Concello de Ames
الذهاب إلى القناة على Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
إظهار المزيد761
المشتركون
لا توجد بيانات24 ساعات
-17 أيام
+730 أيام
أرشيف المشاركات
AXUDAS
Masiva presentación de solicitudes para as axudas do Plan Reactiva Ames que remata o 25 de novembro e que xa pediron máis de 300 microempresas e autónomos/as de Ames.
+INFO: bit.ly/3ktpqDB
DÍA DA DIABETES
O 14 de novembro celébrase o Día Mundial da Diabetes. O Concello colocará unha pancarta conmemorativa e as pantallas das sedes emitirán un vídeo sobre a doenza. O xoves 26 impartirase o espectáculo de contos “Nano ten diabetes”.
+INFO: bit.ly/3eSLwOA
DATOS OFICIAIS COVID-19
O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no concello de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 13 de novembro de 2020, é de 67 casos activos.
Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia decretou que o concello de Ames pasa a estar en nivel 3 de restricións dende as 00.00 horas do domingo 1 de novembro de 2020.
+INFO: bit.ly/2UnJOvg
EMPREGO
Proceso selectivo para a contratación de dous ou dúas peóns para a brigada de xestión e repoboación forestal.
+INFO: bit.ly/2ItKNaq
INFORMACIÓN DE INTERESE
Dende a Concellaría de Obras e Servizos Básicos infórmase que a empresa concesionaria do servizo de auga, Espina y Delfín, realizará hoxe, ás 00.00 horas da noite, un corte no subministro de auga nos edificios situados na marxe dereita (dirección Padrón) da rúa Rosalía de Castro, no Milladoiro.
COVID-19
O número de casos de COVID-19 en Ames, segundo se traslada dende a Consellería de Sanidade a 12 de novembro, é de 76 casos activos. Na actualidade estáselle facendo un seguimento a 389 persoas por estar en contacto con algún caso positivo.
+INFO: bit.ly/2UnJOvg
COVID-19
Últimos días para participar na enquisa, elaborada polo Concello de Ames, sobre a Covid-19. O obxectivo é coñecer a opinión da veciñanza sobre diferentes aspectos relacionados coa pandemia.
👉Accede á enquisa e participa: bit.ly/32DcOUc
O Pleno aproba o convenio do transporte metropolitano que rexerá en Ames durante os vindeiros catro anos. Tamén se aprobou por unanimidade o proxecto técnico de abastecemento e saneamento nos lugares das Buceleiras e Guimaráns, pertencentes á parroquia de Bugallido.
+INFO: bit.ly/3nmwXG5
CAMPAÑA "ZOCOS E TRASNOS"
Por quinto ano consecutivo, o Concello presenta a campaña solidaria ”Zocos e Trasnos”, unha iniciativa a través da que se pretende que ningún neno nin nena de Ames quede sen agasallo no Nadal. (Imaxe de arquivo de 2019).
+INFO: http://bit.ly/2IlaGK0
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Servizo de Normalización Lingüística será un dos puntos de recollida de sinaturas para apoiar o proxecto Xabarín, da Mesa pola Normalización Lingüística.
Ames colabora con este proxecto co obxectivo de que a CRTVG aumente a programación infantil e xuvenil en galego. A petición levarase ao Parlamento de Galicia en forma de Iniciativa Popular.
+INFO: bit.ly/3kowgdw
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
📢 A túa opinión é fundamental! Como mellorarías o desenvolvemento #urbano de
Ames? Fainos chegar as túas suxestións a través das redes sociais ou do
formulario web.
➡️ https://ames2020.gal/canal-de-participacion/?lang=es
#Ames2020 #UnhaManeiraDeFacerEuropa #FEDER #EDUSI
PLAN REACTIVA AMES
Aberto o prazo de solicitude de axudas para autónomos e microempresas afectadas pola Covid-19. Cóntase cunha partida de preto de 600.000 euros, cofinanciada pola Deputación da Coruña. As axudas irán dende os 1.500 até os 3.000 euros. O prazo para presentar as solicitudes remata o 25 de novembro.
+INFO: bit.ly/3kp3EAK
DATOS OFICIAIS COVID-19
O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no concello de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 11 de novembro de 2020, é de 85 casos activos.
Deste xeito, hai 29 casos menos que a semana pasada. A incidencia acumulada dos últimos 14 días é de 242 casos.
+INFO: bit.ly/3lpf7Bu
AXUDAS
Apróbase o reparto de 74.262 euros entre 26 entidades e clubs deportivos de Ames.
Estas axudas pretenden subvencionar as actividades desenvolvidas polas entidades e clubs deportivos de Ames.
+INFO: bit.ly/3pixxpZ
INICIATIVA DE APOIO Á HOSTALERÍA DE AMES
Listaxe de establecementos hostaleiros de Ames con servizo de recollida en local ou para levar (actualizado a 10 de novembro). Na actualidade en dita listaxe figuran 21 establecementos de Ames. Esta listaxe irase actualizando de xeito permanente.
Para aparecer na listaxe, tan só terán que enviar un correo ao enderezo electrónico: promocioneconomica@concellodeames.gal, no que indique:
1. Nome do establecemento.
2. Teléfono.
3. Enderezo.
4. Web (no caso de que teñan).
Para máis información sobre a campaña podes chamar ao 662 09 99 44
+INFO: bit.ly/3pi9IyL
ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS
A veciñanza amesá presentou 225 propostas aos Orzamentos Participativos 2020.
Dentro deste total, o ámbito con máis prospostas foi para investimentos no rural, con 156.
+INFO: bit.ly/32qWaqP
