uk
Feedback

Не попадись на ботовода! Telemetrio знаходить і позначає такі канали мітками 👉 Хочеш бачити мітку, оформляй підписку 👈

Concello de Ames

Concello de Ames

Відкрити в Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Показати більше
761
Підписники
Немає даних24 години
-17 днів
+730 днів
Архів дописів
AXUDAS Masiva presentación de solicitudes para as axudas do Plan Reactiva Ames que remata o 25 de novembro e que xa pediron máis de 300 microempresas e autónomos/as de Ames. +INFO: bit.ly/3ktpqDB

Cartel do proxecto A Volta a España pola Diabetes.jpg1.84 MB

DÍA DA DIABETES O 14 de novembro celébrase o Día Mundial da Diabetes. O Concello colocará unha pancarta conmemorativa e as pantallas das sedes emitirán un vídeo sobre a doenza. O xoves 26 impartirase o espectáculo de contos “Nano ten diabetes”. +INFO: bit.ly/3eSLwOA

restriccions.jpg2.00 KB

DATOS OFICIAIS COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no concello de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 13 de novembro de 2020, é de 67 casos activos. Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia decretou que o concello de Ames pasa a estar en nivel 3 de restricións dende as 00.00 horas do domingo 1 de novembro de 2020. +INFO: bit.ly/2UnJOvg

EMPREGO Proceso selectivo para a contratación de dous ou dúas peóns para a brigada de xestión e repoboación forestal. +INFO: bit.ly/2ItKNaq

INFORMACIÓN DE INTERESE Dende a Concellaría de Obras e Servizos Básicos infórmase que a empresa concesionaria do servizo de auga, Espina y Delfín, realizará hoxe, ás 00.00 horas da noite, un corte no subministro de auga nos edificios situados na marxe dereita (dirección Padrón) da rúa Rosalía de Castro, no Milladoiro.

COVID-19 O número de casos de COVID-19 en Ames, segundo se traslada dende a Consellería de Sanidade a 12 de novembro, é de 76 casos activos. Na actualidade estáselle facendo un seguimento a 389 persoas por estar en contacto con algún caso positivo. +INFO: bit.ly/2UnJOvg

COVID-19 Últimos días para participar na enquisa, elaborada polo Concello de Ames, sobre a Covid-19. O obxectivo é coñecer a opinión da veciñanza sobre diferentes aspectos relacionados coa pandemia. 👉Accede á enquisa e participa: bit.ly/32DcOUc

O Pleno aproba o convenio do transporte metropolitano que rexerá en Ames durante os vindeiros catro anos. Tamén se aprobou por unanimidade o proxecto técnico de abastecemento e saneamento nos lugares das Buceleiras e Guimaráns, pertencentes á parroquia de Bugallido. +INFO: bit.ly/3nmwXG5

CAMPAÑA "ZOCOS E TRASNOS" Por quinto ano consecutivo, o Concello presenta a campaña solidaria ”Zocos e Trasnos”, unha iniciativa a través da que se pretende que ningún neno nin nena de Ames quede sen agasallo no Nadal. (Imaxe de arquivo de 2019). +INFO: http://bit.ly/2IlaGK0

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA O Servizo de Normalización Lingüística será un dos puntos de recollida de sinaturas para apoiar o proxecto Xabarín, da Mesa pola Normalización Lingüística. Ames colabora con este proxecto co obxectivo de que a CRTVG aumente a programación infantil e xuvenil en galego. A petición levarase ao Parlamento de Galicia en forma de Iniciativa Popular. +INFO: bit.ly/3kowgdw

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE 📢 A túa opinión é fundamental! Como mellorarías o desenvolvemento #urbano de Ames? Fainos chegar as túas suxestións a través das redes sociais ou do formulario web. ➡️ https://ames2020.gal/canal-de-participacion/?lang=es #Ames2020 #UnhaManeiraDeFacerEuropa #FEDER #EDUSI

cartel definitivo reactiva.jpg6.20 KB

PLAN REACTIVA AMES Aberto o prazo de solicitude de axudas para autónomos e microempresas afectadas pola Covid-19. Cóntase cunha partida de preto de 600.000 euros, cofinanciada pola Deputación da Coruña. As axudas irán dende os 1.500 até os 3.000 euros. O prazo para presentar as solicitudes remata o 25 de novembro. +INFO: bit.ly/3kp3EAK

DATOS OFICIAIS COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no concello de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 11 de novembro de 2020, é de 85 casos activos. Deste xeito, hai 29 casos menos que a semana pasada. A incidencia acumulada dos últimos 14 días é de 242 casos. +INFO: bit.ly/3lpf7Bu

Ames trasládase aos anos 50 cun mítico Autocine + INFO: http://bit.ly/3llADar

AXUDAS Apróbase o reparto de 74.262 euros entre 26 entidades e clubs deportivos de Ames. Estas axudas pretenden subvencionar as actividades desenvolvidas polas entidades e clubs deportivos de Ames. +INFO: bit.ly/3pixxpZ

INICIATIVA DE APOIO Á HOSTALERÍA DE AMES Listaxe de establecementos hostaleiros de Ames con servizo de recollida en local ou para levar (actualizado a 10 de novembro). Na actualidade en dita listaxe figuran 21 establecementos de Ames. Esta listaxe irase actualizando de xeito permanente. Para aparecer na listaxe, tan só terán que enviar un correo ao enderezo electrónico: promocioneconomica@concellodeames.gal, no que indique: 1. Nome do establecemento. 2. Teléfono. 3. Enderezo. 4. Web (no caso de que teñan). Para máis información sobre a campaña podes chamar ao 662 09 99 44 +INFO: bit.ly/3pi9IyL

ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS A veciñanza amesá presentou 225 propostas aos Orzamentos Participativos 2020. Dentro deste total, o ámbito con máis prospostas foi para investimentos no rural, con 156. +INFO: bit.ly/32qWaqP