Concello de Ames
رفتن به کانال در Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
نمایش بیشتر761
مشترکین
اطلاعاتی وجود ندارد24 ساعت
-17 روز
+730 روز
آرشیو پست ها
A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá a partir do 25 de outubro a exposición fotográfica “Proxectos de axuda á infancia” da Fundación Tierra de Hombres
🖼Estará no Milladoiro ata o 29 de novembro.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/pw9ayv
Adíase a cea solidaria de Samaín impulsada por SOGAPS prevista para o 2 denovembro
📍Terá lugar o vindeiro 8 de marzo de 2025 no Hotel Congreso, en Santiago de Compostela.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/YMBzfL
Feminismo e ruralidades da man da exposición fotográfica EspadELA
🖼️O 21 de outubro inaugurouse no Pazo da Peregrina de Bertamiráns esta mostra sobre feminismos e ruralidades impulsada pola cooperativa Arabías.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/Ev9otx
Inscríbete e participa na quinta edición do certame Galetiktokers!
📝O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o vindeiro 4 de novembro de 2024.
🏆Os premios entregaranse nunha gala que terá lugar o 23 de novembro de 2024 na Casa da Cultura do Milladoiro.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/bVI8n1
Aberto o prazo de inscrición para o espectáculo “Historias con susto para durmir a gusto”, incluído no programa Apego
📍Terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns o mércores 30 de outubro, ás 18:00 horas.
📝As inscricións están abertas ata o 29 de outubro.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/Vc12nl
O Concello pon a disposición das empresas un impreso para que soliciten superficie no futuro parque empresarial en Bertamiráns
🚧O novo parque empresarial estará situado no lugar de Caroubáns, próximo á rotonda que dá acceso á estrada AC-544, Bertamiráns – Negreira, e contará cunha extensión de máis de 300.000 metros cadrados.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/XQQ9Cz
A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá unha exposición da artista Carla Lojo ata finais de outubro
🎨A mostra “Horizontes de cor” está composta por 23 pezas que reflicten diversas emocións e estados de ánimo a través do expresionismo abstracto.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/8nO5RK
Os patinadores do CPA Sarela Inés Peña e Jorge Sanmartín participarán esta semana na Interland Cup 2024
🛼Do 24 ao 26 de outubro, celebrarase na cidade alemá de Bonn a Interland Cup, unha competición internacional de patinaxe artística que contará con representación galega grazas a Inés Peña e Jorge Sanmartín.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/8ywRmV
A Deputación da Coruña e o Concello rematan as obras de mellora da avenida da Maía, tras un investimento de 301.000 euros
🚧O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou onte as obras de mellora da avenida da Maía do concello de Ames, en Bertamiráns, xunto ao alcalde.
🤝🏼Asinaron un convenio para a construción dunha nova área de autocaravanas en Bertamiráns
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/J9QCqP
Jorge Puig Malvar e Eva Piñel Lorenzo gañan a proba absoluta 10K da XXIII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/sRwm4S
25 persoas visitaron a empresa Naiciña dentro das xornadas “Arredor dos castiñeiros”
🌳Enmárcase nas xornadas “Arredor dos castiñeiros”, que se desenvolverán nos meses de setembro, outubro e novembro.
🌰Os participantes coñeceron de primeira man o proceso de elaboración, transformación e distribución da castaña.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/9Y02hB
Comeza a emisión dos 15 programas de Radio Cidadá en Ames Radio
📻Os programas formarán parte da grella de Ames Radio ata mediados do próximo mes de xuño.
🎙️Nove deles xa foron emitidos en edicións pasadas, pero seis son de nova incorporación.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/isA7tq
Artefeito S. Coop. Galega impartirá no Milladoiro un obradoiro inclusivo de artes vivas durante o último trimestre do ano
🩰Será impartido pola bailarina e experta en benestar, Martha Franco, e polo clown Fran Rei, a partir do mércores 23 de outubro, ás 16:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro.
📍Este obradoiro impartirase todos os mércores pola tarde, de outubro a decembro.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/AqGBs7
A palilleira amesá Ana Rosa Lista impartiu un obradoiro de encaixe con palillos no centro galego de Río Gallegos, na Arxentina
📚Ensinoulle a arte do encaixe galego a 13 alumnas, a maior parte socias deste centro galego.
🧵Ademais, Ana Rosa Lista expuxo unha pequena mostra da súa colección sobre o Camiño de Santiago expresado en encaixe con palillos, e ofreceu unhacharla sobre a historia do encaixe.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/ovpqC5
A Deputación da Coruña convoca a primeira edición dos Premios de Turismo da provincia
📝O prazo para presentar candidaturas estará aberto ata o 28 de outubro, ás 14:00 horas.
🏆Os gañadores recibirán un galardón conmemorativo nunha gala organizada pola deputación o 8 de novembro no Hotel NH Finisterre.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/GprWF2
O Pazo da Peregrina acolle do 21 ao 31 de outubro a exposición de fotografía EspadELA
📷O luns 21 de outubro, ás 17.00 horas, inaugurase á exposición de fotografía EspadELA sobre feminismos e ruralidades.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/pgEtxM
O karateka amesán Raúl Rodríguez consegue a medalla de ouro no Campionato Galego Cadete, Junior e Sub21
🥇O deportista Raúl Rodríguez obtivo a medalla de ouro na categoría kumite cadete <57kg.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/OIuddF
Participa na andaina saudable que percorre a novena etapa do Camiño de Santiago desde o Barbanza
📍A ruta realizarase o sábado 26 de outubro.
🚶🏽♀️Os participantes camiñarán arredor de 16 quilómetros, partindo desde A Picaraña ata chegar a Santiago de Compostela.
🚌Haberá servizo de autobús.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/xxHRms
Este sábado a música clásica chega á Casa da Cultura de Bertamiráns
📍Ás 19:00 horas, terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns o concerto de música clásica “En clave clásica”.
🎻A velada contará coa interpretación e dirección dos artistas do Centro Superior de Música de Galicia, tutelados polo mestre Boris Perrenoud, director da Wiener Musikakademie.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/OXl6IM
A celebración da IV Feira do Monte “Tanto Monte, Monte Tanto” estenderase dous días e contará con servizo de autobús
🌳Celebrarase os días 23 e 24 de novembro no campo da festa da parroquia de Trasmonte.
🌰Xa se conta con 18 expositores confirmados e estase pendente de que se poida sumar algún máis.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/KiIeWa
