Orgullo Galego
Open in Telegram
Somos Orgullo Galego, unha comunidade en redes con máis de 430.000 seguidores e seguidoras. Aquí recibirás información en directo sobre o noso contido
Show more4 145
Subscribers
+224 hours
+47 days
-1130 days
Posts Archive
4 145
Galiza xogará o Mundial!
Dalle muita difusión!
https://www.instagram.com/reel/DaOHQZSBjIK/?igsh=MTlqbmZqenkzaGJiNw==
4 145
🐴Orgullo Galego estará na Rapa das Bestas🐴
Esta fin de semana estaremos co noso posto en Sabucedo na @rapadasbestas e Rapasons, alí teremos o material que vedes nas imaxes e máis cousiñas! Vémonos o venres, sábado e domingo (e quizais o luns)🔥
👉Podes ollalo en www.orgullogalego.gal/tenda
4 145
O prometido é débeda, aquí tedes este cacho podcast con Manuel Carballal no que falamos sobre Meigas, OVNIS, Corpos Abertos, a Inquisición, Curandeiras, etc
No Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=qtu31t-Z3LA&t=302s
No Ivoox (tamén está en Spotify): https://go.ivoox.com/rf/176610176
4 145
🔥🔥Hoxe mostramos un segredo que aínda non sabe ninguén porque non o anunciamos en redes:
Unha camisola especial para Xullo mes do Día da Patria Galega. Tirada limitada, non faremos tantas como noutras.
Mitoloxía e galeguidade, Breogán e o himno galego!♥️
👉Faite con ela en www.orgullogalego.gal
4 145
Boas xente!
Agradecer a tremenda acollida do caderno que fixemos sobre o San Xoán, milleiros de persoas e aínda segue a descargarse.
Nos vindeiros días retiraremos o acceso ao caderno, así que se aínda non o tes entra en www.orgullogalego.gal onde podes descargalo de balde
4 145
Con este 11 gañamos o Mundial, ti que dis? 😁
👉 https://www.instagram.com/p/DZ-sHeejUw_/?igsh=N2lxbGZjMHE1eDh0
4 145
O estado de aculturación das tradicións. O San Xoán con Felipe Castro
https://youtu.be/vzLKnsUuFwM?is=DcrevbKOuyxixCyh
4 145
🪻🌿Resolvemos a dúbida:
Podemos usar o Estalote (Digitalis purpurea) no Cacho de San Xoán?
Hai xente que nos critica que recomendemos o uso desta no cacho de San Xoán ao ser velenosa. Pois ben, non só está documentada en calquera manual e pola etnografía para o cacho de San Xoán, senón que nalgunhas zonas recibe o nome de "sanxoans".
Neste podcast sobre etnobotánica e herbas do San Xoán con Pili Silva Moruja resolvemos a dúbida
👉Conversa no Youtube (tamén en formato podcast)
https://youtu.be/MW9K9IS9ECA?is=Curgsw0mIAEKW0pb
4 145
Incrible a acollida, animarvos a descargalo se aínda non o tedes!🔥🔥
👉Descargar en www.orgullogalego.gal
Por suposto animarvos a ficar na nosa Newsletter, buscamos non depender tanto das redes sociais e poder ter unha grande comunidade na que mandar máis cousas exclusivas!
4 145
Unha publicación que non pode faltar, a mitoloxía do San Xoán!
👉Toda a info!: https://www.instagram.com/p/DZ5nvrXDTRS/?igsh=MWM5OTlwdmNldTc0Zg==
4 145
Aquí tedes a nosa música en galego para o San Xoán!
👉Lista: https://open.spotify.com/playlist/4Axr9INwbSoUUOxU8vCYbS?si=_ScljqWoQe-Kebotso0Csg&pi=PxRyr9PAQnugm
4 145
🎉 Poderá ser unha parvada mais... temos muito que celebrar 🎉
Xusto hai 10 anos, nacía un proxecto chamado Orgullo Galego. O seu obxectivo era acadar (a moi longo prazo) 10.000 seguidores e seguidoras no Facebook e utilizar esa ferramenta para divulgar as actividades das que facíamos parte no ámbito social, e tamén para mostrar o patrimonio desta terra.
Non tiña máis obxectivos que ese, tiñamos o noso traballo, o proxecto non ía ir a outras redes sociais e tampouco tiñamos interese en que tivese unha grande calidade.
Por circunstancias da vida, o proxecto disparouse e comezou a ter unha acollida salvaxe que non podiamos imaxinar nen no mellor dos nosos sonos, e de súpeto, todo comezou a mudar.
