Concello de Ames
Open in Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Show more761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
☕️📖 Encontros Literarios: Libro, café e conversa!
Achégase unha nova edición dos encontros literarios no Centro Cultural Mahía da man da Asociación Cultural a Mahía de Bugallido , coa colaboración do Concello de Ames.
ℹ️ Sábado 10 de maio ás 19:00 h
Antón Lopo presentará “Extraordinario”, novela gañadora do Premio Repsol de Narrativa Breve.
ℹ️ Domingo 15 de xuño ás 19:00 h será Antía Otero a que nos achegue á súa poesía co libro “O cuarto das abellas”.
Aviso ℹ️ #CampamentosVeránAmes
☀️ Listaxes definitivas de admitidas/os no programa municipal de Campamentos de verán 2025.
☀️Publícase unha emenda das listas definitivas dos campamentos de verán dirixidos a alumnado de educación primaria.
☀️Ademais, infórmase que o sorteo dos campamentos nos que se superou o límite de prazas realizarase o mércores, 14 de maio, ás 12.00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello.
Toda a ℹ️ e listaxes aquí 🔗 https://bit.ly/438tQbl
Abre o prazo de inscrición na “Foliada con Apego” de Pablo Díaz e Olga Kirk
Será o venres 16 de maio no Pazo da Peregrina ás 18.00 horas 🧑🧑🧒🧒
✉️ As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 15 de maio, no que se indique o nome da actividade, nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3RXlazg
Ames acolle o 14 de maio unha exhibición solidaria de medios da Garda Civil 🚁
🔹A área deportiva de Bertamiráns vai acoller o vindeiro mércores, 14 de maio, unha exhibición de medios da Garda Civil.
🔹Pola mañá, de 10.00 a 14.00 horas, a exhibición está dirixida ao alumnado dos centros educativos, mentres que pola tarde, de 16.00 a 18.00 horas, o acceso será libre para a veciñanza que queira acudir.
🔹A través desta actividade o servizo da Garda Civil ofrece unha exhibición dos seus servizos. Ao mesmo tempo faise unha recollida de alimentos non perecedoiros.
🔹Anímase a veciñanza a colaborar nesta iniciativa solidaria. Todos os produtos que se recollan serán doados a Cáritas Milladoiro e Cáritas San Xoan de Ortoño.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4kd4Kip
O Concello de Ames celebra este venres a XVII edición da Gala do Deporte na Casa da Cultura de Bertamiráns 🏀⚽️🎾
🔸Este venres, o auditorio de Bertamiráns acollerá a XVII Gala do Deporte de Ames, onde se renderá homenaxe aos deportistas máis destacados do concello durante o pasado 2024.
🔸O acto terá lugar ás 20.30 horas e estará presentado polos xornalistas Lorena Pose e Diego Viaño.
🔸A votación da categoría reservada para o público está aberta ata hoxe á medianoite.
🔸Tamén haberá un recoñecemento especial a Jorge Pérez, do Club Ciclista Os Esfola Arrós, e ao Real Aero Club de Santiago, pola súa vinculación e colaboración habitual en eventos e probas deportivas do Concello de Ames.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4kaw7tu
O Concello de Ames elabora unha programación específica con motivo do Ano Castelao ✍️
🔸A programación en Ames con motivo do Ano de Castelao continuará o 19 de setembro, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, coa representación do espectáculo “Castelao”, de Culturactiva Producións.
🔸O 7 de novembro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, Mofa e Befa representan o espectáculo “Os dous de sempre. O Regreso.”
🔸Ademais, dentro do ciclo Cine de Outono vaise proxectar o filme “Antes de nós”, que conta coa dirección de Ángeles Huerta e guión de Pepe Coira.
Toda a ℹ️ e actividades ao detalle aquí 🔗 https://bit.ly/4k5vml5
A II edición dos Premios XEA reúne preto de 100 persoas nun acto de celebración empresarial en Ames 🤝🏼
🔹A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) celebrou este luns, 5 de maio, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, a segunda edición dos Premios XEA, coincidindo coa presentación da súa nova páxina web e slogan “Eu son XEA”.
🔹O evento congregou a preto de cen persoas, a maioría deles socios e socias da asociación aos que tamén se uniron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e outros membros do Goberno local, así como representantes dos grupos políticos da Corporación municipal, nun acto que puxo en valor o tecido empresarial do municipio.
