fa
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

رفتن به کانال در Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

نمایش بیشتر
761
مشترکین
اطلاعاتی وجود ندارد24 ساعت
-17 روز
+730 روز
آرشیو پست ها
Últimas entradas para a XIX edición do Festival de Maxia de Ames “FestiMax” 🧙🏽‍♀️Aínda quedan algunhas entradas para as cat
Últimas entradas para a XIX edición do Festival de Maxia de Ames “FestiMax” 🧙🏽‍♀️Aínda quedan algunhas entradas para as catro sesións da Gala Máxica Internacional. 🎩Tamén quedan prazas libres para a sesión das 11.00 horas dos obradoiros de maxia. 🪄Os convites para o espectáculo de maxia para bebés “Patapún” están esgotados 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/D3ujh9

Últimos días para inscribirse no concurso de decoración de Samaín 📝O 20 de outubro remata o prazo de inscrición para partici
Últimos días para inscribirse no concurso de decoración de Samaín 📝O 20 de outubro remata o prazo de inscrición para participar. 🏆Repartiranse 2.000 euros en premios: 1.000 euros para o primeiro, 600 para o segundo e 400 para o terceiro. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/Q3kQxo

70 actividades compoñen a programación de Outono en Ames 🍁Inclúea teatro, cine, maxia, saídas ambientais, actividades para m
70 actividades compoñen a programación de Outono en Ames 🍁Inclúea teatro, cine, maxia, saídas ambientais, actividades para mocidade ou actividades de animación á lectura entre outros. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/hFLjAN

Volve a programación teatral cos espectáculos “Geometría del alma” e “Go Home” 🎭Este 18 de outubro volve a programación teat
Volve a programación teatral cos espectáculos “Geometría del alma” e “Go Home” 🎭Este 18 de outubro volve a programación teatral ao concello cos espectáculos “Geometría del alma, para público infantil, e “Go Home”, dirixida ao público adulto. 🎟️Aínda hai entradas dispoñibles para o espectáculo infantil. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/jauOHL

A Oficina de Voluntariado organiza unha nova edición do obradoiro de inglés básico para maiores 📚As clases serán os venres e
A Oficina de Voluntariado organiza unha nova edición do obradoiro de inglés básico para maiores 📚As clases serán os venres en horario de tarde, entre as 17:30 h e as 18:30 horas, na Casa dos Maiores de Bertamiráns. 👥Ofértanse un total de 15 prazas. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/7RyYZt

O Concello aposta polo autoconsumo de electricidade colectivo coa posta en marcha da Oficina de Transformación Comunitaria 💡
O Concello aposta polo autoconsumo de electricidade colectivo coa posta en marcha da Oficina de Transformación Comunitaria 💡Estase a traballar na creación dunha asociación matriz, que xestione as diferentes comunidades enerxéticas que se poidan crear. 🫱🏼‍🫲🏽Está previsto facer reunións en todas as parroquias para explicar as funcións da Oficina de Transformación Comunitaria. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/OF1W55

150 atletas participarán no Cros Concello de Ames – Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mix
150 atletas participarán no Cros Concello de Ames – Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto 🏍️As probas realizaranse este sábado, 12 de outubro, na localidade de Aldea Nova, a carón das pistas municipais de tenis. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/UEdBB9

Inscríbete na actividade de narración oral “U-lo mar?”, incluída no programa Apego 📍Esta actividade de Bolboreta (Lidia Bota
Inscríbete na actividade de narración oral “U-lo mar?”, incluída no programa Apego 📍Esta actividade de Bolboreta (Lidia Botana) e Fabaloba terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns o venres 18 de outubro, ás 18:00 horas. 📝As persoas interesadas en anotarse poden facelo ata o 17 de outubro. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/uv1eEj

Ames celebra o seu XIX Festival de Maxia do 25 ao 27 de outubro 🎩Este ano como novidade inclúese na programación unha sesión
Ames celebra o seu XIX Festival de Maxia do 25 ao 27 de outubro 🎩Este ano como novidade inclúese na programación unha sesión de maxia para maiores e outra para bebés, e un photocall máxico. 🪄Tamén haberá unha gala máxica infantil, obradoiros de maxia e maila gala máxica internacional. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/qG0rdn

