fa
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

رفتن به کانال در Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

نمایش بیشتر
761
مشترکین
اطلاعاتی وجود ندارد24 ساعت
-17 روز
+730 روز
آرشیو پست ها
XORNADAS AO SON DA ORALIDADE: O NOSO PATRIMONIO Continúan as primeiras xornadas “Ao son da oralidade: o noso patrimonio” organizadas polo IES do Milladoiro, en colaboración coa ANPAMILLA e o Concello de Ames. 👉Segue en directo vía streaming o cuarto faladoiro impartido por Vero Rilo, contadora e artista multidisciplinar, e Marcos PTT, actor e director de teatro e membro do colectivo Galiza Emocional: https://youtu.be/B-dc6kaay9Q +INFO: bit.ly/3tLKdY2

ENQUISA WEB O Concello de Ames anima á veciñanza a participar na enquisa sobre a Sede electrónica municipal. Búscase o uso que a veciñanza fai deste servizo e se está satisfeita con el. Ademais, déixase aberta a opción de facer algún comentario adicional ou algunha suxestión que axude a mellorar este portal. Habilitouse un banner no pé da páxina web que estará dispoñible de forma permanente para acceder á enquisa. +INFO: bit.ly/3ax5AFD

COLUMNAS DE AUTOLAVADO Xa están solucionados os problemas de presión da auga das columnas de autolavado, inflado de rodas e reparación de bicicletas. Están nos aparcadoiros da Casa da Cultura do Milladoiro e da Telleira en Bertamiráns. +INFO:bit.ly/3chOI6F

AXUDAS Abre o prazo, ata o 22 de abril, de presentación de solicitudes para a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil. +INFO: bit.ly/3vTuIil

XORNADAS AO SON DA ORALIDADE: O NOSO PATRIMONIO Continúan as primeiras xornadas “Ao son da oralidade: o noso patrimonio” organizadas polo IES do Milladoiro, en colaboración coa ANPAMILLA e o Concello de Ames. 👉Segue en directo vía streaming o terceiro faladoiro impartido por Vicente Feijoo Ares, coordinador da unidade técnica de toponimia da RAG: https://youtu.be/5fhPHHvkv68 +INFO: bit.ly/3tLKdY2

EXPOSICIÓN Onte, 23 de marzo, inaugurouse ás 12.00 a exposición "Don Gaiferos polos camiños cara Compostela" na Casa da Cultura do Milladoiro. A mostra, organizada pola compañía compostelá Os monicreques de Kukas, estará aberta para todos os públicos en horario de 9.00 a 15.00 horas e de 16.00 a 22:00 horas até o venres, 26 de marzo. +INFO: bit.ly/3tVrwRP

mesa debate.jpg2.15 KB

MESA DE DEBATE Mañá, 24 de marzo, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá, ás 19.00 horas, un debate sobre “As artes escénicas despois da Covid-19 e incidencia do Xacobeo na súa reactivación”. No encontro participarán as compañías Teatro do Noroeste e Teatro do Atlántico, a empresa de produción audiovisual Chiripa producións, a compañía de danza Druída e a de títeres Cachirulo. O acto será aberto ao público e de balde. Retransmitirase por streaming para quen queira participar en liña. +INFO: bit.ly/3vxpPLG

AXUDAS Abre o prazo, ata o 22 de abril, de presentación de solicitudes para a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil. +INFO: bit.ly/2QlR3Vx

XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE Ames mantense como o concello galego máis seguro segundo o Balance anual de criminalidade do ano 2020. +INFO: bit.ly/3vSfmL5

TEATRO A obra de teatro infantil "Don Gaiferos" representarase este venres, 26 de marzo, ás 18.00 horas, no Milladoiro. A peza mestura actores, monicreques e músicos que incorporan cancións do folclore galego ao romance popularizado. Xa se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica. +INFO: bit.ly/3sg5Gb0

XORNADAS AO SON DA ORALIDADE: O NOSO PATRIMONIO Comezan as primeiras xornadas “Ao son da oralidade: o noso patrimonio” organizadas polo IES do Milladoiro, en colaboración coa ANPAMILLA e o Concello de Ames. 👉Segue en directo vía streaming o segundo faladoiro impartido por X. Ramón López Boullón, autor da obra "Toponimia de Ames": https://youtu.be/kA-D3-iYzjE +INFO: bit.ly/3tLKdY2

XORNADAS AO SON DA ORALIDADE: O NOSO PATRIMONIO Comezan as primeiras xornadas “Ao son da oralidade: o noso patrimonio” organizadas polo IES do Milladoiro, en colaboración coa ANPAMILLA e o Concello de Ames. 👉Segue en directo vía streaming o primeiro faladoiro impartido por Luís Leclere, representante do Colectivo a Rula: youtu.be/kA-D3-iYzjE +INFO: bit.ly/3tLKdY2

cartel_charlas_ies_do_milladoiro.jpg0.95 KB

XORNADAS “AO SON DA ORALIDADE: O NOSO PATRIMONIO” Este martes 23 e mércores 24 de marzo terán lugar no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro as primeiras xornadas “Ao Son da Oralidade: O noso patrimonio”, que están organizadas polo IES do Milladoiro en colaboración coa ANPAMILLA e o Concello de Ames. +INFO: bit.ly/3cWM6tT

PLENO EXTRAORDINARIO Este mércores, 24 de marzo, celebrarase un pleno extraordinario solicitado polo grupo municipal popular para debater a modificación e derrogación de varias ordenanzas fiscais. +INFO: bit.ly/397fcpk

ECONOMÍA O alcalde de Ames, Jose Miñones, e mailo deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira, asinaron un convenio co que o ente provincial asume todas as funcións para levar a cabo a inspección do IAE e nos procedementos sancionadores que deriven destas actuacións. No acto de sinatura de dito convenio tamén participou a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero. +INFO: bit.ly/3lEDmwx

mesa_noroeste.jpg1.10 MB

cartel_mocos.jpg1.37 MB

cartaz_lingua_das_bolboretas.jpg7.29 KB