fa
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

رفتن به کانال در Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

نمایش بیشتر
761
مشترکین
اطلاعاتی وجود ندارد24 ساعت
-17 روز
+730 روز
آرشیو پست ها
MIGRACIÓNS O Concello de Ames presenta mañá, sábado 27 de marzo, ás 20:00h no Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, “A Historia Viva de Ames. Museo das Inmigrantes”, unha publicación realizada colectivamente baixo a dirección da artista Angélica Dass, a coordinación de 7H Cooperativa Cultural e a participación de once veciñas e veciños do municipio con raíces en Brasil, Colombia, Cuba e Venezuela. +INFO: bit.ly/3w0JyDL

PLAN REACTIVA AMES Infórmase da resolución provisional do PEL REACTIVA que foi publicada este xoves, 25 de marzo, no BOP. As persoas beneficiarias deben facer a correspondente xustificación das axudas PEL REACTIVA achegando, a través da Sede electrónica do Concello de Ames, a documentación que se require. +INFO: bit.ly/3w1JeEZ

BANDO DE PROHIBICIÓN O martes, 30 de marzo, non se poderá aparcar na Casa da Cultura do Milladoiro por mor das tarefas de pintado que se levaran a cabo no aparcadoiro. Prohíbese o estacionamento dende as 23.30 horas do luns, 29 de marzo de 2021 até as 20.00 horas do martes, 30 de marzo do 2021. +INFO: bit.ly/3w2e2Fx

mocos.jpg1.23 MB

TEATRO Para celebrar o Día do Teatro, o sábado 27 de marzo, a comedia, "Mocos", da compañía Contraproducións, representarase ás 20.30 horas, na Casa da Cultura en Bertamiráns. +INFO: bit.ly/39jXqzg

pel.jpg0.57 KB

PEL REACTIVA 👉Infórmase da resolución provisional do PEL REACTIVA que foi publicada este xoves, 25 de marzo, no Boletín Oficial da Provincia: bit.ly/39b8z5l 👉As persoas beneficiarias deben facer a correspondente xustificación das axudas PEL REACTIVA. +INFO: bit.ly/3lQkQkR

PLENO O pleno rexeita a modificación e a derrogación de varias ordenanzas fiscais que, a petición do grupo municipal do Partido Popular, tratáronse onte en Pleno Extraordinario, foron rexeitadas na súa totalidade. +INFO: bit.ly/3vWfERb

OBRAS A Xunta de Goberno Local aproba o expediente de contratación das obras de mellora dos interiores de Seares de Arriba + INFO: http://bit.ly/3clbQBd

NORMALIZACIÓN Recibiron o premio Mil Primaveras os proxectos Enreguéifate e Galegoempresas. Ambos os dous son proxectos colaborativos promovidos polos servizos de normalización lingüística de varios concellos, entre eles o de Ames. +INFO: bit.ly/2PpS2DJ

ESCOLA INFANTIL GALIÑA AZUL Aberto, até o día 12 de abril, o prazo de inscrición nas escolas infantís da rede Galiña Azul para o curso do 2021-2022. En Ames hai dous centros desta rede, un en Bertamirán, no Camiño Paraxos, e outro no Milladoiro, na Rúa do Rego. O trámite poderase facer a través da sede electrónica da Xunta. +INFO: bit.ly/2QEtqI4

Enregueifate 2021.jpg1.90 KB

NORMALIZACIÓN Enreguéifate comeza á procura de estudantes e público en xeral que se apunte á práctica da arte da improvisación oral coa regueifa en lingua galega. O prazo de participación estará aberto desde o 29 de marzo ata o 28 de maio de 2021 e a inscrición poderá facerse desde a páxina web do certame, onde tamén están xa dispoñibles as bases. +INFO: bit.ly/2NPwqAb

photo content

PROGRAMAS DE CONCILIACIÓN O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas para o programa de conciliación da vida laboral e familiar Primavera Lúdica 2021. +INFO: bit.ly/3fbx6eK

PLENO Este xoves, 25 de marzo, o Concello de Ames celebra o pleno ordinario do mes de marzo. En dita sesión plenaria a Corporación municipal debaterá a aprobación do expediente de licitación do servizo de limpeza viaria e xestión dos puntos limpos. +INFO: bit.ly/3cgbcop

AXUDAS O Instituto Galego da Vivenda e Solo se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2021 +INFO: bit.ly/3f6GErj

CAMIÑO DE SANTIAGO Realízase unha nova reunión da Asociación de Concellos do Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia, entre os que se atopa Ames, para dotarse de recursos económicos e presentar as súas liñas de actuación. +INFO: bit.ly/3rcLztb

MOCOS.jpg1.23 MB

TEATRO A obra par adultos “Mocos” quédase en Bertamiráns durante os días 26 e 27 de marzo. Ambas sesións realizaranse ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. Xa se poden adquirir a través da billeteira electrónica do Concello de Ames. A entrada xeral ten un prezo de 5 euros, mentres que as entradas con prezo reducido custan 2,5 euros. +INFO: bit.ly/31dfhU9