Os premiados foron:
Premio Comercio: @bandinilibros Premio Servizos: @bj_trainers
Premio Hostalería: @otransistor_ Premio Beleza e Benestar: @fatima_prego_estilistas
Premio Especial XEA: @cafedonbudi, polo seu 25 aniversario
Toda a ℹ️ e 📸 https://bit.ly/3Sl2dqm
Remata a segunda edición do ciclo de xornadas sobre saúde en Bugallido cunha sesión sobre medicina nuclear 🩺💊
🔹O pasado 24 de abril, o Centro Cultural Mahía de Bugallido acolleu a última das sesións do programa “Abril, mes da saúde en Bugallido”, un ciclo de xornadas de divulgación para achegar á veciñanza diferentes aspectos relacionados co ámbito sanitario e o noso benestar.
🔹Nesta última sesión, a médica e xefa do Servizo de Medicina Nuclear do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, Virginia Pubul Núñez, impartiu unha charla sobre a especialidade da medicina nuclear.
Toda a ℹ️ da sesión aquí 🔗 https://bit.ly/3EHDQ38
O programa #Trouleado retoma a súa actividade neste mes de maio cunha xornada do xogo ‘Humor Amarillo’ 🙌🏻
🟡 Os mozos e mozas amesáns poderán gozar o vindeiro 25 de maio dunha xornada de ‘Humor Amarillo’, un xogo no que os participantes teñen que realizar varias probas do máis orixinais.
🟡 A actividade é de balde e está dirixida para a mocidade nada entre 1995 e 2012.
📋O prazo para inscribirse comeza este mércores, día 7 de maio, e estará aberto ata o vindeiro luns, día 12. Para participar, é preciso enviar a ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo xuventude@concellodeames.gal. Hai 50 prazas dispoñibles e adxudicaranse pola orde de chegada das solicitudes.
Toda a ℹ️ e fichas de inscrición aquí 🔗 https://bit.ly/4m315FA
📚Volven os Encontros Literarios este mércores coa presentación de “A mirada de Flor” de Margarita Murillo!
🔸A sesión terá lugar este vindeiro mércores, día 7, ás 20.00 horas, no Pazo da Peregrina.
🔸Como vén sendo habitual, a entrada será libre ata completar aforo.
Se queres saber máis desta cita, toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/431MvoS
A Escola Municipal de Música de Ames celebra o 20 aniversario cunha gala musical no #Milladoiro 🎼
🎵Esta mañá presentouse no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro a Gala 20 aniversario da Escola Municipal de Música de Ames, que se celebrará o venres 23 de maio, ás 19.30 horas, no pavillón municipal do Milladoiro.
🎵Haberá diversas actuacións musicais a cargo do combo xuvenil e de antigos alumnos/as da EMMA. Tamén se proxectará un vídeo conmemorativo da Escola Municipal de Música.
🎵Esta gala enmárcase dentro da programación especial do 20 aniversario. Durante este curso hai arredor de 175 alumnos/as matriculados na EMMA.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4lXijUR
Máis de 200 persoas asistiron ás proxeccións do programa Abril de Cine 🍿
🎬 O pasado martes, 22 de abril, púxose fin a unha nova edición do programa Abril de Cine, unha iniciativa enmarcada dentro da programación deseñada polo departamento de Cultura do Concello de Ames.
🎬 O obxectivo principal deste proxecto era achegar o cinema galego actual á veciñanza amesá. Desta volta, houbo tres sesións de cine nas que se proxectaron, por unha parte, os filmes “Prefiro condenarme”, de Margarita Ledo, e “Filmei paxaros voando”, de Zeltia Outeiriño, e por outra, unha sesión con catro curtas diferentes.
🎬 No ciclo deste ano participaron un total de 235 persoas, superando amplamente as cifras de asistencia da pasada edición (125 persoas).
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/42KAu8J
Preto de 200 persoas participaron nas andainas teatralizadas polo Mar de Ovellas 🌱
O Concello de Ames, a través dos departamentos de Normalización Lingüística e Turismo, organizou catro rutas polo Mar de Ovellas, incluídas na programación de #Rosalía2025 🎭
🔸Houbo tres saídas específicas para o alumnado dos institutos de Ames e realizouse unha para o público xeral.
🔸Arredor de 100 rapaces e rapazas do IES do Milladoiro, repartidos en dous grupos, participaron nesta actividade (a primeira saída foi o 18 de febreiro e a segunda o 11 de marzo). Do IES de Ames (Bertamiráns) participaron arredor de 50 alumnos/as que fixeron a andaina o 17 de marzo, mentres que a andaina para a veciñanza en xeral foi o pasado 27 de abril. Nesta cuarta ruta participaron 45 persoas.
🔸As andainas estiveron teatralizadas polo persoal do grupo teatral Os Quinquilláns e polo músico Luís O´Caruncho.
Toda a ℹ️ e 📸 aquí 🔗https://bit.ly/4iNyXDE
Aberto o prazo de inscrición para a 5ª Andaina Saudable no Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía! 🚶♀️🌿
A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde continúa coas Andainas Saudables, percorrendo o Camiño Real cara Fisterra e Muxía. A vindeira cita será o sábado 10 de maio, coa quinta etapa: de Dumbría ata Os Muíños.
