Concello de Ames
رفتن به کانال در Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
نمایش بیشتر761
مشترکین
اطلاعاتی وجود ندارد24 ساعت
-17 روز
+730 روز
آرشیو پست ها
INSTALACIÓNS DEPORTIVAS:
Abren as novas pistas deportivas de pádel e baloncesto que se atopan na área deportiva de Bertamiráns.
Dende a Concellaría de Deportes infórmase de que trala actualización das medidas de restrición pola Covid-19 do pasado 26 de febreiro, que permiten a práctica deportiva en pistas ao aire libre, abríronse as novas pistas de pádel e baloncesto que están situadas na área deportiva de Bertamiráns.
Fai a reserva da pista de pádel: https://ames.i2a.es/CronosWebGal/Login
+INFO: bit.ly/2MVaO4W
BIBLIOTECAS MUNICIPAIS:
As bibliotecas municipais do Concello de Ames organizaron unha serie de actividades para o mes de marzo relacionadas coas dúas grandes celebracións do mes: o Día da Muller e o Día da Poesía.
Dita programación recolle varias presentacións. O 10 de marzo realizarase a presentación da obra Irmandiñas, con Aurora Marco, acompañada do grupo musical Barahúnda. O 17 de marzo presentarase a obra Libres e Vivas coa presentación de varias autoras. As dúas presentacións serán no Pazo da Peregrina, ás 20.00 horas.
Ademais, o 12 de marzo, ás 20.00 horas, proxectarase na Casa da Cultura do Milladoiro o documental Vértices de Versos sobre a poesía galega contemporánea, mentres que o martes 23 de marzo, tamén no Pazo da Peregrina, realizarase unha sesión de recitais de poesía e faladoiro sobre a poesía actual en Galicia.
+INFO: bit.ly/3kWA9Iq
O acto institucional será ás 18:30 na praza do Concello. Ás 19:00 na praza de A Maia preséntase o roteiro 8M. O alumnado da EMMA gravou un vídeo coa canción de Rozalén, “A porta violeta”.
Consulta o vídeo http://youtu.be/JtJlX2MHHDA
+ INFO: http://bit.ly/30pEAlr
PROGRAMA MUSICAL: O DOMINGO Á TARDE
A Concellería de Cultura vén de presentar unha nova iniciativa cultural. Trátase dun programa musical no que poderán participar artistas locais de Ames. Cada domingo, ás 20:00 horas, unha banda musical tocará en rigoroso directo en liña. O domingo, 14 de marzo, estrearase o programa coa actuación de Javier Constenla e Pilar Martínez, cun repertorio selecto de clásicos do Jazz. O próximo domingo 21 de marzo, o espectáculo correrá a cargo do grupo de mozos Battosai, que veñen recentemente de ser premiados no Xuventude Crea. Rematarase o domingo 28 co grupo de pandereteiras As Maianas.
+INFO: bit.ly/3c8Nae1
SENTENZA DO TSXG
Tras ter coñecido a resolución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que se desestima o recurso de apelación interposto polo Concello de Ames contra sentenza de data 22 de setembro de 2020, ditada polo Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, no procedemento de protección do recursos fundamentais presentada polos concelleiros e concelleiras do Partido Popular de Ames ante a convocatoria do Pleno Extraordinario e Urxente de data 28 de decembro de 2019, o Goberno amesá manifesta unha vez máis o seu respecto aos tribunais e as súas resolucións xudiciais, e así mesmo infórmase que durante os vindeiros días analizarse en profundidade dita sentenza cos servizos xurídicos municipais, de cara a ver as distintas repercusións que terá nos orzamentos municipais do ano 2021, así como a viabilidade dun posible recurso de casación ante o Tribunal Supremo.
+INFO: bit.ly/3c9EqEu
Bo día. TRANSPORTE METROPOLITANO:
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, vén de enviarlle unha carta ao Director Xeral de Mobilidade, notificándolle varias deficiencias no servizo de transporte metropolitano que se presta no termo municipal amesá. Ademais, envióuselle outro escrito á empresa Monbus, concesionaria de varias liñas do transporte metropolitano de Ames, en relación a diferentes incidencias que traslada a veciñanza amesá ao departamento de Mobilidade sobre o servizo que están a prestar no concello de Ames.
