de Ames * Oficinas de Rexistro (O Milladoiro e Bertamiráns) Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3YHDK1W