Concello de Ames
Kanalga Telegram’da o‘tish
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Ko'proq ko'rsatish761
Obunachilar
Ma'lumot yo'q24 soatlar
-17 kun
+730 kun
Postlar arxiv
CERTAME LITERARIO
Ames Radio emitirá entrevistas con todos os gañadores da XV edición do Certame Literario. Os 18 gañadores das distintas categorías de narrativa e poesía serán entrevistados a partir do luns, 2 de novembro de 2020, polo xornalista Juan Luis Silva na radio municipal do concello.
As conversas poderán escoitarse no 107.2 da FM ou a través da páxina web municipal entre as 12:30 e as 13:30 horas na revista informativa “Somos Ames” . O espazo poderá escoitarse tamén na remisión do programa das 20:30 horas. Paralelamente, a canle de Facebook da radio municipal emitirá vídeos dos textos premiados lidos polos propios autores e autoras.
+INFO: bit.ly/3ecEOCF
PREMIO LINGUA E EMPRESA
Ponse en marcha por terceiro ano consecutivo o Premio Lingua e Empresa, co obxectivo de recoñecer o uso e fomento da lingua galega na actividade empresarial.
Optarán a este galardón todas as empresas, con sede social ou centro de actividade no concello de Ames, que sexan propostas ata o 16 de novembro por calquera persoa ou entidade, ou pola propia empresa que queira participar.
+INFO: bit.ly/3oJOgCj
DATOS OFICIAIS COVID-19
O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no concello de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 30 de outubro de 2020, é de 114 casos activos.
Previsiblemente no día de mañá publicarase unha nova Orde da Xunta de Galicia, na que se decretará o NIVEL 3 para todo o Concello de Ames.
Ata este novo Orde, o núcleo de O Milladoiro continúa rexéndose polas medidas específicas establecidas nas pasadas semanas, e mentres non se publique a nova normativa, o resto do municipio, continúa rexéndose pola normativa aplicable para a Comunidade Autónoma en xeral, salvo no referente á limitación de mobilidade a outros concellos que non sexan Santiago e Teo, así como a limitación a xuntanzas entre conviventes.
+INFO: bit.ly/2HKg1K2
PECHE PERIMETRAL DE AMES
A Consellería de Sanidade anunciou esta mañá o peche perimetral do concello de Ames, xunto cos concellos limítrofes de Santiago de Compostela e Teo. Non estará sometida a restrición algunha a circulación en tránsito a través dos concellos de Ames, Santiago e Teo. Este peche entrou en vigor ás 15:00 horas de hoxe venres 30 de outubro.
Ademais, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado, queda limitado aos grupos constituídos só por persoas conviventes, incluídos nos establecementos hostaleiros. Este grupos poderán de ser como máximo de 5 persoas.
+INFO: bit.ly/37Wzke0
PLENO MUNICIPAL
O Pleno aproba por unanimidade a derrogación da ordenanza fiscal de instalación de postos no mercado de rúa
+ INFO: bit.ly/34HdzNl
URBANISMO
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) velará pola legalidade urbanística e o control das posibles infraccións que se cometan neste eido no Concello de Ames.
+INFO: bit.ly/35MxGZY
VISITA AOS CEMITERIOS
Tendo en conta que se aproximan as datas do Día de Defuntos e Todos os Santos, ademais das recomendacións de prevención da COVID19, tamén pregámos que se teña especial atención aos vehículos estacioandos nas inmediacións dos cemiterios, para dese xeito previr os roubos que se adoitan a producir nas inmediacións destes lugares nestes días.
+INFO: bit.ly/2HSliz2
IMPULSA AMES
Toda a información que necesitas nun único lugar! Xa está dispoñible o manual de xestión interna da EDUSI Impulsa Ames dirixido a todas as persoas que participarán na execución e control do proxecto.
+INFO: http://bit.ly/3oBM7J3
CITA PREVIA
Habilítase un acceso directo na web municipal para obter cita previa e poder realizar trámites presenciais en Rexistro e no Padrón municipal.
+INFO: bit.ly/3ea97K5
MERCADO DE RÚA
Os vendedores ambulantes deciden que o mercado de rúa de Bertamiráns se realice na contorna da praza do Concello.
A previsión é que o mercado se realice no novo emprazamento dende o sábado 7 de novembro.
+INFO: bit.ly/2TzwOSJ
XORNADAS ACÉRCATE Á IGUALDADE
Os días 17, 18 e 19 de novembro celébrase a décima edición das Xornadas Acércate a igualdade e prevención da violencia de xénero.
Os obradoiros serán online e é necesario inscribirse a través da páxina web.
+INFO: http://bit.ly/2Ty4fF5
DATOS OFICIAIS COVID-19
O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no concello de Ames, segundo se traslada a información desde a Consellería de Sanidade a 29 de outubro de 2020, é de 101 casos activos. Na actualidade estase facendo o seguimento a 324 persoas que estiveron en contacto estreito con algún caso positivo.
+INFO: bit.ly/3jAywxE
CURSOS FORMATIVOS
Os alcaldes de Ames e Brión, acompañados da concelleira de Promoción Económica e dos axentes de Desenvolvemento Local de ámbolos dous concellos, visitaron as obras realizadas polos alumnos/as-traballadores/as do obradoiro de Emprego Renova Ames-Brión III.
+INFO: bit.ly/3e6LdiI
DATOS OFICIAIS COVID-19
O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no concello de Ames, segundo se traslada a información desde a Consellería de Sanidade a 28 de outubro de 2020, é de 104 casos activos.
+INFO: bit.ly/35HZXRb