+INFO: bit.ly/3kVqwd9
8M
Ames celebrará o Día da Muller cunha ruta urbana circular que pon en valor a varias mulleres relevantes, entre elas á escritora amesá Filomena Fraga.
+Podes ver o vídeo da presentación: bit.ly/30fhY7d
+INFO: bit.ly/3sPjucs
ACTUALIZACIÓN DE RESTRICIÓNS
O máis relevante da actualización é que se amplía o prazo ata o 12 de marzo para que o sector hostaleiro teña en funcionamento o sistema de rexistro con código QR.
👉 Consulta as medidas: http://bit.ly/3reYw6t
+INFO: bit.ly/3kOcqdj
MERC@AMES
Esgotadas as tarxetas-bono Merc@ames de 100 euros.
Aínda se poden adquirir as tarxetas de 50 euros que están á venda na Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 11:00 a 13:30 horas, e de 17:00 a 19:30 horas. No Milladoiro poderanse adquirir polas mañás, entre as 11:00 e as 13:30 no local da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro, na rúa Palmeira, número 19. Polas tardes venderanse na rúa Viorneira, número 1, no local da Asociación Palmira Boulevard, entre as 17:00 e as 19:30 horas.
+INFO: bit.ly/2OnMHMT
MERCADO DE RÚA
O mercado de rúa volve a Bertamiráns o sábado 13 de marzo no emprazamento das rúas Ameneiral e Entrerríos e na praza do Concello.
+INFO: http://bit.ly/3sWip2L
DOAZÓN DE SANGUE
A unidade móbil de doazón de sangue estará o luns 8 de marzo no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce con Rosalía de Castro. O horario será de mañá e de tarde.
É necesario solicitar cita previa chamando ao 900 100 828.
+INFO: bit.ly/3sRVtl7
VISITA INSTITUCIONAL
O presidente da Deputación da Coruña visita á área deportiva de Bertamiráns e a empresa de nanotecnoloxía Nanogap. O Plan Único investiu máis de 8,5 millóns de euros en Ames, contribuíndo á mellora de múltiples infraestruturas e servizos municipais.
+INFO: bit.ly/3rgUMS7
MERC@MES
Vídeos protagonizados polo actor Pepo Suevos e pola cantante Fátima Pego promocionan as tarxetas Merc@ames.
Neste vídeo, grabado no Milladoiro, móstrase como empregalas nos establecementos. https://www.youtube.com/watch?v=ewbFXizkcd4
MERC@MES
Vídeos protagonizados polo actor Pepo Suevos e pola cantante Fátima Pego promocionan as tarxetas Merc@ames.
Neste vídeo, grabado na Casa da Cultura de Bertamiráns, infórmase sobre o que son e como mercar as tarxetas. https://www.youtube.com/watch?v=G-adToFzcy0
MERC@AMES
Un encontro casual, unha conversa entre veciños e unha tarde compras. Nestes contextos, o actor Pepo Suevos e a cantante Fátima Pego falan coloquialmente sobre as tarxetas merc@ames, ofrecendo información sobre os prezos, o xeito de conseguilas, como utilizalas e as vantaxes que supón para a veciñanza e o comercio local esta iniciativa da concellaría de Promoción Económica do Concello de Ames.
+INFO: bit.ly/3uScFIY
MILLARAIO
Sete atletas do Club Atletismo MillaRaio participaron nos Campionatos de Galicia de lanzamentos de inverno de menores, celebrado o sábado 27 de febreiro en Pontevedra, e de pista cuberta sub18, que se disputou o domingo 28 de febreiro en Ourense.
Cómpre destacar, unha vez máis, os bos resultados dos atletas deste club amesán que acadaron cinco medallas en ditos campionatos autonómicos.
+INFO: bit.ly/3rhYfzN
DEBUXA A TÚA ROSALÍA
40 nenos/as participaron no concurso “Debuxa a túa Rosalía”, organizado polas Bibliotecas de Ames.
Lara foi a gañadora da primeira categoría na que concursaban rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 6 e os 9 anos. Na segunda categoría, na que participaban nenos e nenas de 9 a 12 anos, a gañadora foi Claudia.
Para o mes de abril, a Biblioteca ten programado desenvolver outro concurso de debuxo, nesa ocasión a temática versará sobre o libro e a lectura.
+INFO: bit.ly/3uSrDi2
