Concello de Ames
Kanalga Telegram’da o‘tish
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Ko'proq ko'rsatish761
Obunachilar
Ma'lumot yo'q24 soatlar
-17 kun
+730 kun
Postlar arxiv
AXUDAS
Convócanse axudas dirixidas ao sector hostaleiro debido á crise sanitaria e económica provocada pola Covid-19.
A contía máxima será do 80% dos conceptos subvencionables, cun investimento subvencionable mínimo de 1.500 euros.
+INFO: bit.ly/37Ep3Sg
AXUDAS
Un total de 61 familias de Ames benefícianse das axudas municipais para familias numerosas. As axudas consisten nun pagamento único de 1.200 euros por unidade de convivencia.
+INFO: bit.ly/3qtT9jM
BILBIOTECAS
As bibliotecas municipais do Concello organizaron unha serie de actividades infantís e dirixidas a adultos durante o mes de decembro e comezos do próximo mes de xaneiro.
+INFO: bit.ly/3ouu86f
VIOLENCIA DE XÉNERO
O Concello fai unha recepción institucional a alumnos e alumnas do IES de Bertamiráns e do CEP de Ventín, gañadores de concursos sobre igualdade e contra a violencia de xénero.
+INFO: bit.ly/36O4uTW
OFICINA DE VOLUNTARIADO
42 voluntarios/as colaboran coa Oficina municipal de voluntariado. A programación tivo que cancelarse pola Covid-19, non obstante, a OVA mantén activas campañas de recollidas de alimentos, roupa e enseres.
+INFO: http://bit.ly/3giAxys
PROGRAMA CULTURA
O Concello informa das actividades de artes escénicas que se van realizar de xeito máis inmediato Pódense adquirir as entradas na billeteira electrónica da web. A programación arranca o día 11 co concerto do grupo Milladoiro.
+INFO: http://bit.ly/2VBdzJF
RESTRICCIÓNS DO NIVEL BÁSICO EN AMES
No concello de Ames dende este venres, 4 de decembro, adóptanse medidas de nivel básico. Deste xeito, remata o peche perimetral; permítese a apertura da hostalería e xuntanzas de ata 6 persoas como máximo.
+INFO: bit.ly/2VzGgq3
PROGRAMA APEGO
O Apalpador visitará as crianzas de Ames o venres 11 de decembro a partir das 17.00 horas. O contador Anxo Moure transfórmase nesta figura, quee estará no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, e conducirá estas sesións con cantos, contos e agasallos.
Para asistir é imprescindible inscribirse previamente, até o 10 de decembro, escribindo a normalización@concellodeames.gal.
+INFO: bit.ly/33Edo4D
GALETIKTOKERS
Está a berto o prazo para votar e escoller que vídeo debe gañar o Galeiktokers. Para participar e decidir qué peza debe levarse o premio do público, é preciso seguir á conta do Instagram da OMIX de Ames (@omixames) e darlle"like" ao video favorito.
+INFO: bit.ly/3lK97mi
UNIDADE DE DOAZÓN
A unidade móbil de doazón de sangue estará o luns, 7 de decembro en Bertamiráns na Avenida da Maía. O horario será de mañá, de 09:30 a 14.30 horas e, de tarde, de 15.30 a 21.00 horas. É necesario solicitar cita previa.
+INFO: bit.ly/3lHJr9M
TELÉFONOS E CORREOS DE CONTACTO
Lémbrase que para poder acudir ás oficinas municipais a realizar calquera tipo de trámite, de xeito presencial, é necesario sacar cita previa antes de acudir: bit.ly/37A0LbR
Consulta a listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico para poder contactar cos diferentes departamentos municipais.
+INFO: bit.ly/3mLVyEs
