Concello de Ames
Ir al canal en Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Mostrar más761
Suscriptores
Sin datos24 horas
-17 días
+730 días
Archivo de publicaciones
COVID-19
Preto dun millar de persoas participan na enquisa sobre a COVID19 posta en marcha desde o Concello de Ames.
675 veciños e veciñas, dos 959 que responderon á enquisa cidadá sobre a COVID19 publicada na páxina web municipal, amosaron un alto grao de preocupación fronte a pandemia e unha maior inseguridade no transporte público.
+INFO: bit.ly/3lZQmw0
CAMBIO DE HORARIOS AUTOCINE SÁBADO
Infórmase sobre o cambio de horarios dos filmes deste sábado 21 de novembro, incluídos no programa autocine "Ames Drive Cinema”. Adiántase 15 minutos o inicio da proxección dos dous filmes previstos para este sábado. Deste xeito, o filme "Brave" comezará ás 17.45 horas e o filme "Los hombres que no amaban a las mujeres" comezará ás 20.15 horas.
+INFO: bit.ly/36NnRv6
VIOLENCIA DE XÉNERO
Un stand do programa "AgresiónOFF. Eu digo non á violencia sexual", da Secretaría Xeral de Igualdade, estará, con actividades e obradoiros, este sábad 21 de novembro, de 16.00 a 21.30 horas, na praza da Maía, en Bertamiráns.
+INFO: bit.ly/3kNW7Ma
AXUDAS
As persoas autónomas, con ou sen persoal contratado, xa poden solicitar as axudas que facilita a Xunta de Galicia para compensar as consecuencias económicas provocadas pola Covid-19. A axuda, de 1.200 ou 2.000 euros, poderá solicitarse até o vindeiro 18 de decembro.
+INFO: bit.ly/3920u3Q
PROGRAMA APEGO
O contacontos Caxeto organiza unha sesión virtual de contos e música o venres 27 de novembro ás 18.00 horas. Os nenos de até catro anos poderán participar no “Berce das verbas”. O prazo de inscrición está aberto ata o xoves 26.
+INFO: bit.ly/2IYIGLR
DATOS OFICIAIS COVID-19
O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no concello de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 19 de novembro de 2020, é de 37 casos activos, 9 menos que onte 18 de novembro. Os contactos estreitos en seguimento actualmente con residencia no concello de Ames ascenden a 409.
+INFO: bit.ly/3lM9dL6
EDUCACIÓN
No encontro entre o Concello e a Consellería de Educación confirmouse a intención de ambas institucións de ampliar o CEIP Agro do Muíño e construir un novo CEIP no Milladoiro.
+INFO: bit.ly/32Zeesc
PROTECCIÓN CIVIL
A Agrupación de Protección Civil contará cun quad para realizar traballos de vixilancia nos Camiños de Santiago que pasan por Ames e labores de asistencia en eventos.
+INFO: bit.ly/2IR2DEq
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Dende o departamento de Educación comunícase ás familias usuarias que xa está na web o calendario fiscal do ano 2020 do cobro dos servizos complementarios de educación.
+INFO: bit.ly/3pKEuk3
AUTOCINE
O aparcamento da Telleira acollerá esta fin de semana, os días 20, 21 e 22 de novembro, o autocine de balde "Ames Drive Cinema”. Hai prazas libres para ver “Los hombres que no amaban a las mujeres” y “Mientras dure la guerra”.
+INFO: bit.ly/2UEJLem
EMPREGO
O alcalde de Ames mantén unha xuntanza coa conselleira de Emprego para avaliar as liñas de axudas da Xunta para impulsar a formación para o emprego.
+INFO: bit.ly/3lJ4ERv
COMEDORES ESCOLARES
A través do programa “Come Local”, os comedores escolares de Ames serviron hoxe tenreira galega con denominación de orixe.
Tenreira guisada con patacas, chícharos e cenoria. O segundo prato do menú de hoxe nos comedores escolares de Ames elaborouse cos 80 quilos de carne con denominación de orixe que o Concello recibiu de “Tenreira Galega”.
+INFO: bit.ly/38Slr19
#ImpulsaAmes
🌍 No proceso de adaptación de Ames ao modelo europeo de desenvolvemento sustentable encóntrase o reto de dimensión climática e enerxética. Instalarase un sistema de climatización nas oficinas da Policía Local e de Urbanismo.
+INFO: bit.ly/3fhX8eg
#Ames2020
BIBLIOTECAS
A Biblioteca Municipal inicia hoxe os "Dixicontos", uns conta contos na rede que emitirá até finais de ano todos os mércores, ás 17:00 horas. Os usuarios poderán acceder a esta actividade a través da páxina de facebook da biblioteca.
+INFO: bit.ly/32XqEAV
DATOS OFICIAIS COVID-19
O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no concello de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 18 de novembro de 2020, é de 46 casos activos. Polo tanto, séguese a apreciar un lixeiro descenso.
+INFO: bit.ly/2UrWocC