📈 Deses 10.000 seguidores pasamos a máis de 515.000 en máis de 40 países, do Facebook pasamos tamén ao Instagram, Youtube, Twitch, Newsletter, Twitter, Telegram, Spotify, Ivoox, etc, e o máis importante:
💼 Dun pasatempo pasou a ser o noso traballo... si, o noso traballo! No ano 2021 dimos un paso adiante para profesionalizar un proxecto que nos levou até hoxe, era o único xeito de sostelo a longo prazo.
🛒 Unha pequena tenda online, creación de contido en redes, páxina web, podcast, charlas en centros de ensino, postos en mercados de artesanía... quen nolo ía dicir!
🌍 E non só iso, o proxecto deunos a posibilidade de coñecer a xente marabillosa, de viaxar en proxectos de investigación a lugares como Alxeria ou Bulgaria, de participar en documentais, de saír en xornais do estranxeiro... algo de tolos.
😅 En serio, se alguén viaxa ao 2016 para dicirnos que iamos vivir todo isto penso que caeriamos de cu. Hoxe pensamos que o mellor aínda está por escribir, porque é unha marabilla traballar do que che gusta, do que levabas facendo no teu tempo de ocio desde que eras menor de idade, que luxo nestes tempos!
❤️ En definitiva, quizais non sexa un proxecto cunha calidade xigantesca, tampouco somos as persoas máis efusivas do mundo nos nosos vídeos, mais o que facemos, facémolo co corazón e dun xeito natural, preferimos saír máis serios que aparentar algo que non somos para contentar ao algoritmo, e iso xunto coa constancia, foron os éxitos deste proxecto.
🚶 Hai que camiñar día a día, si, mais sempre cun ollo no futuro así que agardamos voltar escribir este texto no 2036, cando o proxecto faga 20 anos, e se non fose posíbel, que nos quiten o gozado.
💙 Graciñas por todo o voso apoio, seguimos!
4 145
Que barbaridade a acollida do noso caderno sobre Ritos e Crenzas do San Xoán, estamos agradecidísimos! Para quen non o teña, é un caderno de balde que podedes descargar en www.orgullogalego.gal Mil grazas e tede boa semana!🥰🥰
4 145
Tremendo este podcast que vimos de ter onte sobre Etnobotánica e o San Xoán!🪻🌿🌻
👉Conversa no Youtube:
https://youtu.be/MW9K9IS9ECA?is=Curgsw0mIAEKW0pb
👉Ivoox:
https://www.ivoox.com/etnobotanica-e-herbas-san-xoan-significado-propiedades-audios-mp3_rf_175940007_1.html
👉Spotify: https://open.spotify.com/episode/79AQ9VnLQZ8vFYCYPsEj1G?si=f649da6f9d7a4b6c
4 145
🌻As herbas de San Xoán🪻
🔥Queres un libro de balde no que fale das herbas de San Xoán e todo o que ten a ver con esta data?
👉Moi sinxelo, preme en www.orgullogalego.gal , subscríbete e recibirás o caderno
4 145
GRAZAS, GRAZAS e GRAZAS!
Máis de 1015 persoas descargastes o noso caderno de San Xoán nestas primeiras horas
Dalle difusión para que chegue a máis xente! Graciñas mil e boa fin de semana♥️
👉No Instagram: https://www.instagram.com/p/DZuhrTetjis/?igsh=YjltYWRsdW5vaWhn
👉No Facebook: https://www.facebook.com/share/p/1LKmq6782r/
4 145
🔥🌿 SORPRESA!! 🌿🔥
Levamos semanas traballando nel e xa está aquí: un ebook gratuíto de 40 páxinas sobre o San Xoán galego.
📖 Nel atoparás:
✨ As orixes da celebración
🌿 As herbas de San Xoán
💧 Os ritos da auga e do lume 🔥
🧜 Mouras, lendas e crenzas populares
📜 Ditos e tradicións de toda Galiza
👇 Como conseguilo? 👇
🌐 Entra en [www.orgullogalego.gal](http://www.orgullogalego.gal) e introduce o teu correo electrónico. Recibirás o ebook e pasarás a formar parte da nosa newsletter, tamén totalmente gratuíta.
❓ Por que o facemos así?
Porque as redes sociais dependen de algoritmos que non sempre amosan o noso contido. A través da newsletter podemos seguir compartindo cultura galega directamente convosco, sen intermediarios.
🍀 Se che gusta o San Xoán e queres coñecer a historia e o significado desta celebración, este ebook é para ti.
📥 Descárgao aquí:
🌐 [www.orgullogalego.gal](http://www.orgullogalego.gal)
🔥🌿💧 A noite máis máxica do ano, agora nun ebook gratuíto. 💧🌿🔥
Available now! Telegram Research 2025 — the year's key insights 
