Concello de Ames
Kanalga Telegram’da o‘tish
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Ko'proq ko'rsatish761
Obunachilar
Ma'lumot yo'q24 soatlar
-17 kun
+730 kun
Postlar arxiv
VIVE O NADAL NAS LIBRERÍAS DE AMES
O departamento de Bibliotecas vén de presentar unha nova iniciativa denominada “Vive o Nadal nas librerías de Ames”. Trátase dunha campaña pensada como actividade de animación á lectura e de impulso do comercio nas librarías do concello de Ames.
As librarías participantes son Lenda, Máinomen e Huargo Artis, situadas en Bertamiráns, e maila papelería O Tinteiro, do Milladoiro.
Deste xeito, desde o 14 de decembro e ata o 5 de xaneiro cada persoa que faga algunha compra nalgunha destas librarías (compra de libros sen prezo mínimo) pode participar no sorteo dun vale de 25 euros para canxear ata o 16 de xaneiro na librería que realizou a compra. En total, repartiranse 800 euros divididos en 32 premios de 25 euros cada un.
+INFO: bit.ly/37Txeds
ESCOLA INFANTIL A MADALENA
Dende a ANPA da escola infantil da Madalena, organízase un sorteo de Nadal para os/as socios/as co para recadar fondos e beneficiar aos nenos e nenas. Ademais,farase un reparto de pequenos agasallos entre o alumnado.
+INFO: http://bit.ly/3oILtZe
ESPECTÁCULO DE MAXIA
A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá, o 21 de decembro ás 18.00, o espectáculo de maxia de Dani Polo. Esta actividade, de balde, está dirixida a familias con crianzas a partir de 3 anos e inclúese no programa Apego.
+INFO: http://bit.ly/3marqkI
SERVIZO DE CONCILIACIÓN
O Concello de Ames pon en marcha do 12 de decembro ata o 9 de xaneiro un servizo de conciliación para facilitar as compras de Nadal no comercio local. Haberá que presentar un tícket de compra dalgún local comercial.
+INFO: http://bit.ly/379APox
UNIÓN DE CONSUMIDORES DE GALICIA
A UCGAL impartirá na Casa da Cultura de Bertamiráns, o vindeiro martes 15 de decembro ás 20:00 horas, unha xornada informativa sobre as sentenzas do IRPH e dos gastos hipotecarios.
Trátase dunha charla gratuíta e aberta a toda a veciñanza amesá na que se falará sobre como che afectan as últimas sentenzas sobre IRPH e os gastos de formalización dunha hipoteca.
+INFO: bit.ly/33Wulr2
ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS
Lémbrase que hoxe poderase votar nos Orzamentos Participativos presencialmente en Ortoño e Bugallido. É preciso levar o DNI.
+INFO: bit.ly/2JtaPeq
OBRADOIROS DE NADAL
O departamento de Promoción Económica preparou para este Nadal unha ampla programación de obradoiros para todos os públicos (infantil e adulto).
Dende o 21 ata o 31 de decembro, os veciños e veciñas de Ames poderanse inscribir nestas actividades previamente cubrindo os impresos anexados no final do aviso, un para os nenos e nenas e outro para que os adultos fagan a inscrición. Tamén se pode solicitar enviando un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal
+INFO: bit.ly/33YYLJp
RECOLLIDA DE LIXO
A Aula da Natureza convoca á veciñanza para participar este sábado 12 nunha recollida de lixo polo monte. “Basuraleza: 1m pola contorna” será unha batida pola zona de Castrigo, en Bertamiráns.
O prazo de inscrición está a aberto até o venres 11 de decembro, ás 14.00 horas. Débese enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.
+INFO: bit.ly/376gctw
CONCURSO DE ESCAPARATES DE NADAL
Aberto o prazo de inscrición para participar no XV Concurso de Escaparates de Nadal do Concello de Ames. As persoas titulares ou co-titulares dun establecemento comercial situado en Ames, que queiran participar neste certame, deberán engalanar os seus escaparates con motivos relacionados co Nadal.
