fa
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

رفتن به کانال در Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

نمایش بیشتر
761
مشترکین
اطلاعاتی وجود ندارد24 ساعت
-17 روز
+730 روز
آرشیو پست ها
cartel_senda_bertamirans_agro.jpg5.64 KB

PLAN IMPULSA AMES - EDUSI Adxudícanse as obras de adecuación e instalación do alumeado público no sendeiro que une Bertamiráns con Agro do Muíño. Este proxecto foi adxudicado á empresa Montaxes Eléctricos Fernández SL por un importe de 30.189,50 euros (IVE incluído). Dita actuación está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. +INFO: bit.ly/3thpSJO

ORZAMENTO MUNICIPAL A Corporación municipal aprobou de xeito inicial o orzamento municipal de Ames para o exercicio 2021, nunha sesión plenaria extraordinaria que se desenvolveu de xeito telemático este xoves, 11 de marzo. Agora, dende a súa publicación no BOP, o documento orzamentario estará en exposición pública durante 15 días hábiles. +INFO: bit.ly/3rIMJNV

AMES SAUDABLE Ames recibe o Premio Nacional de Calidade 2021 polo fomento de estilos de vida saudables. É un premio que outorga a Rede Española de Cidades Saudables. Podes ver o vídeo da presentación nesta ligazón: http://bit.ly/30IBMjr +INFO: bit.ly/3rIgvm6

Programa musical “O domingo á tarde” Este domingo 14 comeza o programa musical O domingo á tarde, unha nova iniciativa da Concellería de Cultura, coa actuación de Javier Constenla e Pilar Martínez, cun repertorio selecto de clásicos do Jazz. +INFO: bit.ly/38zmYrP

PRAZAS ESGOTADAS Esgotadas as entradas das dúas sesións, a das 17.00 e a das 18.00 horas, para o obradoiro de xogos musicais e debuxo rítmico, no Pazo da Peregrina. A actividade, que se realizará o próximo xoves 18 de marzo estará dirixida por Mirari Urruzola.

UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns, 15 de marzo, en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario será de mañá, de 09:30 a 14.30 horas e, de tarde, de 15.30 a 21.00 horas. +INFO: bit.ly/3bH70ha

ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS: O Concello de Ames, a través das Concellarías de Deportes e Cultura, informa da suspensión das Escolas deportivas e culturais (curso 2020-2021), debido ás restricións establecidas para frear a expansión da Covid-19. Deste xeito, procederase á devolución das contías abonadas ao Concello polos usuarios e usuarias para a inscrición nas distintas actividades. Os/as afectado/as deberán presentar un certificado bancario da conta da persoa que figure na autoliquidación pagada de xeito telemático, a través do Rexistro Xeral por Sede electrónica. Tamén se poderá facer de xeito presencial acudindo ás oficinas de Recadación en Bertamiráns e no Milladoiro. +INFO: bit.ly/2N0rBDL

8M Máis de 100 persoas reuníronse para celebrar o Día da Muller en Ames. A conmemoración do 8M neste atípico ano, comezou na praza do Concello onde o alcalde e varias concelleiras e concelleiros leron o Manifesto Institucional. +INFO: bit.ly/3cdHY8K

MERC@AMES.pjp2.36 KB

MERC@AMES Esgotadas as 3.000 tarxetas-bono da campaña Merc@mes. En total, vendéronse 1.000 tarxetas de 100 euros e 2.000 de 50 euros. Esta iniciativa xerará un volume de negocio de 280.000 euros. +INFO: bit.ly/3qsOhKI

Irmandiñas.jpg3.12 KB

PRESENTACIÓN LIBRO O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acollerá este mércores, 10 de marzo, ás 20:00 horas, a presentación de "Irmandiñas", unha obra de Aurora Marco. O libro, publicado pola editorial Laiovento, trata do papel das mulleres nas Irmandades da Fala. A autora realiza un estudo do, até o momento, oculto papel das mulleres na creación deste movemento que contribuíu a recuperar a lingua, a cultura e a identidade galega a comezos do século XX. +INFO: bit.ly/3bseJ2A

almanaque musical.jpg1.44 KB

CULTURA O espectáculo infantil "Almanaque musical", da compañía Percubebés, chega ao Milladoiro este venres 12 de marzo ás 18.00 horas. A obra de teatro está dirixida a nenos e nenas de ata 3 anos de idade e ensinará os meses do ano con música. +INFO: bit.ly/3chlByX

pauliña.jpg4.36 KB

CONCERTO BANDA PAULIÑA Aínda hai entradas para acudir ao o concerto da banda Pauliña o venres 12 de marzo ás 19.30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. O grupo presentará o seu último traballo, A Malfalada, onde mesturan rock, folk country e blues. Pódense reservar os convites na billeteira electrónica do Concello de Ames. +INFO: bit.ly/3uNXCzW

arrolos de salitre.jpg2.69 KB

PROGRAMA APEGO Aínda quedan prazas libres para o obradoiro de cantos de berce “Arrolos de salitre”. Realizarase este xoves 11 de marzo, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns da man de Faia Díaz e Guillerme Fernández. A iniciativa busca que as persoas asistentes aprendan cantos de berce para transmitirlles afecto ás crianzas a través da lingua e da música. A actividade é gratuíta e as prazas cubriranse por orde de inscrición. +INFO: bit.ly/2Pxr655

PRIMAVERA LÚDICA: Consulta as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no programa de conciliación Primavera Lúdica 2021. O servizo desenvolverase desde o 29 de marzo ata o 5 de abril, coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa. +INFO: bit.ly/30kn2r4