ch
Feedback

不要被骗子欺骗!Telemetrio 会找到并标记这些频道 👉 如果想查看标记,请订阅 👈

Concello de Ames

Concello de Ames

前往频道在 Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

显示更多
761
订阅者
无数据24 小时
-17 天
+730 天
帖子存档
AXUDAS Convócanse axudas dirixidas ao sector hostaleiro debido á crise sanitaria e económica provocada pola Covid-19. A contía máxima será do 80% dos conceptos subvencionables, cun investimento subvencionable mínimo de 1.500 euros. +INFO: bit.ly/37Ep3Sg

AXUDAS Un total de 61 familias de Ames benefícianse das axudas municipais para familias numerosas. As axudas consisten nun pagamento único de 1.200 euros por unidade de convivencia. +INFO: bit.ly/3qtT9jM

Obradoiros infantís.jpg3.40 KB

Actividades para adultos.jpg3.28 KB

Vero Rilo.jpg2.57 KB

BILBIOTECAS As bibliotecas municipais do Concello organizaron unha serie de actividades infantís e dirixidas a adultos durante o mes de decembro e comezos do próximo mes de xaneiro. +INFO: bit.ly/3ouu86f

VIOLENCIA DE XÉNERO O Concello fai unha recepción institucional a alumnos e alumnas do IES de Bertamiráns e do CEP de Ventín, gañadores de concursos sobre igualdade e contra a violencia de xénero. +INFO: bit.ly/36O4uTW

OFICINA DE VOLUNTARIADO 42 voluntarios/as colaboran coa Oficina municipal de voluntariado. A programación tivo que cancelarse pola Covid-19, non obstante, a OVA mantén activas campañas de recollidas de alimentos, roupa e enseres. +INFO: http://bit.ly/3giAxys

Entresoños.jpg1.70 MB

Cartel grupo Milladoiro.jpg1.45 MB

Vida de cans.jpg3.81 KB

PROGRAMA CULTURA O Concello informa das actividades de artes escénicas que se van realizar de xeito máis inmediato Pódense adquirir as entradas na billeteira electrónica da web. A programación arranca o día 11 co concerto do grupo Milladoiro. +INFO: http://bit.ly/2VBdzJF

cartel_medidas_nivel_basico_ames.png2.96 KB

RESTRICCIÓNS DO NIVEL BÁSICO EN AMES No concello de Ames dende este venres, 4 de decembro, adóptanse medidas de nivel básico. Deste xeito, remata o peche perimetral; permítese a apertura da hostalería e xuntanzas de ata 6 persoas como máximo. +INFO: bit.ly/2VzGgq3

Cartel Apalpador Ames.jpg9.18 KB

PROGRAMA APEGO O Apalpador visitará as crianzas de Ames o venres 11 de decembro a partir das 17.00 horas. O contador Anxo Moure transfórmase nesta figura, quee estará no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, e conducirá estas sesións con cantos, contos e agasallos. Para asistir é imprescindible inscribirse previamente, até o 10 de decembro, escribindo a normalización@concellodeames.gal. +INFO: bit.ly/33Edo4D

GALETIKTOKERS Está a berto o prazo para votar e escoller que vídeo debe gañar o Galeiktokers. Para participar e decidir qué peza debe levarse o premio do público, é preciso seguir á conta do Instagram da OMIX de Ames (@omixames) e darlle"like" ao video favorito. +INFO: bit.ly/3lK97mi

cartaz doazón.jpg1.68 KB

UNIDADE DE DOAZÓN A unidade móbil de doazón de sangue estará o luns, 7 de decembro en Bertamiráns na Avenida da Maía. O horario será de mañá, de 09:30 a 14.30 horas e, de tarde, de 15.30 a 21.00 horas. É necesario solicitar cita previa. +INFO: bit.ly/3lHJr9M

TELÉFONOS E CORREOS DE CONTACTO Lémbrase que para poder acudir ás oficinas municipais a realizar calquera tipo de trámite, de xeito presencial, é necesario sacar cita previa antes de acudir: bit.ly/37A0LbR Consulta a listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico para poder contactar cos diferentes departamentos municipais. +INFO: bit.ly/3mLVyEs