Concello de Ames
Ir al canal en Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Mostrar más761
Suscriptores
Sin datos24 horas
-17 días
+730 días
Archivo de publicaciones
PROHIBICIÓN ESTACIONAMENTO
O venres 5 de marzo de 2021 prohíbese o estacionamento no aparcamento da rúa Agro do Medio (aparcamento do Supercor dende as 23.45 do xoves 4 ata as 23.45 horas do venres 5 de marzo de 2021) debido á nova sesión de Autocine.
+INFO: bit.ly/3q9xRXe
TARXETAS MERC@AMES
Xa funcionan os TPV para cargar as tarxetas bono Merc@mes.
Durante esta mañá, por mor de problemas alleos ao concello, non se puideron cargar os TPV das tarxetas dos bonos Merc@mes.
+INFO: bit.ly/3b6Ai8Z
HOSTALARÍA
O Concello ofrécese a axudar ao sector hostaleiro no cumprimento da normativa que obriga a aforamentos limitados en interior e terrazas.
A partires do 5 de marzo entra en vigor a nova normativa que obriga a un control específico.
+INFO: bit.ly/2O9eMr9
PROGRAMACIÓN APEGO
O programa Apego de Ames presenta as súas actividades deste trimestre. Haberá teatro, concertos, excursións e obradoiros ás crianzas, os pais e as nais.
Inclúense as sesións infantís organizadas pola Concellería de Cultura.
+INFO: bit.ly/3b5eBGo
PROTECCIÓN CIVIL
Protección Civil de Ames realizou preto de 1.000 operativos no 2020. En número foron algunhas menos que o ano anterior posto que moitas das actividades e dos eventos nos que habitualmente participaban suspendéronse por mor da COVID-19.
Porén, a intervención da AVCP Ames foi fundamental á hora de atender moitas das necesidades xurdidas da situación de pandemia.
+INFO: bit.ly/300LwW6
CAMPAÑA MERC@MES
Dende este luns, 1 de marzo, xa se poden adquirir as tarxetas bono da campaña Merc@mes. As persoas que queiran mercar ditas tarxetas terán que presentar o seu DNI para acreditar que son maiores de 18 anos.
Existen dous tipos de bonos: un polo que se pagarán 30 euros e se obterán 50€ para gastar, e outro que custará 60 euros e terá un valor á hora de realizar as compras de 100€.
As tarxetas bono están á venda na Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 11:00 a 13:30 horas, e de 17:00 a 19:30 horas. No Milladoiro poderanse adquirir polas mañás, entre as 11:00 e as 13:30 no local da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro, na rúa Palmeira, número 19. Polas tardes venderanse na rúa Viorneira, número 1, no local da Asociación Palmira Boulevard, entre as 17:00 e as 19:30 horas.
Tamén se poderán mercar estes bonos nas carpas informativas que o Concello ten previsto instalar os días 5 de marzo, na rúa Travesa do Milladoiro, e o día 6, na praza da Maía de Bertamiráns.
+INFO: bit.ly/3pZdEDq
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O alumnado de 5º de Primaria do Colexio de Ventín reflectiu a través de fotografías propias o significado da poesía rosaliana.
O resultado, un cento de fotografías nas que aparecen “ríos, prados, arboredas” e moitos outros elementos da iconografía rosaliana.
+INFO: bit.ly/3uF2kQt
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Abre o prazo para preinscribirse ou renovar praza nos servizos complementarios de educación e conciliación do curso 2021-2022, na Rede de comedores escolares e nos programas Bos días cole e Tardes divertidas.
As preinscricións e renovacións de praza poderán realizarse entre o 1 e 31 de marzo a través da páxina web www.conciliames.org.
+INFO: bit.ly/3b596Hw
📌 PLAN IMPULSA AMES- EDUSI
🎯 A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de licitación da renovación da iluminación pública do núcleo urbano de Bertamiráns, que estará cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.
