Concello de Ames
前往频道在 Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
显示更多761
订阅者
无数据24 小时
-17 天
+730 天
帖子存档
PREMIO LINGUA E EMPRESA
Está aberto o prazo até o 16 de novembro para participar na terceira edición do Premio Lingua e Empresa que promove o uso do galego na actividade empresarial amesá.
+INFO: bit.ly/2UgwVmk
DATOS OFICIAIS COVID-19
O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no concello de Ames, a 9 de novembro de 2020, é de 92 casos activos. Estáselle facendo un seguimento a 390 persoas por estar en contacto con casos positivos.
+INFO: bit.ly/36222I0
INICIATIVA DE APOIO Á HOSTALERÍA DE AMES
O Concello de Ames informa sobre os primeiros establecementos que solicitaron adherirse á listaxe de locais (cafetarías, bares e restaurantes) con servizo a domicilio e para recollida no establecemento. Na actualidade en dita listaxe figuran 14 establecementos de Ames.
A este documento iranse engadido aqueles establecementos que así o desexen e envíen os seus datos ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal.
+INFO: bit.ly/3ldd57r
AXUDAS
Do 10 ao 25 de novembro estará aberto o prazo para solicitar as axudas do Plan de Emprego Local que concede o Concello de Ames.
+INFO: bit.ly/35akFtY
PLENO EXTRAORDINARIO
O Pleno extraordinario, do mércores 11 de novembro, debaterá a aprobación do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano na área de Santiago de Compostela.
+INFO: bit.ly/3eFmZMN
PROGRAMA APEGO
Paco Nogueiras conducirá o venres 13 de novembro o concerto virtual Radio Bulebule. Esta sesión, dirixida a nenos e nenas, combinará humor, baile e cancións a través das pantallas.
+INFO: bit.ly/2Ihr5Pi
IMPULSA AMES
A mellora da accesibilidade xa é unha realidade grazas ao Plan #ImpulsaAmes. Rematan as obras no Milladoiro e as de Bertamiráns están a piques de finalizar. Conseguiuse eliminar barreiras e mellorar pavimentos.
+INFO: bit.ly/38pAK19
A concelleira e mailas técnicas de Normalización Lingüística e Mocidade animan á mocidade amesá a participar no I Certame GaleTiktokers. O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o vindeiro 30 de novembro de 2020.
👉 Vídeo de presentación do Certame GaleTiktokers: youtu.be/f1OLhBh1pzQ
CERTAME GALETIKTOKERS
Preséntase o "GaleTiktokers", un certame para estimular a creatividade en galego entre a mocidade.
+INFO: bit.ly/3l8ldWT
MERCADO DE RÚA
Adíase até o sábado 14 a volta do mercado de rúa ao centro de Bertamiráns
+ INFO: http://bit.ly/3eBbfe7
PUNTO LIMPO
O Punto Limpo rexistrou preto de 650 entradas durante o mes de outubro
+ INFO: http://bit.ly/3l7JxYX
RESTRICIÓNS POLA COVID-19
A Xunta de Galicia vén de publicar este mércores, 4 de novembro de 2020, novas medidas de restrición que afectan á mobilidade da veciñanza e ao sector hostaleiro. Ditas medidas afectan a todo o termo municipal de Ames.
+INFO: bit.ly/2I8SZws
DATOS OFICIAIS COVID-19
O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no concello de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 5 de novembro de 2020, é de 114 casos activos. Na actualidade estáselle facendo un seguimento a 374 persoas por estar en contacto con algún dos casos positivos.
+INFO: bit.ly/36222I0
OBRAS
A Xunta de Goberno Local aproba a licitación do contrato de obras para a mellora do firme do tramo urbano da avenida da Maía, en Bertamiráns.
+INFO: bit.ly/3l5E84E
BIBLIOTECAS
A Biblioteca Municipal de Ames realizou 5.440 préstamos no que vai de ano. Vento Ferido de “Carlos Casares” e “Cinco minutiños máis” de Marta Altés, narrativa infantil, foron os libros máis solicitados no 2020.
+INFO: bit.ly/2HYZdQ9
PREMIO LINGUA E EMPRESA
Está aberto o prazo para participar na terceira edición do Premio Lingua e Empresa até o 16 de novembro.
O obxectivo é recoñecer o uso e fomento da lingua galega na actividade empresarial. Optarán a este galardón todas as empresas, con sede social ou centro de actividade no Concello de Ames.
+INFO: bit.ly/2GtAgeC
