Concello de Ames
Open in Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Show more761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
VISITA INSTITUCIONAL: Os alcalde de Ames e Val do Dubra solicitaranlle á Xunta unha reforma integral da estrada AC-453 Roxos – Portomouro. +INFO: bit.ly/3nAPuQ9
APEGO: Volve a foliada con Apego o próximo venres 7 de maio ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns. +INFO: bit.ly/3aSIJUF
CONMEMORACIÓNS: O Concello de Ames súmase á campaña “Cores para a Esclerose”, organizada pola Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, para conmemorar o Día Mundial da Esclerose Múltiple, que se celebra o 30 de maio de cada. A iniciativa promove a divulgación e visibilización da enfermidade dirixida aos centros de educación primaria. Ademais, o alumando poderá participar no concurso de debuxo sobre a enfermidade. +INFO:bit.ly/3ea7RIR
XUNTANZA INSTITUCIONAL: O alcalde de Ames, Blas García, e o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantiveron este mércores unha xuntanza nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela. En dita xuntanza abordaron a situación do parque comarcal de bombeiros, a posible ampliación da Casa do Concello, a construción dunha pista de atletismo en Ventín, a colaboración da Xunta para dotar dun novo vehículo híbrido á Policía Local de Ames, a concesión dunha axuda para a contratación dunha brigada de limpeza do medio natural e a mellora en varios puntos do entorno dos Camiños de Santiago que pasan por Ames.
+INFO: bit.ly/3u3kzON
VISITA INSTITUCIONAL: A Deputación da Coruña destina 300.000 euros á remodelación e mellora das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro.O Vicepresidente e deputado de Plans Provinciais e Turismo, Xosé Regueira, xunto co deputado de Contratación e Patrimonio, Xosé Luís Penas, reuníronse no Concello de Ames co alcalde e co primeiro tenente de alcalde, Blas García e David Santomil, e coa concelleira de Cultura, Natividade González, nunha xuntanza en que abordaron as distintas vías de colaboración institucional para logo visitar a Casa da Cultura do Milladoiro. +INFO: bit.ly/2SfL2uD
CERTAME LITERARIO: O Pazo da Peregrina acolle esta tarde a presentación do libro do XVII Certame Literario de Ames ás 19:00 horas . +INFO: bit.ly/3eCIDBS
PATINAXE: O sábado 1 de maio e o domingo 2, celebrarase, no pavillón de Bertamiráns, o Campionato provincial de categoría nacional cadete, xuvenil, júnior e sénior de patinaxe artística libre individual. Nesta cita participarán as mellores patinadoras e patinadores da provincial da Coruña. O Club de patinaxe Sarela estará representado por Jorge Sanmartín (cadete), Inés Peña (cadete) e María Peña (júnior). +INFO: bit.ly/3u314pz
XUNTANZAS CON NEGREIRA E A BAÑA
O alcalde de Ames, Blas García, continúa coa ronda de contactos cos alcaldes dos Concellos da contorna. Deste xeito, hoxe reuniuse co alcalde Negreira, Manuel Ángel Leis, e co alcalde da Baña, José Antonio Pereira. Un dos temas máis importantes que tratou Blas García cos rexedores de Negreira e da Baña foi a posible colaboración para mancomunar servizos e crear un servizo de canceira entre varios Concellos da comarca. Ademais, tamén se abordou a posibilidade de que as Agrupacións de Protección Civil de Ames, Negreira e A Baña poidan colaborar para a realización de traballos e asistencias en emerxencias de forma conxunta. Na actualidade o Concello de A Baña non ten Agrupación de Protección Civil, pero está pensando na súa creación.
+INFO: bit.ly/3xq119D
PLENO: O Pleno debaterá a creación dunha mancomunidade co Concello de Brión para a xestión conxunta da ETAP Ames-Brión. +INFO: bit.ly/32VcWhz
IGUALDADE: As masterclass de empoderamento sexual conseguiron eliminar tabús entres as mulleres amesás. +INFO: bit.ly/3aLa0Ix
COMERCIO: A partir deste sábado, 1 de maio, quedan bloqueadas as tarxetas bono Merc@mes ata que comece a segunda fase da campaña que se desenvolverá do 1 de setembro ao 31 de outubro. Deste xeito, remata a primeira fase da campaña que comezou o pasado 1 de marzo. A realización das compras con ditas tarxetas pódese realizar exclusivamente nestes dous períodos. +INFO: bit.ly/3eB7y8S
EMPREGO: O alumnado do obradoiro de emprego ForestAmes-Brión complementa a súa formación asistindo a unha demostración de seguridade e manexo de motoserra. +INFO: bit.ly/3sXS5EV
DEPORTES: Tres ciclistas do club amesán Os Esfola Arrós participaron na primeira proba da Copa Galicia de XCO. +INFO: bit.ly/32PgIZV