Aberto o prazo para solicitar praza no novo programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión 2024-2025 📝O prazo p
Aberto o prazo para solicitar praza no novo programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión 2024-2025 📝O prazo para solicitar praza no programa está aberto ata o día 29 de novembro. 👥Esta edición o programa está aberto a 100 persoas desempregadas 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/1BH0Xn

O Pleno debaterá a aprobación da Conta Xeral do exercicio 2023 📍O pleno extraordinario celebrarase este venres 11 de outubro
O Pleno debaterá a aprobación da Conta Xeral do exercicio 2023 📍O pleno extraordinario celebrarase este venres 11 de outubro, ás 10:00 horas. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/22HCLR

O Enreguéifate arrinca unha oitava edición de puro magnetismo 📝O prazo para participar estará aberto entre o 20 de xaneiro e
O Enreguéifate arrinca unha oitava edición de puro magnetismo 📝O prazo para participar estará aberto entre o 20 de xaneiro e o 20 de marzo de 2025. 📹As persoas interesadas en participar deberán enviar un vídeo no que aparezan, como mínimo, dúas persoas regueifando en galego e cunha duración máxima de 3 minutos. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/qL3EfG

A Policía Local, Protección Civil e a Brigada municipal de obras resolverán posibles incidencias provocadas pola borrasca Kir
A Policía Local, Protección Civil e a Brigada municipal de obras resolverán posibles incidencias provocadas pola borrasca Kirk 🚨Para calquera aviso pódese chamar ao número de teléfono 619 76 75 75 da Policía Local ou ao 112. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/KipaEu

Aberto o prazo de matrícula na Escola integral de maiores que se imparte no Milladoiro 📝As persoas maiores de 60 anos que qu
Aberto o prazo de matrícula na Escola integral de maiores que se imparte no Milladoiro 📝As persoas maiores de 60 anos que queiran participar deberán inscribirse chamando ao teléfono 662 377 044 ou acudir á Oficina de Voluntariado, na Casa da Cultura de Bertamiráns. 📚As clases comezarán o 22 de outubro e rematarán a finais de xuño. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/mWnWmc

O Concello colabora coa cea solidaria de Samaín impulsada por SOGAPS 📍Terá lugar o vindeiro 2 de novembro no Hotel Congreso,
O Concello colabora coa cea solidaria de Samaín impulsada por SOGAPS 📍Terá lugar o vindeiro 2 de novembro no Hotel Congreso, en Santiago de Compostela. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/3CflSH

31 persoas participaron na primeira saída “As voltas cos cogomelos” organizada pola Aula da Natureza 🍄Haberá dúas saídas mái
31 persoas participaron na primeira saída “As voltas cos cogomelos” organizada pola Aula da Natureza 🍄Haberá dúas saídas máis: o 3 e 23 de novembro. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/uvBxjc

Volven ás bibliotecas municipais as sesións de contacontos para os máis pequenos! 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.
Volven ás bibliotecas municipais as sesións de contacontos para os máis pequenos! 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/ksmhbE

O equipo feminino sub14 do club MillaRaio clasifícase para o campionato de España por equipos 🏃🏽‍♀️Participará no campionat
O equipo feminino sub14 do club MillaRaio clasifícase para o campionato de España por equipos 🏃🏽‍♀️Participará no campionato de España sub14 por equipos esta fin de semana, onde competirá con trinta clubes de todo o país . 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/DcoWXt

Arrinca o plan municipal de benestar emocional e saúde mental 🩺Durante o último trimestre vanse impartir intervencións de pr
Arrinca o plan municipal de benestar emocional e saúde mental 🩺Durante o último trimestre vanse impartir intervencións de promoción de benestar emocional e saúde mental no ámbito escolar, un programa grupal de benestar emocional para as persoas maiores, e un programa de cesamento de tabaco en grupo. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/Th4MW7

Aberto o prazo para inscribirse no I concurso de decoración de Samaín 📝O último día de presentación de solicitudes será o dí
Aberto o prazo para inscribirse no I concurso de decoración de Samaín 📝O último día de presentación de solicitudes será o día 20 de outubro. 👻Repartiranse 2.000 euros en premios. 🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/nhZtQr