es
Feedback

¡No caigas en manos de tramposos! Telemetrio encuentra y marca estos canales 👉 Si quieres ver la etiqueta, suscríbete 👈

Concello de Ames

Concello de Ames

Ir al canal en Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Mostrar más
761
Suscriptores
Sin datos24 horas
-17 días
+730 días
Archivo de publicaciones
Cartel do III Premio Lingua e Empresa.jpg7.97 KB

PREMIO LINGUA E EMPRESA Está aberto o prazo até o 16 de novembro para participar na terceira edición do Premio Lingua e Empresa que promove o uso do galego na actividade empresarial amesá. +INFO: bit.ly/2UgwVmk

DATOS OFICIAIS COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no concello de Ames, a 9 de novembro de 2020, é de 92 casos activos. Estáselle facendo un seguimento a 390 persoas por estar en contacto con casos positivos. +INFO: bit.ly/36222I0

INICIATIVA DE APOIO Á HOSTALERÍA DE AMES O Concello de Ames informa sobre os primeiros establecementos que solicitaron adherirse á listaxe de locais (cafetarías, bares e restaurantes) con servizo a domicilio e para recollida no establecemento. Na actualidade en dita listaxe figuran 14 establecementos de Ames. A este documento iranse engadido aqueles establecementos que así o desexen e envíen os seus datos ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal. +INFO: bit.ly/3ldd57r

AXUDAS Do 10 ao 25 de novembro estará aberto o prazo para solicitar as axudas do Plan de Emprego Local que concede o Concello de Ames. +INFO: bit.ly/35akFtY

PLENO EXTRAORDINARIO O Pleno extraordinario, do mércores 11 de novembro, debaterá a aprobación do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano na área de Santiago de Compostela. +INFO: bit.ly/3eFmZMN

PROGRAMA APEGO Paco Nogueiras conducirá o venres 13 de novembro o concerto virtual Radio Bulebule. Esta sesión, dirixida a nenos e nenas, combinará humor, baile e cancións a través das pantallas. +INFO: bit.ly/2Ihr5Pi

IMPULSA AMES A mellora da accesibilidade xa é unha realidade grazas ao Plan #ImpulsaAmes. Rematan as obras no Milladoiro e as de Bertamiráns están a piques de finalizar. Conseguiuse eliminar barreiras e mellorar pavimentos. +INFO: bit.ly/38pAK19

A concelleira e mailas técnicas de Normalización Lingüística e Mocidade animan á mocidade amesá a participar no I Certame GaleTiktokers. O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o vindeiro 30 de novembro de 2020. 👉 Vídeo de presentación do Certame GaleTiktokers: youtu.be/f1OLhBh1pzQ

bases_galetiktokers_2020.jpg2.03 MB

cartel_galetiktokers_2020.jpg2.19 MB

CERTAME GALETIKTOKERS Preséntase o "GaleTiktokers", un certame para estimular a creatividade en galego entre a mocidade. +INFO: bit.ly/3l8ldWT

MERCADO DE RÚA Adíase até o sábado 14 a volta do mercado de rúa ao centro de Bertamiráns + INFO: http://bit.ly/3eBbfe7

PUNTO LIMPO O Punto Limpo rexistrou preto de 650 entradas durante o mes de outubro + INFO: http://bit.ly/3l7JxYX

RESTRICIÓNS POLA COVID-19 A Xunta de Galicia vén de publicar este mércores, 4 de novembro de 2020, novas medidas de restrición que afectan á mobilidade da veciñanza e ao sector hostaleiro. Ditas medidas afectan a todo o termo municipal de Ames. +INFO: bit.ly/2I8SZws

DATOS OFICIAIS COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no concello de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 5 de novembro de 2020, é de 114 casos activos. Na actualidade estáselle facendo un seguimento a 374 persoas por estar en contacto con algún dos casos positivos. +INFO: bit.ly/36222I0

OBRAS A Xunta de Goberno Local aproba a licitación do contrato de obras para a mellora do firme do tramo urbano da avenida da Maía, en Bertamiráns. +INFO: bit.ly/3l5E84E

BIBLIOTECAS A Biblioteca Municipal de Ames realizou 5.440 préstamos no que vai de ano. Vento Ferido de “Carlos Casares” e “Cinco minutiños máis” de Marta Altés, narrativa infantil, foron os libros máis solicitados no 2020. +INFO: bit.ly/2HYZdQ9

cartel_premio_lingua_e_empresa.jpg7.97 KB

PREMIO LINGUA E EMPRESA Está aberto o prazo para participar na terceira edición do Premio Lingua e Empresa até o 16 de novembro. O obxectivo é recoñecer o uso e fomento da lingua galega na actividade empresarial. Optarán a este galardón todas as empresas, con sede social ou centro de actividade no Concello de Ames. +INFO: bit.ly/2GtAgeC