Inscricións abertas ata o mércores 7 de maio ás 14:00 h. Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/42Z8AEO
Servizo de autobuses 🚌:
• Casa da Cultura do Milladoiro: saída ás 9:00 h
• Praza do Concello en Bertamiráns: saída ás 9:15 h
Toda a ℹ️🔗 https://lc.cx/gRBd7-
As unidades móbiles de expedición contan con máis servizos incorporados, axilización do proceso coa expedición instantánea e expansión, cun punto no Milladoiro
🔹Os días 2, 3 e 4 de xuño, poderás renovar o teu DNI, Pasaporte, certificados dixitais ou claves electrónicas sen saír do Concello de Ames.
🔹Deste xeito, os días 2 e 3 estarán na Casa da Cultura de Bertamiráns e, o día 4 de xuño, na Casa da Cultura do Milladoiro.
🔹Os horarios do servizo manteranse como viñan sendo habitualmente, sendo de 9.00 a 12.30 horas.
Trámite rápido: documentos listos en 10 minutos ✅
Solicita cita previa en:
✉️ gabinete@concellodeames.gal
☎️ 881 074 730
(indica nome, apelidos e teléfono de contacto)
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/42YelCw
☀️ Abre o prazo para inscribirse na Escola de verán 2025 ☀️ Presentación de solicitudes desde o 2 ao 16 de maio 📆
A Escola de Verán do Concello de Ames está dirixida a nenos e nenas de 2º ciclo de Infantil e Primaria, coa finalidade de conciliar a vida laboral e familiar durante o verán.
📍 Lugares:
* CEIP da Maía (Bertamiráns)
* EEI do Milladoiro
* CEP de Ventín (Milladoiro)
🕒 Horario: 7:30 a 16:00 h
Inclúe servizo de comedores e Bos días
📩 Inscrición:
* Na Sede electrónica do Concello
* Ou nas oficinas do rexistro (Milladoiro e Bertamiráns)
‼️ As solicitudes fóra de prazo pasarán á listaxe de agarda.
Amplía aquí toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4iPnNhF
♻️ O centro de depósito de residuos rexistrou 693 visitas no punto limpo de O Milladoiro e 44 no punto limpo móbil
♻️Durante o pasado mes destaca a achega de 812 quilogramos de plástico, 729 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos (PAES), 3.072 quilogramos de madeira e 5.019 quilogramos de mistura de formigón, ladrillos e outros refugallos procedentes da construción.
♻️O Punto limpo móbil ampliou os seus servizos, polo que o último sábado de cada mes presta servizo nas urbanizacións de Aldea Nova, As Mimosas e Agro do Muíño.
Amplía a ℹ️🔗 https://bit.ly/4lVGyCB
🏢 O Concello de Ames porá a disposición da Xunta de Galicia terreos para a construción dunha residencia de maiores no termo municipal amesán
🔹Este ofrecemento está motivado nas recentes declaracións do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que anunciou o plan de residencias “máis ambicioso” da historia.
🔹Dende o Concello de Ames foron varios os alcaldes, de distinto signo político que trataron, sen éxito, de que o goberno autonómico aténdese esta reclamación histórica que se está a converter nunha necesidade ineludible.
Amplía aquí toda a ℹ️🔗https://bit.ly/42VfCdw
📝🎵 A Escola Municipal de Música de Ames abre este venres o prazo de renovación de praza para o alumnado matriculado neste curso
🎶 A solicitude poderase realizar ata o venres 9 de maio, a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro, situadas na Casa do Concello (Bertamiráns) e na Oficina municipal do Milladoiro.
Impreso de solicitude de renovación de praza 🔗https://bit.ly/44PipHL
Toda a ℹ️ https://bit.ly/3EP4MxN
A Xunta renovará a cuberta do CEIP de Barouta e eleva a case 16 millóns de euros o investimento nos centros educativos de Ames 📖
🔸A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP licitou a obra de cambio de cuberta do CEIP de Barouta por máis de 230.000 euros, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética do centro.
🔸A previsión, suxeita aos correspondentes trámites administrativos, é iniciar a obra a finais de xuño, tras a fin do curso académico, e rematala en setembro deste ano.
🔸A nova actuación eleva a preto de 16 millóns de euros o investimento da Xunta nas infraestruturas educativas de Ames, dos que o proxecto de maior envergadura é a construción dun novo colexio no Milladoiro, en fase de licitación por máis de 12 millóns de euros.
🔸Ademais, xa está rematada a ampliación do CEIP Agro do Muíño, que contou cun investimento de máis de 3,4 millóns de euros.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/43apoK4