+INFO: bit.ly/3dWPZ48
➡️ https://ames2020.gal/
#Ames2020 #UnhaManeiraDeFacerEuropa #FEDER #EDUSI
PLENO
O pleno aproba por unanimidade a creación do Consello Sectorial de Cultura un órgano de carácter informativo, consultivo e de formulación de propostas que permitirá a participación na área de cultura no ámbito municipal.
Tamén saíu adiante, neste caso cos votos a favor do Goberno e do grupo mixto e en contra do PP, a creación do Consello Sectorial de Educación.
+INFO: bit.ly/37R6drL
8M
Esta mañá presentouse a programación de actividades da campaña “Ames en igualdade”, coa que o Concello de Ames vai conmemorar o Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 de marzo.
Proxectarase o filme María Solinha, dirixida por Ignacio Vilar, nunha sesión de autocine o 5 de marzo. O luns 8 de marzo terá lugar o acto oficial, no que se dará lectura ao manifesto institucional.
+INFO: bit.ly/2ZSQxjn
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
🎯 #Ames2020 traballa para lograr unha mellora duradeira das condicións sociais, económicas e ambientais do municipio, facendo fronte a problemas como o desemprego, a segregación e a pobreza.
➡️ https://ames2020.gal/
#Ames2020 #UnhaManeiraDeFacerEuropa #FEDER #EDUSI
TARXETAS BONO MERC@AMES
170 establecementos comerciais adheríronse á campaña de tarxetas bono Merc@mes que comeza o 1 de marzo.
As persoas que queiran mercar ditas tarxetas terán que presentar o seu DNI para acreditar que son maiores de 18 anos. Tamén se poderán mercar estes bonos nas carpas informativas que o Concello ten previsto instalar os días 5 de marzo, na rúa Travesa do Milladoiro, e o día 6, na praza da Maía de Bertamiráns.
+INFO: bit.ly/2MqQ9FG
‼AMES EN NIVEL C DE RESTRICIÓNS
👉Vixente dende ás 00.00 horas do 26 de febreiro de 2021:
🔒 Permítese a mobilidade entre os concellos que se atopen no mesmo nivel (nivel C).
🏠A restrición de mobilidade nocturna comeza ás 22.00h e remata ás 6.00h.
👨👩👧👦Permítense as xuntanzas de ata 4 persoas non conviventes.
🍽A hostalaría abre, cun 30% de ocupación no interior e un 50% nas terrazas, ata as 18.00 horas. Barras pechadas. Recollida no local ata as 21.30 horas. Entrega a domicilio ata as 00.00 horas.
🛍No comercio o aforo é do 50%. Pechará ás 21.30h.
👕O mercado ambulante dos sábado en Bertamiráns continúa suspendido.
🚗En vehículos particulares permítense viaxes de ata 4 persoas non conviventes, excepto en desprazamentos ao traballo.
🚴Ábrense as instalacións deportivas. Grupo de ata 4 persoas non conviventes na práctica deportiva exterior e interior.
🎭Poderanse realizar actividades culturais nos auditorios municipais (cun 30% do aforo).
⛹️Abren os parque infantís, biosaudables e pistas deportivas ao aire libre con limitación de aforos.
👉Consulta o resumo das medidas que acaban de entrar en vigor: bit.ly/2ZT3mKM
+INFO: bit.ly/3bDUE8B
PLENO MUNICIPAL
Este mércores, 24 de febreiro, celebrouse un pleno extraordinario e urxente no que a Corporación municipal aprobou por maioría absoluta a Conta Xeral de 2019.
+INFO: bit.ly/2MpNJHx
MOBILIDADE
O Concello de Ames envíalle á Dirección Xeral de Mobilidade catro propostas, acordadas previamente nunha xuntanza mantida coas asociacións de veciños/as, para volver a prestar o servizo de transporte á veciñanza de Ortoño, Bugallido e Biduído.
+INFO: bit.ly/3upR3U2
