Concello de Ames
Kanalga Telegram’da o‘tish
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Ko'proq ko'rsatish761
Obunachilar
Ma'lumot yo'q24 soatlar
-17 kun
+730 kun
Postlar arxiv
DÍA MUNDIAL DO NENO PREMATURO
Hoxe, martes 17 de novembro, celébrase o Día Mundial do Neno Prematuro. Durante todo ese día, a Casa consistorial de Ames estará iluminada de cor violeta para concienciar á sociedade sobre os problemas aos que se enfrontan tanto os bebés prematuros como os seus pais e o impacto emocional que supón.
+INFO: bit.ly/2Uy4y3c
OBRADOIRO DE EMPREGO
100 mulleres poderán formarse a través dunha nova edición do programa integrado de emprego InserAmes Brión
+ NFO: http://bit.ly/32TAB2d
CERTAME GALETIKTOKERS
A mocidade do Concello de Ames xa pode inscribirse no “GaleTiktokers”, unha iniciativa coa que se pretende estimular a creatividade entre a mocidade e darlle visibilidade á comunidade galega de tiktokers.
+INFO: http://bit.ly/2IMBG53
REPARTO DE ALIMENTOS
Preto de 300 familias amesás son beneficiarias do Programa Municipal de Alimentos
+INFO: http://bit.ly/3pE3UQ0
HOSTALERÍA
Lista de establecementos de Ames con servizo de recollida en local ou para levar (actualizado a 17 de novembro). Engadiranse os locais que envíen os seus datos a promocioneconomica@concellodeames.gal
+INFO: http://bit.ly/3nmTNxb
#HostaleríadeAmes #AxudandoaSeguir
XORNADAS ACÉRCATE Á IGUALDADE
Último día para inscribrise nas Xornadas Acércate á Igualdade que comezan mañá. A iniciativa desenvolverase vía online durante os días 17, 18 e 19 de novembro.
+INFO: bit.ly/3f4O8ZH
PROGRAMA APEGO
“Polo Camiño, Contos da Feira”, nova sesión virtual de marionetas da man do programa Apego de Ames e o programa FalaRedes. Terá lugar o venres 20 de novembro, a partir das 18.00 horas.
+INFO: bit.ly/3f7FSIn
AULA CEMIT
A Aula CeMIT continúa en novembro e decembro con clases telemáticas para nenos e adultos.
O luns 23 comezan os cursos da Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia do Concello de Ames.
+INFO: bit.ly/2IEcyNx
OBRAS
Rematan as obras de instalación do Centro de seccionamento e conexión á liña de media tensión no centro de saúde do Milladoiro, así como a presentación da documentación necesaria en Fenosa e Industria para poder tramitar a alta definitiva.
+INFO:bit.ly/36Cgu9S
25N
Ames conmemora o 25N cunha campaña propia a base de bandeirolas, vinilos e máscaras contra as violencias.
“Ames corta co machismo” proxectará dúas películas no Autocine “Ames Drive Cinema”e levaranse a cabo as Xornadas Acércate á Igualdade.
+INFO: bit.ly/2IEW34e
HOSTALERÍA
Lista de establecementos de Ames con servizo de recollida en local ou para levar (actualizado a 13 de novembro). Engadiranse os locais que envíen os seus datos a promocioneconomica@concellodeames.gal
+INFO: bit.ly/3nmTNxb
MERCADO DE RÚA
Este sábado, 14 de novembro, o mercado de rúa volve a súa antiga ubicación no centro de Bertamiráns.
Tras cinco meses, dende xuño, situado na rúa do Sar, os postos ambulantes ocuparán as rúas Ameneiral e Entrerríos, así como a praza do Concello para poder cumprir as medidas de distancia e seguridade que dita o regulamento da Xunta de Galicia na loita contra a pandemia da COVID-19.
+INFO: bit.ly/32FpAS9
