fa
Feedback

فریب کلاهبرداران را نخورید! تل‌متریو این کانال‌ها را شناسایی و برچسب‌گذاری می‌کند 👉 برای مشاهده برچسب، اشتراک تهیه کنید 👈

Concello de Ames

Concello de Ames

رفتن به کانال در Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

نمایش بیشتر
761
مشترکین
اطلاعاتی وجود ندارد24 ساعت
-17 روز
+730 روز
آرشیو پست ها
COVID-19 Preto dun millar de persoas participan na enquisa sobre a COVID19 posta en marcha desde o Concello de Ames. 675 veciños e veciñas, dos 959 que responderon á enquisa cidadá sobre a COVID19 publicada na páxina web municipal, amosaron un alto grao de preocupación fronte a pandemia e unha maior inseguridade no transporte público. +INFO: bit.ly/3lZQmw0

CAMBIO DE HORARIOS AUTOCINE SÁBADO Infórmase sobre o cambio de horarios dos filmes deste sábado 21 de novembro, incluídos no programa autocine "Ames Drive Cinema”. Adiántase 15 minutos o inicio da proxección dos dous filmes previstos para este sábado. Deste xeito, o filme "Brave" comezará ás 17.45 horas e o filme "Los hombres que no amaban a las mujeres" comezará ás 20.15 horas. +INFO: bit.ly/36NnRv6

VIOLENCIA DE XÉNERO Un stand do programa "AgresiónOFF. Eu digo non á violencia sexual", da Secretaría Xeral de Igualdade, estará, con actividades e obradoiros, este sábad 21 de novembro, de 16.00 a 21.30 horas, na praza da Maía, en Bertamiráns. +INFO: bit.ly/3kNW7Ma

cartel portada axudas autonomos.jpg2.22 KB

cartel axudas autonomos.jpg8.02 KB

AXUDAS As persoas autónomas, con ou sen persoal contratado, xa poden solicitar as axudas que facilita a Xunta de Galicia para compensar as consecuencias económicas provocadas pola Covid-19. A axuda, de 1.200 ou 2.000 euros, poderá solicitarse até o vindeiro 18 de decembro. +INFO: bit.ly/3920u3Q

O Berce das Verbas.jpg1.67 MB

PROGRAMA APEGO O contacontos Caxeto organiza unha sesión virtual de contos e música o venres 27 de novembro ás 18.00 horas. Os nenos de até catro anos poderán participar no “Berce das verbas”. O prazo de inscrición está aberto ata o xoves 26. +INFO: bit.ly/2IYIGLR

DATOS OFICIAIS COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no concello de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 19 de novembro de 2020, é de 37 casos activos, 9 menos que onte 18 de novembro. Os contactos estreitos en seguimento actualmente con residencia no concello de Ames ascenden a 409. +INFO: bit.ly/3lM9dL6

EDUCACIÓN No encontro entre o Concello e a Consellería de Educación confirmouse a intención de ambas institucións de ampliar o CEIP Agro do Muíño e construir un novo CEIP no Milladoiro. +INFO: bit.ly/32Zeesc

PROTECCIÓN CIVIL A Agrupación de Protección Civil contará cun quad para realizar traballos de vixilancia nos Camiños de Santiago que pasan por Ames e labores de asistencia en eventos. +INFO: bit.ly/2IR2DEq

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Dende o departamento de Educación comunícase ás familias usuarias que xa está na web o calendario fiscal do ano 2020 do cobro dos servizos complementarios de educación. +INFO: bit.ly/3pKEuk3

programa de autocine.jpg7.19 MB

AUTOCINE O aparcamento da Telleira acollerá esta fin de semana, os días 20, 21 e 22 de novembro, o autocine de balde "Ames Drive Cinema”. Hai prazas libres para ver “Los hombres que no amaban a las mujeres” y “Mientras dure la guerra”. +INFO: bit.ly/2UEJLem

EMPREGO O alcalde de Ames mantén unha xuntanza coa conselleira de Emprego para avaliar as liñas de axudas da Xunta para impulsar a formación para o emprego. +INFO: bit.ly/3lJ4ERv

COMEDORES ESCOLARES A través do programa “Come Local”, os comedores escolares de Ames serviron hoxe tenreira galega con denominación de orixe. Tenreira guisada con patacas, chícharos e cenoria. O segundo prato do menú de hoxe nos comedores escolares de Ames elaborouse cos 80 quilos de carne con denominación de orixe que o Concello recibiu de “Tenreira Galega”. +INFO: bit.ly/38Slr19

panoramica bertamirans.jpg6.37 KB

#ImpulsaAmes 🌍 No proceso de adaptación de Ames ao modelo europeo de desenvolvemento sustentable encóntrase o reto de dimensión climática e enerxética. Instalarase un sistema de climatización nas oficinas da Policía Local e de Urbanismo. +INFO: bit.ly/3fhX8eg #Ames2020

BIBLIOTECAS A Biblioteca Municipal inicia hoxe os "Dixicontos", uns conta contos na rede que emitirá até finais de ano todos os mércores, ás 17:00 horas. Os usuarios poderán acceder a esta actividade a través da páxina de facebook da biblioteca. +INFO: bit.ly/32XqEAV

DATOS OFICIAIS COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no concello de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 18 de novembro de 2020, é de 46 casos activos. Polo tanto, séguese a apreciar un lixeiro descenso. +INFO: bit.ly/2UrWocC