ch
Feedback

不要被骗子欺骗!Telemetrio 会找到并标记这些频道 👉 如果想查看标记,请订阅 👈

Concello de Ames

Concello de Ames

前往频道在 Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

显示更多
761
订阅者
无数据24 小时
-17 天
+730 天
帖子存档
Bo día. O Concello de Ames segue a sumar habitantes e supera os 32.000 habitantes. Durante o 2019 houbo 271 nacementos e ata mediados deste ano 2020 contabilízanse 146 nacementos. En canto ás defuncións en 2019 houbo 192 e ata mediados deste ano producíronse 92 defuncións. + INFO: bit.ly/3kvxswt

COVID-19 Desde hoxe entra en vigor o Real Decreto 926/2020 polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas pola Covid que establece a limitación da liberdade de circulación das persoas de 23:00 a 6:00 horas +INFO: http://bit.ly/37Tdkkz

Boa tarde. Este domingo, ás 20.00 horas, poderase ver a Gala Máxica Internacional por streaming. Deste xeito, trátase de achegar o Festival de Maxia de Ames a nenos/as e adultos, xa que o aforo da Casa da Cultura de Bertamiráns foi reducido debido ás restricións pola Covid-19. Existen dúas opcións: 👉Páxina de directos: concellodeames.gal/directo 👉Canle de YouTube: bit.ly/3ooUQOo

AMES SAUDABLE O Concello presenta o programa “Ames Saudable” ao Premio de Calidade da Rede Española de Cidades Saudables. + INFO: bit.ly/3miugoa

CONCESIÓN DE AXUDAS Apróbase o reparto de 51.000 euros entre as asociacións culturais e as comisións de festas de Ames. Amplíase o prazo de xustificación, é dicir, as asociacións teñen ata o 16 de novembro para entregala. +INFO: bit.ly/2J2oDfT

ATLETISMO Tres atletas amesáns do Club de atletismo MillaRaio competirán nos campionatos de España individuais ao aire libre sub14 e sub16. Os rapaces clasificados son Daniel Cariñena López, Pablo Cariñena López e Nuno Castro Albán. +INFO: bit.ly/3krpCDS

outubro.jpg1.49 MB

Bo día. Suspéndese a velada de terror do programa Trouleando prevista para o venres 30 de outubro por mor das novas restricicóns para loitar contra a Covid-19. +INFO: bit.ly/31wCTE0

COVID-19 O número de casos de COVID no concello de Ames, segundo se traslada desde a Consellería de Sanidade a 22 de outubro, é de 82 casos activos. Estase facendo o seguimento a 227 persoas que estiveron en contacto con algún caso positivo. +INFO: bit.ly/3m8KYGL

cartel Galicia.jpg5.66 KB

cartel milladoiro.jpg6.79 KB

COVID-19 O Concello de Ames informa das novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia fronte á Covid19: http://bit.ly/34pndUZ -Medidas para O Milladoiro: http://bit.ly/3kqkUGA -Medidas para Galicia: http://bit.ly/3jlq7y7 -Bando municipal: http://bit.ly/37v1FYM

cartel festival de maxia.jpg2.01 MB

👉 FESTIVAL DE MAXIA Debido as novas restricións, as funcións da Gala Máxica Internacional do domingo 25, trasládanse á Casa da Cultura de Bertamiráns. Ás 20:00 horas, a Gala poderase ver na canle de YouTube e en directo na web do Concello. +INFO: bit.ly/3mfKAq3

SUSPÉNDESE PRESENTACIÓN DE LIBRO Debido ás novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia para facer fronte á evolución da pandemia da Covid-19, suspéndese a presentación do libro "A Batalla de Altamira", que estaba prevista para este sábado, 24 de outubro. + INFO: bit.ly/2HsCivA

cartel_programacion_bibliotecas.jpg1.62 MB

PROGRAMACIÓN BIBLIOTECAS Modifícase a programación das Bibliotecas municipais ata mediado de novembro por mor das novas restricións pola Covid-19 . A única actividade que se mantén é “Pequenas historias subversivas”, o vindeiro venres 30 de outubro. O resto de actividades aprázanse a novas datas. + INFO: bit.ly/3ok47rg

PLAN REACTIVA AMES O Plan Reactiva Ames, que conta con 99 medidas de reactivación económica e social e 7 millóns de investimento, pódese consultar de xeito permanente no apartado de Transparencia – Acción de Goberno da web municipal. www.concellodeames.gal/gl/transparencia/accion-de-goberno

Bo día. Mañá, venres 23 de outubro, remata o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Música. A solicitude poderase descargar a través da web do Concello. As prazas adxudicaranse por sorteo o martes 27 de outubro. +INFO: bit.ly/2TfymRJ

PLAN REACTIVA AMES O Concello de Ames elabora un vídeo promocional do comercio amesá baixo o lema `En Ames témolo todo!´. Se estás interesado/a en ver o vídeo promocional accede ao seguinte enlace: http://youtu.be/iyJwezcxO5s +INFO: http://bit.ly/3kwlH9b