Concello de Ames
Ir al canal en Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Mostrar más761
Suscriptores
Sin datos24 horas
-17 días
+730 días
Archivo de publicaciones
ORZAMENTO MUNICIPAL
Esta mañá o Goberno municipal presentou o novo orzamento para o exercicio 2021, que ascende á cifra de 29.888.000 euros, incrementando en 2.518.000 euros (9,20%) respecto do presuposto de 2020. Trátase do maior orzamento municipal que presentou o Concello de Ames.
Recolle un forte compromiso en servizos básicos cunha partida para o novo contrato de limpeza viaria; e un incremento de crédito para as áreas de educación e servizos sociais, así como unha forte aposta polo investimento público.
É o quinto orzamento consecutivo que aprobará, se procede, a Corporación municipal do Concello de Ames dende abril de 2017.
+INFO: bit.ly/3qlxNnH
HOSTALARÍA
O Concello de Ames lembra as medidas do “Plan de Hostalería Segura” que pasan pola limitación do aforo ao 50% nas terrazas e o 30% no interior dos establecementos, o respecto ás distancias mínimas de separación á hora de distribuír os espazos, a sinalización clara das mesas e cadeiras que non se poden utilizar, e a obrigatoriedade de obter un código QR personalizado para cada establecemento.
+INFO: bit.ly/2PqFNGZ
PROGRAMA APEGO
Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de cantos de berce “Arrolos de salitre”. Realizarase o vindeiro xoves 11 de marzo, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns da man de Faia Díaz e Guillerme Fernández.
A iniciativa busca que as persoas asistentes aprendan cantos de berce para transmitirlles afecto ás crianzas a través da lingua e da música. A actividade é gratuíta e as prazas cubriranse por orde de inscrición.
+INFO: bit.ly/2Pxr655
ACTIVIDADES ESCOLA DE FAMILIAS
A ANPA da Escola infantil municipal da Madalena organiza mañá, 4 de marzo, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro un obradoiro de disciplina positiva. Aínda hai prazas libres pero é preciso inscribirse anteriormente. Para máis información pódense por en contacto coa ANPA a través do enderezo electrónico anpamadalena@gmail.com.
+INFO: bit.ly/3kFIkso
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Abre o prazo para preinscribirse ou renovar praza nos servizos complementarios de educación e conciliación do curso 2021-2022, na Rede de comedores escolares e nos programas Bos días cole e Tardes divertidas.
As preinscricións e renovacións de praza poderán realizarse entre o 1 e 31 de marzo a través da páxina web www.conciliames.org.
+INFO: bit.ly/3qaUjiV
DIXICONTOS
As bibliotecas municipais seguen a organizar unha serie de sesións de contacontos infantís na rede todos os mércores. Baixo o título de “Dixicontos”, os usuarios e usuarias poderán acceder a esta actividade a través da páxina de Facebook da biblioteca. Este mércores, 3 de marzo, pódese ver o conto Galo Quirico.
+INFO: bit.ly/3b8MmGI
COVID-19
O Concello de Ames informa de que o número de casos de Covid-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 2 de marzo de 2021, é de 48 casos activos.
O número de casos en Ames continúa estable, pero aínda así lémbrase que hai que seguir respectando as restricións que están en vigor.
+INFO: bit.ly/3ssEgyf
CAMPAÑA MERC@MES
No primeiro día da campaña Merc@mes xa se venderon 350 tarxetas bono (55% de 100 euros e 45% de 50 euros). En total, facturáronse uns 16.000 euros e xerouse un valor de negocio de preto de 30.000 euros.
+INFO: bit.ly/3uJK7RP
NORMALIZACIÓN
Ábrese o prazo para participar na XVIII edición do Certame Literario de Ames. Pode concorrer a esta convocatoria calquera persoa que presente textos inéditos en lingua galega.
+INFO: bit.ly/2Ps6PxO
CONCERTO BANDA PAULIÑA
A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o concerto da banda Pauliña o venres 12 de marzo ás 19.30 horas. O grupo presentará o seu último traballo, A Malfalada, onde mesturan rock, folk country e blues.
Pódense reservar os convites na billeteira electrónica do Concello de Ames.
+INFO: bit.ly/3uNXCzW
TEATRO
Este venres, 5 de marzo, representarase o espectáculo infantil "Mai Mai". Terá lugar en Bertamiráns ás 18.00 horas.
O mesmo día, 5 de marzo, representarse a obra para adultos "Sofía e a Postsocráticas", no Milladoiro ás 20.30 horas.
+INFO: bit.ly/3syy0VY
AULA CEMIT
A Aula CeMIT imparte cursos para adultos no mes de marzo e un obradoiro infantil en Semana Santa.
+INFO: bit.ly/3edqjkf