As solicitudes de inscrición poderán presentarse ata o 23 de decembro, en horario de 9.00 a 14.00 horas, nos rexistros municipais da Casa do Concello e Oficinas municipais do Milladoiro, así como a través da Sede electrónica municipal.
+INFO: bit.ly/371XNxS
MERCADO SOLIDARIO
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este sábado, 12 de decembro, un mercado solidario de troco, en horario de 16.00 a 19.00 horas.
+INFO: bit.ly/2JHtyDF
YOUTUBEIR@S
Os Premios Youtubeir@s entregan os galardóns dunha cuarta edición marcada pola consolidación ao duplicar a participación de vídeos e creadoras.
+INFO: bit.ly/3gw6C6d
PROGRAMACIÓN DE NADAL
Preséntase a programación “Un Nadal diferente”, que recolle 70 actividades para este mes de decembro e comezos de xaneiro. Haberá que reservar praza con anterioridade e respectar o aforo marcado para evitar aglomeracións.
+INFO: bit.ly/3oAArFj
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
👉 Actualmente xa son 6 as operacións aprobadas no proxecto #EDUSI que promove o @ConcelloAmes!
➡️ Poderás acceder a súa información aquí: https://ames2020.gal/expresiones-de-interes-de-operaciones-aprobadas
ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS
Lémbrase que hoxe poderase votar nos Orzamentos Participativos presencialmente en Biduído. É preciso levar o DNI.
+INFO: bit.ly/2JtaPeq
ACTIVIDADES BIBLIOTECAS
Carlos Lorenzo presenta o seu documental sobre a poesía galega contemporánea na Casa da Cultura de Bertamiráns.
Este venres, 11 de decembro, ás 20.00 horas, o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a proxección dun documental no que se repasa o sucedido nos anos 90 no mundo literario galego. “Vértice de versos” complementarase co coloquio organizado polo propio director do documental e cun recital de Emma Pedreira.
+INFO: bit.ly/33ZaDuL
DOAZÓN DE SANGUE
A unidade móbil de doazón de sangue estará o xoves, 10 de decembro, no Milladoiro, na Rúa Curuxa, no cruce con Rosalía de Castro. O horario será de mañá, de 09.30 a 14.30 horas, e de tarde, de 15.30 a 21.00 horas.
Por mor da pandemia da Covid-19, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.
+INFO: bit.ly/2W8yaW1
COMERCIO
O Concello de Ames reforza a campaña “Comercio de Ames. Témolo todo!” cunha nova campaña de publicidade no transporte público.
Esta nova iniciativa súmase a elaboración dun vídeo promocional, dun spot publicitario, do reparto de 6.000 bolsas entre os establecementos comerciais para entregar á clientela, e a colocación dos carteis da campaña nos minipuntos limpos de Bertamiráns e do Milladoiro.
+INFO: bit.ly/36WS4sX
TROULEANDO
O programa Trouleando invita á mocidade amesá a participar nun Scape Room Online.
O venres 18, a sesión está dirixida á mocidade de entre 12 e 16 anos, mentres que o sábado 19 é para mozos/a que teñan a partir dos 17 anos. O prazo de inscrición, que comeza mañá, xoves 10 de decembro, estará aberto ata o mércores 16 de decembro.
As persoas interesadas deberán anotarse enviado un correo electrónico ao enderezo omix@concellodeames.gal.
+INFO: bit.ly/2W9rTtb
CASA DA CULTURA
Invístense preto de 25.000 euros na mellora dos equipamentos da Casa da Cultura de Bertamiráns.
Ditas melloras realizáronse na biblioteca municipal, en equipamento escénico, de iluminación e son e en equipamento en xeral.
+INFO: bit.ly/3mTzhV0
