ru
Feedback

Не попадитесь на канал ботавода! Telemetrio находит и помечает такие каналы 👉 Хотите видеть метку — оформите подписку 👈

Concello de Ames

Concello de Ames

Открыть в Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Больше
761
Подписчики
Нет данных24 часа
-17 дней
+730 дней
Архив постов
dia del niño prematuro.jpg4.92 KB

DÍA MUNDIAL DO NENO PREMATURO Hoxe, martes 17 de novembro, celébrase o Día Mundial do Neno Prematuro. Durante todo ese día, a Casa consistorial de Ames estará iluminada de cor violeta para concienciar á sociedade sobre os problemas aos que se enfrontan tanto os bebés prematuros como os seus pais e o impacto emocional que supón. +INFO: bit.ly/2Uy4y3c

OBRADOIRO DE EMPREGO 100 mulleres poderán formarse a través dunha nova edición do programa integrado de emprego InserAmes Brión + NFO: http://bit.ly/32TAB2d

cartel_galetiktokers_2020.jpg2.19 MB

CERTAME GALETIKTOKERS A mocidade do Concello de Ames xa pode inscribirse no “GaleTiktokers”, unha iniciativa coa que se pretende estimular a creatividade entre a mocidade e darlle visibilidade á comunidade galega de tiktokers. +INFO: http://bit.ly/2IMBG53

REPARTO DE ALIMENTOS Preto de 300 familias amesás son beneficiarias do Programa Municipal de Alimentos +INFO: http://bit.ly/3pE3UQ0

cartel establecementos de hosteleria2.jpg5.69 KB

cartel establecementos de hosteleria1.jpg6.04 KB

HOSTALERÍA Lista de establecementos de Ames con servizo de recollida en local ou para levar (actualizado a 17 de novembro). Engadiranse os locais que envíen os seus datos a promocioneconomica@concellodeames.gal +INFO: http://bit.ly/3nmTNxb #HostaleríadeAmes #AxudandoaSeguir

cartel_das_xornadas_acercate_a_igualdade.jpg1.85 MB

XORNADAS ACÉRCATE Á IGUALDADE Último día para inscribrise nas Xornadas Acércate á Igualdade que comezan mañá. A iniciativa desenvolverase vía online durante os días 17, 18 e 19 de novembro. +INFO: bit.ly/3f4O8ZH

cartaz-polo-camiño_AMES.jpg1.56 MB

PROGRAMA APEGO “Polo Camiño, Contos da Feira”, nova sesión virtual de marionetas da man do programa Apego de Ames e o programa FalaRedes. Terá lugar o venres 20 de novembro, a partir das 18.00 horas. +INFO: bit.ly/3f7FSIn

Cartel Aula CEMIT.jpg6.77 KB

AULA CEMIT A Aula CeMIT continúa en novembro e decembro con clases telemáticas para nenos e adultos. O luns 23 comezan os cursos da Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia do Concello de Ames. +INFO: bit.ly/2IEcyNx

OBRAS Rematan as obras de instalación do Centro de seccionamento e conexión á liña de media tensión no centro de saúde do Milladoiro, así como a presentación da documentación necesaria en Fenosa e Industria para poder tramitar a alta definitiva. +INFO:bit.ly/36Cgu9S

25N Ames conmemora o 25N cunha campaña propia a base de bandeirolas, vinilos e máscaras contra as violencias. “Ames corta co machismo” proxectará dúas películas no Autocine “Ames Drive Cinema”e levaranse a cabo as Xornadas Acércate á Igualdade. +INFO: bit.ly/2IEW34e

HOSTALERÍA Lista de establecementos de Ames con servizo de recollida en local ou para levar (actualizado a 13 de novembro). Engadiranse os locais que envíen os seus datos a promocioneconomica@concellodeames.gal +INFO: bit.ly/3nmTNxb

MERCADO DE RÚA Este sábado, 14 de novembro, o mercado de rúa volve a súa antiga ubicación no centro de Bertamiráns. Tras cinco meses, dende xuño, situado na rúa do Sar, os postos ambulantes ocuparán as rúas Ameneiral e Entrerríos, así como a praza do Concello para poder cumprir as medidas de distancia e seguridade que dita o regulamento da Xunta de Galicia na loita contra a pandemia da COVID-19. +INFO: bit.ly/32FpAS9

cartel definitivo reactiva.jpg6.20 KB